14.05.2013 Views

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As mallantes das abrigadas praias das Rías

Baixas, que especialmente nas mareas vivas

equinocciais van indicando os distintos puntos ata

onde foi enchendo o mar, descoñécense na Costa

da Morte. Igual que a xente do mar da Arousa non

anda ás crebas, termo con que os fisterráns designan

os restos de naufraxios ou cargas dos barcos

que o mal tempo guinda ó mar, especialmente

cousas que flotan, como madeiras que se ían buscar

para queimar ou facer bordas das chalanas,

chalecos salvavidas, botes de pintura ou bolas de

piche que servían para carenar os barcos.

O ourensán Méndez Ferrín usou esa voz

no poemario Estirpe (1994):

“Pior fono os de Melpica

que –coma sempre, coma sempre– puxeno fachos

deica Pennmarc’h

e fixeno ceifa nos dentes de ouro dos afogado.

E andaran ás crebas!”

A noiesa Ana Romaní empregouna nun

poema de Arden (1998):

Que os cachalotes me suban polas pernas

e me deixen un rastro feroz de travesías

Que a súa pel me fale dos eclipses

que sexan eses corpos os rastros que debulle

cada tarde nas crebas

Francisco Fernández Rei

53

ARDENTIA

E o fisterrán Alexandre Nerium usou ese

termo nun quinteto de Vogar de couse (2003):

Non se ha picar o mar para arrincar cachopas

-sima-cima de voar do tolo igual cás pegassenón

para alagar os cadernais, as bozas...

Rexeitar o changüí preto á esveltez das ondas

onde a miñoca dá seu buligar ás crebas.

Os crebeiros de Fisterra tamén ían ás

pacas (ou alpacas) e ós cavacos que o temporal

traía ás praias e ós coídos. As pacas eran bloques

de caucho cos que se facían solas de zapatos, que

se pagaban moi ben, polo que o crebeiro que dese

con unha xa “tiña o inverno zafo”. Os cavacos

eran troncos de leña caídos dos barcos que se

procuraban nas praias, porque a xente do mar non

tiña monte para ir buscar leña.

Sirva isto como breve mostra do grandioso

patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por

xeracións de galegos das rías e da costa. Un léxico

vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a

salitre, cómpre seguir recollendo, puíndo e transmitindo,

á vez que se procura unha beiramar e

unha cultura marítima viva, non museística.

Percebeiros

da Costa da Morte

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!