15.05.2013 Views

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

Marilar Aleixandre - Tempos Dixital

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

15

verán 10

Revista de libros

TEMPOS Novos

Contra a

velocidade

páx. 2-3

Borrazás e as

Covalladas

páx. 4

Antoloxía da

literatura galega

1196-1981

páx. 13

The Wire

páx. 15

Marilar

Aleixandre

Non todo o que se escribe

en galego é bo, mais para

criticalo hai que lelo páx. 16

Entrevista

a Marilar

Aleixandre

páx. 16-19

Contra o mito

freudiano

páx. 20-22

Por que Steiner?

páx. 23

Entrevista a

Hito Steyerl

páx. 26-27

‘Non barrenes é

peor’ por Xiana

Arias Rego

páx. 28

Os libros do 13

páx. 30

proTagonista Crítica

Contra a velocidade

A defensa da terra, o cuestionamento do valor absoluto que o tempo da ilustración

atribuíra ao progreso ou o decrecemento son ítems que comparten dúas publicacións

chegadas á praza neste verán. Unha, colectiva, da man da Escola Popular Galega

e de Galizalivre.org; a outra, escrita por Carlos Taibo, ve luz en Estaleiro. A seguir

entretécese a análise destes dous textos co discurso que, para a economía, leva

producido o nacionalismo hexemónico, co ecoloxismo, co anticapitalismo, tamén

coa cultura como campo onde se fragua a anulación do conflito. // Daniel Salgado

O

capitalismo posmoderno reserva para a cultura

a función de cemento ideolóxico. Factor

de des-subxectivación política, denunciaba

hai dous meses Sánchez Ferlosio, precisamente

premio Cervantes. Na anulación do conflito, escenario

preferido polo bloque de clases dominantes, o

feito cultural xoga a prol da normalización do que existe:

a lóxica da acumulación infinita, a xerarquización das

relacións de produción, a existencia turista, o saqueo

ecolóxico, a vida fascista. “Un acontecemento cultural

e social como Vigo Transforma non se limita á realización

dun festival musical ao uso (...) implica a posta en

marcha de iniciativas de alcance social baseadas na sostibilidade

ambiental e na difusión de conceptos de responsabilidade

ambiental”, presentábase en xullo unha

xuntanza de músicos indies, nacionais e internacionais,

no peirao de transatlánticos da cidade. Apenas unha bitácora

electrónica –El diario de Willy Sifones– asexaba o

inconsciente político do evento: “A sensación que transmite

toda a xogada é ‹imos asociar o porto con música

supostamente guai para amosar que os responsables

dos recheos na ría non somos unha banda de negociantes

sen sentimentos, senón que somos xente sensible

con sentimentos que entende que a mocidade quere

pasalo ben›”. A enxurrada de pop lexitimado polas revistas

corporativas de tendencias colócase ao servizo do

capitalismo verde. A graxa cultural suaviza as tensións

da permanente reconfiguración urbana á que obriga o

crecemento desembridado, o progreso segundo as instrucións

da ditadura financeira.

A defesa da Terra, libro “fruto dum trabalho colectivo e

de horas e horas de discusom” editado pola Escola Popular

Galega e o portal web Galiza Livre, despeza o sagrado

concepto de progreso –subtitúlase A dialéctica do

Número 15

Verán 10

Director: Luís Álvarez Pousa

Edita: Atlántica de Comunicación e Información

de Galicia SA

Presidenta: Ana Fernández Puentes

Rúa dos Porróns, 8-2º Meixonfrío, 15705 Santiago

Tfno. 981 557 117-19

info@temposnovos.net

Coordinación: Ana Salgado

Edición: Belén Puñal

Deseño orixinal: Óscar Otero

Maquetación: Andrea López

Xerencia: Fernando de Paz

Publicidade: publicidade@temposnovos.net. Tfno. 981 557 119

Impresión: Editorial La Capital SL

ISSN: 2172-010X

progresso– e procura unha politización radical da ecoloxía

que opere no movemento de emancipación nacional.

Que a tire da súa actual condición de “lobby da natureza

insertado no marco exacto da lógica que destrúe

a terra”. Texto nado ao abeiro das mobilizacións agrupadas

arredor da rede Galiza Non Se Vende, A defesa da

Terra enceta o cuestionamento dos preceptos básicos da

esquerda galega e impugna a ausencia de autocrítica e

revisión das ferramentas teóricas. E dende as primeiras

páxinas explicita as coordenadas onde van desenvolverse

os seus argumentos: “(...) nom existe nehum conflito,

do tipo que for, desde o afundimento do Prestige

até as condiçons laborais dos traballhadores do metal,

que em si mesmo nom incorpore un problema ambiental

(...) mais ou menos mensurável ou mais ou menos

complexo de definir”. A recuperación que a dereita económica

–a partidaria da propiedade privada dos medios

de produción– efectuou sobre a idea de depredación do

medio, e que o festival Vigo Transforma ilustra na súa

versión de vangarda, obriga a insistir na ineludíbel dimensión

anticapitalista do ecoloxismo: “[O ecoloxismo]

passou de ser a manifestaçom da emergência de umha

contradiçom real do sistema a converter-se na sua necessária

consciência crítica”. Como antídoto, os autores

deste volume optan por se inscribir, aínda sen esmiuzar

a proposta, nun socialismo da interrupción que enlaza

coas teses do grupo Krisis, co decrecemento de Serge

Latouche –didacticamente diagramado no volume de

Carlos Taibo Decrecemento, crise, capitalismo– ou co ecosocialismo

de Michael Lowy. Este último milita no Novo

Partido Anticapitalista francés.

“O desenvolvimento económico acabou-se convertendo

na forma natural em que os seres humanos alcançamos

os três objectivos de liberdade, bem-estar

Depósito legal: C 3168-2006

Suxestións, dúbidas, queixas e propostas: protexta@temposnovos.net

e segurança”, escriben no capítulo Economia moderna

e crescimento económico, “liberdade como controlo,

exploraçom e submetimento da natureza; bem-estar

como satisfaçom ilimitada de necessidades ilimitadas

e segurança como salvaguarda da propriedade

privada”. As teses materialízanse de xeito obsceno no

discurso hexemónico sobre o turismo relixioso con

destino Compostela. A orde policial, o espazo público

usurpado, a desaparición do Estado laico, o logo

como paisaxe, constitúen os ángulos dun modelo de

acumulación que a política oficialista nin sequera

matiza. O parque temático é xa a verdadeira utopía

do neoliberalismo e en Galicia realízase ao pé das vellas

rutas do cristianismo. O Xacobeo, en tanto que

operación de neutralización social e des-substanciación

cultural, lexitima o seu impacto con base nos

millóns de individuos que, aseguran fontes gobernamentais

por medios de contabilidade nunca contrastados,

arriban á capital.

Así, o mercantilismo turista contribúe á superación

do complexo de periferia. “A tormentosa relaçom com

o conceito de periferia [...] precisa ser revisado e repensado

en profundidade”, advirten no inicio do máis

concreto dos apartados d’A defesa da Terra: Atraso,

naçom e colónia na causa galega. A ladaíña da normalización,

entendendo por tal a repetición do desenvolvemento

hipercapitalista pero décadas máis tarde, ou

a asunción e defensa do mapa de infraestruturas deseñado

polo centralismo español entremetéronse nos

últimos núcleos alleos a esas palabras de orde que

sobrevivían no espectro parlamentarista. E o atraso,

a idea forza que paira sobre a escasa literatura teórica

do nacionalismo galego dende que Beiras lle dera

carta de natureza contra 1972, aínda exerce poder de

atracción. “O problema nom é o atraso, o problema

é o progresso. Reclamamos o seu esclarecimento e

Traballo e ideas: Xiana Arias Rego, Rebeca Baceiredo, Burghard Baltrusch,

Nadina Bértolo, Xesús Blanco Rosas, Arturo Casas, Aurelio

Castro, Olga Castro, Xabier P. DoCampo, Mercedes Expósito, Mónica

Góñez, Bieito Iglesias, María Lado, Mario Llorca (fotos), Inma

López Silva, María López Suárez, Isaac Lourido, Cristina Martínez,

Iago Martínez, Iolanda Martínez, Oriana Méndez Fuentes, Tomás

Montes, Montse Pena Presas, Marta Pérez Pereiro, María do Cebreiro

Rábade Villar, Armando Requeixo, Lara Rozados Lorenzo, Daniel

Salgado, Samuel Solleiro, Isabel Soto, Miguel Vázquez Freire, Roi

Vidal Ponte, Julio Vilariño.

ProTexta distribúese conxuntamente coa revista TEMPOS Novos e cos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Os números anteriores pódense descargar de balde en www.temposdixital.com

Crítica

a sua superaçom. Levamos dous séculos de

progresso e este é o repto que debemos enfrentar:

sair da súa matriz envolvemente”, insisten

os redactores d’A defesa da Terra.

Sen abordar as implicacións filosóficas da renuncia

á idea de progreso, labor que si realiza

o colectivo da Escola Popular Galega, Carlos

Taibo dedícase en Decrescimento, crise, capitalismo

á divulgación das teses decrecentistas.

O profesor da Universidade Autónoma de

Madrid bota man do seu proverbial didactismo

e degraña o programa popularizado por

Latouche nas páxinas de Le Monde Diplomatique.

“Aquele que acredita que um crecimento

exponencial pode manterse indefinidamente

num mundo finito”, cita a Kenneth Boulding,

“é um louco ou é um economista”. Ao cabo,

a desmontaxe da ideoloxía dominante, a súa

linguaxe e os seus lugares comúns, non é a

menor das tarefas que se impón o decrecentismo.

Que a oposición ao crecemento pase

de blasfemia a palabra de orde.

O libro de Taibo, por contra de A defesa da

Terra e a dialéctica do progresso, deixa a un

lado a cuestión política e non se ocupa do

poder. Da man dunha batería de datos, porcentaxes

globais e citas procedente da literatura

oposta á acumulación de capital, constrúe

un chan argumental para a necesidade

de reducir os niveis de consumo no occidente,

pero nunca atinxe as medidas concretas,

máis alá dunha vaga moralidade individual.

Tampouco convoca as teses ecosocialistas

sintetizadas por Michael Lowy á esquerda da

Europa Ecologie e os seus epígonos peninsulares.

“James O’Connor define como ecosocialistas

as teorías e os movementos que aspiran

a subordinar o valor de cambio ao valor

de uso”, resume Lowy en Escenarios do peor

e alternativa ecosocialista. Máis polo miúdo,

para o autor brasileiro-francés, o decrecemento

constrúese a partir de tarefas concretas:

a propiedade colectiva dos medios de

produción e dos investimentos ou unha nova

estrutura tecnolóxica das forzas produtivas.

A prohibición da publicidade, tamén mencionada

por Carlos Taibo, non resultaría a menos

central das demandas ideolóxicas desta

política anticapitalista á que lle apón, amais,

esixencias inmediatas: a loita contra o sistema

de débedas e axustes das institucións financeiras

internacionais, o desenvolvemento

subsidiado da bioagricultura, a redución da

xornada laboral, a promoción do transporte

público. O ecosocialismo afástase do ecoloxismo

integrado porque nega estratexicamente

o traballo asalariado.

Ao tratar, precisamente, da necesidade do

transporte colectivo, Carlos Taibo cualifica,

en Decrescimento, crise, capitalismo, de patética

a concentración que o BNG convocou na

raia zamorá en 2008. Os nacionalistas parlamentarios

esixían a aceleración das obras

do tren de alta velocidade entre Galicia e Madrid.

A dimensión clasista da infraestrutura,

o custo ambiental e a relegación do camiño

de ferro de pequena distancia –o máis operativo

para a realidade social e xeográfica do

país– desapareceron do centro das axendas,

empuxados a un tempo polo aggiornamento

e pola presión mediática. A anécdota cadra

as análises de Taibo coa fundada e radical

acusación d’A defesa da Terra: “Á luz das

mudanças profundas havidas nas últimas décadas,

está claro que o projecto do nacionalismo

modernizador-autonomista tornou-se

mais obsoleto que nunca. Continuar a brincar

a burguesia-locomotora con mais de 80

anos de retraso!”.

O decrecemento axe, así, contra a linguaxe

infectada do capitalismo verde. “O concepto

Transforma implica a posta en marcha de iniciativas

de alcance social baseadas na sostibilidade

ambiental e na difusión de conceptos

de responsabilidade ambiental”, consignaba

a web do festival Vigo Tranforma, “desta

forma, poñeranse en funcionamento unha

serie de medidas destinadas a minimizar o

impacto ambiental producido polo festival

[...]”. O progreso segundo o consenso do capital

comeza a aceptar emendas naturalistas,

matices menos agresivos, integra a crítica feble

e busca continuar a acumulación de mercadoría

a través das oportunidades de negocio

que abre o ecoloxismo institucional. A advertencia

de Walter Benjamin, un dos pensadores

marxistas que antes atendeu aos límites

naturais da expropiación capitalista, se-

proTagonista Crítica //

Manifestación de Galiza Non se Vende, fotomontaxe // Fernando de Paz

gue a conformar o horizonte revolucionario:

non botar máis carbón á locomotora, senón

tirar do freo de emerxencia. Ao cabo, en oposición

ao exceso de traballo que Carlos Taibo

constata no mundo actual, trátase de instaurar

o dereito á preguiza. Karl Marx e Federich

Engels describírono n’A Ideoloxía Alemá: “Na

sociedade comunista ninguén ten un tipo de

actividade exclusiva e calquera pode perfeccionarse

na rama que máis lle praza [...] isto

abre a posibilidade de facer hoxe tal cousa, e

mañá tal outra, podo cazar pola mañá, pescar

ao mediodía, practicar o ensino pola tarde,

dedicarme á crítica logo de cear, todo de

acordo co meu desexo e sen a necesidade de

mudar en cazador, pescador ou crítico”.

A defesa da Terra

e a dialéctica do progresso·

Escola Popular Galega (Área

Movementos Sociais) e

Galizalivre.org, 2010 ·

224 páx · 10 euros

Decrescimento, crise,

capitalismo ·

Carlos Taibo ·

Estaleiro Editora, 2010 ·

142 páx · 6 euros

proPostas Crítica

narrativa Provocación e desafogo, parodia máis ca alegoría,

o último libro de Borrazás resulta escuro só para quen non quere ver

Prosa vertical

ou barbarie

C ovalladas

(Galaxia, 2010),

por aproximación, han ser

as cousas da cova. O que na

cova se dá: o que alí acontece

e o que se fixa do que alí acontece. O

que se bisba ou se rumorea e o que se escribe

na Historia. E a cova, mal que ben,

un país. Unha tribo. Máis de un, articulados.

Unha estrutura social descrita, iso

si, por un disidente. Un anano coma os

demais, ou sexa, un tipo (ou tipa) de talle

máis ben escaso, pero que manexa unha

lingua que non é a do poder. Un pioneiro

autoproclamado. Un temerario que

promete non pechar os ollos esta noite

cando se deite na entrada do túnel –a

saída, o mito da saída– a agardar quen

sabe o que. Ningún outro anano o conseguiu

antes, disque. Enésimo opositor

a outsider, por tanto, artefacto recorrente

na caixa de ferramentas–no literario

e por fóra– de Xurxo Borrazás (Carballo,

1963): "A lingua é para estes enciclopedistas

/ un exército visto desde as nubes, /

unha recreación infográfica / de millóns

de soldados a pé. / Ou un exército ou un

salón de té. / Para outros a lingua é un

batallón nostálxico / das xestas napoleónicas:

/ sombreiros altos e baionetas caladas.

/ Para outros, guerra de guerrillas,

mero terrorismo. / Estes, por exemplo,

seriamos nós".

O contrato social era això, companys. O

disidente, mal que lle pese, habita un sistema

de galerías subterráneas. Unha veciñanza

de ananos, coroneis, un cantante

coa boca cosida que bebe por unha palla

e inimigos, os morcegos. Unha comunidade

diglósica, con catro tramos do IRPF,

presos, universidade e unha cita anual

con Eurovisión. Onde por non haber non

hai nin guerras nin torturas. Onde a vida

pasa apenas en ascender e pasar á reserva,

un atrás do outro. Visguenta, abisal,

"na cova amolecen as palabras, péganse

as frases". Pero para os ananos é perfecta.

"Útero en pedra", seica. Mesmo agradecen

as modestas prohibicións que os

eximen de toda responsabilidade. A saber:

non inxectar botox nin pilotar avións

nin cagar sen ganas nin soñar con Marilyn

Manson nin facer o ridículo nin comer

unllas alleas nin por suposto disparar con

flash. Moi normal todo, polo que se ve.

"Ao país dos ananos non hai que viaxar.

/ Estase nel".

Sen sentido do humor non habería Covalladas.

O novo de Xurxo Borrazás podería

ser un disco da primeira época dos

Resentidos, se o letrista dos Resentidos

fose un Celso Emilio Ferreiro doído e irredento.

Ou un capítulo engadido de Alicia

no país das marabillas, sempre que Lewis

Carroll tivese perdido toda a fe no absurdo.

Esperpento punk, J. G. Ballard a catro

mans con Valle-Inclán. Sen redención posíbel.

É, segundo a capa da primeira edición

de Galaxia, prosa vertical. Narrativa

sen parágrafos abrazados ás dúas beiras

da páxina. Todo envorcado á esquerda,

suicida, salvo o relato da fuxida do glosador-heroe:

salvo a épica. Un relato que

non enche a liña. Será que na cova a prosa

é mal vista, porque "quere facer crer

que ela é o mundo, que atrás dela non

hai nada", porque "baixo as liñas enteiras

agocha a terra liberada / da páxina en

branco". Ou será, polo contrario, porque

a poesía é aínda máis nefasta para os coveños:

"Sen dar nada, / todo o prometía.

Na textura das liñas inacabadas e as oracións

desprovistas, incertas, / nas conexións

azarosas e os chimpos desiguais

/ os ananos soñaban co equilibrio". Prosa

vertical ou barbarie, velaí a impugnación

de Covalladas.

Se a alegoría é (debe ser) sistemática,

Covalladas non é unha alegoría. Igual que

Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida

(Galaxia, 2007) non era un ensaio, dixese

o que dixese a lapela. A Xurxo Borrazás o

paratexto sempre lle procura coartadas un

pouco grandes de máis, unha miga canónicas

de máis. Naquel panfleto –pronúnciese

con dignidade e énfase na segunda

sílaba– , o escritor vigués (de Carballo)

disparaba sen sistema (nin tropa) contra

o sistema (e a tropa) da literatura galega.

Aquí fala da cova sen chegar a alegoría

ningunha. Distopía, e ballardiana, era

Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008), o regreso

do autor á novela tras a retirada de catro

anos que sucedeu a Ser ou non. Covalladas

é distinto. Menos ambicioso, se acaso. Un

abismarse do autor con (demasiada) fasquía

de exercicio de estilo. A golpe de relampo,

con intelixencia aforística e irregular,

a prosa vertical é espasmódica. Velaí

as definicións da Gran Enciclopedia Oral

Anana (sic), "un portento de concisión"

(sic, tamén). "COVA: obxecto de medicións".

Ou mellor aínda, "FÓRA: 1.- Programas

TV / 2.- Radiación mortal".

"Xa suporedes que, alá dentro, / os

contacontos rachan coa pana, / entronizados

ou masacrados / segundo a fortuna

dos seus relatos. / A un deles descubrírono

/ cunha agulla de rocha caliza

/ atravesada na gorxa". Non é un xogo

a cova. "A cova non perdoa, como unha

mafia". A literatura tampouco. Agradéceselle

a Borrazás esa incomodidade súa no

rol do escritor. É certo que en Arte e parte

cuspía contra Bordieu e os seus epígonos

en defensa dunha autonomía que pecaba

de metafísica, pero tamén lle mandaba

outra mensaxe de furia necesaria á

Academia e os apóstolos da patria: fóra

as vosas sucias mans da literatura. En Covalladas

volve coller as armas, pero desta

vez Galicia podería mesmo non ser Galicia.

O glosador-heroe vai fracasar. O seu

regreso á cova será penoso. Tirarano ao

chan e faranlle engulir lama. Meteranlle

morcegos exánimes polo recto. Pagará

Baixada a unha cámara subterránea // Arquivo

brutalmente, como se paga entre os ananos,

polos seus pecados. "Ata o narrador

máis parvo sabe que / todo relato longo

debe incluír os coroneis".

"Cagáchela, tío", repróchanlle ao que volve

coas fantasmagorías do que hai máis

alá da cova. Xa se dixera ao principio que

a cousa viña revirada. "Ías ben, podería

ser a epopea dos nosos tempos, / a ligazón

de todos os fíos. / Fuches a onde ninguén

fora / viches carreiras de cabalos...".

Pobre destino de replicante. Mesmo lle

reprochan a estrutura circular do relato.

E Borrazás a se resistir ás normas da

cova. A poñer en discusión ese libro que

non cabe nos andeis, que só os brazos de

media ducias de ananos poden transportar:

a historia dos vencedores. Desta vez,

con escaso pudor: entre a provocación e

o desafogo. Convencido, con todo. "Non

hai relato escuro senón público deslumbrado.

/ É a luz de fóra a que cega os matices

da sombra. / Na sombra, dentro, estaremos

nós." // Iago Martínez

Covalladas ·

Xurxo Borrazás ·

Galaxia, 2010 ·

168 páx · 15 euros

Unha cinta de Möbius

narrativa A novela póstuma de Xoán Manuel Casado

deita desacougo e resaibo de nouvelle vague

A

Nosa Terra recupera unha

novela curta ata o de agora

inédita de Xoán Manuel

Casado, o autor catalán

que nunca abandonou o galego. Declarou

o crítico Xesús González Gómez

arredor desta peza que se trata

de “literatura pura, concentrada,

dirixida a xente acostumada a ler”.

Despois dunha lectura atenta desta

novela póstuma, as palabras do crítico

toman o sentido dun material

de análise: 114 páxinas limitan tanto

a vaguidade coma os elementos

accesorios pero, implican pureza?

Debe a literatura dotarse de integridade

e ortodoxia para acertar? Dar

no cravo cunha produción significa

salvagardar a honra? Quizais sexa

mellor debate para outro foro.

Un guionista de orixe galega fai

a maleta e viaxa desde Francia ata

algunha aldea do interior de Galicia

co fin, sempre pouco preciso, de coñecer

a historia do seu pai asasinado

en 1936. Poden correr os anos oitenta

ou noventa do século pasado.

En segunda persoa de comezo a fin,

o protagonista deixa Muriel, a úni-

ca personaxe nomeada do conxunto,

en París e entra na paisaxe erma,

con aire arruinado e antigo, dun rural

galego sombreado pola calor de,

quizais, agosto. Se os acontecementos

transcorren en Galicia, o ritmo

da narración, o constante relato en

segunda persoa, as alusións a Francia,

ou a profesión do protagonista

remiten de cerca a algunha paisaxe

da nouvelle vague. Unha intranquilidade

lenta se cadra máis propia de

Eric Rohmer ca de Godard.

Pero non é esta unha novela sobre

a guerra civil vista con ollos parisienses,

ou barceloneses, pois non

é unha novela sobre a guerra civil

e sería interesante preguntarse se

constitúe ou non unha novela. O autor

céntrase en describir o desasosego

existencial (Francia, de novo)

dun protagonista que busca respostas,

pois el é un guionista do século

XX, máis en concreto das vangardas

intelectuais dos anos setenta que

abandonaron o comunismo para

afondar nun individualismo existencialista

que considera, coma o protagonista

desta peza, que a morte

Volta e revolta ·

Xoán Manuel

Casado ·

A Nosa Terra, 2010 ·

114 páx · 12 euros

colectiva, unha guerra, un combate,

unha revolución, unha resistencia,

etc. , non se parece demasiado

á morte porque lle resta peculiaridade.

O amante de Muriel chega,

entón, a unha Galicia hostil, chea

de silencios e secretos, para buscar,

dixemos, respostas a unha realidade

carente de sentido. Non se trata,

entón, da personaxe escindida, divisible,

fragmentada, múltiple... que

cabería esperar se se tratase dunha

figura do século XXI, senón que observamos

un protagonista unitario

que fai preguntas para obter respostas

pero, para fortuna da narración,

estas non chegan e a suposta novela

convértese nun xogo de dúas caras,

ou dunha soa, levado con precisión

e acerto.

O xogo existe entre os seguintes

elementos: o guión que debe rematar

o protagonista durante a súa estancia

en Galicia arredor da vida e morte

de seu pai, a historia coa que o protagonista

se encontra e que lle crea

problemas á hora de levala á ficción

e a propia vida do personaxe principal,

que chega a confundirse coa do

pai, isto é, xa que logo, tamén coa do

protagonista do guión que el mesmo

proPostas Crítica //

Walking Away // Lauren nassef

está escribindo. Os distintos niveis

deste metarrelato relaciónanse con

intelixencia, de tal xeito que só será

contra a última parte do texto cando

descubramos a armazón de curvas

que conflúen nun final en espiral cargado

dunha violencia tan silenciosa

e rotunda como as agullas do reloxo

avanzando no tempo dun relato longo,

dun conto redondo.

// Oriana Méndez Fuentes

Crítica proPostas

existir na

escravitude

Poesía Versos utópicos coa cidade de

Nova Orleáns como pano de fondo

Arrimar o adxectivo “poscolonial”

á poesía de Mario

Regueira pode resultar tentador,

pero nestes días iso

sería case unha declaración de racismo

e autoodio, tan groseiro como

imaxinar un señor comodamente

sentado nun contexto harmónico e

confortábel, buscando a inspiración

en ensoñacións moi exóticas (Nova

Orleáns, Haití, Dahomey) e, para o

noso gozo, falando de amor. De calquera

dos xeitos, admitámolo: somos

escravos.

