07.01.2017 Views

Aqueles xogos

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

AS NENAS E OS NENOS SEMPRE XOGARON

O xogo forma parte da socialización das nenas e dos nenos:

durante as primeiras idades, aprenden a identificar a realizade

mediante cores, sons, movementos...Posteriormente, exploran o

espazo e gustan de imitar á xente maior. Pero é cando participan

nos xogos colectivos, cando se establece a maior relación tanto

entre os seus iguais coma co seu entorno.

É por iso que cando as nenas e nenos de 6º recolleron

estes xogos déronse conta que a inmensa maioría se realizaban na

rúa, e que cos elementos máis simples eran capaces de pasalo

ben: bastaba un bote, un pau cunha forma determinada, unha

pedra e unhas poucas liñas no chan... Pero existían normas de

obrigado cumprimento.

Tamén aprenderon que moitas das lerias para pandar, para

botar sortes, para acompañar os xogos..., se dicían en castelán. E

é que moitos dos xogos chegaron de fóra, como seguramente

desde Galicia se levaron a outras terras. De feito, coñecemos que

en Castela, en Italia, en Cuba ou en Paraguai, se practicaban xogos

moi similares aos que tiñamos por aquí.

Se cadra, a maneira de expresarse e de pasalo ben é

inherente ao ser humano, e común a todas as nenas e nenos do

mundo. Claro que entón, onde e cando comezan as diferenzas?

Unha boa idea para debater...

O pilla pilla.

Este xogo colectivo foi recollido por Álvaro Ares,

quen nos explicou que os seus pais o xogaban pola Baña

e por Santa Comba. Olimpia e Manuel tamén o

recolleron, pero eles, que proceden da zona de Verín,

coñéceno como gabilla.

En calquera caso, practicábase no monte ou na rúa,

e non era necesario ningún tipo de material, so unha

calidade: saber correr.

O grupo de xogadores ponse en círculo e bótase a

sortes para saber a quen lle toca pillar de primeiro.

Cando comeza o xogo, se colle alguén, pasa este a pillar,

e así sucesivamente.

O potro

Este xogo, practicado por

varias persoas, recolleuno

Aitana Mosquera. Tamén se

facía no exterior e para iso os

participantes tiñan que

colocarse formando unha fila, co

lombo dobrado e tentando chegar coas mans ás puntas

dos pés.

Outro xogador tiña que saltar por encima sen

tocalos, soamente apoiando as mans no lombo do

compañeiro. Cando acababa de saltalos, púñase tamén

dobrado na fila, e saltaba outro. Así percorrían diversos

espazos, e non lles facía falta ningún material, so

habilidade para saltar.

Ovo pica araña.

Segundo Daniel Moure, que foi quen nos trouxo

este xogo, practicábase na rúa entre dous equipos

formados por catros persoas, aínda que podían ser

máis.

Un dos membros do equipo colocábase apoiado

na parede e a este chamábaselle "a nai". Os demais

púñanse a continuación formando unha especie de

verme. Logo, o outro equipo saltaba enriba de un a

un; o primeiro dicía "ovo, pico, araña" formando

unha das súas formas sobre o lombo do outro. Se

acertaba, cambiaban as posicións, e se non,

repetíase.

Así que era un xogo de panda e de adiviñanzas.

7 pecados

Este xogo exterior, recollido por Xacobo Zas,

necesita dunha pelota para practicarse.

No grupo de xogadores, cada un ou unha

desígnase cun número. Entón o balón lánzase ao

aire e dise un número aleatorio. O participante

que teña o número será o encargado de recoller a

pelota e nese momento berra "Pare!" aos demais

que so poderán dar tres pasos en calquera dirección.

A diversión vén cando o que tiña o balón llelo lanza,

e os demais tentan esquivalo.

O bote

Daniel Álvarez presentou un xogo da zona do

Barbanza que se realizaba nas rúas ou nos parques, e

para practicalo é necesario un bote cun pouco de area no

interior.

Primeiro o bote coa area colócase dentro dun círculo

pintado no chan. O grupo que xoga elixe quen vai pandar

, e tamén quen vai darlle a patada ao bote.

Cando se lle dá a patada, quen panda vai buscar o

bote, e volta para o círculo de cu, mentres os demais se

esconden. Ao chegar ao círculo vai buscar aos membros do

grupo, e cada vez que atopa a un xogador ten que

golpear o bote e dicir o nome de quen atopou.

Hai que facer isto ata ilos encontrando a todos. pero

pode que un neno que non atopou chegue ata o bote;

entón vólvese empezar.

Perde o primeiro xogador atopado, despois de

localizar a todos os nenos.

Marro da palmada

Para facer este xogo traído por Juan Calvo

da zona de Ordes, necesítanse dous equipos, un

a cada lado do campo.O xogo consiste en correr

ata o contrario, darlle unha palmada na man

que el ofrece (pode ser calquera xogador a quen

se lle dá a palmada), e a continuación corre

para pillarte. Se te alcanza, quedas preso do

lado do campo do teu inimigo ata que un dos

teus te libere cunha palmada. Gaña o equipo

que consiga máis presos.

