15.05.2013 Views

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

Número 106 - Código Cero

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

REPORTAXE

ESPECIAL LETRAS GALEGAS

A INTERNET É NOSA

A Rede galega amosa múltiples maneiras de celebrar unha festa que

xa era propia, a do 17 de maio, e agora aínda máis

O Día das Letras galegas, este 17 de

maio, non é nin un día nin trata só de letras

galegas. Cómpre explicármonos: isto vén

a conto porque as celebracións pola nosa

cultura, e máis polo miúdo polo autor homenaxeado

este ano (Valentín Paz Andrade)

comezaron xa hai unhas cantas semanas e

seguirán desenvolvéndose unha vez que o

lector peche esta revista. Ademais, coincide

a celebración galega con moitas cousas a

nivel mundial que, lonxe de quitarnos protagonismo,

axúdannos a facer máis ruído.

O Día de Internet e o Día das Telecomunicacións

conflúen coas nosas letras, este

17 de maio, como unha oportunidade de

promoción do noso que vén moi a conto,

e, tamén, como unha oportunidade de reflexión

sobre as maneiras de sermos globais

e locais a un tempo, de sermos galegos e

internautas. É posible? Non só é posible,

é necesario. A continuación, damos conta

duns cantos de exemplo disto que estamos

a contar: a gran potencialidade que nos

achegan as redes para celebrar que somos

como somos, e ben está que así sexa. Iso

si, á listaxe de recursos web para informar

ao mundo das nosas Letras e dos nosos

autores, cómpre engadir a gran listaxe de

actos, manifestos, citas e mobilizacións do

máis variado que están programados estes

días para recordarnos que a lingua nunca

foi nin será incompatíbel coas redes e coa

mocidade, e que por moito que as estatísticas

nos boten abaixo

as esperanzas (segundo

o Instituto Galego de

Estatística máis do 60%

das nenas e nenos de

entre 5 e 14 anos falan en

castelán sempre), cómpre seguir aí, falando

no universo dixital coma se falaramos nos

barrios ou na aldea.

A CGENDL escolma na súa

web recursos educativos

sobre Paz Andrade

www.coordinadoraendl.org/letras2012

A Rede galega vaise enchendo estes días

de material sobre a festividade do 17 de

maio (Día das Letras Galegas e, tamén, Día

de Internet) e máis polo miúdo sobre Valentín

Paz Andrade, o autor homenaxeado este

ano. Entre o máis significativo que rexistramos

dende Código Cero atópase a guía

de recursos didácticos que vén da man da

CGENDL, a Coordinadora Galega de Equipos

de Normalización e Dinamización Lingüística.

Esta guía achega entre outras cousas

unha serie de pezas videográficas (vídeos,

enquisas, xogos, webquests, exposicións,

cronobiografías, albumes de fotos) sobre

Paz Andrade, a súa vida e a súa obra.

A guía en cuestión, con todo, forma parte

dunha achega máis ampla da Coordinadora.

En realidade, temos á nosa disposición, ao

acubillo da web do CGENDL, un máis que

completo feixe de recursos que nos van

permitir saber máis da figura homenaxeada

este ano e, por extensión, de todas aquelas

persoas

que loitaron

na

pasado

para que

hoxe

en día

podamos

gozar e

gabarnos

dunha

cultura

propia.

Segundo

sinala

o Consello da Cultura, cómpre

salientar nas achegas da Coordinadora

os moitos traballos de

raizame escolar que se recollen na

súa web, unha xanela á factoría de

creatividade tecnolóxico-cultural

que son os nosos colexios, e

tamén a arela práctica de ofrecer unha

escolma de ligazóns, bibliografías, unha

videoteca (documentais sobre Paz Andrade,

informativos, etc), unha fonoteca e máis

unha axenda de actividades a desenvolver

nos nosos centros escolares.

A Fundación Barrié propón un

webquest xornalístico entre os

estudantes

www.educabarrie.org

O Día das Letras Galegas, polo feito de

ser unha xornada cun gran compoñente

comunicativo e (tamén) por coincidir coa

celebración do Día de Internet (igualmente

o 17 de maio), ten un gran compoñente de

normalización do uso das redes. Un exemplo

deste emprego práctico e desta aposta

polo seu potencial de difusión é a iniciativa

que puxo en marcha a Fundación Barrié a

través da súa canle educativa educaBarrié e

que consiste nunha achega didáctica ao servizo

dos estudantes, que terán que amosar

o seu coñecemento arredor do escritor homenaxeado

este ano: o empresario, ensaísta

e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.

A proposta da Fundación ten un compoñente

de divulgación (fálase na web polo

miúdo da vida e obra de Paz Andrade, do

que significou e do importante labor de

dinamización que desenvolveu no xornal

Galicia) e tamén de actividade lúdica. De feito,

ponse ao alcance da man dos estudantes

a oportunidade de darlle vida novamente

ao dito xornal, ao tempo que se lles convida

a amosar o seu potencial como xornalistas,

reporteiros ou até como escritores.

Nun plano concreto, a actividade en

liña que propón a institución é un encargo

especial para o devandito diario onde

haberá que incluír unha reportaxe ampla

sobre a figura do empresario e escritor

homenaxeado e máis información detallada

da nosa festa do 17 de maio. O traballo será

desenvolvido en grupo. Logo, os mellores

traballos serán enviados á dita web e participarán

no concurso: Valentín Paz Andrade e

o xornal Galicia, edición especial. O premio a

recibir será un e-book. O novo xornal Galicia

2012 está pensado para que se imprima en

A3 e se difunda de man en man, engade a

Fundación.

14 | Código Cero

Número 106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!