30.06.2017 Views

LIBRO FINAL

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Berros de

Cinza e Néboa

Aarón, Alejandro, Anabel, Andrea,

Ángel, Carolina, César, David, Desiré,

Eduardo, Gael, Irene, Iria, Jasmine,

Javier, Laura, Luis Miguel, Pedro, Rubén,

Samuel, Sergio

“Todas as cousas son imposibles,

mentres o parecen”.

Concepción Arenal

PREFACIO

Un prexuízo bastante espallado na nosa

sociedade é a falta de interese que pode

ter a cultura galega para unha persoa que

non nacera en Galiza. Porén a realidade é

ben diferente, pois moitas desas voces

nunca "estranxeiras" conseguen derrubar

muros que fan que a nosa cultura se

espalle e medre. Un exemplo claro é

Marilar Aleixandre. Bióloga, profesora e

escritora nada en Madrid en 1947, dende a

súa chegada a Galiza en 1973 adoptou o

galego como lingua literaria de seu, sendo

ademais premiada en numerosas ocasións.

Con motivo da súa visita para inaugurar a

nosa aula decidimos facer algo diferente.

Buscamos crear algo de calidade e que fose

significativo. Algo que fose persoal para

agradecerlle a súa visita e para que

coñecese un chisco aos que ocupan a aula

que vai levar o seu nome. Así fixemos este

libro de poemas, no cal decidimos

centrarnos en dúas liñas principais: o

intimismo e a denuncia social, que resumen

moi ben os nosos intereses. Principalmente

porque a expresión de sentimentos

parécenos algo importante e cuxa

influencia é enorme. Na nosa vida diaria

os problemas sociais están moi presentes a

través de diferentes canles, e cremos que

é necesario denunciar eses problemas a

través da literatura, porque a finalidade

última desta é influír nas persoas. Esta

denuncia antóllasenos totalmente

imprescindible vista a situación actual.

Tamén recoñecemos a importancia da loita

feminista, da que Marilar participa.

Nestas dúas temáticas quixemos unir as

dúas visións máis espalladas da poesía,

unha como expresión de sentimentos e outra

como arma social. Esta unión xa vén

expresada no título, BERROS DE CINZA E

NÉBOA, no que os berros representan as

loitas e as cinzas e a néboa os

sentimentos, na súa maioría escuros.

BERRO 1

Chegou o momento,

acudamos á Zarzuela,

acabemos co goberno franquista

vaiamos á Moncloa, rematemos

coas larvas deixadas polos bechos.

Xa é hora de alzarse,

xa é hora de acabar co asasino,

de persoas e animais,

e os seus cómplices, asasinos tamén,

pero da xustiza e a confianza,

da educación e a sanidade,

do traballo e a dignidade.

Acabemos con eles dunha vez,

con este sistema de merda que

só nos quere coma máquinas,

coma números, calados coma petos,

xa non se pode falar prohibíronnolo,

só obedecer está permitido.

Non pensan en nós coma persoas,

só nos queren pra gañar diñeiro,

alguén dixo unha vez, se non te defendes

ti

ninguén o fará por ti.

É hora de desfacerse desas larvas que xa

son mosquitos,

que xa pasaron de vermes, e agora non fan

outra cousa que chucharnos o sangue.

Non importa o que fagas,

sempre están aí, listos pra te matar.

Pero non lles has deixar,

ti sabes algo que eles non,

o poder é do pobo,

sabemos pensar, non somos coma eles cren,

sabemos loitar.

Xa é hora de botalos fóra,

imos alá co puño alto,

non nos poden calar,

cada vez somos máis,

teñen á xustiza da súa parte pero esquecen

a nosa forza, non estamos con eles.

Somos máis e podemos con eles.

Camiñas pola rúa e non atopas máis que

xente

chuchada, resignada, que camiña coa cabeza

baixa,

ten a boca ben pechada, da mesma forma

cos ouvidos e os ollos.

Ás veces ves pasar alguén que non é coma

os demais,

alguén que ergue a cabeza, que se rebela,

ten espírito de loita.

De cando en vez, pasa un burguesiño,

cos seus aires de superioridade,

pero ti sabes,

que só é fachada, é un ninguén.

España vai fodida, de cu e costa arriba.