Blues da Crecente, segundo poemario

do autor de Tanxerina (2006),

levou o XII Premio de Poesía Johán

Carballeira e foi publicado sete anos

despois da marea negra do Prestige,

catro anos despois do furacán Katrina

e pouco antes da explosión da

plataforma petroleira que alcanzou

Louisiana. Tanta concorrencia quere

abrir as portas de entrada a esta utopía

compartida desde as marxes da

subxectividade, en convocatoria extensa.

Ao longo da obra, en tres partes

–“N.O”, “Estricnina”, “N.O (Trens

cara ao Sur)”– comparecen e toman

ou ofrecen a palabra diferentes vo-

Blues da crecente ·

Mario Regueira ·

Espiral Maior, 2009 ·

50 páx · 12 euros

ces, como Marie –a raíña do vudú

de Nova Orleáns, Marie Laveau, ao

fondo deste personaxe–, Amanda,

Paul, ou Robert Johnson (o músico

de blues que vendeu a alma ao

diaño). Non se abandona, porén, o

discurso á intercesión do monólogo

dramático, senón que se modula en

cortes épicos, líricos e autorreflexivos,

chamando pola revolución desde

dentro e cara a fóra, no pasado

(“o pasado que nos quitaron xunto

co orgullo/ou as bibliotecas”) e no

futuro dos desherdados: “Coidémonos

dos deuses dos outros, do disfrace/que

se apegaña á pel até cortala,

da fraqueza do meu sangue/estancado

nas pozas de pedra da catedral.”

Fálase de revolta cando se fala

de amor, como se evidencia na primeira

parte do libro, pois o diálogo

entre tres personaxes ten a virtude

de lle volver chamar ás cousas polo

nome; así, recoñecerse escravo non

é exaltación nin Historia, senón sangue

oleoso nas dedas, sangue entre

as pernas, río que crece, palloza e

unllas de gato. Sucede. “Matarédesvos

dentro de min/e o meu corpo

ficará tirado/en calquera cuneta.”

Sáibase que fóra do libro, a obra

segue a crecer. Como nunha perfecta

metáfora do que podería significar

a cultura libre, o autor ceiba

no blogue bluesdacrecente.blogaliza.org

“unha visión máis” deste

escreber no vento

Poesía Cunha escrita alén tópicos identitarios, Vieira

foi o primeiro caboverdiano en gañar o Camões

Desde 1988, o prémio Camões

vem distinguindo anualmente

a trajectória de autoras/es

que tenham contribuído para “o enriquecimento

do património literário

e cultural da língua portuguesa”.

Instituído polos governos brasileiro

e português, este galardom é o dotado

de maior capital simbólico no

ámbito do lusofonia, com todos os

fantasmas que esta traz consigo,

funcionando de forma tam política

como é habitual nestes laureis institucionais.

A prova está, sem ir mais

longe, na oscilaçom de premiados

entre Brasil e Portugal, cabendo ocasionalmente

esta honra a algum dos

conhecidos como Países Africanos

de Língua Oficial Portuguesa. Isto

foi o acontecido em 2009, quando

por primeira vez um cabo-verdiano,

Arménio Vieira, se erigiu em ganhador,

sendo este galardom percebido,

tal e como habitua acontecer nas literaturas

emergentes, como extensível

a toda a literatura do arquipélago

mediante a certificaçom da maturidade

do seu sistema literário. Se

somarmos a coincidência com a celebraçom

do 35 aniversário da independência

e os 550 anos do descobrimento

de Cabo-Verde, as contas

tornam-se nítidas.

Som óbvias as conseqüências que

distinçons como esta tenhem na activaçom

da máquina editorial, exemplo

do qual é a saída do prelo de O

poema, a viagem, o sonho. As linhas

prévias nom pretendem, porém,

questionar a releváncia da obra dum

autor que, apesar da sua brevidade,

se situa à par de nomes como Corsino

Fortes na renovaçom da literatura

cabo-verdiana a partir dos anos 70,

estando já assente a emancipaçom

cultural proclamada polo movimento

da Claridade.

A proposta de Vieira foge dos caminhos

já trilhados e das tensons

reconhecidas na literatura do arquipélago

–mais além das referências

à viagem e ao sonho do título, signos

sobre os quais o claridoso Jorge

Barbosa edificou a sua poética

evasionista– inscrevendo-se intencionadamente

na história intelectual

ocidental com a qual dialoga de

primeira mao. Som assim invocados

nestas páginas desde a tradiçom

greco-latina («Grécia, mater mundi»)

e a liturgia cristá, até autores como

Borges, Rimbaud, Kerouac, Dante,

Lorca, Camus ou Whitman («Com

Whitman soube o que era um bardo

e também uma barba»), passando

pola literatura portuguesa (Pessoa,

O poema,

a viagem, o sonho ·

Arménio Vieira ·

Caminho, 2009 ·

136 páx · 16 euros

Camões, P. Vieira) ou personagens

de diferente cunho: Einstein, Dali,

Chaplin, Nietzsche, César, Bach.

Sob a forma de prosa poética

(«Escandir o verso é ofício a que se

furta o poeta»), Vieira configura um

discurso de carácter erudito em que

as reflexons existenciais matizam a

sua transcendência à luz dumha ironia

profunda, com usos alegóricos e

simbólicos, emanada do collage de

discursos e eventos: «Tinha nascido

Salazar, doutor e professor; num

palheiro, entre vacas sorridentes, só

faltavam os reis magos, que eram

três: Deus, Pátria e Família». A metatextualidade

intrínseca à obra encontra

aliás um expoente superior

na exposiçom dumha concepçom

poética órfica e hermética: «os mistérios,

como os poemas, estranhamse,

não se explicam».

A insistência em processos emergentes

em questons de afirmaçom

poemario, a súa. En realidade, coa

inserción de imaxes, música, indagacións

sobre personaxes e deliciosas

impresións do proceso creativo,

converte en proxecto multimedial o

que nun inicio foi clasificado como

libro de poemas, até o punto de rachar

definitivamente cos xéneros e

ofrecer, se se quixer ler dese xeito,

transición entre o verso, o documental

e a narración. O resultado

é espléndido.

Toda escrita, se non o é, debera

ser utópica. E esta éo en tanto que

estética e identitária parece ser ultrapassada

e, por isso mesmo, completada,

em obras como a de Vieira

em que o discurso épico-político se

extingue. À estranheza que isto poda

produzir para os olhares eurocêntricos

que procuram nas literaturas afri-

Nova Orleans inundado tralo Katrina //Arquivo

logra darlle as costas ás vías de sentido

único e entender o tempo coma

un puzzle de cristais rotos, disposto

para as mans de quen asuma a responsabilidade

de non deixar pechar

as propias feridas e permanecer á

espreita, coa “media lúa das anainas/imitando

o arco do machado”,

porque “son os vencedores os que

narran as historias,/o que non se

sabe/é que o forte tamén escribe os

códigos de honra/para ser sempre

un guerreiro digno.” // María López

Suárez

A Creación // Aaron Douglas

canas umha idiossincrasia própria,

cumpre lembrar a Godfried Donkor:

«Por quê um artista africano tem de

definir-se pola sua ‘africanidade’?

Conheces algum artista europeu que

se defina pola sua ‘europeidade’?».

//Cristina Martínez (grupo Galabra)

O que segue ao silencio

Poesía David Rodríguez concentra o poema no verso

breve, lapidario, aberto ás outras artes

Da particular idea da escrita

con que funciona David

Rodríguez tiñamos

noticia, antes da publicación

deste primeiro libro de poemas,

a través de dúas canles fundamentais.

Por un lado, das liñas dedicadas

á reflexión e á proxección sobre o es-

cenario galego dalgúns dos debates

do pensamento contemporáneo no

blogue O funambulista coxo (http://

ofunambulistacoxo.blogspot.com).

Polo outro, do éxito obtido coas

súas obras de teatro radiofónico no

premio convocado polo Diario Cultural

da Radio Galega (gañador da pri-

Estatua grega //eduardo Irago

meira edición, con O bambán, e finalista

na edición de 2010 con Nunca

me esquecerei de ti).

O tránsito entre xéneros e horizontes

discursivos non comporta,

con todo, correlacións unívocas e

monocordes entre unhas prácticas

literarias e outras. A poesía de La-

pidarias propón, de entrada, unha

ponte que é a un tempo estética e

hermenéutica entre a literatura e as

outras artes. En primeiro lugar, pola

inquisitiva presenza das fotografías

de Eduardo Irago acompañando os

textos do autor. Mais tamén pola

recorrencia á obra de arte como referencia

para unha escrita en que a

reflexión sobre a estética como coñecemento

sensíbel, o ollar ou a representación

teñen un lugar visíbel

(“Ollos de Bizancio mirádeme de esguello

// O que máis temo: // perderme

para sempre fitando de fronte os

meus ollos no espello”).

A aposta estilística e discursiva

do libro, partidaria do poema breve

e conciso, do adelgazamento expresivo

e, en relación con estes trazos,

da incorporación do silencio ao

texto e da escolla do enxeño e da

contradición como fórmulas para

a resolución do poema, non semella

desconectada de toda unha

tradición literaria en que brevidade,

pensamento e moralidade funcionaron

ao compás. Estou a pensar

no tipo de literatura coñecida

como literatura gnómica que, con

procedementos non distantes do

aforismo, a sentenza ou a máxima,

aspira á transmisión da sabedoría.

Con aperturas posíbeis, ademais,

tanto ao criptográfico e o enigmático

como á agudeza habitual dos

epigramas (“Murmuro para que se

me escoite”; “Escribir fracaso: / o

meu triunfo”).

proPostas Crítica //

Algo de todo iso hai no poemario

dun David Rodríguez que, desde o

mesmo título, marcou tamén relación

co xénero lapidario. É dicir, con

aquela escrita gravada na pedra, destinada

á permanencia e a transcendencia

e que na súa realización como

epitafio foi habilmente explorada por

Miguel Anxo Murado (Lapidario dos

heterodoxos, 1990; Lapidario, 2004). E

tamén co significado que o termo coñece

na actualidade como sinónimo

de cortante, preciso, rotundo, sobrio

ou solemne (“Ás veces é bo calar / a

vida é máis curta que as palabras”).

Son trazos todos orientados á

articulación dun determinado esquema

de pensamento, sempre

enunciado en primeira persoa, preocupado

pola exploración da escrita

poética como horizonte e límite

da intelixencia e tensado, en última

instancia, por unha existencia paradoxal

en que o íntimo e inextricábel

–os versos negros– ten as marcas

da dor e da derrota. Dedícase tamén

ao amor: “Igual que ao peixe

espetado no anzol / amada miña /

crávasme os teus labios / ao tentar

soltarme”. // Isaac Lourido

Lapidarias.

Os versos escuros ·

David Rodríguez·

Xerais, 2010 ·

136 páx · 14,15 euros

Crítica proPostas

Tras dos espellos

Xuvenil Contos que revelan os enganos, sociais

e persoais, que construímos e nos constrúen

Enganos sociais, paterno-filiais,

amorosos, maritais,

laborais, culturais, ecolóxicos,

autoenganos, son os

protagonistas deste libro de relatos

presentado a modo de menú de

restaurante. Así, en cada unha das

distintas opcións “gastronómicas”

(“Para picar”, “Entrantes”, “Primeiros”,

“Segundos” e “Sobremesas”)

inclúense catro propostas cuxa extensión

garda relación formal co

tipo de “prato” ofrecido. O importante

é ese anaco de vida que desfila

ante nós como testemuña das

nosas contradicións máis internas,

dos nosos soños de amor, de gloria,

de felicidade, de solidariedade,

de ecoloxía, de éxito social, de cultura,

etc., e que Núñez Singala nos

presenta logrando manter na maioría

das ocasións ese difícil pulso de

depuración requintada, a través da

peneira do superfluo, que impón

o xénero do relato, en loita constante

contra o tempo e o espazo.

Máis coñecido pola súa faceta de

investigador sobre a normalización

do idioma ou como dramaturgo (a

tantas veces editada O achado do

castro ou a tan controvertida, crítica

e irónica Comedia bífida) xa se

En tempos en que as editoras

ven reducidas as súas vendas

en porcentaxes alarmantes,

é unha grande alegría a aparición

dunha nova, e moito máis cando ten

vocación decidida polos produtos

ilustrados, álbum e novela gráfica.

É o caso de El jinete azul que sae ao

mercado con sete obras, todas elas

de singular calidade literaria e gráfica.

Non sorprende se sabemos que

á fronte desta nova proposta está

un editor competente como Antonio

Ventura. Só queda que, de se

cumprir o noso desexo de éxito para

esta nova editora, se vexa completada

coa oferta dos seus produtos en

galego, para os lectores desta nosa

lingua que amamos e na que procuramos

obras que unan calidade literaria

e excelencia gráfica.

El despertar de Heinsenberg é un

texto do moi recoñecido autor catalán

de LIX Joan Manuel Gisbert complementado

polo, tan recoñecido,

ilustrador e autor de cómic, Pablo

Auladell. Gisbert, mestre da obra literaria

de misterio, comeza por nos

situar nun tempo futuro que todos

somos quen de albiscar e no desolado

escenario dos polígonos indus-

estreara anteriormente como narrador

coa interesante novela Mar

de fondo ou con relatos espallados

en libros colectivos.

No primeiro conto –engano lingüístico-identitario–

titulado “Inculturación”

aparece un dos temas

aos que o autor nos ten acostumados,

as contradicións dunha sociedade

que está a perder os seus

sinais de identidade. As contradicións

dunha sociedade falsamente

progresista quedan patentes tamén

no conto titulado “Primeiro de

maio” ou en “A morte do caniche”.

Tamén o autoengano aparece no

conto titulado “Elocuencia”, no que

dous homes xogan a se facer pasar

por amigos nunha conversa inzada

desa retranca tan de noso. En “Círculo”

un home autoengánase soñando

unha vida distinta a esa rutina

cansa, monótona e gris dos seus

días. “Enxeño” é un relato sobre o

autoodio que condiciona a conduta

de certas persoas de extracción social

humilde, que adoptan unha actitude

de servilismo fronte ás de clase

social superior. En “O comezo das

vacacións” asistimos aos enganos

matrimoniais. “O inhalador” é un

conto de vinganzas e envexas, etc.

Os mortos van

por dentro

Xuvenil Unha novela gráfica

desacougante e exemplar

El despertar

de Heisenberg· ·

Joan Manuel Gisbert ,

Pablo Auladell (Il.)·

El jinete azul, 2009 ·

136 páx · 16 euros ·

triais abandonados que Auladell nos

retrata en catro páxinas (tres delas

dobres) con outros tantos planos de

achegamento á nave onde principia

a narración. Xa estamos dentro dunha

obra que nos atrapa e que enche

o noso corazón de inquietude.

Que deixamos despois da morte?

O que queda de nós é un rastro

na memoria dos nosos, mais

esa pegada de lembranza poderá,

dalgún xeito, volverse presenza

real daqueles mortos que levamos

con nós? Claudio leva dentro dous

deses mortos, o irmán desaparecido

antes de nacer el e o escritor que

nunca acadou ser. Ulia leva a Klaus.

Haberán ser quen de convocalos,

neste caso mediando o psiconavegador

que Klaus inventou, para

que a vida que lles queda por vivir a

ambos os dous, Claudio e Ulia, sexa

digna de tal nome.

Menú de enganos ·

Manuel Núñez

Singala ·

Galaxia, 2010 ·

116 páx · 11,80 euros

Así, de engano en engano chegamos

aos “pratos fortes”, “O tobo” e

“A rapaza do biquini verde”, elaborados

para satisfaceren os padais

máis exixentes. Neles o autor afonda

en conceptos como o xogo do

amor e os seus espellos, enganos á

fin. O libro convéncenos polo tratamento

sutil do tema proposto pero

sobre todo por esa capacidade do

autor de “estoupalo conto nas verbas

derradeiras, dempóis de inzalo

poderosamente”, por definilo coas

atinadas palabras dun dos maiores

mestres galegos do relato, Rafael

Dieste.

Editado na colección que Galaxia

destina aos adolescentes, desexamos

que traspase as fronteiras das

marcas de idade, xa que non estamos

ante unha obra xuvenil canónica

que responda ás claves –cada

vez mellor definidas–deste xénero

A novela gráfica, máis aló dunha

rixidez definitoria indesexábel que só

esclerose lle pode dar, substánciase na

harmonía e complementariedade das

dúas linguaxes. A ausencia de solapamentos

e redundancias, o saber dotar

a narración dunha riqueza expresiva

que faga posíbel unha lectura sen rupturas

da continuidade, fan desta obra

unha novela gráfica exemplar.

Xa estamos afeitos á capacidade

creativa de Gisbert para facer nacer

historias que lemos con inquietude

e rematamos cunha certa melan-

en alza, senón ante un libro dirixido

tamén para un público adulto,

prexuizoso en moitas ocasións,

ao noso pesar e seguramente por

colía. Do mesmo xeito coñecemos o

traballo de Auladell, mestre do cómic

contemporáneo, que aquí nos deixa

páxinas maxistrais nas que transmite

a misteriosa atmosfera na que suceden

os feitos. Nun xogo expresivo no

que alterna elementos formais do cómic

(división da plana en viñetas) con

outros máis próximos á ilustración

(páxinas e dobres páxinas sen dividir)

vaise compoñendo unha obra chea de

harmonía, sen deixar por iso de conter

singularidades de extraordinaria

beleza e expresividade como son as

Bodegón con taza // Diego rivera

descoñecemento, fronte a esa literatura

que tamén ten a capacidade

de ser entendida polos mozos e

mozas. // Ánxela Gracián

Imaxe de El despertar de Heisenberg //Pablo Auladell

siluetas –infantil e adulta– das páxinas

que abren os capítulos 5 e 6 ou

de elementos narrativos dunha forza

insuperábel como é pechar a historia

con dúas dobres páxinas resoltas nun

baleiro inquietante feito a base de

deixar só os fondos gráficos despexados

de calquera figura. Engadamos

unha atinada planificación que dota

a obra dunha sintaxe que, unida a un

ben administrado xogo de integración

ou resalte entre figuras e fondos,

dan unha auténtica alfaia da novela

gráfica. // Xabier P. DoCampo

Infancias

difíciles

Infantil Manuel Rivas fai callar a

fantasía nos gumes do real

Milu recibe como agasallo

unha televisión

tan pequena coma

ela que se converte

na súa mellor amiga. Son as frases

simples e evocadoras as que

nos suxiren a súa terrible soidade

desde ben cativa, un sentimento

que nomea e identifica no obxecto:

“Pobriña, Nana. Sempre soa!”.

As circunstancias mudan na casa e

as respostas que Milu lles formula

desde a inocencia aos adultos que

a arrodean revelan como se intensifica

a soidade: desaparece a canción

que o pai procura no fondo

dos vasos e o silencio gaña terreo;

a nai comeza a súa caída, vítima

da desesperanza e perdida no labirinto

da depresión e da renuncia.

A nivel narrativo as escenas adquiren

unha intensidade cargada de

dramatismo, botando man de elementos

metafóricos que inciden

nos desvaríos dos adultos. E Milu?

Milu soña, acubíllase na súa amiga,

observa e pregunta, mentres a

tristura e o silencio se apoderan da

súa vida.

Milu ·

Manuel Rivas,

Aitana Carrasco

(Ilustracións) ·

Kalandraka, 2010 ·

48 páx · 14 euros

A armazón social favorece que

Milu –e Nana xaora–, coñeza o que

se ve a través da fiestra dun centro

de acollida, soñando que seus pais

dan atopado tantas cousas perdidas.

Axiña vai descubrir a existencia

doutra maneira de vivir na que hai

risos, música, conversa e mesmo un

novo obxecto que representa o mundo

todo, a esfera terrestre, no que se

cadra é posible atopar o camiño de

volta á casa. O doce final, axeitado

ao lectorado previsto, a partir dos

seis anos, instala a ilusión dunha

nova oportunidade de comezar, sen

esquecer que na risa dos que máis

queres reside a felicidade.

En Milu, Manuel Rivas aborda sen

concesións un contexto familiar problemático

que pon de manifesto a indefensión

da protagonista. No entan-

Princesas sen

perdices

Infantil O teatro vira xogo para

derrubar estereotipos

O

teatro para nenas e nenos

segue sendo unha forma

textual pouco frecuentada.

O Premio Manuel María de Literatura

Dramática Infantil funciona como

un catalizador da súa escrita, unha

oportunidade para fornecer de textos

a compañías teatrais e ensinantes.

Dende 2006, este galardón deu

a coñecer autores noveis, como Carlos

Losada e Teresa González Costa,

á vez que premiou creadores xa consolidados,

como Paula Carballeira e

Xosé A. Neira Cruz, quen se fixo coa

última edición deste recoñecemento

con Sopa de xarope de amora.

A peza constrúese a partir dun recurso

recorrente no teatro infantil: o

humor, que produce situacións disparatadas

e absurdas, xogando coa

transformación de certos referentes

para potenciar a súa vertente cómica.

Neira xa amosara a súa pericia

para provocar o riso n’O punto da escarola

(texto gañador do VI Premio

Barriga Verde de Teatro para Monicreques),

mais con esta obra consegue

ir un paso máis alá. A historia

que nos conta é a de tres reinos postos

en perigo polas súas princesas,

remisas a casar. Dada a situación,

Sopa de xarope

de amora ·

Xosé A. Neira Cruz,

Marta Álvarez (il.) ·

Xerais , 2010 ·

88 páx · 13,80 euros

os reis e raíñas deciden recorrer a un

sabio singular, o doutor Amorodo,

especialista en males de amor. Mais

debido á incopetencia de Valdemaro,

o seu axudante, e ao namoramento

que sente por Chismunda, as

súas fórmulas non funcionan. E os

reis, fartos de esperar, deciden bombardear

a súa torre cuns proxectís

moi especiais.

A partir do desenvolvemento

desta trama, o autor leva a cabo

unha deconstrución de estereotipos

xenéricos que lle funciona e

que xa empregara noutras obras da

súa produción (A noite da Raíña Berenguela,

O armiño dorme). Princesas

que refugan do destino preconcibido,

feiticeiras sabias que dan

coa resolución aos conflitos e magníficas

e encantadoras cociñeiras

forman parte do seu entretecido.

to, o conxunto ofrece un tratamento

delicado que resulta da mestura das

pinceladas realistas con outras ateigadas

de fantasía, un traballo ao que

contribúen as enriquecedoras ilustracións

da valenciana Aitana Carrasco.

De feito, os debuxos atenden profusamente

á dimensión psicolóxica e

onírica da cativa, plasmando os seus

soños e comportamentos e a mirada

de desconcerto desde eses grandes

ollos, cunha variada galería de cores,

técnicas e texturas.

Sopa de xarope de amora convértese

así nunha sorte de conto moderno

que desafía as convencións

(poderes reais e mundo rural atemporal

incluído) partindo dos contos

tradicionais. No mundo globalizado

en que a monarquía está demodé

e as sociedades rurais son cada

Ilustración de Milu // Aitana Carrasco

Un “libro solidario” que Kalandraka

incorporou ao seu catálogo

coincidindo coa celebración do Día

Mundial da Infancia e en colaboración

coa Fundación Meniños, que

recibirá o 10% das vendas e mais os

dereitos de autor cedidos por Rivas.

Agora correspóndenos a nós a colaboración,

a mediación e non esquecer

que na historia de Milu poden

recoñecerse moitos nenos e nenas

que teñen o dereito a gozar dunha

infancia feliz. // Isabel Soto

Ilustración de Sopa de xarope de amora // Marta álvarez

vez máis escasas, o poder xa non é

dos antigos espellos máxicos que

todo o adiviñan, senón dos novos

artefactos que se asemellan máis

a un Ipad. Magnífica proposta con

didascalias dirixidas á representación.

E acaídas ilustracións de Marta

Álvarez. // Montse Pena Presas

proPostas Crítica //

Viches o león? ·

Armando Quintero,

Géraldine Alibeu (il.) ·

OQO, 2010 ·

48 páx · 12,50 euros

CONTO PArA LEr E PArA VEr.

Acompañado das ilustracións

da francesa Géraldine

Alibeu, o escritor Armando Quintero

presenta en OQO o seu segundo

título infantil: Viches o león?, unha

lírica composición na que os silencios

teñen tanto que dicir coma as

palabras.

A historia transpórtanos a unha

selva nocturna e apracible, na que

a lúa está continuamente presente,

onde atopamos a pequena ra

á procura do león. Cargada cunha

carta “que arrecende a herba e a

flores frescas”, a ra vai seguindo os

pasos do mamífero como se dunha

investigación se tratase, e é só grazas

á colaboración dos demais animais

que consegue dar con el.

A través das respostas que a ra

obtén dos seus veciños, tamén o

lector vai obtendo datos da aventura

do león e das súas arelas de

chegar ata a lúa, incrementándose

a curiosidade segundo a viaxe

avanza. Cal é a razón pola que o

león non caza nin come e se dedica

a andar detrás da lúa? A resposta

non se descubrirá ata o final,

como ocorre nas mellores narracións

de misterio.

As ilustracións de Alibeu son indispensables

para crear a atmosfera

do relato. Un evidente estatismo,

grandes horizontes, nocturnas estampas

e cores apagadas intensifican

a soidade da selva, a quietude,

a inmensidade. Teñen ademais

unha marcada función narrativa e

rítmica, pois as escenas que non teñen

texto –aquelas nas que vemos

o león en fuxida– son determinantes

no avance do relato e marcan os

silencios que a narración precisa.