A pita cega

Este xogo foi seleccionado por varias

persoas: Lucía, Olimpia, Vera, e Manuel.

Segundo Vera, na zona de Lugo chamábase a

"cabra cega".

Para practicalo, convén que o número de

xogadores sexa de catro ou máis, e escóllese a

un para ser a pita ou a cabra cega. Os ollos do

xogador escollido véndanse cun pano e dánselle

tres voltas sobre si mesmo.

O resto brinca e corre polo campo de xogo,

mentres a "pita ou cabra cega" tenta pillalos.

Cando alguén é pillado, o xogador vendado

terá que descubrir quen é esa persoa. Se

acerta, deberá pasar a ser a próxima "pita ou

cabra cega".

O brilé

Este xogo traído por Natalia Barreiro, practicábase

na rúa e para iso era necesario unha pelota e dous

equipos de nenos.

As súas normas son moi sinxelas:

- Márcase unha liña no centro do campo, e os equipos

sitúanse a cada lado.

- Hai que tocar coa pelota a un xogador do equipo

contrario, e que lle caia ao chan. Se isto sucede, queda

brilado.

- O equipo que primeiro brile a todos os xogadores, será

o gañador.

Os antecesores dos xoguetes.

Tamén se divertían con pequenos elementos,

antecesores dos nosos xoguetes.

E nunha vida na que se estaba en contacto

directo coa natureza, sacaban dela os elementos con

que pasar o tempo.

Paus, ferros, pedras, herbas..., todo podía

servir.

O aro

Como o seu nome indica, tratábase dun aro

de ferro, que se guiaba cun pau torcido na

punta por terreos chans.

Segundo Gabriela,

que nolo

presentou, había

que facer rodar o

aro co pau. Se os

participantes eran

varios, gañaba o

que chegaba máis

lonxe. Pero estaba

prohibido frealo ou darlle velocidade.

Billarda ou estornela

Uxía e Mariña presentaron este xogo. A segunda, ademais,

informounos que seu pai practicábao tamén en Zamora, e que

mesmo hai unha liga europea desta brinca (LNB).

O lugar onde se realizaba era un sitio amplo, e facían

falta dous paus: a billarda ou estornela, que era un pau

pequeno coas esquinas en punta, e o marro ou palán.

Debíanse

estas normas:

seguir

- Colocar a estornela no

chan e darlle co marro

para elevala.

- Cando estaba no aire,

había que darlle outra

ves co palán ou marro.

- Este segundo golpe tiña

como finalidade lanzar a

estornela ou billarda o

máis lonxe posible, que

era o que determinaba o

gañador.

Así, podíase xogar

individualmente, en

parellas ou por equipos.

A buxaina

Un anaco de madeira

redondeado cunha punta, ao

que se lle envolvía un cordel,

formaba a buxaina, que en

moitos sitios tamén se lle

coñece como o trompo.

Había que debuxar un

círculo na terra e facer saltar

alí as buxainas, ao tempo que

se tentaba expulsar do círculo

as dos contrincantes.

Segundo Nuno, que nos

amosou este enredo, había quen

afiaba moito a punta e partía

a do compañeiro. E logo, tamén había quen

presumía da súa técnica, facendo bailar a buxaina

na palma da man.

A corda

Tan so era necesario un anaco de corda, algo que era moi

habitual, xa que era un material co que se suxeitaba as vacas

para levalas pacer.

Podíase practicar individualmente, pero o máis común era entre varias,

xa que era un xogo esencialmente "feminino". Dúas persoas abaneaban

a corda ao ritmo dunha canción; e a que se enleaba, pasaba a dar; e a

que daba, a saltar.

A Brais López, súa avoa díxolle estas cantigas:

Cantos anos tes ti?

Todavía non o sei,

pero pronto o saberei:

1,2,3,4,5,6...

(Gañaba quen acadase o número

maior)

Al pasar la barca, me dijo el

barquero

las niñas bonitas no pagan dinero.

Yo no soy bonita ni lo quiero ser.

Arriba la barca 1,2 y 3.

A ra

Para practicar este xogo necesitábase unha mesiña cun

buracos que ademais debía ter un caixón (para recoller as

pezas lanzadas), e sobre dela unha ra coa boca aberta para

poder introducirlle sete pezas de ferro.

Estas pezas tirábanse desde diferentes puntos, e se caían

na boca da ra, valían cincocentos puntos; na roda, douscentos

puntos; nas pontes cincuenta, e nos buracos, dez puntos.

Ao lanzar sete veces, sumábanse todos os puntos, e unha

vez que tiraran todos, comprobábase a ver quen conseguira

máis.

Tal e como está descrito, foi recollido por Cristina

Ferreiro; pero é un xogo que tamén se levou a América, xa que

a nai de John, que é arxentina, explicoulle que alí se lanzaban

dez fichas, e que se caía na boca da ra, gritábase "sapo".

Pola súa parte, o avó de Martín indicoulle que as ras coas

que eles xogaban eran moi pequenas, xa que así era máis

difícil introducir a peza.

