13.07.2015 Views

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

DETRÁS DA CANCIÓNO RONCÓN CÓSMICOO zanfonista Óscar Fernández emprega efectos e procesadores dixitais para arrincar duninstrumento de deseño medieval sons da era espacialUn corpo que parece un animalencollido sobre si mesmo,unha manivela que faisoar dezasete cordas, un sonhipnótico... A zanfona xa épor si un aparello fascinante para os leigosna materia. Nas mans de Óscar Fernández,integrante de grupos como bOnOvO ouDúo Fernández e Quintá, é capaz de producirmúsica da era espacial: filtrado a travésde pedais de efectos e de procesadores dixitais,este aparello de ascendencia medievalcrea, en palabras do seu manipulador,“liñas e melodías rítmicas con ambientesevocadores, delirantes, terroríficos...”.“Eu creo que coa zanfona quixen probartodo o que non puiden de rapaz e todo oque vía daquela nos catálogos e nos escaparates,todos eses aparatiños tan bonitos”,di Óscar Fernández. Hai sete anos, despoisde pasar por varios instrumentos (“moitosdeles nin eran meus”, desvela), caeu nassúas mans unha zanfona cun sistema deamplificación por canais separados. Aí foicando empezou a fedellar cos efectos, edespois, con bOnOvO, a poñelos sobre astáboas e en gravacións entre o tradicionale o psicodélico.“O delay [un efecto que repite como eneco o que se vai tocando] é un dos meuspreferidos”, explica Fernández, “gústameescoitar unha melodía ligada perseguidano tempo por ela mesma. Tamén empregosimulacións de distorsións e, por suposto,filtros variados. Tamén teño un par de modelosde looper [que gravan un fragmentode música e o repiten en bucle]. Son moidivertidos á hora de improvisar”.Un aparello caro e difícilXa non é fácil facerse cunha zanfona (é uninstrumento caro, difícil de construír e deconseguir), para canto máis cunha comoa que usa Óscar Fernández, “deseñada nosanos oitenta nunha feliz colaboración entreo artesán Denis Siorat e o zanfonistaValentín Clastrier. Está pensada para seramplificada illando o mellor posible asdiferentes fontes de son que saen dela, asmelodías, os bordóns, as cordas rítmicas,as cordas de resonancia, a propia caixa, epara tratar e manipular por separado cadaun deses elementos. Sen enchufar ten unson bastante pobre”, advirte. O seu traballo,conta, foi adaptar o instrumento paraque os efectos consigan o que se buscadeles: “Tiven que ver de mesturar e dirixiresas fontes de son que ten a zanfona, e deecualizar con xeito e con efectividade osefectos, porque en directo non pode habermoitas dúbidas. Xa cheguei a moitasconclusións, pero aínda me quedan outrastantas, con dezasete cordas hai moitascombinacións posibles”, di.Hai en Europa varios conxuntos coa súamesma querenza polo antigo filtrado polamodernidade, conta: “O suecos Hedningarna,nos setenta os franceses Malicorne...Agora e coa zanfona hai uns cantosfranceses que experimentan sen prexuízoscon todo tipo de técnicas: Gilles Chabenatfoi un dos que máis me influíu, e taménStephane Durand, de Cosmic Drone. Conese nome xa se pode imaxinar de que vai acousa, Roncón Cósmico!”.Óscar Fernández valora tamén moito oque el chama “a opción acústica. É unhadelicia tocar para unha audiencia sen quenada máis que o aire te separe dela, sempreque haxa silencio. Para iso está a miñazanfona número 2, a acústica, sen efectosdixitais nin electricidade. Como se unhazanfona non tivese abondo trucos gardadosdentro!”.www.musicaovivo.infoao vivo música 11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!