A través destas estampas coñecemos

tamén un pequeno neno que

segue o desenvolvemento da historia

como espectador, de maneira semellante

ao que facemos nós como

lectores. A introdución deste personaxe

observador é un dos grandes

acertos do libro, así como o emprego

desas ilustracións sen texto.

O estraño comportamento do

león, que a todos desconcerta, é o

misterio que finalmente descobre

a ra cando dá con el para lle entregar

a carta, elemento principal na

resolución da trama. E non é outra

cousa que a picada do amor o que

aguilloa ao rei da selva. Desta maneira

Viches o león? pasa de ser un

intrigante relato sobre un león triste

e errante a converterse nunha

fermosa historia de amor pola que

sabemos que quen intenta imposibles,

como subir á lúa, ou está tolo

ou está namorado. Normalmente é

o segundo. // María Lado

10 // Crítica proPostas

Que mellor presentación para

un libro ilustrado de fantasía

heroica que dalo a coñecer

entre o público apaixonado por

esa temática? Iso mesmo debeu

pensar David Rubín, que percorreu

as principais librerías especializadas

en banda deseñada da provincia

da Coruña para presentar a edición

de Astiberri do Salomón Kane

de Robert E. Howard, embelecida

coas súas ilustracións. Na presentación

na veterana Libreria Kómic

de Santiago de Compostela, o 11

de xuño, a habitual sesión de sinaturas

de exemplares e agasallo de

ilustracións orixinais estivo aderezada

polo conxunto de funk e soul

Banda Aparte, que lidera o libreiro

Komic, Xosé Barreiro, máis coñecido

como Pío polos habituais.

Á marxe da singular campaña de

promoción o certo é que o Solomon

Kane de David Rubín é un libro altamente

recomendable para públicos

de todas as idades. A obra forma

parte da recente colección “Clásicos

Ilustrados”, da editorial Astiberri,

que a este paso vai camiño de

converterse no principal referente

peninsular na publicación de BD de

autor. Como o seu propio nome in-

Los ojos del gato // Moebius

Imaxes que fan xustiza

BD David Rubín ilustra, entre a caricatura e o comic

book, todo un clásico da literatura fantática

dica, a serie basea a súa filosofía en

recuperar obras clásicas da literatura

fantástica, de terror ou de ciencia

ficción, embelecéndoas coas ilustracións

de grandes debuxantes da

banda deseñada independente. Os

niveis de calidade acadados por El

Golem (Gustav Meyrink / Santiago

Valenzuela) ou El destino del artista

(Eddie Campbell), anteriores entregas

da colección, presaxiaban excelentes

expectativas sobre este Solomon

Kane de David Rubín e, certamente,

o resultado non defrauda.

De todos os personaxes creados

por Robert E. Howard, entre os que

se contan heroes coma Conan, o Rei

Kull, ou Red Sonja, Solomon Kane é

probablemente o máis pintoresco.

O protagonista destas historias é un

xusticeiro puritano do século XVI que

percorre Europa e África na procura

de aventuras, coma se fose unha sorte

de Corto Maltés cambiado de época.

Nas súas historias mestúranse os

xéneros máis populares da subcultura

pulp: romance, terror, intriga, épica...

O ritmo é trepidante e o lector

case non terá tempo de tomar alento

entre historia e historia, pero a sabia

combinación de elementos froito da

xenialidade de Howard achega a con-

Música envolvente

BD Palabras e imaxes din máis do que contan neste

man a man entre Alejandro Jodorowski e Moebius

Los ojos del gato ·

Jodorowski,

Moebius (il.)·

Norma, 2010 ·

56 páx · 14 euros

Norma editorial acaba de

reeditar un estraño e

delicioso álbum –deses

que alcanzaron xa o

status de míticos– saído do xenial

casorio artístico que compoñen

o debuxante Moebius e Alejandro

Jodorowsky como guionista. O seu

título é Los ojos del gato, e nada ou

pouco ten que ver co seu simbólico

Incal, malia que poidamos intuír

neles universos comúns. Esta é,

de feito, unha estraña obra con

capacidade de atraer tanto aos

devotos do metafísico guionista

como a aqueles que non perden o

sono polas páxinas asinadas polo

psicomago.

Los ojos del gato é unha poética e

sorprendente creación, que o propio

Moebius chegou a definir como un

xogo en que ambos os dous se permitiron

liberdade absoluta, fóra das

amarras comerciais. Dende logo, a

conxunción do bo facer dos dous

artistas ten como resultado un ál-

Solomon Kane·

Robert E. Howard,

David Rubín (Il.) ·

Astiberri, 2010 ·

296 páx · 20 euros

sistencia necesaria para que a experiencia

non se converta nunha sucesión

de fogos de artificio.

Pero, como encaixa o estilo de

David Rubín con este clásico da fantasía

heroica? O ourensán, que xa

amosara sobradamente o seu bo facer

con Corazón de tormentas, experimenta

nesta obra unha evolución

estética que o leva a mesturar a súa

tendencia á caricatura para achegarse

ao estilo do cómic book. O resultado,

de grande beleza plástica, harmoniza

á perfección cun tipo de historias

en que se mesturan elementos

tomados da literatura homérica

cos recursos habituais da ficción.

Por se non bastara con todo isto,

Astiberri, facendo honra da súa impecable

traxectoria editorial, recupera

as versións orixinais das historias

de Howard publicadas en Weird

Tales, entre os anos 1928 e 1932 e non

bum inusual, de ritmo engaiolante,

transcorrer inquietante e sorprendente,

armado dun poderoso

e tétrico atractivo. A obra establece

tamén un constante diálogo co

lector que asiste, hipnotizado polas

maxistrais páxinas a que Moebius

nos ten xa afeitos, a unha sombría

e magnética narración da que podemos

dicir que é pura poesía.

A súa gran capacidade evocadora

provén das imaxes a toda páxina nas

que o debuxante deixa fluír todas

as súas habilidades como creador

de arquitecturas decadentes e de

escenas impresionantes, valéndose

dunha expresiva cor biton. Estas

grandes viñetas, lamentablemente

reducidas na edición presente a

un formato medio, contrapóñense

a outras opresivas e estáticas escenas,

apenas un recorte vertical

de marcada marxe negra, nas que

a omnipresente sombra dun home

domina o relato e a paisaxe. Esta

oposición constante crea un ritmo

envolvente e consegue que unha

acción que dura apenas un instante

poida ser contada de forma simultánea

dende espazos distantes, sendo

a única e principal acción da historia

marcada polo ritmo pausado e a

tensión. Esa música interna que fai

deste álbum algo marabilloso.

os textos adulterados que apareceron

noutras compilacións menos

afortunadas. Débeda saldada, por

tanto, e un novo atractivo para en-

Outro dos segredos da obra é a

medida xusta do texto. Insinuante

e mesurado, céntrase na conversa

sen resposta que o enigmático

personaxe masculino establece coa

súa aguia, un monólogo de sorprendente

resolución e inesperado final,

deses que conseguen deixar marca

na memoria.

Los ojos del gato é unha obra mínima

pero plena. Tras as súas escasas

palabras e maxestosas imaxes

insinúase todoa unha historia que

o lector pode xogar a completar.

Fainos pensar sobre a cidade semiderruída

cuxas rúas percorre o

silandeiro gato, sobre o seu pasado

e o seu apocalíptico tempo, o

mundo en que se encadra, o seu

poderoso protagonista, a vida que

leva... e todo só con ensinarnos a

punta do iceberg. Pero se algo queda

e impresiona é o macabro debuxo

da crueldade, a reflexión sobre

a procura da felicidade a calquera

prezo, sobre a impotencia, o

poder e a morte.

Unha obra moi recomendable por

ser unha desas lecturas que deixan

marca no recordo. Só por Los ojos

del gato, xa se lle poden perdoar a

Jodorowsky todas as súas rarezas. A

Moebius, creo, non hai chata que lle

desculpar. // María Lado

Ilustración de Solomon Kane // David rubín

gadir a unha obra en que se conxugan

demasiados atractivos como

para deixala pasar por alto. Gozade

dela. // Xesús Blanco Rosas

Onde viven os espectros

Teatro Manuel Lourenzo reescribe as consecuencias

da ambición humana que simboliza Macbeth

Teatro para oír

e descubrir

Teatro A escritura dramática

renóvase a través da radio

T

oca xa a cuarta edición deste

evento que se traduce non

só na necesaria renovación

de autoras e autores para a literatura

dramática galega, senón tamén na

recuperación dun xénero interesante,

importante e tradicionalmente

esquecido polos circuítos de publicación

teatral: o teatro radiofónico.

A iniciativa procede da incansábel

Ana Romaní e do seu Diario Cultural

e conta coa colaboración do Centro

Dramático Galego. O resultado, finalmente,

un libro coas obras premiadas,

e o pracer de escoitar en cd

a lectura dramatizada dos textos. Publícanse

tres peciñas correspondentes

ao Premio do Xurado, Premio da

Audiencia e Finalista, precedidas dun

delicioso prólogo, auténtica homenaxe

ao teatro lido e radiodifundido,

elaborado por Ánxeles Cuña.

Vanesa Martínez Sotelo e a súa

obra Indoor foron galardoadas co

Premio do Xurado. A autora amósanos

aquí unha obra contida de ton

contemporáneo, de toques absurdos,

na que unha lectura reflexiva

fai que o texto gañe sen dúbida á

experiencia exclusivamente auditiva

na que debe cobrar importancia

a historia. Efectivamente, Indo-

IV Premio Diario

Cultural de Teatro

radiofónico · VV. AA.·

Xerais/Radio Galega,

2010 ·80 páx ·

15,90 euros

Lady Macbeth approaching the murdered Duncan // William Blake

or non é unha historia dramática

en sentido estrito, senón que semella

máis ben un exercicio dramático

misterioso e estilizado que

nos achega máis ao terreo lírico da

suxestión ca ao terreo ficcional da

narración pura. En Indoor, Vanesa

Martínez desenvolve de xeito fragmentario

o tema do (auto)encerro e

da fuxida posmoderna da expresión

das paixóns e os sentimentos como

patoloxía a través dun motivo que,

en si, constitúe unha atractiva idea

literaria: a muller que queda pechada

na pedra, reminiscencia contemporánea

da clásica (e bíblica) conversión

en estatua. Posúe Indoor

enormes posibilidades escénicas

pero, sobre todo, literarias.

A audiencia do Diario non se trabucou

ao premiar o texto de Begoña

García Ferreira O vento na illa, unha

obra intelixente que se desenvolve

a través dunha historia ben levada

e que nos conduce á imprescindíbel

base narrativa do teatro para escoitar.

A autora consegue que, nunha

soa escena e nuns minutos de conversa,

a tensión medre e a historia

debulle desde o presente un longo

pasado de acontecementos ficcionais

que conducen a un desenlace

clásico, máis alá, por suposto, dunha

definición dos personaxes que

se converte en esencial. García Fe-

O

dramaturgo vivo máis

importante do teatro

galego, o noso dobre

Premio Nacional de Literatura

(nacional español e nacional

galego) entrega agora un novo

capítulo da súa revisión da mitoloxía

dramática universal, con este

volume que gañou o Premio Álvaro

Cunqueiro do ano pasado. En Flores

de Dunsinane, Manuel Lourenzo

volve a recorrer á revisitación dun

texto clásico, neste caso o exemplo

da ambición humana e das súas fatais

consecuencias que é o Macbeth

de Shakespeare.

Volta ás orixes dos clasicismos

grego e barroco á que nos ten acostumados

o do Valadouro, cuxa produción

literaria está inzada de personaxes

helénicos (Helena, Edipo,

Electra) e elisabethianos (Hamlet,

agora Macbeth), que recorda ao

mestre Cunqueiro, nomeadamente

ao seu Incerto señor Don Hamlet,

cuxas páxinas de vento enchen tanto

Elsinor como Mondoñedo; mais

tamén a ese mestre da contemporaneidade

que é Heiner Müller, responsábel

da estirpe xermanófila do

noso dramaturgo, e gustoso asiduo

das familias dramáticas.

Hai tanto en Cunqueiro como en

Müller, alén do comentado, un gusto

tal polo teatro que os condena a

facer da metateatralidade un ingrediente

indispensábel das súas deli-

rreira demostra talento no dominio

do diálogo e da tensión dramática e

unha fina intuición sobre o xénero

radiofónico.

Por último, o texto finalista de

David Rodríguez Rodríguez mestura

dous elementos de plena actualidade:

a metateatralidade como recurso

literario para enriquecer a obra, e

a memoria dos acontecementos da

Guerra Civil como fío argumental

que conduce á confusión entre histo-

11

proPostas Crítica //

Flores

de Dunsinane ·

Manuel Lourenzo ·

Xerais, 2010·

48 páx · 12,50 euros

cias, fado ao que non é quen de fuxir

Manuel Lourenzo. A acción destas

Flores de Dunsinane ten como alicerce

a fermosa hipótese de Macbeth

e Lady Macbeth volveren de entre

o esquezo da morte, mortos, para

lle contar a Fleance, herdeiro lexítimo

da coroa escocesa, todos os

porqués daquela traizón pasada. E

como non podía ser doutro xeito ao

se tratar de espectros, os dous monarcas

lembran a tristura e a inevitabilidade

dos seus actos criminais

representándollos a Fleance nunha

fantasmagórica velada.

Todo este artellamento non é

máis que unha escusa para seguirmos

a pensar no teatro como

a verdadeira realidade virtual que

existiu e existirá sempre, apta para

informar desde calquera esfera do

tempo, sexa futura ou pasada. Esta

idea dinamizadora serve, tamén e

sobre todo, para que Lourenzo xogue

ao que máis lle gusta, que é tecer

coas palabras máis fermosas os

tapices do teatro universal.

//Roi Vidal Ponte

Familia sintonizando a radio //Arquivo

ria e relato, ficción e realidade. Nunca

me esquecerei de ti amósase coma

un bosquexo de algo que podería ser

unha obra de maior envergadura,

cunha maior concreción da acción e

dos propios personaxes. Mais como

texto dramático breve, a obra de David

Rodríguez funciona e cumpre o

que semella o seu obxectivo básico:

mover a conciencia do lector á reflexión

sobre os acontecementos pasados.

//Inma López Silva

12 // Crítica proPostas

no future

Tradución Onte é narrativa descarnada e escéptica,

sen concesións á sensibilidade como recurso

Agota Kristof escribe así de

simple porque a muller é

húngara e por cousas da

vida tivo que facerse escritora

en francés, como lle pasara

parcialmente a Beckett. Esta é a explicación

fácil. Despois está a difícil:

Agota Kristof escribe así de simple

porque deliberadamente evita

utilizar a sensibilidade como filtro,

e narra desde a insensibilidade absoluta

de Deus ou da forza da gravidade.

Esta novela non procura a

quimera da obxectividade (de feito

está narrada en primeira persoa)

pero o narrador non encontra, para

describir un presente sen futuro e

cun pasado enfermo, palabras que

sexan máis crueis do que xa é, de

seu, a existencia.

Sandor/Tobias, un operario dunha

fábrica de reloxos (o dos reloxos soa

noxentamente alegórico pero foi o

oficio que a autora tivo nos primeiros

anos do seu exilio en Suíza: as

cousas da vida das que antes falaba)

soporta a rotina laboral grazas

a unha obsesión pola figura mítica

da súa medio irmá, e nun momento

dado a súa medio irmá real irrompe

casualmente nesta rotina e dá pé a

unha relación amorosa na que cada

Non abonda unha escrita de

calidade para que a unha a

traduzan. Nas rutas do tráfico

cultural da tradución, as relacións

desiguais entre sistemas literarios

fan que a galega non sexa unha literatura

moi traducida. E a literatura

de autoras aínda o é menos, malia

estarmos a contar, en época recente,

con algunhas excepcións que se cadra

invitarían a albiscar un cambio

de tendencia.

É por iso que cómpre darlle a benvida

a To The Winds Our Sails. Irish

Writers Translate Galician Poetry,

unha coidada antoloxía de 10 poetas

galegas contemporáneas en edición

bilingüe, traducidas por autoras/es

de Irlanda a inglés ou gaélico,

en edición de Mary O’Donnell e

Manuela Palacios. Baixo o título xenérico

de Galician Poetry, pode que a

máis de un/ha lle sorprenda, porén,

atopar exclusivamente versos das

poetas (e non dos homes poetas),

acostumadas/os como estamos a

que o feminino sexa sempre o marcado.

E malia que a etiqueta “muller”

pode ser de utilidade estratéxica

nalgúns contextos para pór atención

nunha presenza mulleril que

o (in)consciente porfía en obviar, o

título xenérico resulta aquí do máis

atinado para o que é un dos obxectivos

do libro: contribuír a remode-

paso adiante é tan optimista como

unha coitelada no fígado até que

a relación remata e aparece como

unha simple paréntese nunha vida

que agora corre, ágrafa e pagada de

si, cara a unha normalidade triunfal.

É francamente difícil non relacionar

constantemente esta novela coa

obra completa de Kristof, algo que

acontece con todos os libros e autores,

pero en poucos casos á parte

deste tres ou catro días son suficientes

para coñecer ben esta obra completa.

Talvez unha leitura illada de

Onte deixe un bo sabor de boca ou

mesmo a ocorrencia de que a vida

de Sandor/Tobias é moi diferente da

nosa, pero o precedente da triloxía

formada por Le grand cahier (que publicou

en galego Xerais no seu día: O

gran caderno), La preuve e Le troisième

mensonge, impón, cando menos,

a necesidade da dúbida de todas e

cada unha das frases e a sospeita da

explicación onírica. Narración entre

dous séculos: Kafka, pero tamén David

Lynch e Aki Kaurismäki. Mil novecentos

noventa e cinco.

No primeiro daqueles libros, a segunda

guerra mundial era o punto

nodal do que se ían desprendendo

diferentes situacións de horror que,

Dialogos eire-Galiza

Tradución Viaxan ao inglés e ao gaélico os versos de

dez poetas galegas contemporáneas

lar unha tradición poética galega, da

que as autoras deben formar parte

‘normal’ e indivisíbel.

A selección dos cinco poemas de

Pozo, Kruckenberg, Torres, Aleixandre,

Pichel, Pato, Romaní, do Cebreiro,

Lado e Arias (probabelmente

realizada polas propias autoras)

é abondo representativa e variada,

mesmo incluíndo poemas inéditos

que lle outorgan ao libro un aliciente

extra. Con todo, desde un punto de

vista puramente tradutolóxico debo

recoñecer a desconfianza inicial que

me suscitou o feito de as traducións

estaren feitas por autoras/es irlandeses

que a priori non coñecesen a lingua,

literatura e cultura galega, pois

como se advirte no limiar, para as

súas versións partiron duns textos

inicialmente vertidos ao inglés por

Minia Bongiorno: é que, sen entrar

xa no debate de se para traducir poesía

cómpre ser poeta ou tradutor/a,

as versións en inglés (catro de cada

autora) e galés (unha) si funcionarían

como unha sorte da tan deostada

tradución indirecta.

Mais a desconfianza inicial axiña

ficou superada polo virtuosismo

das traducións, nas que a posíbel

falta de familiaridade coa lingua

galega se ve compensada pola entrega

absoluta aos poemas por parte

das autoras/es irlandesas. De aí

Onte ·

Agota Kristof ·

Rinoceronte, 2010 ·

130 páx · 14 euros

a diferenza dos relatos canónicos

sobre ocupación, ditadura e exilio

orixinados por esa guerra, previsíbeis

como contos de fadas, non

son exemplares nin heroicas, senón

caóticas, contraditorias e xeradoras

de mentiras. A literatura xa só

pode ser así e todos os libros posteriores

de Agota Kristof contradinse

ferozmente uns a outros aínda que

a centralidade da guerra pareza ir

ficando atrás. Onte é apenas unha

forma diferente de mentir. Parte da

sorpresa radica en que unha literatura

tan descarnada e escéptica,

sórdida sen ostentación e ateigada

dunha sexualidade doada de conseguir

como de esquecer, non veña

dun moderno de óculos de pasta

e indefectibelmente varón senón

dunha señora septuaxenaria e testemuña

directa de moitos dos acon-

To the wind in our

sails. Irish Writers

Translate Galician

Poetry ·

Mary O'Donell,

Manuela Palacios

(eds.) · Salmon

Poetry, 2010 ·

172 páx · 15 euros

unhas memorábeis versións en inglés

(lamento non poder xulgar os

textos gaélicos) que, parafraseando

ao Michael Cronin da contracapa,

transmiten a intensidade, fondura,

capacidade de sorpresa e compromiso

dos orixinais.

E ficou tamén superada pola

constatación de que, como afirman

as editoras nos seus textos introdutorios,

este volume busca non só

compensar a balanza desigual do

interese recíproco entre a literatura

irlandesa (coñecida en Galiza) e

a galega (descoñecida en Irlanda),

presentando nunha editorial dublinesa

ás poetas galegas traducidas.

Alén diso, persegue sobre todo encetar

un diálogo entre as poetas galegas

e as escritoras/es irlandesas

que as traducen (as cales se erixen

en verdadeiras coprotagonistas da

obra), definido este diálogo por

múltiples puntos converxentes na

tecementos atroces que modulan a

paisaxe dos seus libros. A diferenza

é que o que no varón (pos)moderno

sería cinismo preceptivo e irreverencia

de postal, en Agota Kristof é

un exercicio de endurecemento pro-

súa tradición contextual e literaria,

que as editoras debullan con acerto.

Isto torna o libro peza valiosa

para o lectorado galego ávido por

(re)descubrir estas conexións, as ca-

MZ //Antía Moure

gresivo da vida como da escrita, e

o que no horizonte do noso amigo

dos óculos se debuxa como un nicho

de mercado, para Kristof é simplemente

a vontade firme de deixar

de escribir. // Samuel Solleiro

Home: a chant // elena del rivero

les sen dúbida poderían continuar a

explorarse nun futuro volume que

recolla os textos destas escritoras/es

irlandesas en tradución das galegas.

// Olga Castro

Imprescindíbel ou

autocompracente?

Tradución A antoloxía de Dunne merece todos os

parabéns. Non así a estratexia para promocionala

“Os límites da miña lingua son

os límites do meu mundo”.

Aínda que non a formulara en

termos culturais, esta frase

de Wittgenstein axéitase ben ao valor

estratéxico que a tradución literaria

ten para as culturas minorizadas.

Con todo, as fronteiras lingüísticas

están hoxe máis pronunciadas

ca na Idade Media, cando as persoas,

ao desprazárense lentamente,

ían aprendendo outras linguas

abríndose, así, ao mundo. En tempos

dunha globalización uniformizadora,

unha cultura actual, e máis

aínda se minoritaria for, ten que facer

este labor de xeito planificado.

Ata agora non hai máis ca 37 libros

galegos traducidos ao inglés e unha

política cultural de cara ao mundo

anglófono continúa a ser unha tarefa

pendente.

A recente publicación da Anthology

of Galician Literature (1196-

1981), de Jonathan Dunne, editada

conxuntamente por Xerais e Galaxia

(e cofinanciada pola Xunta), pretende

dar outro paso neste sentido. É a

primeira vez que se reúne unha selección

bilingüe da historia literaria

galega como ferramenta de divulgación

en lingua inglesa. Falamos

de 55 obras dende o primeiro documento

en galego ata o inicio da II

Autonomía en 1981 e que abranguen

a tradición oral, teatro, ensaio, poesía

e narrativa. Son 40 autores e autoras

mais seis voces anónimas, escolmados

por 55 persoeiros da cultura

galega. Un total de 23 persoas

repartiron o traballo de translación,

coa participación da práctica totalidade

de quen se dedica hoxe en

día á tradución do galego ao inglés.

Cruceiros no cemiterio de Vicinte // Galipedia

Seica haberá en breve un segundo

volume, que cubrirá o período entre

1981 e a actualidade.

Despois de 13 anos de traballo,

Jonathan Dunne –que traduciu 31

dos 55 textos– proponnos todo un

canon da literatura galega 1196-

1981, elaborado con criterios máis

democráticos do que é o habitual.

Figura incluso como autor da antoloxía,

un feito que destaca a importancia

da tradución e a mudanza

da súa función sociopolítica. O

conselleiro da cultura aproveitou

a conclusión deste traballo titánico

para falar, de xeito desafortunado,

dunha “correcta definición do

canon” (Varela, 05-VI-2010). Mais

as seleccións antolóxicas sempre

son discutíbeis, pensemos só na

reducida presenza de autoras (esperemos

que se corrixa este des-

equilibrio no segundo volume).

Tamén sería importante que as estratexias

de tradución empregadas

fosen analizadas por especialistas,

xa que parece existir unha tendencia

a neutralizar o texto de partida

(“N’a carcel d’o Vaticano!”/“Inside

the Vatican’s walls”, p. 126-127),

alén dalgunhas poucas incoherencias

(“ourentaron-se ao esquenzo”/

”pointed toward omission”, p. 150-

151). Aínda que non poidamos facer

aquí unha crítica da tradución,

adoita que as neutralizacións corresponden

a unha característica

do mercado anglosaxón, cuxo

conservadorismo aínda esixe que a

tradución se lea como un orixinal

en lingua inglesa.

Mais estes aspectos representan

asuntos menores que non poñen en

cuestión a excelencia da antoloxía.

