You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
O bocoi de pedra maciza de Santa Clara.

• Esta historia está relacionada coa construción da

fachada falsa de Santa Clara, polo arquitecto barroco

Simón Rodríguez.

• Cóntase que nunha taberna lle dixeron que aquela

parede de pedra tan delgada e con tantos adornos, ía

derrubarse. “Vai ser causa de desgraza”, insistían.

• El apostou unhas cuncas de viño:

“A fachada non vai caer, que aínda pode soster un bocoi

de viño de pedra maciza”, dixo convencido. E acordou

colocar o cilindro.

• A fachada, sen dúbida a máis ousada e moderna do

barroco compostelán, está aí desde o 1719, coroada co

seu cilindro de pedra ou bocoi de viño, feito dunha

robusta rocha de granito maciza.

(Realizado por: Mariña, BRAIS e Mario).

http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=18&id=2030

Convento de Santa Clara, 1719 – S.XVIII
Minerva

• Era a deusa da sabedoría e a

protectora de Roma, filla de

Xúpiter. Na mitoloxía recoñecíase

como Atenea. Represéntase cun

casco na cabeza, unha pica nunha

man, un escudo na outra e unha

éxida sobre o peito.

Na Facultade de Historia aparece

entregándolle a coroa de laurel aos

estudantes, coa que lles transmite a

súa sabedoría.

• María, Xoel, Marta e Sara.

Facultade de historia, S. XVIII
PARIS E LUCRECIA

• Lucrecia é un personaxe pertencente á

historia da Antigua Roma,

contemporánea ao último rei romano

(534-510 a.C). Filla do romano Espurio

Lucrecio Tricipitino, casou con Colatino.

Sufriu humillacións e trala súa morte

instaurouse a república en Roma.

• Paris foi un príncipe troiano, tamén

coñecido como “o da fermosa figura”.

Fillo do rei Príamo e da súa esposa

Hécuba namorou a Helena, o que foi a

orixe da guerra de Troia.

Casa pazo dos Fonseca, S. XVI.

Medallóns de Paris e Lucrecia
4 Atlas

• Atlas foi o fillo da ninfa Climene e de Japeto, así como

irmán de Epimeteo, Menecio e Prometeo, aínda que

outras versións aseguran que foi fillo de Gea e Urano.

• Atlas reinou en Arcadia. Durante a súa xuventude,

casou con Hesperis, con quen tivo seis fillas.

• A lenda di que Perseo visitou o reino de Atlas despois

de matar a Medusa a Gorgona. Unha vez alí se

presentou como fillo de Zeus pedindo hospitalidade e

querendo facer parada no seu regreso a casa.

• Nese momento, Atlas lembrou que había unha profecía

que revelaba que un dos fillos de Zeus roubaríalle as

súas riquezas.

• Atlas negoulle a hospitalidade e, ante tal negativa,

Perseo sacou a cabeza de Medusa e púxoa fronte aos

ollos do titán Atlas, converténdoa de maneira automática

nunha pedra de enormes dimensións.

(Rafa, Xacobo e Aitana).

PAZO DE BENDAÑA, S.XVIII
5 Esfinxes e medusas

• A medusa é un ser mitolóxico do

inframundo que convertía en

pedra a quen lle miraba

fixamente aos ollos . O seu cabelo

era moi difícil de peitear , porque

alí tiña serpes.

• A esfinxe é un ser mitolóxico do

antigo Exipto. É un monstro

fabuloso coa cabeza, o pescozo e

o peito de muller e o corpo e os

pés de león. Pero neste caso, ten

cabeza de muller?

• (Brais, Sabela, Hugo e Martín).

Casa do escultor López Pedre, 1917 (S.XX)

Rúa do Pombal, nº 32.
6 CUPIDO

• Cupido, na mitoloxía romana, é o equivalente

de Eros na mitoloxía grega que foi o deus

primordial da atracción sexual, o amor e o

sexo,venerado tamén como o deus da

fertilidade. Nalgúns mitos foi o fillo de

Afrodita e Ares.

• É o deus do desexo amoroso. Segundo a

versión mais difundida, é o fillo de Venus, a

deusa do amor, da beleza e da fertilidade; e

de Marte,o deus da guerra.

• Represéntase xeralmente como un neno

alado,con ollos vendados (para reflexar a

cegueira do amor) e armado de arco, frechas

e alxaba. Con elas podía causar amor

instantáneo a quen alcanzara, pero tamén

tiña frechas que provocaban rexeitamento.