A historia escríbena os vencedores,

por desgraza perdemos e gañou o fascismo,

escribiron a súa historia, véndennos unha

transición que non houbo,

seguimos a ter un sistema ditatorial,

nada cambiou se a o dono dun

santuario franquista lle damos unha rúa, e

a unha estudante lle arruinamos a vida,

se os ladróns seguen no poder, nunca

saíron,

rouba que te rouba.

É un non parar.

Por iso loita, rebélate, ven connosco

imos derrocar ó sistema ditatorial,

que non te enganen, aquí non somos todos

iguais,

temos que loitar.

BERRO 2

Obreiros traballando de sol a sol

Ministros observándoos dende un balcón

As familias duns sen ter pra comer

E os outros sen ter idea de que escoller.

Traballando todo o día por unha mísera

comida.

Eles sen traballar e mil viaxes fan sen

máis.

Teñen diñeiro pra regalar pero prefiren

gardalo pra se limpar.

Nenos sen sanidade nin educación

Outros, comprando sen control.

Uns vivindo en chabolas sen tellas no

teito

Outros con placas solares pra o seu

quecemento.

Miña nai díxome un día:

mellor pobre con dignidade

que rico sen alegría.

BERRO 3

Ese fastío que che produce

o saber que camiñas sen rumbo,

o ter que tomar a pastilla da ledicia cada

día,

porque non te deixan respirar,

eses vermes que te afogan,

que te chuchan esperando que non quede

máis,

esperando que sexas coma os demais,

esperando que te convertas en ovella,

eses vermes azulados que buscan ter o

control,

sobre ti e o mundo en xeral,

non pararán ata que saiban

que non poderán chuchar máis.

Perséguente cada día,

amólante todo o día,

son coma pantasmas que están aí

pero só ti os podes ver

e tes que disimular,

pois está prohibido falar

diferente.

Chegas a casa, canso

estás farto, non podes máis,

pero sabes que non podes

tes alguén a quen coidar.

Todos esperan que sexas coma eles,

ignorantes, que abandonaron a rebeldía,

que deixaron de pensar,

que se deixan controlar,

pero ti non o fas non queres ser unha

ovella máis,

o rabaño xa é moi grande.

Non paras de dubidar,

douche un consello,

nin un paso atrás,

segue loitando, é a túa loita,

se non a gañas ti,

ninguén mirará por ti.

Ves o mundo e ves somentes

inxustiza e ambición,

o diñeiro manda, está por riba,

move o mundo, xa o dicía Marx.

Sabes que non podes calar,

se calas non haberá final,

pero tes a tentación

de abandonar para non ter tanta

preocupación,

pero entón ves aquel rapaz,

nai parada pai sen traballo,

e dáste conta de que non poderá

vivir mellor,

non terá a oportunidade,

roubáronlla xunto coa súa inocencia.

Loita, ninguén o fará por ti.

Non creas o que din

na caixa tonta,

ten o teu propio pensamento,

sé diferente, gáñalles

coa palabra, coa información.

Non te poderán silenciar,

comparte a túa mensaxe,

denantes ou despois alguén che fará caso,

formarás o teu propio rabaño,

só que xa non será un rabaño,

non os controla ninguén son

libres de pensamento, a única

liberdade permitida.

Pouco a pouco seredes máis

irédesvos dando conta

da grande manipulación,

denunciaredes aos grandes vermes azuis,

vermellos, laranxas, aos donos da pasta,

demostraredes que o poder está no pobo,

que non poden controlarnos,

non somos robots nin ovellas,

somos persoas, diferentes,

que só queren un mundo xusto, no que

non te maten por ser muller,

onde non te desprecen por non nacer aí

onde sexas libre de opinar e que non te

poidan por iso condenar,

onde non te castiguen por desobedecer

unhas normas arcaicas,

dignas dos romanos,

onde a igrexa non teña o poder,

onde haxa equidade

onde ninguén sexa mellor que ninguén.

Onde non sexa motivo de burla

ter a pel escura,

crer en Alá ou non crer en nada,

onde o primeiro sexan as persoas e non o

diñeiro.

Ese anaco de papel volátil que

aparva a case calquera,

que non deixa discorrer máis que en ter

máis

e máis, o resto dá igual.

Que máis dá matar ao planeta

se vamos gañar pasta?

Que máis dá a xente

se teño tres mil millóns en Suíza,

dous mil en Panamá e outro tanto nas

Seychelles?

Loita, ninguén o fará por ti,

están máis ocupados vendendo

a túa liberdade, a túa vida e a ti mesmo,

mentres contan todos os seus

billetes de cincocentos.