Convén centrármonos nos aspectos

paratradutivos, ou sexa no seu

contexto económico e político: se

fose entendida e aproveitada pola

administración subvencionadora

e as dúas editoriais nacionais (que

sobreviven grazas á primeira) como

unha importante ferramenta de

política exterior galega, esta antoloxía

non sería publicada en Galiza

ou, polo menos, seríao en colaboración

cunha potente distribuidora

internacional. Unha consellería de

cultura, nos tempos que andamos,

debería ser quen de entrever que a

cultura é unha das maiores riquezas

de Galiza, con posibilidades de

exportación proveitosas, e tomar as

medidas oportunas. No intre de rematar

esta recensión nin apenas se

contan, no máis popular dos buscadores

na rede, máis ca 25 entradas

en inglés! E isto dous meses despois

do seu lanzamento. Esta divulgación

asúmea case en exclusiva a

editorial Small Stations e o blog de

Jonathan Dunne, sen reacción aínda

por parte da prensa ou do mundo

editorial anglófonos. A presenza na

rede sería vital en moitos sentidos,

tamén porque en breve sairá con

Breoghán›s Lighthouse, de Antonio

de Toro, outra antoloxía bilingüe da

literatura galega nunha editorial inglesa

(Francis Boutle), nunha colección

dedicada ás literaturas minoritarias.

Unha competencia que cómpre

ter en conta.

1

proPostas Crítica //

A que se debe esta falta de visión

estratéxica e de proxección

mediática? Non se dispón con Jonathan

Dunne –tradutor, editor

e crítico reputado e de moita experiencia–

dunha persoa máis ca

ideal para se mostrar no mercado

anglófono? Non existen antecedentes

como a antoloxía de narrativa

galega From the Beginning of

the Sea, realizada polo Oxford Center

for Galician Studies? Por que a

Xunta non tratou de financiar unha

edición directamente no mercado

anglosaxón? Se colaboran Xerais

e Galaxia, por que non subiron ao

barco unha editorial anglófona con

boa distribución? Por que distribúe

precisamente Galaxia, que non é

quen de divulgar un proxecto desta

envergadura? Por que o boletín da

antoloxía en inglés, que pretende

promover o libro xunto de axentes

e editoriais estranxeiras, combina

erros cun estilo pouco idiomático?

Tamén a tradución inglesa da carta

dos editores Bragado e Freixanes

non convence, xa que o seu

discurso resulta torpe na lingua de

chegada. E por que as primeiras recensións

galegas aplauden algunhas

destas limitacións (Vilavedra,

El País 25-VI) ou se conforman con

que a antoloxía se dirixa soamente

aos centros de estudos galegos e a

axentes ou editoriais (Fernán-Vello,

Galicia Hoxe 8-VII)? Por que a cultura

galega sempre a mandan entrar

pola porta traseira?

Se Jonathan Dunne merecese

unha medalla Castelao por este tan

logrado esforzo de tradución cultural,

as institucións administrativa e

editoriais implicadas nin acadarían

un aprobado. Como carta de presentación

da literatura galega no

mundo editorial anglosaxón entregaron

esta belísima antoloxía, nun

acto que raia a autocompracencia,

na conserxería da propia casa. Unha

mágoa. // Burghard Baltrusch

Anthology of

Galician Literature ·

VV. AA. ·

Galaxia, Xerais, 2010·

344 páx · 25 euros

14 // / Crítica proPostas

Desmontar a representación

Tradución O teatro de Caryl Churchill é exercicio de emancipación,

ollada diverxente, crítica do poder. Tráenolo ao galego Galaxia

Catro pezas ·

Caryl Churchill ·

Galaxia, 2010 ·

484 páx · 22 euros

A

ESAD e Galaxia achegan

unha nova tradución dunha

das dramaturgas máis

destacadas da escena in-

A

Biblioteca Compostela de

Narrativa Europea tráenos

desta volta Nocturnos, o último

libro de relatos de Kazuo Ishiguro.

Choca que un tipo nacido

en Nagasaki apareza nunha colección

continental mais estes son os

santos misterios das lapelas editoriais.

Se Ishiguro escribise aquí as

peripecias dun samurai coxo seguro

que abriría outro conxunto literario

titulado “prosas exóticas” ou

“letras orientais”.

As historias deste volume fálannos

de músicos e melómanos europeos

e americanos, situados nun

tempo posiblemente próximo á caída

do muro, á falta de marcas temporais

claras, e a xulgar pola cantidade

de referencias ás dificultades

que deben ter os do outro lado

do pano para se desenvolveren no

mundo que os rodea.

ternacional: Caryl Churchill rompe

as convencións da linguaxe escénica,

subverte a orde das cousas para

transformalas, e desmonta os sistemas

de signos para facer da acción

escénica unha nova semiótica que

non quere transmitir contidos, senón

carrexar consecuencias, desencadear

accións.

Manuel F. Vieites, tradutor das catro

pezas escollidas, sitúa a autora

na Inglaterra de finais dos 70, e nun

corpus de produción dramática que

Igual ca Ignace Leybach

Tradución Relatos daqueles que, perdedores, ficarán

no esquecemento como o Quinto Nocturno

Semella xa unha marca de Ishiguro

a construción de personaxes que habitan

un pasado do que non poden

desertar, como o mordomo d’O que

queda do día, ou os amantes da música

melancólica do guión do filme

de Guy Maddin, A canción máis triste

do mundo. Pero estes personaxes,

máis ca literatura europea, semellan

un catálogo de historias norteamericanas,

invadidos por unha temática

propia do capitalismo xa desde os

seus comezos. Coma nos filmes de

béisbol ou de rugby americano, deportes

tan filosóficos coma o mundial

de fútbol, o perdedor é o protagonista

absoluto. Quizais o “toque

europeo” sexa que estes loosers, eliminado

todo romanticismo, non van

dar feito. Os músicos de Ishiguro son

eternos aspirantes a un éxito polo

que tampouco devecen. Observados

por unha mirada allea, que actúa de

Nocturnos ·

Kazuo Ishiguro ·

Galaxia, 2010 ·

216 páx · 17 euros

Representación de Lonxe en Santiago de Chile // Teatro del Carmen

bebe das orientacións emancipadoras

do teatro de Brecht e se quere

fóra da “well-made play”. Lembrando

a Elaine Aston (o Manual de práctica

teatral feminista foi tamén publicado

por Galaxia), Churchill explora

as relacións de poder en tanto rede

complexa de mecanismos opresores

(xénero, clase, raza...), que funciona

tamén nos espazos íntimos de convivencia.

Encadra Aston a Churchill

no feminismo materialista, que critica

o burgués e o radical.

catalizador das historias ao pór en

evidencia a súa mediocridade de

intérpretes de música doutros, de

mercenarios de hotel, de crooners en

declive, os protagonistas dos relatos

transitan non-lugares e casas alleas,

nunca se presentan na súa intimidade.

Viven de prestado e algúns deles

son mesmo desagradecidos, un

chisco tristes, desde logo en absoluto

parecidos a esa imaxe de músico

excéntrico e dono de si a golpe de

caprichos.

A escolla destas Catro pezas responde

ao criterio de amosarnos a

evolución dunha ollada diverxente, e

as teimas que acomete nesta traxectoria:

a revisión crítica das relacións

de poder ao longo da historia, nunha

colonia en África na época vitoriana

(O sétimo ceo) ou na cea transhistórica

que abre Mozas de primeira; as

representación das mulleres e dos

“outros” (pon un home interpretando

a Betty e un branco a Joshua, negro,

provocando un estrañamento

Non sabemos se Ishiguro quixo

contar de xeito consciente a historia

destoutros, os acompañantes,

os dúos de tiroleses, os que responden

aos anuncios de “búscase

baixista”, pero o retrato non os favorece.

necesario para entender cadanseu

auto odio e a conexión entre a opresión

colonial e a sexual: a mentalidade

colonizada e represión interiorizada

da esposa abnegada e do escravo);

e tamén a barbarie: en Lonxe

decide abordala a través dos ocos, do

que non se di. Hai un texto visible,

o diálogo e a acción entre os personaxes,

e un subtexto que o público

ten que conformar no seu imaxinario.

Igual ca en De serie, nesta peza

renuncia á omnisciencia, recorre aos

baleiros, e a formular preguntas que

non son respondidas, para obrigarnos

a reconstruír ese real ficticio (que

emparenta co real histórico). Alén do

argumento inspirado pola clonación

e a biotecnoloxía, quen mira a obra

vese na obriga de desafiar a súa propia

idea de identidade, pertenza, ou

dominación. Non abonda, lendo ou

vendo teatro de Churchill, coa percepción

superficial do que se pon en

escena: se cadra temos que incomodarnos,

darlles a volta ás representacións

que nos aprenderon.

Velaí o risco: houbo quen viu

en Top girls (Mozas de primeira) un

enxalzamento do feminismo burgués,

e en Marlene unha heroína a

imaxe e semellanza da “dama de

ferro”. Pero o que Churchill fai é

problematizar o “éxito” de Marlene,

desactivar o discurso da “super

muller” da era Tatcher a través das

súas propias contradicións, evidenciar

como as mulleres participan da

súa propia opresión ao reivindicaren

igualdade parcial dentro da sociedade

de clases, sen cuestionaren

ese sistema. Non é o teatro de Churchill

para público preguiceiro. Queda

agardar, agora que contamos coa

tradución, que os textos sirvan para

o traballo sobre as táboas (xa dende

o teatro universitario se acometeu

nalgunha ocasión a obra de Churchill),

e poidamos ver pronto teatro

dese incómodo, dese necesario.

// Lara Rozados Lorenzo

Night Windows // edward Hopper

Como os nocturnos que dan título

ao libro, eles tamén son un xénero

menor. Igual ca o Quinto Nocturno,

a peza máis popular, igual ca Ignace

Leybach, o seu autor, serán esquecidos.

Non o digo eu, dío a Wikipedia.

// Marta Pérez Pereiro

Ficción emancipada

Audiovisual Teleseries como The Wire, liberadas da grella televisiva,

posibilitan unha ollada individualizadora sobre un sistema corrupto

T

he Wire é a obra de ficción

norteamericana máis importante

deste século e a

súa complexidade e ambición

van alén de todo programa

televisivo anteriormente realizado.

Resumindo todas as súas liñas argumentais

nun só concepto sólido

e inapelable deberíamos dicir que a

serie trata da imposibilidade de ser

honrado nun sistema corrupto, isto

é, no capitalismo contemporáneo.

Todos os estamentos sociais son

completamente incapaces de loitar

cos problemas que se lles presentan,

entorpecéndose uns aos outros con

todo tipo de accións interesadas e

burocratizadas. É máis, non hai unha

soa personaxe que ao longo da trama

non caia nunha conduta irresponsable,

amoral e vantaxista, con independencia

das súas intencións.

Nun principio The Wire semella

outra serie sobre a loita contra o

narcotráfico, mais axiña deixa esta

premisa para tratar problemas estruturais

do mundo actual. Cada unha

das súas cinco tempadas centráse

nun tema esencial: a guerra contra a

droga, o desmantelamento dos sindicatos,

a corrupción política, o fracaso

da educación e a farsa periodística.

Cada novo estamento vai entrelazándose

cos anteriores e achegando

personaxes; así aparece ante nós

o triunfo absoluto dun sistema capitalista

capaz de aniquilar calquera

iniciativa que poida facer tremer as

súas bases. Deste xeito, os creadores

da serie conseguen ofrecernos o retrato

dunha cidade, Baltimore, exemplo

do funcionamento dunha democracia

occidental moderna e verdadeira

protagonista da trama.

As rúas de Baltimore serven de escenario para a serie The Wire // Arquivo

A chegada do novo milenio

trouxo á televisión norteamericana

numerosas series cuxa idea central

pasaba por amosarlle ao espectador

a metodoloxía utilizada en

certo tipo de profesións, especialmente

de corte policial ou médico.

Pero ao contrario que todas elas,

The Wire non utiliza ese proceso

como esquema prefixado para todos

os episodios (formulación, nó e

desenlace), senón que o vemos en

“tempo real”; as accións e as súas

consecuencias estíranse abarcando

escenas, capítulos e incluso atravesando

diferentes tempadas. Aquí os

procedementos policiais e xudiciais

non aparecen sintetizados, senón

interconectados nunha gran rede

á que se engaden posteriormente

a actuación política e a cobertura

xornalística dos sucesos.

Xa desde o seu título The Wire aparece

ante nós como unha conexión

co mundo real a través da ficción.

Coa escusa dunha investigación policial

sobre unha banda de narcotraficantes,

a serie colle o seu tempo

para amosarnos tanto o traballo policial

como as motivacións, intrigas

e intereses que existen tras estas accións.

Por outra banda, por primeira

vez vemos nunha serie aos traficantes

como unha organización laboral,

sen ningún tipo de maniqueísmo

moral, onde cada persoa exerce

un traballo cunhas obrigas e remuneracións

prefixadas. Así, cada personaxe

desenvolve un labor no eido

en que lle tocou vivir, e ten escasas

posibilidades de cambiar de ámbito

polos seus propios medios.

Esta forma de organizar a ficción

aséntanse sobre un importan-

1

proPostas Crítica //1

te substrato de realidade. Gran parte

do equipo de guionistas ten experiencia

previa nas rúas de Baltimore,

nos eidos da policía, a educación, o

sindicalismo ou o xornalismo. Como

di o personaxe de Gus Haynes, editor

na ficción do Baltimore Sun, “neste

xornal Deus aínda vive nos detalles”,

idea extrapolable á escritura da serie.

Á utilización de escenarios naturais

e actores non profesionais hai

que engadirlle un exhaustivo traballo

de investigación sobre as diferentes

xergas que utilizan os personaxes

segundo o seu status.

As pontes tendidas entre The Wire

e a literatura son numerosas. David

Simon, principal responsable da serie,

fala xa da traxedia grega como

punto de partida dende a súa concepción,

e en diferentes entrevistas

aparecen mencións a Melville, Dickens

ou a narrativa rusa como influencias.

A ambición novelesca que

se percibe nos creadores leva á concepción

de cada escena coma un parágrafo,

cada episodio coma un capítulo

e cada tempada coma un libro.

Isto tamén se relaciona cunha nova

maneira de consumir os produtos

audiovisuais; gran parte dos espectadores

viron a serie ben descargando

os episodios da rede, ben facéndose

cos capítulos en DVD, medios

que están a converterse en hexemónicos

para o consumo de ficcións televisivas.

Anúlanse así as restricións

temporais prefixadas polas canles,

permitindo unha maior liberdade

de visionado.

Carente por completo de escenas

explicativas ou presentacións de

personaxes, todas as secuencias de

The Wire réxense por unha construción

“in media res” con abundancia

de elipses que perforan a trama, falando

con total naturalidade de persoas

ou sucesos que aínda non coñecemos

ou directamente non chegaremos

a ver. Esta situación obriga

ao espectador a non perder detalle

e facer un traballo extra para o seguimento

dos primeiros episodios.

“Que se foda o espectador medio”

chegou a dicir Simon nunha entrevista;

esta é unha obra que crea o

seu público, constituíndo a emancipación

definitiva das teleseries

como formato artístico-literario.

// Julio Vilariño

Crítica

proTagonista

Marilar Aleixandre

«Non escribimos

mollando o dedo no

sangue menstrual»

Hai olladas e escritas que din alén. En Marilar Aleixandre delatan a quen ousa xogar

no gume dos coitelos, para ver a vida correr e poder escribir co seu sangue. Disque

para ela primeiro foi vivir e logo escribir. En ambos os dous casos con pasos áxiles e

mirada pronta. Cun universo propio que callou en novelas, relatos, poemas e tamén

historias para a xente miúda. O pretexto para a conversa foi o seu último libro, O

coitelo en novembro (Xerais, 2010), que a autora deu a coñecer en xuño na homenaxe

que lle dedicou a Asociación de Escritores en Lingua Galega. // Belén Puñal // Fotos: Mario Llorca

D

e O coitelo en novembro agardábase que

fose un libro compilatorio de relatos,

mais ten tal grao de unidade que pode

pasar case por novela, como así o presenta

a editorial na lapela do libro. Diría que o truco

para acadar tal consistencia non está só no artificio

literario, o relato marco que constrúes para unir os

outros, senón tamén nun universo literario xa maduro

despois de dúas décadas publicando. Na túa escrita

hai palabras talismán, personaxes que retornan, temas

recorrentes…

Hai parte das dúas cousas. Todo o que escribimos ten

algunha relación porque creamos un mundo con intercomunicacións,

como eses túneles que atravesan as

montañas nos contos de maxia e que comunican un

país con outro. Se tes uns intereses e unha imaxinaría,

iso aparece a distintos niveis, como a imaxe dos coitelos,

que tamén está nos meus poemas. E iso posibilita

darlle unidade a uns materiais que foron escritos en

distintos momentos, dende 1996, cando publiquei Lobos

nas illas, o meu anterior libro de relatos, até agora.

Mais escribir sempre é ficción, sempre é un artificio.

Eu non lle creo á xente que di que escribe como lle

sae, que non retoca nin corrixe nada. Escribir dá moito

traballo, dá moito que pensar, que volver para atrás e

para adiante, preténdese que o que se vexa ao final

sexa a obra de arte. Como di Pessoa, o poeta é un finxidor.

Do que se trata é de finxir o mellor posible.

Nese relato central tamén ten moita forza o xogo

metaliterario entre realidade e ficción, o que é verdade

e o que non o é. A protagonista, unha filóloga

que vive nunha Galicia futura, especialista na narrativa

d’As mil e unha noites e das Metamorfoses de

Ovidio, intenta buscar a verdade sobre Aleksandra

Mairal, unha escritora de finais do século XX e principios

do XXI, con moitas coincidencias contigo…

Ten moita forza nese relato central a historia d´As mil

e unha noites, que tamén xira ao redor dunha historia

central que enmarca outros relatos, e constitúe así unha

boa metáfora do que este libro é: a procura dun marco

para outros relatos e tamén a reflexión arredor do verdadeiro

e do falso. N’As mil e unha noites non sabemos

que relatos son falsos ou verdadeiros, cales formaban

parte orixinariamente da obra e cales se incorporaron

despois, cal é a verdadeira versión. Igual que hai discusións

sobre cales eran as verdadeiras editoriais galegas

e se cuestiona se deben considerarse como tales as que,

no exilio, publicaban en castelán, ou mesmo se ten posto

en dúbida o galeguismo de Luís Seoane porque escribiu

en castelán unha parte importante da súa obra. Que

é verdade e que mentira?

A memoria ocupa un lugar moi importante neste libro.

Varios destes relatos recuperan a lembranza dos

maquis, da literatura do exilio, dos últimos executados

do réxime franquista… Que dirías para refutar

esa ladaíña de que a literatura actual está a falar demasiado

de memoria?

A memoria permítenos manter vivos os feitos e as persoas.

Houbo intentos, na transición, para que a memoria

non se mantivese. Martín Villa, que aínda está por aí

nos consellos de administración, ordenou, despois de

morrer Franco, a destrución dos arquivos da Falanxe. No

discurso oficial do país houbo unha memoria selectiva

ou manipulada. Un exemplo é a serie Cuéntame como

pasó. Os que vivimos esa época non nos recoñecemos

nela. Responde ao discurso oficial de que a transición

foi por consenso. Nela desaparece a loita no movemento

clandestino na ditadura de Franco. Mesmo o Partido

Comunista, o partido que realmente levou a cabo unha

oposición forte durante o franquismo, e xa non falemos

doutras formacións de esquerda que despois, ao ficar

sen representación parlamentaria, desapareceron ou

sobreviviron de maneira residual.

O libro toma o seu título dun dos relatos que o conforman,

o protagonizado por un Franco agónico no

seu leito de morte. Como sentiches a necesidade de

facelo protagonista do teu xogo de ficción?

Pareceume curioso que sendo Franco galego non fose

protagonista dun relato. No mesmo momento en que

Franco está agonizando ordena matar dúas persoas da

ETA e tres da FRAP. Cando eu estudaba na facultade de

Bioloxía en Madrid, tiven moitísimo contacto coa xente

da FRAP. Unha destas persoas, que precisamente era

galego, Humberto Baena, andaba sempre polas facultades

de Ciencias e de Bioloxía daquela.

Tamén no relato central se fala moito doutra parte

do activismo contra a ditadura: a memoria do

exilio, en concreto, a figura de Luís Seoane. Estamos

no ano en que se celebra o centenario do seu

nacemento. Fíxose o suficiente na recuperación da

súa memoria?

As editoriais do exilio fixeron moito máis que manter

a literatura. Mantiveron o espírito da república e do

galeguismo. Hai unha memoria diso? Si, Seoane ten

unha fundación na Coruña e é unha persoa recoñecida.

Pero eu creo que se lle presta máis atención á

súa faceta artística que ao seu labor como axitador,

como axente cultural e político, proporcionador dun

espazo para un tipo de pensamento radical, republicano

e galeguista. Para min iso é o importante das

editoriais no exilio, ofrecer un espazo que dentro de

España e de Galicia non existía.

Préstaselle especial atención no libro á relación de

quen escribe coas personaxes. Dise nalgún momento

que ás persoas non lle gusta verse convertidas en

personaxes. E falas de traizón e usurpación da realidade

por parte de quen escribe…

Case sempre, cando escribimos, hai algún punto que

está ancorado na realidade. Ou en persoas que coñeciches,

ou en historias que alguén che contou ou

que mesmo liches na prensa. Que ocorre cando literaturizamos

a historia doutras persoas? No relato “A

morte na arca” hai unha parte do que se conta que

lle aconteceu ao pai dun amigo meu. Optei por metelo

nunha época totalmente distinta e cambieino

de contexto. A historia de “Desaforados muños”, na

que un estudante de medicina lle relata, sen sabelo,

a historia dun asasinato á propia nai do asasino, contouma

o protagonista. Eu cambiei o lugar do crime

e o nome da nai. Mais, que dereito tes ti? Eu tómoo

como unha metáfora do que é escribir, de como nos

apropiamos das historias e, ao escribilas, lles damos

ás veces unha intención totalmente distinta. Como di

Adrienne Rich, e como cito ao principio do meu poemario

Catalogo de velenos (Sociedad de Cultura Valle

Inclán / Fundación Caixa Galicia, 1999), todo o que

escribimos será usado contra nós ou contra aqueles

a quen amamos.

A traizón aos ideais é un tema tamén recorrente

na túa escrita, sobre todo nunha novela

anterior, Teoría do caos (Xerais, 2001).

Sentíchela algunha vez de preto?

As persoas que vivimos a loita pola liberdade

no franquismo vimos que se conseguían

moitas cousas, pero noutras houbo unha gran

frustración. Podemos dicir, por exemplo que

hoxe en día hai liberdade de prensa e de expresión?

Os poderes políticos e económicos teñen

capacidade para que non se fale do que non

lles interesa. Está claro que houbo traizóns,

algunhas moi coñecidas e de gran calado, de

protagonistas importantes, e outras pequenas,

que seguramente tamén acontecen ao

longo da vida de moita xente que renuncia a

uns ideais para vivir máis comodamente.

Outro tema recorrente na túa obra é o rexeitamento

ao outro. Ou ben porque sexan

persoas que resultan distintas por algunha

peculiaridade determinada (por exemplo, a

figura do monstro, que está presente tanto

na túa escrita para público infantil como na

novela A compañía clandestina de Contrapublicidade

[Galaxia, 1998]). Ou ben por tratárense

de sectores marxinados. Tal é o caso

da poboación inmigrante, en Tránsito dos

gramáticos (Xerais, 1993), ou os sen casa,

de volta n’A compañía clandestina... Coidas,

nese sentido, que a literatura pode contribuír

a cambiar algo?

Sería moi pretensioso pensar que a literatura

vai cambiar o mundo. Penso que o que escribimos

sempre ten que ver coas historias que nos

preocupan. Hai sectores que semella que non

existen porque non se fala deles. Un dos relatos

d’O coitelo en novembro, “Vigo no solsticio

de inverno”, está baseado nunha proposta real

que houbo nun momento determinado na cidade

para expulsar os mendigos. Neste libro

intento tamén darlle voz ás mulleres, sobre

todo a personaxes como os de Xoana de Arco

ou a serea danesa, que foron historicamente

obxecto de manipulación.

Non se trata só de recuperar voces femininas

senón tamén a experiencia das mulleres. Di

Mila Drexial, en relación a unha das historias

d’As mil e unha noites: “O que, na opinión de

Mila, non era tan realista, é que a princesa tomase

o sexo de Qamar al-Zamán para penetrarse,

cando podía usalo doutro modo, frotarse

contra el, chegando ao máximo pracer

sen necesidade de derramar sangue. Talvez,

pese a Xerazade, a historia fose inventada por

un home que cría ou quería crear na súa propia

versión do pracer das mulleres”…

Hai uns anos publicáronse dous libros de relatos

eróticos, Contos eróticos / elas e Contos

eróticos / eles (Xerais, 1990). Nos escritos

por eles, había un par que falaban dunha violación.

Despois diso, de todos modos, creo

que houbo bos contos eróticos en galego. Da

sexualidade feminina fala de forma moi aberta

María Xosé Queixán e ultimamente María

Reimóndez. E tamén eu o teño abordado nalgún

relato. O curioso d’As mil e unha noites é

que son relatos que se poñen en boca dunha

muller. Dese conto ao que te refires vin varias

versións. Nalgunhas delas non pasa nada

e os namorados, condenados a espertar un

cando o outro dorme, só se dan un bico na

fronte. Mais hai algunha versión, coido que

na tradución ao castelán de Cansinos Assens,

na quea rapaza colle o namorado e se penetra.

A reflexión que fai Mila é se verdadeiramente

ocorrería así, se o que lle apetecería

facer a ela sería realmente penetrarse.