En calquera caso, tratábase dun xogo de precisión e o

número de xogadores podía ser ilimitado. E de calquera idade!

As palletas

Gael é o "músico oficial" da clase de 6º A, e

interesouse por saber

como eran aqueles

instrumentos cos que os

cativos reproducían sons

e melodías.

A información déullela

o libro Os xoguetes

esquecidos da editorial A

Nosa Terra.

Así soubemos que coas canas fabricaban pitos e

palletas: se o anaco de cana se lle facían varios

buracos, podía dar varias notas ao tapar algúns cos

dedos.

A mariola

Segundo nos contaron Sabela, Marta e Sara,

primeiro hai que debuxar o campo de xogo con

casiñas que se numeran. Tamén é necesaria unha

pedra para lanzala e xogar.

Logo sortéase quen empeza; tírase a pedra á

casiña 1 e sáltase á pata coxa; recóllese a pedra e

sáese tamén á pata coxa. Vaise facendo así

sucesivamente co resto dos recadros; pero se se

tocan as liñas, ou a pedra sae fóra, pérdese a

quenda e segue outra persoa a xogar.

Nas últimas casiñas, hai que ir avanzando coa

pedra empurrando a esta co pé. O importante é que

non saia das liñas ou que a pedra quede superposta

sobre elas.

Guerras de globos de auga.

Este xogo pode parecer moi galego, pero

explicóunolo Rafa, cuxa familia procede do

Paraguai.

Neste país era habitual practicar esta "guerra"

durante o Entroido, xa que era unha maneira de

refrescarse nunha festa que no hemisferio Sur

coincide en pleno verán.

Son necesarios

globos pequenos, auga e

un balde. Fórmanse

dous grupos, sepáranse,

e o equipo que dá máis

veces sobre o outro é

quen gaña o xogo.

Para seleccionar os

membros dos equipos,

partíase unha póla en anaquiños: quen escollía o

máis pequeno sería o primeiro capitán dun equipo,

e o segundo que tiña o pau máis pequeno era o

segundo capitán. Así cada líder elixía ao seu

equipo.

Nascondino col baratolo

Cando o papá de Valeria Ninni era pequeno,

vivía cos tíos e os avós nun pequeno pobo de

montaña no centro de Italia. Facían moitos xogos,

pero a ela pareceulle moi orixinal e interesante

este, que semella unha variante do tradicional

escondite.

Primeiro hai que sortear para saber quen ten

que buscar. Ao acabar, este escolle a un compañeiro

(normalmente o máis débil), para que tire a lata.

Despois, a persoa elixida no sorteo, chamada

buscador, debe ir por ela e nese tempo os demais

escóndense. Entón chega o momento no que o

buscador ten que tentar atopar aos xogadores: se ve

alguén, corre cara a lata e grita o seu nome.

Para salvarse, as persoas escondidas teñen que

chegar á lata sen que o buscador as vexa, ou en

caso de que xa as encontrara, chegar á lata antes

que o buscador e tirala, para que vaia de novo por

ela.

Por último, se o buscador pillara a todos,

excepto a un e este conseguira salvarse, o xogo

volvería iniciarse coa mesma persoa como buscador.

Este xogo é moi parecido ao presentado por

Daniel Álvarez, recollido na bisbarra do Barbanza,

o que demostra que con lixeiras variacións, a

maneira de brincar non entende de linguas, de

razas e moitos menos de países.

Todos estes xogos se presentaron de xeito oral no IV Maratón de

tradición oral , organizado pola biblioteca pública Ánxel Casal. As nenas e nenos

citados, presentáronos, ademais, de forma escrita como se foron expoñendo.

Pero houbo quen recolleu xogos e ensinounos tan so oralmente. Tal é o

caso das nenas e nenos que deseguido se relacionan. En calquera caso, na

bibliografía que se expón na páxina seguinte, pódense consultar as súas normas.

- Javier Fontela Camba: " O fútbol sen balón".

- Xoel Rodríguez: "As catro esquinas".

- Laura Freire: "Os iaquis" (xogo procedente de Cuba),

- Pablo García: "A roda xiratoria".

- Brais Rodríguez: "As canicas".

- Martín Serantes: "O xogo da ra"

- Antón Cerdeira: "O aro"

- Mario Moreira: "A goma".

Grazas a esta participación, cada

clase de 6º foi agasallada cun diploma

por parte da dirección da biblioteca

Ánxel Casal, así como cun lote de libros

para cadansúa titoría.

Bibliografía:

- Lourenzo, Xaquín: Enredos. Ed. A Nosa Terra.

- López García, Xosé Manuel: Os xoguetes esquecidos. Ed. A Nosa

Terra.

- Cortizas, Antón: ChirlosMirlos. enciclopedia dos xogos populares.

Ed. Xerais.

- López Picallo, Jaime (coord.). Xoguetes e sons da natureza.

Santiago, Xunta de Galicia, 2000

Webgrafía:

http://xotramu.blogspot.com.es/

http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/

https://www.dicoruna.es/interea/intereavisual2/visual02_depo

rte_art3.php?seccion=

Vídeos:

https://youtu.be/L2BHt6OsVy4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!