Loita, ninguén o fará por ti.

BERRO 4

O galego debe fluír pola xente

coma o río pola súa canle.

Moitos prexuízos frean

o seu avance.

Debido á milleira

de xente ignorante.

Que se o galego é rural

Que non serve pra nada máis

Diredes que non serve pra ciencia

Pero agora dígovos eu:

ala vós coa vosa conciencia.

Cando o vexades desaparecer

non choredes máis por el

non fixestes nada por evitalo

provocando así

a perda dunha nación.

Agora o río fóra da súa canle sen poder

volver a el.

Dano irreversible.

BERRO 5

Tanto no deporte como na vida

respecta a toda a xente

tanto amigos

como inimigos

tanto rivais

como compañeiros

porque todos somos iguais.

Se che digo que vivo feliz míntoche,

fai tempo que non atopo o amor, á vida,

síntoo, sei que dentro teño algo que soa,

algo que vive,

sei que teño un don e é, que son boa

persoa.

Non hai demora, cando tratas de seguir un

soño,

ninguén díxome que era tan difícil de

pequeno,

non perdoas cando está o teu reflexo é

estraño,

unha persoa non sabe o que perdeu ata

que o estraña

Díxenlle que si á vida e saquei o medo de

min

saín á rúa sorrindo polo que aprendín,

que a vida desfrútase cos teus,

e só o teu será o teu recordo así que

aprende a vivir.

Todo ten un comezo e todo ten un final

o importante é o percorrido

guía os teus pasos

segue o teu camiño e desfruta

A culpa non é de ninguén só será túa

o importante é conseguir a meta e que non

fuxa

o mundo non é un cúmulo de cor

é un lugar terrible onde aguantar a dor.

Nin ti nin eu nin ninguén pode golpear

máis forte ca vida

os malos tragos son os que nunca se

olvidan

Mírate ao espello, recordas quen es?

un rapaz galego que o seu idioma falar non

quere?

Non loites por ti, loita por nós

síntete orgulloso de que Galicia sexa o

teu pobo.

Quen queira, que veña, é libre a nosa

terra,

pero sempre con respecto, non

queremos guerras.

E que non ves que se está perdendo,

o idioma co que todos nacemos?

Érguete, sal fóra,

que ninguén pode impedirche falar galego

agora.

Mentres os demais calan, eu falo

e non paro

pero non me chamen revolucionario

soamente son un máis do proletariado.

Xa me despido

aínda queda traballo fóra

está nas vosas mans

que non me free agora.

Por última vez neste poema

falo da miña terra

terra de heroes, non só de labregos

salvemos xuntos o galego

o idioma do ceo dos poetas e rapeiros.

CINZA 1

Eu buscando a Lúa e ti o Sol, pensando no

meu todo, pensando na nosa canción. Amarte

é pouco, quererte é pequeno, desexarte e

pensar en ti, ata nos sonos dos meus

adentros. O meu pasaxe é o mar, o teu é o

aire... Estar lonxe de ti é insoportable.

Síntome serea e síntote aguia, moi lonxe

de ti síntome encarcerada. A auga agarima

a miña pel e o vento recórdame as túas ás,

aquelas que quixeches cando aínda non me

amabas. As veces pénsote, outras síntote.

As nubes ocultan a túa plumaxe e a escuma

oculta todo á miña imaxe. Espero que nunca

me esquezas e que recordes o moito que eu

te quixen e o seguirei facendo esteas onde

esteas, porque me deixaches o teu nome

escrito na miña pel e por moitos peixes

que existan no amplo mar, ningún deles te

vai substituír, xa que, o que me fixeches

sentir e un mundo novo pra min. Voaches

lonxe e non lembras o camiño, xa non podes

volver, pero alí onde ti esteas coidarante

moi ben, xa que eu non o podo facer.

Estarei vendo os teus recordos o resto da

miña vida ata que me saian ás e voar ata a

outra beira, onde ti estás.

CINZA 2

Sen saber camiñar comencei a correr(me)

contigo

esperando sempre que a túa voz guiase o

meu camiño.

Teño unha lista incontrolable de

ansiedades,

ganas de morrer,

culpabilidades insoportables,

autodestrucións,

medos irracionais,

falta de autodefensa,

pensamentos innormais,

carencia de vida en xeral;

e, aínda así

ti decidiches darme todo aquilo que me

falta

completando todas as miñas metades.