BIóFILA DAS LETrAS. Aquel día como

calquera outro decidiu ser nosa e enfiando

desculpas deixouse atrapar por Vigo, o lugar

que lle matou a calor que pasara nas

súas vidas e que lle deu, como de paso, un

compañeiro.

Nas costas da cidade, no seu lombo, parou

a coller aire de camiño a Compostela e

nun patio interior construíu un xardín ventureiro

con vidas alleas coas que foi creando

a súa, con sementes transformadas en historias

sen catalogar.

Disque quixo ensinarlle ao mundo como

era, o mundo, digo, e censouse emporiso

nun lugar chamado ser persoa desde o que

desenvolverse de maneira consciente e independente

e sendo protagonista fíxose,

case sempre, muller.

Dotou logo de voz a esas mulleres e foi

facendo como fixo con ela, coa forza e o ritmo

do rock, coas ganas da mocidade eterna

percorrendo o mundo, a falar nas linguas

todas do dereito a ser sen que che corten a

cabeza, miña Medusa.

Seica hai tempo que gosta da traizón e

non para en contar, tamén poeta, a gran-

Nas entrevistas a escritoras é habitual preguntar

pola literatura de mulleres. Supoño que

deixará de haber discriminación cando realmente

teña o mesmo sentido falar de literatura

de mulleres ca de literatura de homes…

Claro. E, efectivamente, aos homes nunca se

lle pregunta. Non creo que haxa literatura de

mulleres en Galicia porque, independentemente

das relacións persoais, cada unha temos

a nosa propia voz, igual cós homes. O que

pasa é que hai unha gran parte da literatura,

que se considera universal, que é literatura de

1

proTagonista Crítica //

des e pequenos que lle aplauden escoitándoa

nas prazas. Cos aplausos fixo un muro

cun mar de fondo e nel déixase ver pacendo

a vaca de Fisterra nos días de borraxo.

Probou o salitre e embebedouse, din, nos

prados de Toba. Quizais é certo. Ela era das

que traballaron a voz nas pedras da ribeira

e coa pel propia envolveu un batallón de

versos. Tal empresa embebeda ao máis cordo,

non ten perda.

Desde aquela e moito antes anda atenta

aos camiños, búscaos todos, dálle voltas

aos lugares, mira nos cotos das árbores e

non contenta, ponas ela a medrar. Di que

busca escaravellos. Os que a coñecen falan

de que esqueceu o que busca, que busca

por andar. Aseguran que con ela é preciso

ter conta, porque en silencio e a pasos de

formiga, recolle semente para botala en

todas as frontes, e a quen a vira, aproveitando

o día e os camiños, coas mans aínda

manchadas de poesía, linguas alleas ou

marcas de novela, se lle preguntan quen

é ou en que anda, sorrí baixiño e con voz

de pensar para non ferir palabra contesta

sempre: Vou polo mundo a facer por vida.

//Mónica Góñez

varón moi connotada. Unha historia escrita

por un home na que o sexo se concibe como

violación para min é literatura de varóns ou,

corrixo, literatura androcéntrica, igual que non

é o mesmo falar de literatura escrita por mulleres

ca de literatura feminista.

A crítica Dolores Vilavedra sitúate como transición

entre unha serie de narradoras individuais

de finais do século pasado, con forte pegada

do feminismo, e a xeración de narradoras

que eclosiona na década actual, talvez menos

1 // / Crítica proTagonista

condicionadas por esta militancia. Fuches,

ademais, a primeira muller en recibir o premio

Xerais, que logo gañarían varias desas novas

narradoras. Ti sénteste así, como ponte?

Non sei que quere dicir iso. Entre esas mulleres

non hai ningunha semellanza. O que escriben

Inma López Silva e Teresa Moure é completa-

Ganduxando soños

narrativa Un relato de relatos que

Aleixandre calla con mestría

Nos últimos anos, Marilar Aleixandre prodigouse

como narradora no cultivo da novela. Había tempo

(case quince anos, dende que publicara o moi

aplaudido Lobos nas illas) que non daba ao prelo un volume

de relatos, o que non quere dicir que abandonase a súa

escrita, pois nestes lustros pasados foron moitos os contos

que a autora deu a coñecer a través de libros colectivos, revista

e xornais.

Aparece agora O coitelo en novembro, unha ampla compilación

de toda a contística producida pola autora dende

mediados da pasada década ata o presente, que reúne preto

de tres ducias de textos de moi variado xorne, tanto no

que di da súa temática coma no que respecta ao seu estilo

e aínda extensión.

O coitelo en novembro –título dun dos contos do libro– reúne

dende microrrelatos ata relatos longos, pasando por relatos

curtos e minirrelatos. Algúns deles con evidente recendo

poético, outros máis discursivos, mesmo algúns de prosa

listada ou linguaxe sms.

Como non podía ser doutro modo nun volume con tantas

historias, os argumentos e temáticas abordados son

abondo diversos, cousa que se explica doadamente se se

ten presente que estes textos foron nacendo para ser in-

mente diferente. Canto ao discurso feminista,

tamén está presente en autoras novas como

María Reimóndez ou Moure. Eu identifícome

moito máis con Xosé Miranda e Xabier Queipo,

con como escriben, que coas narradoras de

antes e despois da ponte. Que teña dous cromosomas

x non é significativo. Non escribi-

mos mollando o dedo no sangue menstrual.

Entendo que hai un desexo lóxico de subliñar

que xa hai mulleres que están normalizando a

nosa presenza na literatura, pero creo que unha

marca da normalización é que non se considere

se é muller ou home quen escribe. Outra cousa

é que o poder na literatura, como en todo, siga

basicamente na man dos varóns.

Unha imaxe habitual en ti é a lingua gallada.

A túa lingua de crianza é o castelán. A de

adopción, o galego. Como é escribir nunha

lingua que non é a materna?

Supón un esforzo e sempre tes certa inseguridade.

Mais eu introducinme no galego nunhas

condicións moi favorables, porque entrei nunha

familia en que todo o mundo falaba galego

e aprendín como debe aprenderse, por inmersión.

É un caso que se deu con máis escritores.

Por exemplo, Nabokov, Conrad, ou, na literatura

actual, Aleksandar Hemon.

A imaxe da lingua gallada tamén se pode

aplicar á diglosia. Dixeches nalgún momento

que a lingua sobrevivirá se a sociedade aposa

por ela. Estao a facer?

É pronto para saber cal vai ser a reacción social

ao novo decreto que regula as linguas no ensino.

Unha cousa é o poder político e outra, a

sociedade. Efectivamente, o poder político pasou

por unhas eleccións, mais neste caso, aínda

que o PP sexa maioría no Parlamento, o voto

maioritario non foi seu. Gustaríame ser optimista

pero é difícil cando ves como se está

deixando de falar galego en moitas zonas, mesmo

do rural. A situación actual esixe por parte

do galeguismo un esforzo de imaxinación e de

integración. Hai sectores indubidablemente galeguistas

mais non ao cen por cen en todos os

ámbitos. E podes velos nunha libraría comprando

só libros en castelán para os agasallos de nadal

e dicíndoche que non len literatura galega.

seridos en obras con temática pautada (especiais e monográficos)

ou mesmo con algún tipo de limitación (espacial,

por exemplo).

Para que os contos non figurasen un tras doutro en recompilación

simple, Aleixandre creou unha estrutura marco coa

que ganduxar as historias: unha investigadora dunha Galicia

de dentro duns poucos anos dedícase a pescudar na historia

da literatura e a prensa galegas na emigración centro e sudamericana

da posguerra. Esta estudosa, trasunto da propia

autora, anda a especializarse no estudo dos narradores e narratarios

nas Metamorfoses de Ovidio e n’As mil e unha noites,

de aí o fecundo diálogo entre o rol do personaxe protagonista

e o da súa propia creadora, pois dalgunha maneira O coitelo

en novembro pretende asemellarse a unha sorte de singular

As mil e unha noites en versión de noso.

Por tanto, hai neste libro de Aleixandre unha aposta moi definida

polo xogo metaliterario, creando unha macroestrutura

narrativa que se inscribe nunha tradición occidental vedraia,

entre nós tamén ben viva, dende Ánxel Fole e Cunqueiro ata

Teresa Moure, por citar só algúns exemplos significados.

Logo, cada historia en concreto vai percorrendo os seus

mundos particulares, que igual se debruzan nos míseros

mundos labregos da preguerra coma nas aventureiras historias

de cazadores, o mesmo na paixón desmedida dos amores

primeiros que nas éticas insubornables dos avós de antes

e que tamén teñen vagar para remansar nun fabulado

encontro entre Karl Marx e Charles Darwin no Red Lion, nas

penurias dos encarcerados, dos represaliados da guerra civil,

a fame negra da posguerra, os aloumiñadores de palabras

Ti podes criticala, porque non todo o que se escribe

en galego é bo, pero primeiro tes que lela.

En Cataluña é totalmente distinta a percepción

do amor pola lingua.

Este é o Ano do Libro e tamén é un ano de crise

para o libro. As medidas que se están adoptando

dende a administración son as adecuadas

para afrontarmos este momento?

Parece que este é xustamente o ano do antilibro.

Desaparece a esixencia de que a metade

das adquisicións novas das bibliotecas escolares

sexan en galego. E faino unha Consellería

de Educación que vai gastar un millón de

euros en facer propaganda do novo decreto.

Por que non se dedica iso a promocionar

o libro en galego ou o libro en xeral? As editoriais

aínda non asinaron o contrato para a

compra de libros editados en 2009 para a súa

incorporación ás bibliotecas públicas. Parece

que o que se quere, nun momento de crise

como este, é laminar as editoriais. En Galicia

hai unha política dirixida de modo moi directo

contra o galego, como nunca houbo nos tempos

de Fraga.

Son poucos os autores galegos traducidos, e

menos as autoras. Ti formas parte dese reducido

núcleo. Como consideras que se vos

percibe fóra ?

Non sei ben. Só teño traducidas dúas obras de

narrativa para adultos, Tránsito de los gramáticos

(Acento Editorial, 1997) e Lobos en las islas

(Lumen, 2001), que non tiveron moito impacto,

e recentemente narrativa e poesía en antoloxías

en inglés, á parte da literatura xuvenil (LIX), na

que si son unha persoa coñecida en España.

Coido que na literatura infantil e xuvenil, unha

vez que está dispoñible o libro en castelán, valórase

que tipo de obra é independentemente

da súa procedencia. En todo caso, está claro

que na literatura galega, no caso da LIX…

perdidas, as penelopianas redeiras de soños, os relatos tribais,

as reescritas mitolóxicas e cervantinas, os contrafacta

do lendario sobre sereas e carrapuchiñas, a reivindicación da

afouteza de figuras históricas como a de Xoana de Arco, a

desesperación que conduce ao suicido, a parodia swifteana

para a solución da problemática dos marxinais urbanos, o

amor en tempos de hospicios e estafilococos industriais, a

defensa ecolóxica, a contística de cerna orientalizante, o absurdo

de agoiros e supersticións e ata imaxinativas ocorrencias

ás portas do Ceo, entre outros motivos.

Os seguidores fieis de Marilar Aleixandre teñen neste O

coitelo en novembro unha oportunidade única de se achegar

ao mellor da súa prosa breve reunida nun único volume.

Amais, que toda esta contística se presente baixo o

paraugas arquitectónico dunha estrutura enmarcada moi

suxestiva e de continuos repregamentos espazotemporais

con deliberados solapamentos e coincidencias de voces

narradoras e destinatarios, creando un complexo tecido de

instancias emisoras e receptoras, non fai senón contribuír

a unha orquestración integral máis atractiva na que a escritora

regala aos seus lectores un libro que non os deixará indiferentes,

pois nel se amosa, claramente, o que esta autora

é capaz de ofrecer. // Armando Requeixo

O coitelo en novembro · Marilar Aleixandre ·

Xerais, 2010 · 272 páx · 17,60 euros

... existe unha situación de normalidade que

non hai nos outros xéneros...

Na miña xeración tradúcese todo. Agustín

Fernández Paz e Fina Casalderrey teñen toda

a súa obra traducida en castelán. Igual que

penso que é importante que haxa unha política

de tradución ao galego de obras doutras

linguas, tamén sería moi importante que

houbese unha política de promoción de autores

galegos, como acontece noutros sitios,

por exemplo nas Baleares, para que se coñecese

o que estamos a facer. Pode haber obras

interesantes que non son traducidas porque

ninguén ten a posibilidade de saber delas.

Na túa escrita hai palabras que son chave. Se

che digo coitelo, que me dirías?

Neste momento, novembro.

Sal?

O sal estará moi presente na miña próxima

novela, que aínda estou empezando. O sal ten

unha dobre vertente. Por unha banda está asociado

a aspectos de bendición, de compartir,

de dar a benvida, de purificar. Como no conto

de Alí Babá, no que a criada Marjane descobre

que o capitán dos bandidos quere matar

a Alí Babá porque pide que non lle boten sal

na comida, pois unha persoa, despois de com-

partir o sal con outra, non a pode matar. E por

outra banda, o sal ten un potencial negativo.

Sementar os campos de sal é unha maneira

de facelos improdutivos. Ao mesmo tempo,

para min representa o mar e as bágoas. Neste

vindeiro libro, o sal terá que ver co exilio, porque

acabo de aprender, nunha viaxe que fixen

este verán, que un grupo de case 1.000 refuxia-

1

proTagonista Crítica //

dos españois estiveron retidos nunhas salinas

francesas ao rematar a guerra civil…

Anllar, racha?

A materia primas coa que escribimos. As palabras.

Mila Drexial atopa nunha libraría unha serie

de escritos esquecidos de Aleksandra Mairal,

supoño que un trasunto de ti mesma…

Non necesariamente.

Aleksandra e os seus escritos fican no esquecemento.

Como te ves a ti mesma nun futuro?

Aínda que haxa un xogo co meu nome, non

pretendía representar un personaxe específico

senón falar do que pode estar ocorrendo agora

cos libros e coa literatura. E non o digo por internet,

que para min non lle supón ningún perigo

aos libros. Senón porque unha boa parte

dos autores famosos son presentadores, xornalistas

ou personaxes televisivos, e confúndese

a persoa que toma en serio escribir con

aquela que aparece nun programa contando a

súa vida e xa pasadomañá está publicando a

súa biografía. Quería esaxerar o que pode pasar

con libros que si foron escritos en serio e

que poden quedar esquecidos. Mais eu non

son guapa como Aleksandra Mairal.

Crítica

proSpección

Contra o mito freudiano

Ou de como matar o pai

sen acabar no diván

En abril saía do prelo Le crépuscule d’un idole. L’affabulation freudienne (Grasset), onde

Michel Onfray lanzaba unha completa operación de derruba da figura de Freud que

provocou unha furiosa reacción dos pro freudianos. A verdadeira relevancia dunha

polémica fundamentada no recurso ao biográfico cuestiónase aquí, ao tempo que se

realiza un percorrido polo sentido político da obra do psiquiatra de Viena. A contestación

que o pensamento feminista fixo á herdanza de Freud, resituando o corpo no

cruzamento entre o natural e o cultural, completa a ollada. // Miguel Vázquez Freire

O

panfleto antifreudiano de Onfray pode

sintetizarse en catro grandes afirmacións.

A primeira: que a psicanálise non é unha

ciencia, como pretendía Sigmund Freud,

senón en todo caso unha filosofía. Segunda: que a

psicanálise, en tanto que terapia, non cura nin curou

nunca, é “unha póla do pensamento máxico” que no

mellor dos casos funciona como un simple efecto

placebo. Dúas afirmacións con amplos precedentes,

desde antes mesmo de que Karl R. Popper colocase

a psicanálise entre as pseudociencias. Terceira: a psicanálise

vén operando como unha auténtica relixión,

coa institucionalización dunha “organización militante

extremadamente xerarquizada”, capaz de funcionar

“como unha metafísica de substitución nun

mundo sen metafísica”, o que xa fora afirmado, entre

outros, por George Steiner (nas conferencias de 1974,

logo editadas co título Nostalxia do absoluto). A cuarta

é a máis devastadora desde a perspectiva do recoñecemento

ético biográfico da figura do propio Freud:

Onfray non só sostén que as principais teses psicanalíticas

distan de ter un carácter universal, pois só

reflicten os desexos e inclinacións do mesmo Freud,

senón que engade aínda que os máis célebres casos,

que a escola psicanalítica ten presentando como as

curacións emblemáticas do fundador, non foron tales

senón vergoñentas falsificacións.

O HOME E A OBrA

O principal problema que presenta a revisión de

Freud que nos propón o autor do Tratado de ateoloxía

é a mesma desmesura do afán descualificador. Que

ademais esa descualificación se apoie fundamentalmente

no descrédito moral da persoa, evoca o vello

vicio do argumentum ad hominem. Freud puido ser

unha persoa reprobable e, malia todo, a psicanálise

pode ser unha teoría meritoria. Neste sentido, resulta

ilustrativo comparar o tratamento que Onfray dá

ás relacións de Freud coa filosofía, coas que se poden

atopar, por exemplo, en El legado de Sigmund Freud.

Una relectura de la Ilustración, traballo recentemente

publicado polo profesor santiagués Manuel Pombo.

O que Onfray contempla como mostra da falta de

orixinalidade das ideas freudianas, é presentado por

Pombo como proba da inserción da psicanálise no

debate radical da filosofía arredor dos límites do ideal

ilustrado. Poderiamos dicir que, en realidade, á marxe

dunha avaliación estritamente biográfica do psiquiatra

vienés, pouco importa que este, como asegura

Onfray, estivese empeñado en borrar as pegadas dos

autores (Schopenhauer, Nietzsche) que o precederon

na concepción do inconsciente. O realmente relevante

é avaliar en que medida as achegas freudianas renovan

os discursos precedentes.

Lendo Le crépuscule… un percibe como se o seu autor

se movese dominado por un empurre antagónico

ao que adoitan padecer os máis dos biógrafos. Se

destes se di que acaban como posuídos polo espírito

da figura biografada e tenden a ser con ela máis

benévolos ca críticos, Onfray semella enfrontar a súa

revisión de Sigmund Freud como obrigado por un furioso

axuste de contas no cal ningunha avaliación positiva

pode ter cabida. A tentación de aplicar o propio

Sigmund Freud // Andy Warhol

Onfray semella

enfrontar a súa revisión

de Sigmund Freud

como obrigado por un

axuste de contas no cal

ningunha avaliación

positiva pode ter cabida

esquema psicanalítico é evidente, máis cando o propio

Onfray nos ten informado da súa primeira etapa

de lector adolescente e afervoado dos textos freudianos,

así como da serodia caída do cabalo no seu

particular camiño de Damasco. A furia antifreudiana

non sería, logo, senón o (psicanaliticamente) previsible

asasinato do “pai”, merecedor dunha revisión

crítica posterior máis distanciada… quizais no diván

psicanalítico? Direi axiña que neste punto eu me sinto

máis próximo a Onfray, quen, coido que con razón,

denuncia o que el denomina (unha vez máis, iso

si, con innecesario exceso despectivo) “ferrollazo (verrouillage)

sofístico”, isto é, a tendencia do discurso

psicanalítico a integrar como síntoma neurótico toda

crítica da psicanálise, procedemento que, en efecto,

derivaría na imposibilidade de calquera refutación.

ALÉN DA CIENCIA, ALÉN DA ILUSTrACIóN

Mesmo así, acabo pechando o libro cunha sensación

de inxustiza. E o mesmo Onfray proporcióname a clave

cando, nas páxinas finais, analiza as razóns do éxito

do freudismo. Deixando de lado a reiteración do carácter

xerárquico e disciplinado que Freud impuxo á psicanálise

(explicación obviamente insuficiente, cando

outras organizacións semellantes teñen con todo fracasado),

as dúas razóns fundamentais serían a introdución

da sexualidade no pensamento occidental, por

vez primeira dun xeito descargado de toda moralidade;

e o se constituír nunha das visións postmetafísicas

que mellor responde ao repregamento sobre o eu que

caracteriza ao nihilismo contemporáneo.

É a investigación e afondamento nestas notas, á

marxe da estrita avaliación científica, as que conducen

a situar o pensamento freudiano como un

dos eixes claves na revisión das aporías do discurso

ilustrado que domina o pensar filosófico actual, tal

como enxerga, por exemplo, o traballo de Pombo. E é

o que o lector bota en falta no inflexible e unilateral

enxuizamento de Onfray. Eu diría que este, obsesionado

por negar a Freud desmentindo o que o propio

Freud pensaba de si mesmo, acabou esquecendo

que o NOSO Freud, o único finalmente relevante para

alén de academicismos estreitos e/ou mitomanías,

hai tempo que deixou de ser o que el mesmo pensaba

ser. Como di Julia Kristeva, centrar hoxe o debate

sobre a psicanálise na súa “cientificidade”, entendida

ao xeito positivista (como o entendía orixinalmente

o propio Freud, fillo finalmente do seu tempo),

supón retrotraerse a un debate epistemolóxico

do pasado século.

Freud e a política

// M. V. F.

No seu demoledor ataque contra

Freud, Onfray inclúe tamén a denuncia

dun Sigmund Freud admirador

do fascismo de Mussolini e

contemporizador co nazismo. “Progresista ou

revolucionario, Freud?”, pregúntase Onfray,

para retrucar de seguido: “en absoluto. Era un

arteiro conservador, gardián dos bos costumes

e partidario dos réximes autoritarios”.

FrEUD E O FASCISMO

En que se apoia o polémico pensador francés

para trazar ese retrato político do psiquiatra

vienés? Hai, en primeiro lugar, a anécdo-

Die Besitzkröten (Sapos propietarios) // George Grosz

ta dun discípulo italiano, nos primeiros anos

do acceso ao poder do fascismo, que lle presenta

ao pai dun paciente, fascista fervente.

Este pídelle a dedicatoria dun libro para llo

entregar ao duce, cousa que Freud efectivamente

fai, e con palabras que Onfray interpreta

como indo para alén do que cabería

agardar dunha simple fórmula de cortesía.

Hai algunhas alusións a certas testemuñas

segundo as cales Freud tería visto con non

malos ollos a política autoritaria do almirante

Horthy en Hungría e do chanceler Dollfuss

na propia Austria. Hai, por fin, as evidencias

de que Freud adoptou toda clase de cautelas

para evitar calquera tipo de enfrontamento

co novo réxime alemán do III Reich, ata o

punto de aceptar colocar á cabeza da Escola

Psicanalítica un psiquiatra non xudeu.

En realidade, que Sigmund Freud era un

home de concepcións políticas conservadoras,

e que a mesma teoría psicanalítica, segundo

este a concibiu, tiña un carácter eminentemente

conservador, moi distante da lectura

que posteriormente farían, por exemplo, os

freudomarxistas da Escola de Frankfurt, é algo

ben coñecido. Freud era moi consciente do que

as súas ideas tiñan de desafío contra a maior

parte das concepcións dominantes na ciencia

da súa época, mentres que simultaneamente

aspiraba a que fosen recoñecidas con todas

as beizóns e predicamentos favorables que a

ciencia oficial reservaba para o “confirmado”

ou “establecido”.

Esta tensión marca tamén a inserción política

da psicanálise. Interpretar, no sentido

que parece facer Onfray, o pesimista e absolutamente

desesperanzado berro sobre a condición

humana d’O malestar da cultura, obra

que Freud escribiu baixo a influenza das terribles

matanzas da Primeira Guerra Mundial,

como unha simple reacción anti-ilustrada e

irracionalista, semella unha inxenua volta ás

lecturas do racionalismo ilustrado ao xeito do

Asalto á razón lukacsiano. Algo que sorprende

especialmente en alguén que se presenta

como un lector apaixonado da crítica nietzscheana

da ilustración, liña onde cabe inserir o

texto freudiano.

FrEUD E OS XUDEUS

Seguramente o que resulta especialmente

chocante é a presentación dun Freud, xudeu,

disposto a chegar ás máis humillantes concesións

diante do réxime nazi. En realidade,

a posición de Freud con respecto á súa condición

xudía, resístese a simplificacións. Freud

é un xudeu non practicante, autor de textos

que a comunidade relixiosa xudía verá como

auténticas blasfemias (léase Moisés e a relixión

monoteísta) e responsable dunha das concepcións

materialistas da relixión máis influente

na nosa época, como por certo Onfray, autor

dun popular Tratado de ateoloxía, ben sabe.

Pero a interpretación que este fai do freudismo

como expresión do “nihilismo da época” condúceo

a culpalo de aliado intelectual do nazismo

e finalmente de unificar a vítimas e verdugos,

ao situar nun mesmo plano, desprovisto

de calquera distanciamento ético, os desaparecidos

nos fornos crematorios de Austwitz

(entre eles, as dúas irmás do doutor vienés) e

os oficiais nazis que dirixían o campo.

Como se fai esta equiparación? Mediante

un moi discutible salto analóxico. Da tese psi-

21 1

proSpección Crítica //

canalítica da indefinición entre doente psíquico

e persoa sa –xa en si mesma cuestionable:

non é o mesmo dicir que a psicanálise reduce

a distancia entre doente psíquico e individuo

san, o que é certo, que asegurar que elimina

absolutamente esa distancia, algo ben máis

discutible– pasa Onfray a establecer que esa

indistinción se traduce na indistinción paralela

entre vítimas e verdugos. Podería aceptarse

unha certa equivalencia (nunca identidade)

entre “doente” e “vítima”, pero en base a que a

do “san” e o “verdugo”...?

