15.05.2013 Views

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6 |

REPORTAXE

XGN, ENCONTRO DIXITAL

Xuventude Galicia Net pechou coa participación de máis de

8.000 persoas

Máis que falar de party informática,

este ano quedounos claro

que de agora en diante debemos

referirnos ao Xuventude Galicia

Net como un encontro dixital,

no que nenos, adolescentes

e maiores gozaron das máis

variadas actividades lúdicas ao

tempo que tiveron a oportunidade

de formarse un pouquiño

máis en eidos tan diversos como

a ciencia, o emprendemento e,

como non, as novas tecnoloxías

da información.

Segundo nos fixo saber a

Dirección Xeral de Xuventude,

entidade organizadora, entre

o venres e o domingo pasaron

polas súas instalacións “máis

de 7.000 persoas”, cifra á que lle

hai que sumar os máis de 1.000

mozos e mozas que se inscribiron

como participantes na Intranet.

Como viñemos presaxiando

durante os días pasados, unha

das iniciativas máis valoradas

nesta edición foi o bloque temático

dedicado ao emprendemento

como saída fronte á crise, na

que máis de 500 participantes

axudaron a elixir os tres mellores

proxectos, que foron defendidos

ante un xurado cualificado durante

a tarde de onte.

Tamén neste marco tivo lugar a

mesa redonda sobre o emprendemento,

que contou con profesionais

do ámbito universitario

e da empresa privada, e na que

se debateron as vantaxes e situacións

que han de ter en conta os

mozos e mozas que se adianten

no mundo empresarial cos seus

propios negocios ou empresas.

Outra actividade que as

persoas asistentes valoraron

moi positivamente foi a sesión

de networking, a cal, dun xeito

pouco convencional e mediante

a técnica de citas rápidas cronometradas,

permitiulle participar

directamente a moitas persoas.

No tocante aos relatorios, a

organización tamén fai unha

valoración “moi positiva” pois

“contaron con moita asistencia

de público este ano”, porén de ter

que salientar algún da edición,

o de Enrique Dans e Leopoldo

Abadía “penduraron o cartel de

aforo completo”, ao encher a sala

habilitada para os seus relatorios,

cunha capacidade para 1.500

persoas.

Dans, que concedeu unha

entrevista ao programa Banda

Ancha da Radio Galega, versou a

súa charla no inminente cambio

que as novas tecnoloxías van

provocar nalgúns sectores da

sociedade actual, e que a maioría

de nós xa ten experimentado de

primeira man.

A oferta formativa completouse

con xornadas de hacking

ético, reciclaxe, neuromarketing

ou redes sociais, entre outras

temáticas.

Éxito de asistencia á

Extranet

Con respecto á Extranet desta

13º edición, onde tiveron lugar

as actividades ao aire libre e

no hall da entrada do Pazo

de Congresos e Exposicións,

converteuse nesta edición nun

punto de encontro de pais e fi-

llos, mozos e mozas e seareiros

de distintas actividades como

a maquillaxe e caracterización,

os videoxogos, a saga Star Wars,

os grafitis, a ciencia divertida,

as artes marciais, as creacións

Hamma Beads e CubeCraft... así

como todo tipo de actividades

en torno ás novas tecnoloxías.

Non faltaron os simuladores,

por exemplo, de tiro, de

golf ou de ski, nin as pantallas

de televisión conectadas a

consolas como a Wii ou a Xbox,

que grazas ao xogo interactivo

de Kinect, permitiulle a grandes

e cativos experimentar coa

tecnoloxía sen mandos.

Código Cero Número 106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!