Ti cheas, completas, amas,

bombeas o meu corazón,

provocas ascenso de sentimentos,

invitas a este pequeno gran desastre a

formar parte dun desastre máis bonito,

a formar parte de algo grande que levamos

a cabo entre mans día a día,

converténdote na única parte bonita de

min.

CINZA 3

Chegou a primavera

chea de flores e verdes arboredas

suspirando están os paxariños no alto

da alameda,

contentos eles e contentas elas.

Agardando estamos todas ledas,

vellas grandes e pequenas,

para tumbadas no campo ver as

estrelas,

contentos eles e contentas elas.

Os rapaces e rapazas, ledas,

xa estudar non queremos,

o inverno axiña esquecemos,

contentos eles e contentas elas.

Xogar nos camiños e na herba,

ver o arco da vella,

escondernos das chuvieiras,

contentos eles e contentas elas.

O amor está no aire,

nas árbores froiteiras

namoran os rapaces,

contentos eles e contentas elas.

As flores cobren o chan,

todos desfrutamos delas,

mentres dura a primavera,

contentos eles e contentas elas.

CINZA 4

As rosas non parecen tan bonitas nin as

súas espiñas tan punzantes.

O café non esperta tanto porque o que

agora o fai é aquel marco.

Os antidepresivos e os ansiolíticos deixan

de facer efecto cando o puñal crávalo ti

mesmo.

As palabras crávanse unha a unha;

o bonito é bailar cando a bala aínda está

dentro.

Abrazar as feridas agora é máis unha

necesidade,

como a de respirar caricias que xa nunca

volverán.

Unha depresión e a súa cura un día

sepáranse,

quen se queda agora coa pequena Ansiedade?

CINZA 5

o camiño comeza

pero nunca remata

o xigante é pobreza

o xigante é falacia

pequena é riqueza pequena é ganancia

As veces encontrarse é perderse

un camiño que nunca comeza

un camiño que sempre remata

un camiño rápido

é un camiño para tramposos

As veces levántome con ganas de comenzar

de novo, porque pensas que o camiño que

escolliches non é o axeitado. O único que

recibes é a obviedade de que sabes que non

podes pedir axuda para pasar unha proba

que te pon entre esa parede fría pero

tamén quente que te recolle como se foras

un bebé recen nacido, ambiguamente

atópaste fronte unha espada afiada que o

único que quere é provocar ese sentimento

chamado inseguridade a seguir.

As veces o único que queres é parar e tes

a esperanza de que cando esteas nun apuro

te boten unha corda que te axude a

escalar, pero a corda que tanto esperas

está cortada.

O camiño é fácil de terminar pero o final

sempre ten un principio e un percorrido

que tes que tratar de superar cunha única

cousa que te mata no camiño: A CONSTANCIA.

CINZA 6

Tentei pechar aquel enorme caixón de

recordos que se encontra no meu corazón

pero a chave fai unha semana que a arroxei

ao río que formaron as miñas 18 bágoas.

As olleiras apoderáronse dos meus ollos e

as túas caricias quedáronse a vivir en

cada unha das miñas terminacións

nerviosas.

A metástase percorre cada vez máis rápido

a miña cabeza onde contigo reinaba a

utopía,

e como nunha mala película americana

encóntrome provocando á dacrifilia,

vendéndome por un par das túas caricias

que enchan o baleiro que deixaches.

CINZA 7

Un día levántaste da cama despois de dous

disparos

e dáste conta de que sen esperalo,

os ansiolíticos fixeron efecto

e que quizais no che importe tanto.

Levántaste e almorzas un par de recaídas

pero dáche igual, porque no fondo xa o

viviras antes

e pode que non sexa tan mala idea tirar

por fin aquela vella carpeta de recordos.

Non sabes que esperar xa da vida despois

do loitado,

se as flores daquela maceta seguirán

crecendo,

se seguirás cantando cando soe aquela

canción

ou se os anacos se seguirán recompoñendo.

Pode que nada diso siga ocorrendo

ou pode que quizais

non soe todo coma un poema tan cutre.

CINZA 8

Unha nena xogando con bonecas

ignorando que iso a enferma.

Agora é adolescente,

está no instituto amosando ser corrente.

A súa nai sempre preocupada

pola filla que xa non come nada.

Unha noite de inverno

dita muller sofre un inferno

Violada por un home

que a obriga a entrar no seu coche.