DO FrEUDOMArXISMO AO BIOPODEr

Na miña opinión, o carácter unilateral do ataque

de Onfray evidénciase no tratamento do

posfreudismo. Exime da descualificación que

aplica a Freud, aos freudomarxistas Reich e

Marcuse, e mesmo á relectura existencial da

psicanálise que efectúa Sartre. Por que? Só

atopo unha explicación: porque as propostas

ideolóxicas, políticas, destes autores, coinciden

coas do propio Onfray. Agora ben, como

se pode salvar a estes autores sen levantar

previamente a condena, cando menos parcial,

de quen os inspirou? Cando Onfray denuncia

que só quen non ten lido a Freud pode colocar

o seu retrato a carón dos de Marx ou o Che,

non habería que estender a mesma crítica aos

Reich, Marcuse e Sartre?

Coido que é aquí onde naufraga especialmente

o traballo de Onfray. Poida que non sobren

as críticas da sacralización ou mitoloxización

da figura de Freud. Pero non parece que

a necesaria operación de desmitoloxización

se deba efectuar mediante unha simple inversión

demonizadora. Neste sentido, sorprende

que Onfray non tome máis en conta unha das

direccións críticas co freudismo que, na miña

opinión, resulta máis reveladora, xustamente

porque apunta, non ás súas insuficiencias,

senón ao que encerra de problemática a súa

mesma positividade. Isto é: antes de denunciar

que a psicanálise non ofrece aquilo que

promete, que é unha fraude, como proclama

Michel Onfray, trataríase máis ben de situar

o seu éxito –porque ese éxito existe, como o

propio Onfray recoñece–, na senda da crítica

foucaultiana da teoría clásica do poder. Así, tal

e como propón Deleuze no Antiedipo, a psicanálise

aparecería como un dispositivo máis ao

servizo da administración dos corpos e da vida

por parte do biopoder que caracteriza as sociedades

contemporáneas.

Este podería ser un enfoque crítico para resituar

á psicanálise hoxe. Pero non foi o camiño

escollido por Onfray. El preferiu chamar a

atención sobre as pequenas miserias do home

Freud no canto de investigar sobre as grandes

luces e sombras que proxecta a súa obra.

20 22 / // Crítica proSpección

PArA SEGUIr LENDO. M. Onfray,

Le crépuscule d’une idole. L’affabulation

freudienne (Grasset, 2010) é o texto

que acaba de provocar o debate en

Francia, seguramente xa en proceso

de tradución ao castelán, como está

ocorrendo coas últimas obras do

polémico filósofo francés. Le livre noir

de la Psychanalyse, conxunto de artigos

de varios autores compilados baixo

a dirección de Catherine Meyer (Les

Arénes, 2010, última edición revisada),

é o texto que, segundo confesión

propia, abriu os ollos a Onfray sobre

a impostura freudiana. Para seguir o

debate entre Onfray e os pro freudianos,

como Elisabeth Roudinesco e Julia

Kristeva, é recomendable acudir ao

sitio web de Le Nouvel Observateur ou

a BibliObs.com. El legado de Sigmundo

Freud. Uma relectura de la Ilustración,

de M. Pombo Sánchez (Lugar Editorial,

Buenos Aires, 2009) é unha completa

revisión da obra freudiana, baixo un

enfoque académico e eminentemente

filosófico. O mesmo autor tiña xa

entregado, na colección Pensamento de

editorial Baía, un traballo máis reducido

sobre o mesmo Freud (Sigmund Freud,

nº 24 da colección). Unha avaliación da

contribución da psicanálise á cultura

contemporánea pode atoparse nos

artigos de diversos autores (S. Tubert,

C. Gómez Sánchez, J. Arregui, entre

outros) que abren o nº 5/6 da revista

de pensamento contemporáneo Pasajes

(agosto 2010); tamén ten un notable

interese a entrevista con J. Starobinski

sobre as relacións entre psicanálise e

literatura. As conferencias radiofónicas

de G. Steiner foron traducidas ao

castelán non hai moito: Nostalgia del

absoluto. Siruela, Madrid 2001 (nova

edición no 2007).

SOBrE O DEBATE ENTrE FEMINISMO

E PSICANáLISE

Psicoanálisis y feminismo. Pensamientos

fragmentarios, de J. Flax (Madrid. Cátedra.

1990), cun excelente prólogo de S.

Tubert. Tamén Crítica feminista al psicoanálisis

y la filosofía, de López Pardina

e Oliva Portolés (Madrid. Editorial Complutense,

2003); de Simone de Beauvoir,

o segundo capítulo do primeiro volume

de El segundo sexo, “El punto de vista

psicoanálitico” (Madrid, Cátedra, 2000,

traducción ao galego en Xerais. Vigo.

2008); La Sexualidad femenina y su construcción

imaginaria, de S. Tubert (Madrid,

Ediciones El Arquero, 1988); Psicoanálisis

y feminismo , de J. Mitchell (Barcelona,

Anagrama, 1976); El freudismo,

un feminismo descarriado, de S. Firestone

en La dialéctica de la sexualidad

(Barcelona. Kairós. 1976); La construcción

del sexo. Cuerpo y género desde los

griegos hasta Freud, de T. Laqueur (Madrid,

Ediciones Cátedra, 1994); Cuerpos

sexuados, de A. Fausto Sterling (Barcelona,

Melusina, 2006); Teoría literaria feminista,

de M. Toril (Madrid, Cátedra, 1999);

Espéculo de la otra mujer, de L. Irigaray

(Madrid, Akal, 2007); El pensamiento heterosexual,

de M. Wittig (Madrid, Editorial

Egales, 1992); El orden simbólico de

la madre, de L. Murado (Madrid, Horas

y Horas, 1994); Feminismo, diferencia

sexual y subjetividad nómade, de R.

Braidotti (Barcelona, Gedisa, 2004); El

género en disputa, de J. Butler (Barcelona,

Paidós, 2008). // M. V. F.

Psique e feminismo na encrucillada

// Mercedes Expósito García

Dende o momento en que perseguen

cambios político-ideolóxicos,

feminismo e psicanálise son

xeitos de pensar dende a resistencia.

Por outra banda, a longa relación das

feministas coa psicanálise mantense nunha

oscilación polémica entre detractoras e

defensoras. Ofreceremos unha topografía

imprecisa destes espazos de debate xa que

é imposible condensar en poucas liñas análises

que abranguen décadas de pensamento

crítico.

A teoría freudiana baséase na aceptación

das diferenzas anatómicas entre os sexos

masculino e feminino. A superación do complexo

de Edipo na etapa infantil fai que a persoa

oriente os seus desexos eróticos cara ao

proxenitor do sexo contrario co conseguinte

ingreso na sociedade heterosexual. Amais

disto –e aquí entramos no punto polémico

que orixinará moitas críticas feministas–

Freud sostivo que nenos e nenas só recoñecen

o órgano sexual masculino e a conseguinte

oposición fálico-castrado. A castración real

das nenas diferénciase da ameaza imaxinaria

de castración que planea nas psiques dos nenos

que non respectasen o tabú do incesto. O

feminino como mutilado semella unha constante

das análises psicanalíticas.

Simone de Beauvoir considerou que o destino

das persoas non depende da súa anatomía,

como sostiña Freud, senón da súa situación

social. Non é o pene o que envexan

as nenas –pensaba– senón os privilexios sociais

de que gozan os nenos e homes. Hai

nenas que non só non envexan a posesión

dese órgano senón que o consideran unha

excrecencia carnal.

Nesta mesma liña, atopamos autoras como

a francesa Monique Wittig que, ademais de

rexeitar a psicanálise freudiana e lacaniana,

rexeitan tamén a diferenza muller-home

adoptada polo feminismo da diferenza heterosexual.

Crítica severa, considera que a institución

psicanalítica oprime as persoas psicanalizadas.

O psicanalista aprovéitase dos

desexos que estas persoas teñen de se comunicaren

con alguén; supón unha explotación

económica –pois o contrato do psicanalizado

co psicanalista pode durar toda a vida– pero

tamén unha explotación ideolóxica e política,

Bella and Sigmund Freud // Jane Mc Adam Freud

xa que na teoría psicanalítica se dá por sentado

de xeito acrítico que o que funda a sociedade

é a heterosexualidade e a familia, o cal

implica unha orde masculina e patriarcal.

Porén, en medios intelectuais franceses,

o interese pola psicanálise foi importante.

Autoras como Irigaray, Cixous e Kristeva

adoptan, sempre dende posicións críticas,

a interpretación lacaniana de Freud. A

primeira, expulsada da Escola Freudiana de

Lacan, considera que o feminino non ten representación

cultural e que aínda que Freud

se someteu ás regras misóxinas da tradición

cultural occidental, a súa teoría pode

ser útil para cuestionar esa orde masculina.

Na procura de valores alternativos, Irigaray

ve como posible, por exemplo, aproveitar as

teorizacións da etapa preedípica do vínculo

coa nai como modelo de relación afectiva

que as mulleres establecen entre elas. Se

unha parte do feminismo francés, seguido

polo feminismo italiano, aceptou a psicanálise,

no mundo angloamericano os argumentos

feministas freudianos non se coñeceron

ata a publicación nos setenta da obra

de Juliet Mitchell. Nos Estados Unidos, as

posturas críticas virán da man do chamado

feminismo radical, entre outras Kate Millet

e Shulamith Firestone.

Para entender os fundamentos da psicanálise,

é preciso ter en conta que aspectos constitúen

o seu centro de interese. O saber psicanalítico

trata non cos corpos físicos senón con

realidades inmateriais que nomeamos coa palabra

psique. Se a expresión corpo sexuado xa é

bastante problemática, a expresión mente ou

psique resulta aínda mais imprecisa.

Que intentamos nomear cando falamos

de sexo… un aparello xenital, un sistema

hormonal, un conxunto de xenes ou as tres

cousas ao mesmo tempo? Se definimos os

corpos como xenitalmente masculinos ou

femininos, deixamos de lado a porcentaxe

de seres humanos con corpos hermafroditas

ou intersexuados. Se os definimos hormonalmente,

atopamos que as chamadas hormonas

masculinas e femininas existen en

cantidades variables tanto nos corpos con

xenitais masculinos coma femininos e intersexuados.

Dende a perspectiva xenética, corpos

con xenitais femininos e que polo tanto

deberían ser XX, resulta que xeneticamente

son XY. Véxase, sen ir máis lonxe, o caso da

deportista galega María Patiño.

Cando falamos de psicanálise estamos

a referirnos ao desenvolvemento psíquico.

Agora ben, as psiques ou mentes están incardinadas

e a diferenza de sexos masculina

e feminina constitúe o límite que non pode

franquear a teoría psicanalítica. As derradeiras

análises do feminismo poñen en dúbida a

propia noción corpo sexuado e admiten que

pode haber máis de dous sexos ou xéneros

. Sendo corpo e psique efectos dunha historia

persoal e dunha cultura, o sexo anatómico

(feminino, masculino, hermafrodita, intersexo)

non coincide coa identidade sexual

(sentirse muller ou home) nin co desexo

sexual (homo ou heterosexual). Deste xeito,

pode definirse alguén como anatomicamente

muller pero ter unha identidade masculina

(unha muller que se sente home) e o seu

desexo sexual orientalo cara os homes e polo

tanto ser heterosexual. En definitiva, as persoas

identifícanse co feminino ou o masculino

independentemente do seu corpo, máxime

na nosa sociedade na que as tecnoloxías

cirúrxicas permiten modificar o sexo anatómico

e hormonal. Hermafroditismo e intersexualidade

constitúen temas pendentes de

recoñecemento social. O que define a situación

destas persoas é a invisibilidade e a carencia

de representación simbólica.

Aínda que o desenvolvemento psíquico

configura o centro de atención da psicanálise,

o propio Freud declarou que a igualdade

dos sexos non tiña moito sentido, baseándose

non en datos psíquicos senón en que

as diferenzas morfolóxico-anatómicas tiñan

que exteriorizarse no psiquismo. Observamos

que a psicanálise, en consonancia coa

ciencia médica, parte dun modelo de dous

sexos que relega os terceiros e os cuartos

sexos a categoría do invisible. Un corpo intersexuado

non é lingüisticamente intelixible,

de aí que teña que encaixar nalgún dos

dous polos: masculino ou feminino. As intervencións

medico-cirúrxicas, recoñecidas

legalmente, constrúen ese corpo de acordo

á norma feminina ou masculina. Non son

os nosos sistemas médicos e xurídicos os

que se adaptan ao que hai, a existencia de

varios sexos, senón que, de xeito ben paradoxal,

son os corpos intersexuados os que

han de se adaptar ao que a nosa sociedade

establece: un corpo é home ou muller. Non

hai termo medio.

O corpo é o punto de partida para un punto

de chegada: a psique masculina e ou feminina.

Malia que a psicanálise considera determinante

a anatomía no desenvolvemento da vida

psíquica, o feminismo en xeral sitúa o corpo

na encrucillada do natural e o cultural. Fausto

Sterling, bióloga, feminista e historiadora da

ciencia estima que a idade, a dieta e o exercicio

físico modifican a fisioloxía e a anatomía das

persoas. Non hai nada sexual nin morfoloxicamente

invariante e puro.

Beauvoir opuxo a Freud a célebre afirmación

de que non se nace muller e que a anatomía

non marca o destino psíquico. Silvia Tubert,

feminista do ámbito español, considera

que a psicanálise freudiana non reduce a muller

ao seu destino natural nin social. Pensa

que se acusamos a Freud de tomar ao home

como norma e a muller como o diferente-inferior,

ao mellor non se pode facer xustiza e

considerar as mulleres iguais pero diferentes.

Deste xeito, tenta rescatar o valor da psicanálise

para o feminismo.

Por que Steiner?

ensaio Os artigos de Steiner ancoran no

cosmopolitismo ilustrado e nunha moral xa caduca

O

sentido do humor é o

único que podemos perdoarlle

a un moralista, e

iso é algo do que George

Steiner sabe tirar proveito. Comprendémolo

no que tal vez sexa o

acerto expresivo máis grande deste

volume, no que Robert Boyers prologa

e reúne as recensións que publicou

periodicamente no The New

Yorker, entre os anos 1967 e 1997. Falando

de Anton von Webern, Steiner

refírese á confidencia que o músico,

estrañado pola recepción dalgunhas

das súas obras, lle fixera a un alumno:

“Algún día, no futuro, mesmo

o carteiro ha asubiar as miñas melodías”.

E o crítico conclúe: “dado o

carácter dos nosos servizos postais,

este non vai ser o caso”. É notable

o sentido da ironía e, no entanto,

o humor non sempre abonda. Que

quería dicir exactamente Steiner coa

perífrase “o carácter dos nosos servizos

postais”?

Ese é o problema que teñen os sabios:

adoitan dalo todo por suposto.

A lectura da escolma dá testemuño

da inmensa cultura ilustrada dun cidadán

cosmopolita, e é raro o libro do

que non poida extraerse algo de valor.

Probablemente moito, neste caso. A

cuestión é a que prezo. Ao prezo de

hipostasiar o Holocausto como se

fose a única cuestión política do pasado

século? Ao prezo de inferir que a

homosexualidade de Anthony Blunt

explica a súa sensibilidade na crítica

de arte? Ao prezo de considerar que

Simone Weil é “a primeira muller entre

os filósofos”? A moi cuestionable

vinculación entre pensamento e

masculinidade dá testemuño do antifeminismo

dende o que está escrito

Punto de vista // Antoni Abad

este último artigo. A isto hai que sumar

a tendencia, dificilmente desculpable

nun teórico da cultura, á gratuidade

de certas inferencias psicolóxicas

(tales como a atribución a Weil

dunha “negación da sexualidade e do

seu propio sexo”), así como a confusión

entre autocrítica e antisemitismo

en certas obxeccións da filósofa

á tradición hebraica. Por contraste, as

palabras de Weil, que el mesmo cita,

resoan hoxe cunha estraña calidade

anticipadora, nun intre en que Gaza

non fica tan lonxe da Shoá: “Se os

hebreos, como pobo, levasen a Deus

dentro deles, preferirían sufrir a escravitude

imposta polos exipcios –e

provocada polas súas exaccións– que

gañar a liberdade masacrando todos

os habitantes do territorio que habían

de ocupar”. O probable autoodio

de Weil –deducible do termo 'exac-

cións'– non debería eximir a Steiner

de tratar coa mesma sensibilidade a

Nakba palestina que o Holocausto

xudeu. Formulándoo nos termos da

propia constitución da moderna teoría

crítica, cómpre reparar no feito de

que Steiner é só cinco anos máis vello

ca Edward Said. Quere iso dicir que

un mestre non pode aprender nada

dun discípulo? Moi ao contrario. Xa

os vellos humanistas se prezaban de

contraer débedas non só cos sabios

que os precederan, senón sobre todo

cos seus contemporáneos.

O problema non é tanto que

George Steiner sexa un moralista

como que a súa moral xa non é a

nosa. Nun tempo en que cada vez

volven estar máis presentes as relacións

entre a literatura e a ética, a

literatura e a política ou a literatura

e o dereito (cavilemos no último

ensaio de Claudio Magris), a axenda

marcada por Steiner neste ámbito

resulta un tanto inactual, cando

non francamente inoportuna. O

seu rexeitamento a calquera forma

de acción social afastada dos ideais

da democracia liberal burguesa ou o

xeito en que tende a interpretar en

clave mística cuestións como as catástrofes

ecolóxicas dan a medida

da súa capacidade de concreción na

análise política. Como contrapeso, a

súa agudeza e a habilidade coa que

emprega a sentenza (“Lévi-Strauss

resulta ser un artista do desdén”)

case nos reconcilian co estilo ilustrado

e coa distancia olímpica cos

que adoita aprehender os problemas

do mundo.

Historicamente o tradicionalismo

non foi estraño aos pensadores

da literatura. Samuel Johnson,

se cadra aínda o mellor crítico de

Shakespeare, e autor de numerosos

panfletos políticos, foi tamén un

virtuoso do conservadorismo. Mediados

os anos noventa, os inimigos

de Harold Bloom atoparon na

súa obra The Western Canon unha

ocasión para denunciar o nesgo

fondamente elitista do saber humanístico.

Aínda que poidamos gozar

da lectura de Johnson, de Steiner e

de Bloom, como podemos gozar de

calquera obxecto de intelixencia ou

de beleza producidos pola man humana,

xusto é recoñecer que, por

tras desas “palabras, palabras e pa-

2

proPostas Crítica //

labras” están tamén os excluídos

e as excluídas da intelixencia e da

beleza. Por fortuna certa teoría da

literatura comprendeu a tempo que

“a comparación non é unha razón”,

e que o cosmopolitismo ilustrado

adoito reproduce e perpetua as relacións

de poder.

Prefiro non aventurar cales puideron

ser as razóns de Xerais para traducir

este volume. Dende un punto

de vista lóxico, o libro só cobraría

sentido baixo as seguintes condicións:

a) en tanto apéndice das

obras completas de George Steiner;

b) en tanto curiosidade chamada

a circular nun campo cultural que,

como o latinoamericano, xa tivese

coñecido a Steiner de vello; c) en

tanto reclamo nunha comunidade

que, como a catalá, o venerase

a distancia. Non cumpríndose, aquí

e agora, ningunha desas tres condicións,

a unha só lle resta preguntar

“por que Steiner”? (Asumo implicitamente

a premisa de que o morbo

non debería ser un criterio editorial).

É unha mágoa que o talento

das tradutoras –notable na maior

parte dos casos e extraordinario

en non poucos– non fose aplicado

a obras como Antigones, The Death

of Tragedy ou In Bluebard's Castle.

Na lapela, no entanto, anúnciase

unha versión futura do After Babel.

De novo, por que non algo de Judith

Butler ou de Gaiatri Spivak? O poeta

escribiu: “América, as túas bibliotecas

están cheas de lágrimas”. Unha

compréndeo ben cando, ao ler as

referencias aos libros de que Steiner

escribe recensión, The New Yorker

considera importante indicar o

seu exacto prezo en dólares. Dado o

innegable talento dalgúns editores

estadounidenses para os cartos, seguro

que eles non choran polo estado

xeral das políticas de tradución.

// María do Cebreiro Rábade Villar

George Steiner en

The New Yorker ·

George Steiner,

Lara Domínguez,

Patricia Buján, Saleta

Fernández (trad.) ·

Xerais, 2010·

408 páx · 26 euros

24 / Crítica proPostas

Paso a nivel

ensaio Pensamento autocrítico

e resistencia cultural

O

Cineclube de Compostela

ofrece neste libro materiais

e formas discursivas

de innegábel interese

e utilidade para reconsiderar desde o

compromiso crítico un aspecto fundamental

da realidade e dos simulacros

políticos na posmodernidade.

Nada menos que o proceso de autocuestionamento

do ideario, estratexias

e axenda dos movementos de

resistencia, en especial daqueles que

incorporan algún programa cultural

como fundamento ideolóxico ou

como ariete social da intervención

desenvolvida.

Falar de movementos, de acción

colectiva, é acaído porque a resistencia

cultural hai que pensala neses

termos, sen prexuízo de que a

mediación e a axencialidade posúan

asemade un vector individual, visíbel

no caso de certas producións

artísticas e teórico-críticas (e para

iso, non sempre). De feito, este volume

admite ser lido en dúas perspectivas,

non complementarias nin

tendentes a síntese ningunha, que

introducen dinámicas habilitadoras

dun debate obrigado. Sobre todo

para a esquerda.

Por unha parte están o limiar de

Isaac Lourido, o ensaio epilogal de

Slavoj Žižek, os vintedous textos

dos colaboradores, o cedé coa música

experimental do trío Urro, a maquetación

de X. Carlos Hidalgo, a

colaboración con Estaleiro Editora.

Doutra parte, aparece o intelectual

Non conciliados.

Argumentos para a

resistencia cultural ·

VV. AA.·

Cineclube de

Compostela, 20010 ·

216 páx · 5 euros

colectivo que dalgún modo é –vén

sendo– o propio Cineclube. Cunha

rede de apoios-citacións que invoca

o pensamento de Gramsci, Benjamin,

o materialismo cultural británico,

Weiss, Debord, Foucault, Badiou,

Bensaïd, Žižek, e que dialoga en particular,

como non podía ser doutro

xeito, coa cinematografía. E isto xa

desde o propio título do libro, eco do

filme Non réconciliés (1965), de Straub

e Huillet, que Aurelio Castro aborda

no seu contributo ao volume. Outros

capítulos fan o propio con producións

de De Sica, Antonioni, Bertolucci

ou Farocki.

É necesario observar a dimensión

xeracional da proposta: un núcleo

nada (pre)ocupado en vixiar ortodoxias

nin cohesións grupais e no que

a maior parte das voces, todas agás

as de Alberte Pagán, Belén Gopegui,

José Manuel Sande e Xesús González

Gómez, corresponden a ensaístas,

xornalistas, documentalistas e analistas

culturais nacidos entre 1975 e

1985, e que por tanto parece improbábel

que chegasen a iniciar camiño

de volta ningún.

Sentido común vs.

pensamento

ensaio Edítase a conversa

televisada de Chomsky e Foucault

O

International Philosophers

Project organizou en 1971 uns

debates entre intelectuais

salientables da época, emitidos pola

televisión pública holandesa. A editorial

galega Trifolium edita o diálogo

mantido entre Chomsky e Foucault,

que ata o momento circulou pola

rede no seu formato audiovisual.

O encontro presenta o intento de

aproximación dialéctica e conceptual

coa imaxe de dous homes que esburacan

unha montaña dende puntos

de partida distintos. A pregunta é se

lograrán achegarse.

E non tal, porque os marcos epistemolóxicos

e, logo, conceptuais son

demasiado distantes. Agora ben, isto

non resta interese á exposición de

posturas a respecto da condición humana,

primeiramente, e do poder e

da xustiza, nun segundo lugar.

Mentres que os razoamentos de

Chomsky, ao estilo anglosaxón, van

creando un niño de abella, como dicía

Deleuze, é dicir, van validándose a

medida que se concatenan, a aposta

de Foucault, postestruturalista, se é

que lle caben as categorías, camiña

por vieiros arriscados que desbaratan

os percorridos ata o momento.

Chomsky fai fincapé nun innatismo

humano só ata certo punto modelado

polas circunstancias sociohistóricas

e políticas. Foucault, pola

contra, entende que os propios mecanismos

históricos, sociolóxicos e políticos

son os que producen subxectividade.

Así, os distintos períodos conceden

distintos esquemas mesmo para

a abordaxe intelectual dos termos.

Polo tanto, a natureza humana non é,

para el, un concepto científico, perenne,

senón un indicador epistemolóxico

que necesitaron as ciencias nun

momento preciso. Isto é, Foucault

insiste en non poder falar das cousas

fóra dos termos ou estruturas xeradas

Con todo, o máis relevante paréceme

que sexan dúas notas. A primeira

é a axilidade, a intensidade e

mesmo a eficacia dunha reflexión

non condicionada, dunha análise

que non concede espazos a doxa

ningunha, que non o fai nin nos temas

máis delicados (o nacional, por

exemplo). Diría aínda que se trata en

xeral dunha discursividade non primordialmente

instrumental ou programática,

aínda que achegas como

as de Samuel Solleiro, Lara Rozados,

Isaac Marrero, Miguel Prado ou Marcos

Pérez Pena perfilan dúbidas estimulantes

nese plano. A segunda

nota consiste nunha opción, con

certeza non pactada, a prol da diversificación

discursiva do volume:

o ensaio académico, a hermenéutica

de ideoloxemas e xestos, a enunciación

directiva, a autoficción, a

polo propio mecanismo de saber-poder,

mentres que Chomsky está convencido

da existencia a priori dun número

de regras con posibilidades de

aplicación variables, o que asegura

unha experiencia humana común e

a capacidade de abstracción, de teorizar:

a posibilidade, entón, de coñecemento

aséptico e fiable.

