15.05.2013 Views

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

AUTOESTRADAS DE DOUS SENTIDOS

O CPEIG cualifica a eAdministración de novo medio de

comunicación coa cidadanía

10 |

REPORTAXE

O Colexio Profesional de Enxeñaría en

Informática de Galicia (CPEIG) celebrou

en Santiago as xornadas Administración

Electrónica, Sede, Goberno e Contratación,

organizadas en colaboración coa

Axencia para a Modernización Tecnolóxica

de Galicia (AMTEGA), a Facultade

de Ciencias Económicas e o centro de

Estudos Cooperativos da USC. O evento

contou coa participación activa de persoeiros

da primeira liña de análise e investigación

arredor de cuestións como

a cidadanía dixital ou a aplicación das

TIC no día a día das institucións públicas,

como o subdirector xeral de Inspección

de Datos da Axencia de Protección de

Datos, José López Calvo; o catedrático

de Dereito Informático de ICADE, Miguel

Ángel Davara; Carlos Guadián Orta, de

Autoritas Consulting ou Juan Alberto

Ramos Cano, responsable de Contidos

Dixitais de Telefónica.

Como expertos galegos, interviñeron

María José García Sexto e Carlos Froján

Gómez, da AMTEGA; o avogado Víctor

Salgado; o profesor de Dereito Mercantil

Rafael Millán Calenti; Martín Gómez, xerente

de Bahía Software, e Benito Carballo,

xerente de Proxectos de Altia.

A inauguración das xornadas correu

a cargo de reitor da USC, Juan Casares;

a decana da Facultade, Emilia Vázquez

Rozas e o presidente do CPEIG, Fernando

Suárez. Tamén participou Mar Pereira,

directora de AMTEGA, quen resumiu o

conxunto de medidas que está a levar a

cabo o Goberno galego a través da Axenda

Dixital 2014.gal, con vistas a “avanzar

cara unha Administración electrónica

capaz de ofrecerlle á cidadanía e ás empresas

uns servizos eficientes e próximos

mediante o emprego das TIC”.

Xa na recta final dos encontros, o presidente

do CPEIG salientou a calidade

dos relatorios e a afluencia de público,

con 140 inscritos, e indicou que “a Administración

electrónica permite non só un

avance da propia Administración, senón

un maior achegamento e apertura cara á

cidadanía”. Afondou nesta idea e indicou

que se trata dun verdadeiro medio de

comunicación co cidadán, que se converte

nunha “canle bidireccional na que

se pode solicitar información xeral e persoal,

ademais de enviar escritos, suxestións,

queixas ou calquera documento

electrónico”.

Suárez referiuse tamén na súa intervención

ás iniciativas Open Data e RISP,

que, ao seu ver, constitúen “elementos

xeradores de emprego e riqueza ao abrir

a posibilidade de oportunidades de negocio

para emprendedores que poden

crear novas aplicacións, servizos e produtos

en base a esta información“ neste

xeito, explicou que o CPEIG fai explícito

o seu apoio a estas iniciativas a través da

convocatoria do Primeiro Premio Open

Data.

I Premio Open Data

No acto de clausura o presidente do

CPEIG, Fernando Suárez, aproveitou

para, entre outras cousas, anunciar a

apertura da convocatoria do I Premio

Open Data da entidade que preside, un

evento dirixido a fomentar o coñecemento

e potenciar o espírito emprendedor na

nosa Comunidade. Suárez Lorenzo apuntou

na súa intervención que as iniciativas

Open Data e RISP, “constitúen oportunidades

de negocio para emprendedores,

que poden crear novas aplicacións, servizos

e produtos en base a esta información”,

polo que convoca a tódalas persoas

interesadas en participar a que presenten

as súas candidaturas antes do vindeiro 31

de maio. Segundo se indica na convocatoria,

“o futuro encamíñase na dirección

de modelos de negocio en liña que evolucionan

constantemente para satisfacer

a inmediatez e a personalización da demanda

actual”.

Malia todo, e decidan ou non proxectar

o negocio na Rede, as persoas interesadas

en participar neste evento poden facelo

nunhas xornadas que se celebrarán

no vindeiro mes de xuño en Santiago de

Compostela, e na que os emprendedores

terán a oportunidade de defender os

seus proxectos en público no marco do I

Premio Open Data.

A dotación do premio é de 600€ para o

proxecto gañador, 400€ para o segundo

clasificado e 200€ para o terceiro, que de

entrada xa lle virán moi ben ao emprendedor

que os leve, para dar o primeiro

paso firme na súa entrada ao mundo empresarial.

Fernándo Suárez, presidente do CPEIG, e Emilia Vázquez Rozas, decana

da Facultade de Económicas, na clausura da Xornada

sobre Administración Electrónica

Código Cero Número 106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!