Morre no hospital desangrada

traendo á vida unha rapaza desamparada.

CINZA 9

Volvíanme tola as túas costas e os teus

ollos sempre sorrintes. Volvíame tola a

túa maneira de mirarme coma se non houbese

ninguén máis no mundo, volvíame tola a túa

maneira de facerme sentir especial.

Día 42: estoume volvendo tola.

Cada día a cordura abandóname un pouco

máis, e xusto cando estou a punto de

pulsar o botón de chamar acábome

arrepentindo.

Odiabas a miña manía de quererte. Odiabas

os meus mensaxes e non me odiabas a min,

pero case.

Saíches só a pasear de noite e atacoute

Eros, volviches correndo a casa,

pero eu xa me marchara.

CINZA 10

Acaso a razón

é un obstáculo

para a imaxinación,

será o corazón

unha simple ilusión,

só o cerebro

é capaz de razoar,

para lograr avanzar,

nun mundo

de emocións,

como unha canción

que sen ton nin son,

consegue crear

a máis pura

diversión.

Cal é a ilusión

de todo soñador

cal e a razón

da súa imaxinación

tal vez,

pode ser,

a súa afección

pola diversión.

CINZA 11

Tentei pechar aquel caixón de recordos que

se encontra no meu corazón,

pero a chave facía unha semana que a tirei

ao río que formaron as miñas 18 bágoas.

As olleiras apoderáronse dos meus ollos e

as túas caricias quedáronse a vivir en

cada unha das miñas terminacións

nerviosas.

A metástase percorre cada vez máis rápido

a miña cabeza onde contigo reinaba a

utopía,

e como nunha mala película americana

encóntrome provocando á dacrifilia,

vendéndome por un par das túas caricias

que enchan o vacío que deixaches.

CINZA 12

Neste último tempo, o verme deu todo de

si,

Todo o que el precisaba fíxoo por min,

Aquela verde folla na cal todo me viña

grande,

Si, ese verme que todo o mundo quixera

ter.

Un día, como outro calquera, as cousas

cambiaron.

Todo o que antes eran risas agora xa só

eran choros e présas,

O tempo pasaba sen cesar,

xa non sabía nin que poder pensar,

aquela mañá na que as súas ás saíron á luz

do sol.

Si, volveuse bolboreta deixándome atrás

Como outro calquera,

Pero cunha diferenza, algún día eu serei

coma ela.

CINZA 13

Agora está moi de moda

Iso das redes sociais

Non son cousa moi boa

Xa que nos ofrecen moito

Pero tamén nos incomodan

Porque hai persoas que sofren

O que outros chaman broma

Sen estes decatarse

De que unha cousa boba

Coa que eles se divirten

Que fai que unha persoa

Que todo isto sofre

Se sinta moi triste,

Se sinta moi soa

Toda esta xente que sofre

Ás veces chega a unha zona

Na que xa non saben que facer,

Eles que moitas veces choran,

Poden evadirse desa situación

Se a outras persoas lla contan

Para que lles poidan axudar

Con este problema poden esgotar.

E aos agresores,

que tanto dano fixeron,

vanos castigar,

ata que aprendan

que iso puido danar

a todas esas persoas

ás que decidiron molestar.

CINZA 14

Xamais conseguirás borrar os meus suspiros

da túa memoria

nin esquecer as pegadas das miñas mans

rabuñando as sabas da túa cama.

Porque no fondo dos teus ollos grises

as miñas miradas seguen marcadas na túa

retina

e todas aquelas olleiras de min

e de tódalas noites en vea espertándonos a

caricias

quedáronse a vivir nas cuncas dos teus

ollos.

CINZA 15

O día que descubrín que as gotas de choiva

de detrás do cristal

eran en realidade gotas de calor acumulado

a suspiros de dentro da habitación

descubrín que ao verte

os meus ollos chorreaban berros de paixón

acugulada

e que as bolboretas do meu estómago eran

en realidade os teus dedos

percorrendo a miña barriga.

CINZA 16

Convencinme a min mesmo crendo que non te

necesitaba.

Enganeime, crendo que os demais eran ti.

Pedinlles que fixeran de ti,

mentinme,

morrín,

renacín.

Coas copas comecei a verte naquel bar,

coa vista borrosa quixen chorar

e entón entendín que te perdera

aínda que sempre estarías comigo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!