Esta confianza no sentido común

como fonte do pensamento é o que

fixo que a tradición filosófica occidental

se basease nos chamados

postulados subxectivos. Presupostos

lóxicos para o suxeito falante pero

colaxe documental e distintas prácticas

da intertextualidade, algo que

lonxe de des-facer o libro acaba instando

unha disposición participativa

na lectura.

Os textos de Lourido e Žižek funcionan

como parénteses osmóticas.

O limiar detalla a cartografía da resistencia

cultural e a lenda empregada

para interpretala (poder, institución,

emancipación, hexemonía,

clases sociais, nación, desterritorialización,

ciclo de protesta, repertorios

culturais, performatividade,

efectividades táctica e estratéxica...).

O epílogo localiza, apelando

á política institucional e sociocultural

de Hugo Chávez, unha saída

posíbel ao labirinto das derrotas

da esquerda. Žižek, nun coñecido

texto de 2007 no que equipara resistencia

e rendición, sanciona que

De min cara os outros // Mónica van Asperen

que non son suficientes para facer

pensamento de altura.

A maiores, confiar na adecuación

entre o pensamento e o ser, en

base á coincidencia entre as estruturas

biolóxicas innatas e a conformación

da realidade humana, é un

exceso de boa vontade por parte de

Chomsky: Tal idealismo chega ao

extremo ao entender que un sistema

de asociación libre, amparado

no anarcosindicalismo, propiciará a

manifestación de “sentimentos humanos

básicos de compaixón e xustiza”

(p. 125).

Fotograma do filme Nicht versöhnt // Straub e Huillet

toda política de resistencia se institúe

na praxe en suplemento moralizante

e ornamental da socialdemocracia

ou en simple socio simbiótico

do poder.

Non hai espazo para detalles

complementarios. Outros capítulos

aplícanse a clases discursivas e

textuais específicas, entre o teatro,

os manifestos e o documentalismo.

En ocasións centran unha descrición

de disposicións intelectuais e habitus

no campo cultural. Relaciono xa

apenas os nomes dos colaboradores

non mencionados nas liñas que

anteceden: Alberto Lema, Cristina

García Parga, Gonzalo Pallares, Ramiro

Ledo, Daniel Salgado, Cristina

Martínez, María do Cebreiro, David

Rodríguez, Iria Sobrino, Xiana Arias

e o Centro Social Okupado Casa das

Atochas. // Arturo Casas

Foucault mantense perplexo, insistindo

en que os conceptos empregados

para abordar o tema foron

forxados na sociedade de clases,

forman parte dela: logo, non

se pode subverter coa mesma linguaxe.

E máis, o feito de derrocar o

poder que domina non obstaculiza

que outro o suplante. Isto é, a ditadura

do proletariado non ten por

que ser xusta… A xustiza non deixa

de ser “o instrumento de certo poder

político e económico” (p. 110).

Imposible facer inocente tal noción:

simplemente queda a resistencia

localizando e traballando nas fisuras

do poder. Fronte o micropoder,

micropolíticas.

Chomsky aparece como divulgador,

como pensador entregado e afable.

Pola contra, Foucault semella o

escéptico realista e radical, non por

funcionar con consignas, senón por

sofisticación diso que dixemos: pensamento.

// Rebeca Baceiredo

A natureza humana:

xustiza versus poder ·

Noam Chomsky,

Michael Foucault,

Enrique Sánchez (ed.)·

Trifolium, 2010 ·

133 páx · 11 euros

excluídas do público

ensaio Unha achega interdisciplinar na loita pola

inclusión das mulleres na esfera pública

Difusora deu ao prelo a cuarta

entrega da Cátedra Caixanova

de Estudos Feministas,

institución que xorde no ano 2000

co obxecto de “cohesionar a investigación

destinada a potenciar a integración

da muller nas diferentes

esferas da actividade social e produtiva

de Galicia”. A temática vertebral

do compendio de investigacións

que compoñen o libro é a

clave feminista da separación dos

espazos en público e privado e a

asignación correlativa a estes en

función do sexo.

Varias/os investigadoras/es da

Universidade de Vigo reflexionan

sobre a exclusión social das mulleres

do eido público centrándose en

diferentes campos da esfera visible:

o laboral, o comunicativo, o educativo,

etc. Esta selección de artigos dá

conta da amplitude e especialización

dos estudos de xénero na nosa

comunidade. A interdisciplinaridade

do volume pon de manifesto a necesidade

dunha aproximación transversal

aos diferentes campos da vida

co obxectivo de acadar a inclusión

das mulleres como membras de pleno

dereito na esfera pública.

Os estudos de Belén Fernández e

Loly Ferrero et al. abordan a situación

laboral das mulleres, a primeira

dende a óptica normativa –repasando

a presenza do xénero nos textos

de negociación colectiva– e as segundas

dende a cuestión da corresponsabilidade,

fundamental para

equilibrar a saída das mulleres ao

mercado laboral e posibilitar a conciliación

familiar coa laboral.

Aurora García achégase aos grandes

xestores do imaxinario social,

os medios de comunicación, e analiza

bibliograficamente a presenza

das mulleres tanto no contido como

na empresa mediática. “Os medios

de comunicación son un eido privilexiado

para observar o fenómeno

da discriminación da muller”

–en expresión de García–, mais así

mesmo hai outras plataformas que

nos permiten diagnosticar a situación

actual e propoñer liñas de actuación.

Referímonos por exemplo

á institución educativa, que recibe

a atención especializada de Mª

Cátedra Caixanova

de Estudos

Feministas 4 ·

VV. AA.·Difusora, 2010

· 176 páx · 12 euros

del Mar García-Señorán e Salvador

G. González, investigadores que se

centran na motivación na etapa infantil,

e de Alberto Vaquero que focaliza

a súa atención na universidade

española. Ambos os dous estudos

sinalan diferenzas de xénero na

súa diagnose da educación.

No estudo sobre a motivación,

elaborado a partir de cuestionarios

cubertos en centros escolares

galegos polo alumnado infantil,

os autores conclúen as diferenzas

nas materias favoritas en función

do xénero (matemáticas e deporte

para eles e humanidades para elas).

No artigo de análise das universidades

confírmase esta barreira vertical

e sinálase tamén a horizontal:

“a tesoira”. Todos os estudos compendiados

conclúen a presenza

dun subtexto de xénero na sociedade

que supón un hándicap para a

incorporación das mulleres ao eido

público, e propoñen unha serie de

medidas de acción positiva.

Pola súa banda, Águeda Gómez,

dende unha perspectiva antropolóxica

histórica, aplica un modelo bebido

de Bourdieu a diferentes socie-

2

proPostas Crítica //

Heart // Louise Bourgeois

dades co gallo de reflexionar sobre a

construción social do xénero.

O resultado é unha obra coral

ecléctica nas temáticas pero unificada

polo fío transversal do xénero

e a orientación feminista que busca

a integración das mulleres en todos

os campos da vida. // Iolanda

Martínez

Crítica

proTagonista

Hito Steyerl

«As imaxes, os corpos e

as loitas partillan unha

mesma dinámica»

O papel coma o vídeo válenlle a Hito Steyerl para o ensaio. Profesora na Art School

de Berlín, as súas producións devecen o confronto estético no que se di e novas

condicións de posibilidade para o que se ve. Móvense entre as palabras e as cousas,

auscultando nas segundas –coma Walter Benjamin– unha linguaxe irredenta;

onde as faíscas políticas mellor darían prendido. Amais, este outono sae do prelo,

por iniciativa de La Virreina – Centre de la Imatge de Barcelona, o groso da súa obra

escrita: arte e parte dunha cultura non conciliada. // Aurelio Castro // Foto: Tomás Montes

“We’re now in November”, advirte Hito Steyerl

(Munich, 1966) na que se cadra sexa a súa peza

videográfica máis coñecida, titulada tamén

–a conto dun certo décalage representacional–

coma o minguante mes de outono; dío a súa voz en

off, namentres uns poucos fotogramas de Outubro (S.

M. Einsenstein, 1928) decorren no ecrán: estamos en

Novembro, “cando a revolución rematou e xa só circulan

os seus acenos”.

A despeito daquelas imaxes épicas e decrépitas,

cuxo pulso militante entraba en coma fantasmático

a comén dos anos 80, Steyerl ensaiou na súa produción

–quer audiovisual, quer escrita, decote xeradora

de problemáticas culturais– outras condicións de

posibilidade para o visíbel en liza. Amais de November

(2004), La Virreina-Centre de la Imatge de Barcelona

exhibía en primavera, por primeira vez no Estado

español, o resto dos seus vídeos a contrapelo:

After the Crash (2009), Lovely Andrea (2007), Journal

No.1 (2007), Universal Embassy (2004), Mini-Europe

(2004), Normality 1-10 (2001), The Empty Centre (1998)

e Babenhausen 1997 (1997). De haber un denominador

común a todos eles, sería acaso o de pensaren

mediante imaxes, pensando a imaxe en si; retendo

o que nela “relustra de vez e para sempre no intre

da súa cognoscibilidade”, como prescribira Walter

Benjamin na V tese sobre o concepto de historia. De

feito, a maioría de pezas xermolaron no destempo

de refugallos visuais, a miúdo inscritos –coma os de

Lovely Andrea ou November– en parcelas autobiográficas

de profesora da Art School de Berlín. Por medio

da fita magnética, a artista xermana ten devido –a

empezar por si propia– unha vizosa trapeira. “As forzas,

desexos e afectos que se sedimentaron nunha

imaxe ao producirse son, nesta altura, o que máis

me interesa dela”, recoñece.

Pero a “caixa de ferramentas” de Steyerl atinxía o 12

e 13 de maio na Virreina, alén das devanditas proxeccións,

puntos de disenso que se localizan en boa parte

dos seus textos. Por caso en “Is a museum a factory?”,

arredor do que artellou a súa conferencia para a primeira

xornada, e no cal empeza evidenciando: “Na actualidade

os filmes políticos xa non se mostran nas

fábricas. Móstranse no museo, ou na galería –no espa-

zo de arte–. Isto é, nunha caste de cubo branco. Como

ocorreu tal?”. A fala das testemuñas, a linguaxe das

cousas, o imperio posfordista dos sentidos, a articulación

estética da protesta ou a palabra subalterna centran

–entre moitos outros nós culturais– a multitude

de ensaios escritos por Hito Steyerl dende os anos 90.

Por volta do outono, o museo barcelonés editará á fin

un volume que os axunte e traduza ao catalán.

Durante a mañá do segundo día, last but not least,

La Virreina hospedaba o seminario WorkersPunkArtSchool,

no que cadaquén podía mostrar e debater canda

a produtora de Journal No.1 e os demais asistentes tentativas

audiovisuais de seu, acabadas ou aínda en curso.

Este encontro supuña ao tempo a deslocalización

dun proxecto homónimo, “de balde e para todos”, iniciado

na Art School de Berlín a propósito de La estética

de la resistencia (ER; Hiru, 1999). Coma os protagonistas

da novela-monumento de Peter Weiss, o estudantado

da escola compón dende 2009, xunto a Steyerl, un grupo

de información e lectura que fai memoria das loitas

políticas e estéticas acontecidas no centro ao longo

dos anos. Trátase de tecer así un logos para se apropiaren

do labor artístico, coma o que fora conquerido na

noite dos proletarios: “Os nosos esforzos para vencer

o silencio pasaran a formar parte das funcións da nosa

existencia, o que achabamos deste xeito enmudecido

podía superarse e podían ser enxergados os pasos nun

terreo cultural” (ER, p. 75).

Sinala que, no que respecta ao vínculo entre imaxes

e política, “estamos agora en Novembro”...

Ben, estabamos en Novembro en 2004, pero de acordo.

En todo caso, logo de Outubro, substituímos a potencia

da loita política pola dalgunhas imaxes e

prácticas estéticas?

Non habería unha oposición tan clara entre loita política

e imaxes; estas son aínda, con toda probabilidade,

parte daquela. Até na época d’A hora dos fornos (F.

Solanas, 1968), as imaxes constituían unha parte importante

da loita. É certo que na actualidade esa correlación

intensificouse moito, debido a que tamén

o mainstream e as políticas dominantes da imaxe, en

canto á súa dimensión afectiva, volvéronse ben máis

poderosas. Xa ninguén pode dicir, “velaquí a política

real e velaí a imaxe”; unha e mais a outra están completamente

anoadas. Entendo o que queres dicir, que

unha imaxe non supón por si mesma un movemento

político. Agora ben, non creo que ese sexa necesariamente

o caso; pensa en todas as recentes ocupacións

de fábricas ou universidades. E, por outra banda, as loitas

políticas e as imaxes poderían verse desconectadas

nese sentido máis tradicional que indicas. As novas loitas

non se han representar ineludibelmente a partir

de imaxes; non están representadas, ou representan,

ou estarían incluídas nunha política da representación

determinada, de xeito que tampouco lles ten que corresponder

unha imaxe “natural” ou “realista” que, por

así dicilo, proceda a substituílas dalgún modo. Dito o

cal, loitar coa imaxe, ou aprender a loitar con imaxes,

e imaxinar actos de creación e destrución visual, é un

camiño ao que aínda lle resta porvir político.

Entre esa carga de futuro e o axioma anti-idealista

de Godard e do Grupo Dziga Vertov a mediados dos

anos 70: “ce n’est pas une image juste, mais juste une

image”; non existe unha contradición insalvábel?

Pero tratemos de pensar máis aló desa oposición! A

nosa realidade xa está constituída por imaxes. Así que

a pregunta é: como implicar politicamente as imaxes?

Podemos pensar en imaxes lidando, no canto de en

imaxes de persoas que loitan? Porque do outro xeito

permanecemos recluídos nesta caste de dicotomía segundo

a cal habería políticas e corpos reais, e xustamente

imaxes, aparencias ou espectáculo. E non creo

que iso sexa demasiado produtivo. As imaxes, os corpos

e as loitas comparten unha mesma dinámica.

Irían da man?

Iso é.

No seu texto “O imperio dos sentidos” constata unha

crise contemporánea da representación, política á vez

que estética. A dialéctica visual entre idea e materia,

é dicir, entre o que mostran as imaxes e como se mostran

a si mesmas, normalizouse dentro dese réxime

representativo que esmorece ad infinitum?

Unha imaxe pode representar o que for: flores, ou un

asasinato, ou unha guerra civil; calquera cousa. Pero

consta tamén doutra capa que condensa todas

as forzas, desexos e afectos que se sedimentaron

ao producila. É como un nodo de enerxía.

E é para min agora, en certo sentido, o nivel

máis interesante. Como podemos intervir nas

enerxías que unha imaxe en canto tal conxela?

É unha vella idea de Walter Benjamin: a imaxe

dialéctica, na que se acumulan tensións mediante

un flash. Daquela, como as poderiamos

desconxelar? Como podemos voltar á relación

de forzas que prendeu aquela imaxe?

Aínda que simbólico, o valor de uso de Journal

No.1 e Normality 1-9 fronte a algo que

falta –o primeiro noticiario bosníaco– ou

Contra Platón

ensaio Jacques Rancière cuestiona

a distancia entre mirar e actuar

Un decenio logo d’A lección de Althusser (1975), a

aventura de Jacques Rancière en arquivos obreiros

do s. XIX daba co revolucionario Joseph Jacotot,

de quen tiraría –contra o atordamento de aprenderlle a

alguén o que non sabe– cinco leccións sobre a emancipación

intelectual. El maestro ignorante (Laertes, 2003) polemizou

ademais na altura –o ano 1987– cun fóra de campo

“rosa”: a reforma escolar do goberno de Mitterrand a

expensas do socioloxismo de Bourdieu. A “antifilosofía”

rancieriana envorca aquí todo o sabido e consabido verbo

das imaxes, durante o século pasado, en defensa tamén

dunha figura emancipada, a do espectador. Sábese cando

menos unha cousa: a sospeita segundo a cal “quen ve non

sabe ver”, crucial nos relanzos do pensamento crítico contemporáneo,

non é nova; vén da caverna platónica.

No capítulo primeiro, homónimo ao libro, deféndese a separación

estética como oportunidade igualitaria para os espectadores,

a contrafío das dúas correntes que quixeron abo-

que foi lixado –unha estatua en recordo

dun asasinato neonazi–, é o dun monumento

que aspira a outra forma de duración?

Non estou segura de recordala correctamente,

pero consistiría na diferenza que estabelece

Foucault entre documento e monumento.

Lémbrala? Tal como o fago e interpreto agora,

el viña dicir que os documentos manteñen

sempre unha relación indeterminada coa realidade;

un documento abeira sempre un grao

de incerteza. Mentres que o monumento é a

configuración de documentos. Se tes documentos

en papel, poderías construír unha caste

de “estatua” con eles, e esta xa non se ha

preocupar pola relación exacta de cada un coa

realidade: ela mesma encárgase de construír

unha realidade de seu. Quizais estes dous vídeos

cumpran, nese sentido, a función de monumentos.

Non o serían, certamente, na súa

acepción máis común, dado que me opoño

totalmente á idea do monumento que conmemora

algo, pero si conforme a esa nova

configuración documental, que crea pola súa

vez unha nova realidade. No caso de Journal

No.1, desde logo: parte dun filme ausente, e

durante o proceso de pescudar como foi perdido

ou destruído, constrúe un novo.

Digo monumento xa que ambos os dous vídeos

incorporan o suplemento da súa fic-

lila en prol da acción –o teatro da crueldade de Artaud– e da

conciencia –o teatro épico de Brecht–. No entanto: “A emancipación

[...] empeza cando se cuestiona de novo a oposición

entre mirar e actuar, cando se comprende que as evidencias

que estruturan desa maneira as relacións mesmas do dicir,

do ver e do facer pertencen á estrutura da dominación e da

suxeición” (p. 19). De tal xeito que “unha comunidade emancipada

é unha comunidade de narradores e tradutores” de

historias audiovisuais (p. 27). Cabe dicir: de xentalla que se

apropia delas á marxe daquela aritmética pampa.

En “Las desventuras del pensamiento crítico”, Rancière

pon en corentena o “frenesí” da hermenéutica da sospeita

inspirada no Marx mozo. Trátase do círculo que Guy

Debord pechou darredor da “sociedade do espectáculo”:

dunha banda, “coñecer a lei do espectáculo equivale a coñecer

a maneira en que este reproduce indefinidamente

a falsificación que é idéntica á súa realidade”; da outra,

“dita ciencia nutríase da indestrutibilidade do segredo e

da reprodución indefinida do proceso de falsificación que

denunciaba” (p. 48). Para saírmos logo deste circuíto viciado,

abondaría con supor que non existe “ningunha besta

monstruosa que absorbe todos os desexos e enerxías no

seu estómago, ningunha comunidade perdida que debe

restaurarse” (p. 51). Ningunha vida auténtica, algures, e

apenas a posibilidade –aquí e agora– do disenso.

2

proTagonista Crítica //

ción á realidade. No texto “A verdade desfeita:

produtivismo e factografía” cuestiona,

por confuso, o termo “ficción documental”

co que Jacques rancière designou

Le tombeau d’Alexandre (Chris Marker,

2003). Con todo, el parece oporse ao mesmo

que vostede coa noción de “documentalidade”:

“O punto de intersección entre a

gobernabilidade e a produción de verdade

documental”.

Probabelmente. Non me opoño tanto ao que el

di como ao transfondo do debate sobre as películas

documentais. Se se empeza a falar outra

vez da ficción como oposta ao documental, ou

en relación ao documento, iso resoará con décadas

de debate bastante terríbel. Así que querería

deixar aquilo en paz, non remexelo nin un

chisco (risas). Durante moito tempo, esa foi a

definición máis estúpida de documental; a que

dicía que non é ficción, ou que é non-ficción...

Claro que me dou conta de que Rancière quere

dicir algo máis. Simplemente, pensei que xurdiría

con iso unha confusión improdutiva.

Universal embassy dá conta dun grupo de “sen

papeis” que ocuparon a embaixada somalí en

Bélxica, tras o colapso do estado africano. Proporcionar

espazos en que estar, ou dispositivos

de expresión, como ambicionan moitas

institucións de arte contemporánea, non é un

xeito de suprimir a posibilidade de tomalos?

Prefiro que os protagonistas de Universal embassy

falen, respecto diso, por si mesmos.

Indubidabelmente, os espazos que son apropiados

a partir dunha loita gozan dun significado

moi diferente ao daqueles ofrecidos

baixo a promesa de valor, e que adoitan implicar

a miúdo algún tipo de cooptación. Por

outra banda, ata nos museos hai espazos polos

que a xente tivo que loitar. Cando penso

en grupos de arte feministas, como Guerrilla

Girls nos anos 80, que habían loitar tanto

nada máis que para crear a conciencia de que

os museos estaban constituídos por espazos

dominados por homes brancos...

É capital para a loita política “gañar” espazos

culturais?

Creo que é aínda máis importante o xeito de

utilizármolos.

Por volta de “Las paradojas del arte político”, o artífice d’A

noite dos proletarios (1981) conclúe, a despeito da tendencia

que tenta pasar da representación artística á revolta popular

como da causa ao efecto, que “unha arte crítica [...] sabe que

o seu efecto político pasa pola distancia estética” (p. 85). Á

fin, os capítulos de “La imagen tolerante” e “La imagen pensativa”

disenten respectivamente da sacralización da palabra

testemuñal en Shoah (Claude Lanzmann, 1985) e mais

da oposición entre punctum e stadium que alicerza a teoría

fotográfica de Roland Barthes.

Non ten dúbida que estar contra Platón é unha angueira

displicente. Mesmo cansada. Para acharlle todos eses “puntos

cegos” á súa familia intelectual cómpre, así e todo, habitar

a verdade platónica –aquí verbo das imaxes– como

mentira fundacional. O cal non quita que haxa sofistas, nin

moito menos oligarcas. Debaixo da alfombra antiplatónica,

onda as varreduras, disque hai un lote. // A. C.

El espectador emancipado · Jacques Ranciére ·

Ellago Ediciones, 2010 · 136 páx · 15 euros

próLogo Crítica

non barrenes é inútil

por Xiana Arias Rego

Pero

Isto ía ser unha carta. A/a de Miguelanxo Prado. Pero por máis que na primeira páxina

de Stratos diga Teófilo que barrenar é inútil o que segue son unha serie de barrenes.

Escritos con calor e fumando bastante. Entro por segunda vez no álbum publicado

en 1987. Desta volta na primeira versión orixinal que é de 2010. Creo que Stratos foi o

primeiro seu que lin. Antes de poñerme con el rematei A miña vida mal debuxada de

Gipi. Sobre todo quedei con isto:

“— Vela, a estatua de Garibaldi?

— Véxoa. Véxoa mal, como todo o demais, pero véxoa. Míroa. Non entendo o porqué

desa pregunta pero míroa. Véxoa.

— Lembra que a podes pintar de azul cando che dea a gana.

Dime isto: “lembra que a podes pintar de azul cando che dea a gana”. Que quere dicir

iso?

— Que quere dicir?

— Que quere dicir iso? É unha macana. Mesmo un pouco romántica. Adozada. Non

a entendo.

Miro a estatua e penso. Que cona quere dicir iso? Penso. E logo decátome: estou

pensando, e había cinco meses que non o facía”.

Aos ollos

Penso como describir o importantes que me parecen os ollos en Stratos. Como me

entran. Éme imposible non miralos. Son en branco e negro. Poderíaos pintar de

azul en calquera momento. Di José Muñoz, de Muñoz/Sampayo, que a historieta

é o único produto cultural que aínda conserva o tremer da man. Coma as pintadas

das cavernas. Aquí o tremor da man quedou preso dos ollos dos que temen ou

dos rabiados. Dos de Lino, Teófilo ou mesmo Vladimir. As primeiras páxinas anuncian

barranco. Teo dille a Lino “Non barrenes é inútil”. Pero Lino barrena. Coma un

home enviado á liña de fronte sen adestramento nin armas. Dende a cama a muller

dille que apague a cafeteira, que vai estoupar. E na liña de fronte Lino como armas

colle papel e lapis. Débelle tremer aínda ben a man contra o folio en branco.

Consegue explicar como reestruturar a empresa salvando o seu posto. “Sabe que

algúns teólogos sosteñen que os proletas non teñen alma?”, dille o xefe de Teo e

de Lino a un cadro medio. A clase obreira “vai ao paraíso en Marina d´Or” que di

unha canción de Los Carradine.

Cidade de vacacións

Ás veces intento facer viñetas. Agora mesmo intento debuxar a conversa de dúas mulleres

que fuman na saída de incendios da empresa en que traballan. Chámolles Lina e Tea:

— Sabes o de Amalia?

— O que? Volveu onte das vacacións, non?

— E a xefa riuse dela na cara.

— Por?

— Porque fose de vacacións a Marina d´Or e que aínda viñese presumindo.

Esta historia capaz de ilustrar a Historia

Di Xosé Luís Méndez Ferrín no prólogo de Stratos que: Aquí hai un enxame de xentes

que compoñen fragmentos de mundo. É un nobelo que debanda limpamente. O

xogo de planos é invisible coma no mellor cinematógrafo. Retrata os diversos absurdos

aos que conduce a acumulación. O sentido do humor serve entre outras cousas

para aliviar o ánimo. Isto manca, porque en Occidente hoxe todo camiña na mesma

dirección que o narrador e o debuxante nos sinala.