• Así se divertía cos sentimientos, xerando

máis dun problema.

Hostal dos Reis Católicos, S. XVI

(Natalia Barreiro Mosquera, Daniel Álvarez Sueiro, Susana Guillín Casal)

https://es.wikipedia.org/wiki/Cupido
6 Prometeo

• Prometeo era fillo de Xapeto e da

oceánide Clímene. Zeus

castigouno por roubarlle o lume

aos deuses no monte Olimpo

para entregárllelo aos mortais.

• A condea foi subir a unha rocha

do Cáucaso e que unha aguia lle

comera o fígado. Pero, pola noite,

o fígado rexenerábase para que a

condea nunca acabase.

• Un día, Hércules escoitou os

berros de Prometeo; achegouse e

matou a aguia, salvándoo da súa

condea.

Antón, Martina, Olimpia e Diego.

Hostal dos Reis

Católicos, S. XVI
6 AS SEREAS

• As sereas son seres mitolóxicos

coñecidos polo seu canto, que

atraía aos mariñeiros e facía

afondar os seus barcos. Son máis

lonxevas que os humanos xa que

poden vivir ata 150 anos.

Aliméntanse de peixes, algas e

placton.

• Estas criaturas eran colocadas nos

edificios porque tiñan un valor

tanto decorativo coma protector,

facendo que ninguén entrase por

medo á morte.

(Álvaro A., Daniel M., Valeria G. e Valeria N.,

alumnado de 6ºA).

http://www.ekiria.org/content/mitologia-gallega

Hostal dos Reis Católicos, S. XVI

https://es.wikipedia.org/wiki/Gorgona
7 Árbore da ciencia

• A árbore está feita en ferro

e nas diversas ramas están

escritas en latín a física, a

química, a bioloxía, a

teoloxía...

• Seguindo a tradición, os

estudantes indecisos

púñanse de costas e

votaban a man cara atrás.

Na póla que caera a man,

era a carreira que ían

estudar.

(Natalia, Carla e Samuel)

Pazo de Fonseca, S. XVI.
8 Hipocampos

• Un hipocampo é un híbrido con

características de peixe e de cabalo.

• Fisicamente ten a cabeza, e o torso e

as patas superiores de cabalo, aínda

que os cascos son substituídos por

aletas. A parte inferior é a dun gran

peixe, cunha cola que pode alcanzar

ata os 4 metros de longo.

• Soen ser domesticados polos

humanoides que habitan no mar

como as sereas, elfos de mar e

tritóns.

• Os hipocampos son tamén os

salvavidas do mar, pois rescatan a

calquera persoa que caia á auga.

(Uxía, Juan)

http://caminandoentrelorealyloficticio.blogspot.com.es/2014/01/seresmitologicos-acuaticos-2-hipocampo.html

Fonte dos cabalos.

Praza de Praterías, 1826. S.XIX
8 Leo, Saxitario e Pisces

Fachada de Praterías da Catedral, S. XII

Pisces, Leo e Saxitario son personaxes da mitoloxía grega. Os signos do zodíaco da fachada de praterías, ao

igual que as gorgonas, protexen a Catedral para que non sufra ningún dano: Saxitario, coas súas frechas;

Pisces, co seu canto; e Leo, coa súa forza.

Saxitario represéntase cun centauro. Pisces represéntase cunha serea que sobre o peito leva dous peixes.

Leo represéntase cun león.

Xiana, Alicia e David.
9 Gárgolas e gorgonas

• Gárgolas:

Son seres mitolóxicos de pedra orixinarios

da Idade Media intencionadamente

grotescos. Relaciónanse co estrondo dos

bestiarios e os tormentos do inferno. As súas

funcións na antigüidade, eran principalmente

tres: servir como canal de desaugue dos

tellados; decorar a parte alta das fachadas

con figuras que sobresaen e protexer os

templos, do demo, de espíritus malignos, do

pecado, etc.

• Gorgonas:

Na mitoloxía grega, son tanto monstruos

femininos (que se chamaban Esteno,Euríale e

Medusa), como deusas protectoras que se

situaban en portas, muros, escudos, etc., coa

esperanza de que afastasen os males e os

perigos (é dicir, podían ser usadas a modo de

amuletos). En moitas das súas

representacións teñen dentes, pel de serpe,

ás e garras.

Clemente, Vera, Gabriela e Lucía (6ºA)

San Martíño Pinario/ Hostal dos Reis Católicos

Ano 899 no século IX/ séculos XV-XVI