Unha viñeta de Mafalda

Resulta que onte pregunteille a miña nai:

— Cres que o mundo se vai amañar, mamá?

— Sen dúbida!

— Entón propóñoche unha cousa: ata que o mundo non se amañe non fagas sopa, eh?

— E que pasou?

— Pasou que á noite tiven que comer toda a súa fe con fideos!!

A xustiza pola man

Non me centro. Ao comezo deste texto direi que isto son unha serie de barrenes.

Sigo debuxando a conversa das traballadoras pero na seguinte páxina convértense

en dous traballadores aínda que a historia sexa a mesma. Cambio os nomes.

— Sabes o de Lolo?

— O que?

— Que el tamén fora de vacacións a Marina d´Or pero vendo como se burlara o xefe

de Adolfo pois calou a boca e non dixo nin mu. Que aínda lle preguntei eu que se foran

a algún sitio e dixo que boh, que fixeran o de sempre.

— Como sabes iso?

Tremer // nadina Bértolo

Xiana Arias rego (A Fonsagrada, — Pois dise por aí, porque o moi parvo xa o conta-

1 ) é escritora e xornalista

e traballa no Diario Cultural.

Publicou os libros de poemas

Ortigas e Acusación. Pódense ler

ra por fóra e pensou que non o saberiamos.

— E vaslle dicir algo?

— Non sei, pero era para cantarlle a de Paquita,

non sabes?

— Cal de Paquita?

tamén textos seus en Xistral, — A de “rata de dos patas te estoy hablando a

Revista das Letras ou nos materiais ti...”.

do Cineclube de Compostela — Home, non foi para tanto a mentira tam-

Pirata e Non conciliados.

pouco…

— A mentira non sei, pero o outro día no café estivemos

os dous rindo da cara que puxera o Adolfo

e xa me dirás se non é de rata de dos patas...

O punto fráxil do método

No futuro de Stratos o saldo do cliente é segredo bancario, as médicas e enfermeiras

operan por ordenador pero o que importa seguen sendo elas e non as máquinas. Elas,

os seus actos, as súas contradicións. Penso en J.G. Ballard, n’O mundo somerxido e nalgúns

relatos de Febre de guerra. O futuro debúxase desde dentro dos personaxes, non

se impón. E logo acórdome de Fragmentos da enciclopedia délfica.

Stratos é barranco. Os gregos e gregas arman barullo. Pero… sen goberno, nin clases,

nin policía… en esencia… todo é igual?

Unha conversa de Tanxencias:

“Parece que nada cambiase nestes quince anos. Agora hai menos carballos e máis

eucaliptos.

— E nós cambiamos. Eu levaba saias longuísimas, melena e colares, e ti… ti non usabas

nunca traxes e gravatas de marca.

— Non os tiña”.

A danza dos ninguén

Uns días despois de ler o álbum por segunda vez fun de paseo cun amigo da Fonsagrada

ao que lle prestei aí atrás A mansión dos Pampín. No coche escoitamos Hechos

contra el decoro. Había ben tempo que non escoitaba “Danza de los nadie”: “Confundimos

la luna con farolas. Confundimos estrellas con espejos, si. Todo empezó el día

en que a mamá se le agrietaron los pechos y de sus pezones tan soló brotó veneno.

Esa es la leche que nos dieron. Esa es la leche que mamamos, si. Esa es la leche que

tenemos”. Acordeime dos salvaxes de Stratos.

“— Os auténticos extinguíronse, pero a partir de cachorros de proleta, criados en estado

salvaxe, conseguiuse recuperar esa especie desaparecida. A ciencia é grande!

Non lles parece? A min emocióname… por suposto, non teñen alma!”.

A cousa empeza así

“Pasadomañá comunicaránselles os nomes daqueles que cesarán nos seus postos de

acordo con esta reestruturación de persoal. Agora continúen co seu traballo”.

proNome En

emilio José

«non leo por gusto,

senón á procura»

2009 conseguiu as louvanzas da crítica estatal polo seu disco

Chorando apréndese e situouse con éxito no panorama da

música indie. Nel, como nas súas lecturas, desborda o gusto

pola mestura. Do pop naif á samba ou á música clásica, do

marqués de Sade ao Corán, de Xiana Arias aos comentarios do

marca.com, de Ezra Pound ás novelas americanas de a peso.

Como entrar nunha estrada descoñecida sen gps. As súas respostas

atraen sempre por saírse do previsíbel. // Belén Puñal

En Chorando apréndese queda claro que

tes gusto pola mestura. E nas lecturas?

Non é que me guste nada en concreto,

intento coller de todo. Remítome ao que

di mil veces o marqués de Sade, que non

cre no gusto e que non ten sentido cerrarse

só nunha cousa.

Es lector de Sade?

Sade interésame como gran xenio que é.

A partir da película de Pasolini sobre un

dos seus libros, Os 120 días de Sodoma,

empeceino a ver con outros ollos, porque

a imaxe que se ten del escurece moito a

súa obra. Luis Buñuel, cando leu a Sade,

dixo que todo o que até ese momento

lera non valera para nada. E entón pensei

que se Buñuel dixera iso…

…habería que lelo.

O meu libro preferido del segue sendo

Os 120 días de Sodoma, grandioso no

sentido artístico, na vertente imaxinativa.

Como lectura é alucinante. Non entendo

como a xente pode escribir aínda

novelas quixotescas, nas que xa sabes o

que vai pasar dez páxinas antes de que

aconteza.

Gustas de mesturar varias lecturas á vez?

Si claro. Agora mesmo estou lendo Estrella

a toda costa (Alianza, 2008). É unha

libro marabilloso, unha novela destas

que semellan estúpidas a primeira vista,

destes libros que só valen uns euros,

tipo novela rosa, de autores americanos

ou normalmente autoras. Desta caste de

libros que estás lendo e pregúntaste por

que. Mais no fondo eu creo que están

máis en contacto co mundo que O código

da Vinci.

Entre as influencias que citas na túa

páxina de myspace, refíreste de feito

aos libros de peto…

Si. Hoxe en día non leo por gusto senón

á procura dun resorte de inspiración. Cos

libros de peto pásame como cos discos

de serie media. De repente ves na librería

ese libro que nunca viches, que a saber

de onde saíu, cómpralo por tres euros ou

catro e sempre sacas algo de aí. É como

unha forma de desviarse do canon cultural.

Igual é un pouco inxenuo…

Que outras cousas estás a ler neste

momento?

Un dos meus libros favoritos é, do nobel

chinés Gao Xingjian, A montaña da

alma, e a el volvo de cando en vez. Leo

moita poesía e n'A montaña da alma,

malia a ser novela, hai partes que son

un poema. Mais coido que a semente

da poesía actual son os comentarios do

marca.com.

E logo?

É marabilloso. Sabes a cantidade de insultos

elaboradísimos e novos que se

encontran alí? É como esta novela, Estrella

a toda costa. Podes lela a páxina

por segundo, pero de vez en canto encóntraste

cunha frase que vale por trinta

novelas.

Houbo algún libro que influíse dunha

maneira máis directa no proceso de elaboración

do teu disco?

Non. Aínda que, por momentos, o Corán.

A Biblia, que tamén teño por un gran libro,

paréceme así e todo novelesca fronte

ao Corán, que é poético. O Corán está

entre os meus dous libros favoritos, xunto

cos Cantos de Ezra Pound. Cando fixen

o disco, tamén estaba lendo bastante,

influenciado polos Cantos, sobre políticos

americanos da fundación dos Estados

Unidos.

Falas moito no teu disco do abandono

do rural. Vivir na aldea condiciona. Tamén

as lecturas?

Non é o mesmo ca estar nunha cidade con

bibliotecas como a Xeral da Universidade

de Santiago, onde podes atopar todo ou

case. Hoxe en día está internet e Amazon,

pero aínda así non podes comprar todo o

que les. E das librarías xa nin falar…

No teu traballo recorres moito aos samples.

E se tiveras que escoller un sample

literario, unha cita?

2

proNome Crítica //

Emilio José é músico //Arquivo do autor

Esta a mítica de Paul Valéry: “Que pode

un home?”. Lin moito del e esa cita gústame

moito.

Algún autor ou autora en galego polo

que teñas preferencia?

Xiana Arias. O último que comprei dela foi

o seu poemario máis recente, Acusación.

E algún outro máis?

Habitualmente en galego non leo. Iso tamén

se aplica ao galego que falo. Se algún

día tivese fillos, esforzaríame porque visen

cousas en galego e falasen correctamente.

Pero, cando estudei, o que lin, fóra das lecturas

de instituto, fóra de autores como de

Toro e Rivas, estaba en español porque non

había versión en galego. Creo que se hoxe

lese todo en galego, esquecéndome das

cousas que tiven que ler en español, porque

non as había en galego, sería como se empezase

a falar en galego normativo. É como

borrar o pasado que me fixo ser como son.

Sería como crear unha ilusión de que podo

vivir en galego cando non é certo. Se fose

concelleiro de cultura, destinaría o 99 por

cento do diñeiro a traducir ao galego.

Crítica

proPulsión

estorias breves, vida longa

O lapis do taberneiro é unha colección nacida á calor dun bar compostelán,

escenario e motor creativo das súas catro entregas // Bieito Iglesias

Vou ao conto e leo Acantinado, de Carlos Santiago,

transcrición dos pensamentos dun parroquiano

que estampa en cadernos o zanfoneo

dunha conciencia estimulada polo licorcafé

ou a crema de augardente, que reflexiona sobre a

morte estatística e a morte dun só individuo, sobre a

apocalipse en versión USA (temor a que un acelerador

de partículas xere un burato negro e engula o Universo)

ou contada polos rusos, que moito recean da muda

climática causada por fugas de metano escoadas entre

icebergs polares. Os propios clientes que entran e

saen do establecemento acarretan temas puntualmente

rexistrados polo narrador, que van das cimas filosóficas

ao enterro dunha gata nun cemiterio de mascotas.

Aínda que falta a técnica telefónica (diálogo do que só

se recollen as palabras dun interlocutor), estamos naquel

bar holandés d´O estranxeiro, no que Camus envía

ideas canda as bebidas. Certo que Carlos Santiago

non é un moralista, como o célebre porteiro de futebol

converso en literato (non foi o único, Nabokov tamén

gardou redes, en troques ninguén espera que Casillas

escriba un libreto pra Rameau, Fatal amour, cruel vainqueur,

ao afuciñar en Sara Carbonero), polo cuxo limítase

a lapexar no desasosego, no desacougo atroz e banal

a un tempo que te golpea e embaza nun bar ou nunha

tabacaría, como lle aconteceu a Pessoa.

Primavera, o seguinte opúsculo que mougo (non

sigo a orde de publicación senón o azar que chimpou

os catro textos ao chao e impuxo unha secuencia arbitraria

ao apañalos), da autoría de Carlos Meixide, non

chapuza tanto nos regueiros da conciencia e inclínase

máis cara o sketch dickesiano. Presenta un elenco

de personaxes recoñecibles dentro do nicho ecolóxico

compostelán: xornalistas amigos do xintónic, filósofo

parcial do uísque, mestra que envía cava, xogadores de

cartas ruidosos que arrastran (o cu polas pallas) e son a

contrafigura dos dignos e circunspectos xogantís pintados

por Cézanne, estadistas que queren gobernar o

mundo cunha revista escrita en reintegrado, hostaleiro

da competencia resolvido a enchufar unha filla nun

chope ben pago, etc. A estrutura do relato é teatral e o

palco que sofica a acción é O Trece, bar que pon algo de

comer –algo ben sabedeiro, por caso un centolo– pra

que as bebidas non caian de moi alto. O apuntamento

sociolóxico esténdese sobre o mundo das esplanadas

que inzan nos paseos ao chegar a primavera, tentando

mesmo unha taxonomía dos clientes e dos taberneiros.

O conto abeira cara ao esperpento ao presentárense

neste escenario un conselleiro de cultura pavesas e

un director xeral de promoción turística que lle atura a

leria alcólica. Unha xerra de auga fría cae sobre as dignísimas

autoridades coa noticia doutro barco de chapapote

entalado en Muxía, asegunda un novo Prestige e

o nihilismo nacional galaico ameaza con repetir como

a cebola. A pesar das esplanadas, dos pasantes que

alixeiran a roupa e descobren carnes embrancuxadas

sedentas de sol, da comicidade dos figurantes que pasan

polo bar, a lectura desta narrativa de Meixide causa

o mesmo efecto que lle produciu a Puxquin o humorismo

d´As almas mortas de Gogol. O mestre sentenciou:

“Que triste é a nosa Rusia!”.

As intenciós d´O decimoterceiro mês desvéndaas a

autora, Raquel Miragaia, na páxina quince: “Nom se

trata de fazer análise sociológica, nem sequer psicológica.

Na realidade trata-se do que fica de gregário, de

tribal”. Cunha prosa musculada, viciña da poesía, explora

a soidade no medio da multitude. O bar vén sendo

a rúa que paseaba o flâneur no París do dazanove,

ámbito onde se cruzan descoñecidos que non se falan

porque na urbe moderna triunfa a sensación sobre a

palabra, o espazo común sobre o tempo diverxente en

memorias persoais ocultas, que estorban na procura

da indiferenza. Miragaia inclúe neste libriño un poe-

ma de Charles Simic, pero tamén podería beneficialo

(encabezalo) coa augardente destilada por Baudelaire

en A unha transeúnte descoñecida. A partir do cuarto

mes ou capítulo, a estoria emerxe da chapacuña da

soidade e escorrega por camiños galantes. É perigoso

(como sinala a autora) pero verosímil ligar nos bares.

A voz que nos interpela ao principio desde o inferno

sartriano (desde a incomunicación cos outros)

preséntanos a Borges e, con esa aparición, lévanos ao

tema do amor, querse dicir, a esa subtil misantropía

consistente en elixir unha persoa pra excluír a tódalas

demais. A lírica intensifícase pola boa razón de que o

propio da poesía é tratar do que está por cima ou máis

alá do mundo. Contra o final, un finale in bellezza, lemos

versos de Pessoa sobre o misterio das cousas e

topamos coa metafísica. Era inevitable chegarmos aí

porque a cópula resulta tráxica e misteriosa (Pasolini

dixit) cando non se ve rebaixada pola sexualidade paroxística

inducida polo mercado.

Os Trece xogos, de Mingolo Alborés, non encoran na

auga durmida do costumismo malia que retratan un

hábito inveterado propio do folclore rural e urbano (da

urbe vai desaparecendo polos horarios produtivistas e

porque as mulleres xa non toleran o convivio con maridos

que ían xantar á casa e deixaban o coche acendi-

Dous homes no bar // norman Cornish

do pra saír a escape e xogar a partida inantes de reatar

a xornada laboral). “Ningunha causa mediante a que é

posible reflectir tódalas paixóns, esperanzas e insensateces

se pode considerar un xogo”, escribe Faulkner en

Knight´s gambit, aforismo que tanto se pode aplicar

ao xadrez como ao plebeísmo do balompé ou do tute

cabrón. Alborés sobarda a estampa de costumes introducindo

unha intriga que enlaza os distintos episodios

amenizados con cadaseu xogo e ponlle o ramo á narración

cunha volta de torniqueta. Botei a faltar na listaxe

dos lances de naipe o xogo do truco, unha versión simploria

do mus (este xogo vasco apenas seduciu aos galegos

que gustan de cartear) importada probablemente

de América polos emigrantes retornados. Pero si está

a berisca, divertimento máis propio do lar (seis xogadores

reunidos baixo un palio de fume de lareira nas

festas de pote dantes) que da tasca, e o modestísimo

enredo da escoba, no que ha de contarse por forza o

belo. Escríboo con be seguindo o dicionario Estravís e

porque intúo que esa denominación do sete de ouros

procede do italiano. Guíame nesta intuición a História

das cartas de jogar, do doutor Egas Moniz, que me informa

da orixe transalpina das primeiras barallas, nas

que os triunfos se chamaban attuti (algo a ver co tute?)

e o belo se cadra era bello.

Agonía de outono

Aínda contra as cordas, entre crise e desleixo político,

o libro galego rebrotará con novos títulos // Belén Puñal

Primeiras choivas e ulido a terra

mollada. A grisallada outononiza

non trae bos agoiros para o libro

en galego. As editoriais deixan de

publicar –son varias as que prevén non sacar

nin un só libro do prelo este outono–

porque non hai diñeiro para facelo. Nunha

situación como esta, agónica, marcada

pola caída de vendas en librarías, a Xunta

aínda non asinou coas empresas editoras

–e xa case está rematando o 2010– o

contrato que se rubrica anualmente para

a compra dos libros que abastecen as bibliotecas

coas novidades do ano anterior.

Non só se asfixia así aínda máis o sector,

atrasando unha vía de liquidez nestes momentos

vital, senón que, a este ritmo, os

usuarios e usuarios das bibliotecas públicas

do país terán que agardar até o 2011 ou

case para poder dispor dos libros editados

en Galicia… en 2009!

Mais si. Aínda así, o sector resiste. E faino,

neste comezo de curso, con varios caldos

fortes en narrativa, poesía e tradución

que nos axudarán a espantar arreguizos e

destemperos. Algúns deles levan xa dende

o verán poñéndonos ganas. Tal é o caso de

Todo é silencio, a nova novela de Manuel Rivas,

en Xerais, ou de Cabalo de ouros, a volta

de Víctor Freixanes á novela case dúas

décadas despois d’A cidade dos Césares.

Outros constatan a capacidade de relevo

xeracional da nosa escrita. Como Yolanda

Zúñiga, a última gañadora do Xerais, que

verá publicada en outono Periferia, a obra

coa que obtivo o premio de narrativa. Ou

Diego Ameixeiras, que promete impactar

coa súa volta ao xénero policíaco en Asasinato

no Consello Nacional, tamén en Xerais:

a trama iníciase á saída dun consello

nacional do BNG, despois dunha derrota

electoral e en pleno relevo da cabeza visíbel

do partido. Sóalles de algo?

As principais editoriais completarán a

oferta narrativa dos vindeiros meses coa

colleita do sementado os meses anteriores

nos premios literarios. Galaxia dará así

a coñecer as obras gañadoras do Blanco

Amor e do García Barros. No primeiro caso,

O imposible de desatar, de Iván García, relato

realista que bota man da ollada exterior

para penetrar nas doenzas do íntimo. No

segundo, Obediencia, de Antón Lopo, ciencia

ficción en que o autor recrea con habilidade

a Galicia do século XXII.

PrOCUrAS

Adoitan estar protagonizas as novidades en

verso pola editorial Espiral Maior. Non será

así nesta ocasión. O selo, dado o contexto

económico, reprega velas até a campaña do

nadal. Aínda así, o outono permitiranos escoitar

de novo algunha das nosas voces poéticas

máis coñecidas. Nalgún caso, de maneira

literal. Do Cumio estreará á fin a colección

de antoloxías sonoras, prometida nestas

mesmas páxinas hai xa uns meses, cos

versos de Chus Pato, en Nacer é unha república

de árbores, e Xosé María Álvarez Cáccamo,

en De sombras e poemas que son casas, postos

na boca de quen os escribe.

Mais os vindeiros meses tamén darán

para saber de cambios de rumbo e novas

procuras. Será o caso de Ana Romaní

con Estremas (Galaxia), incursión no poema

longo, e de Oriana Méndez con Cero,

na mesma editorial, exploración de vieiros

que queren distanciarse dos percorridos

pola autora no seu primeiro poemario, Derradeiras

conversas co capitán Kraft.

Outra das nosas poetas, Lupe Gómez,

acaba de pórlle termo a unha dobre xestación.

Nun caso cun poemario, A grafía dos

mapas, en Toxosoutos, versos compostos a

partir das fotografías de antroido de Emilio

Araúxo, en común o desacougo polo esfarelamento

do mundo rural. No outro, cunha

obra que aposta pola mestura de teatro e

poesía, Diálogos imposíbeis, cuxa saída estaba

prevista en Laiovento, sempre e cando

os condicionantes económicos lle permitan

ao selo retomar a produción.

Tamén teatro e música se darán a man

neste outono. Rubén Ruibal escribe, con

César Candelas, A néboa amarela (Biblos),

adaptación teatral dunha canción de Bob

Dylan, “Black Diamond bay”. Mais, se as novidades

sempre son de agradecer nunha escrita,

a dramática, sempre escasa en galego,

tanto ou máis o resultan as reedicións,

como a que Toxosoutos prepara, comentada

pola especialista Laura Tato, de Azos de

esguello, a peza coa que Euloxio Ruibal gañou

o Álvaro Cunqueiro nos 80. Abrirá a colección

A esmorga, que terá como segundo

título o novo poemario de Claudio Rodríguez

Fer, Unha tempada no paraíso.

PONTES E PENSAMENTOS

O outono traeranos en galego a obra de

dúas prestixiadas autoras en lingua alemá.

Da gañadora do Nóbel en 2009, Herta

Müller, Randea do alento (Xerais), e de Birgit

Vanderbeke, Mexillóns para cear (Rinoceronte),

a novela coa que, xa nos 90, obtivo o

Premio Bachmann. O mesmo selo verterá,

do xaponés, Eloxio da sombra, de Junichiro

Tanizaki. E non podemos poñer punto e á

parte a este parágrafo de letras viradas sen

antes saudar a chegada dunha nova editorial,

Barbantesa, tanto por ter apostado

pola escrita de autoras –da estadounidense

Carson McCullers, a quen a crítica sitúa entre

Faulkner e Capote, traducirá Balada do

Lupe Gómez // Cristina Silva

café triste– como pola difusión das literaturas

africanas –do portugués de Angola traducirá

ao galego Poemas de África Lonxe, de

Bettencourt Pinto e Jorge Arrimar–.

Xa no eido do pensamento, e de a cabalo

entre o ensaio, o artigo xornalístico e

o post, chegaranos unha compilación dos

textos publicados por David Rodríguez no

seu blog O funambulista coxo. Será en Retomando

a palabra. Das guerra culturais ao

crack financeiro, que verá a luz en Estaleiro.

E tamén, na escrita ensaística, dúas análises

en Galaxia que se prometen proveitosas.

Dende o eido filolóxico, A narrativa galega

na fin de século, de Dolores Vilavedra, e

dende o sociolóxico, o retrato da xeración

nada nos anos 50 co que Manuel Pérez Rúa

gañou o premio Ramón Piñeiro en 2009.

MIUDIñO

A actualidade da literatura xuvenil estará

marcada polo lanzamento mundial da

nova triloxía de Cornelia Funke, Reckless.

Carne de pedra, que coñeceremos en galego

a finais de setembro grazas a Xerais.

Tamén aos nosos mozos e mozas se dirixe,

no mesmo selo, Fantasmas de luz, o man a

man de dous pesos fortes, Agustín Fernández

Paz e o ilustrador Miguelanxo Prado,

en homenaxe ao cine.

Da capacidade para trasladarlle aos pequechos

as realidades máis crúas xa dera

conta Antón Fortes en Fume. Agora volve

sacar álbum, na mesma colección –Contextos–

da editorial Oqo, para falar desta

vez, n’A sombra dos anacardios, sobre a

sida en Guinea Bissau. As novidades en literatura

infantil tamén terán entre os seus

protagonistas a última gañadora do premio

Merlín, Teresa González Costa, que

verá publicado A filla do ladrón de bicicletas,

e a un dos seus anteriores galardoados,

Antón Cortizas, que tirará en Tambre

Rosalía e os equinodermos.

Ficamos aquí, porque xa non quedan

máis liñas e é preciso deixar títulos no

tinteiro. Porque a roda da edición, malia

todo, non para. Que non o faga dependerá

do que leamos. Porque ler en galego, hoxe

máis ca nunca, é resistir.

Os libros que lemos

proCura // 1

El tiempo entre costuras

María Dueñas ·

Temas de Hoy, 2009 ·

608 páx · 22 euros

A praia dos afogados ·

Domingo Villar ·

Galaxia, 2009 ·

512 páx · 19,90 euros

Sé lo que estás

pensando ·

John Verdon ·

Roca Editorial, 2010·

430 páx · 20 euros

Luz de tebra ·

Ángel Vázquez

de la Cruz ·

Xerais, 2010

128 páx · 15,80 euros

Los ojos amarillos

de los cocodrilos ·

Katherine Pancol · La esfera

de los libros, 2009 ·

552 páx · 21,90 euros

A lei das ánimas.

A novela da Santa

Compaña ·

Carlos Reigosa ·

Galaxia, 2010·

Inés y la alegría ·

Almudena Grandes ·

Tusquets, 2010 ·

729 páx · 24 euros

Unha historia que

non vou contar ·

Xosé Cid Cabido ·

Xerais, 2009·

272 páx · 16,50 euros

Dime quien soy ·

Julia Navarro ·

Plaza & Janés, 2010 ·

1.056 páx · 23,90 euros

A intervención ·

Teresa Moure ·

Xerais, 2010 ·

228 páx · 16,50 euros

Estes son algúns dos libros máis vendidos en Galiza

nas última semanas. A táboa fíxose recollendo datos

das seguintes librarías:

La casa del libro (Vigo) www.casadellibro.com

Couceiro (Santiago) www.librariacouceiro.com

Trazos (Cee) www.trazosexpress.com

Torga (Ourense) www.torga.net

Andel virtual (Vigo) www.andelvirtual.com

C.C. Compostela (Santiago) www.elcorteingles.es

Os datos non reflicten directamente os exemplares vendidos

e, ademais, corresponden a magnitudes non ponderábeis.

Abstéñanse teses. Calquera suxestión ou proposta sobre esta

táboa, poden enviala ao correo protexta@temposnovos.net

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!