dossier_minimal
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
Matriarcado.

O canto como berro.

Zoelas.

Música tradicional fusionada con outros estilos.

Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en

arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos.

Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra

que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.
A muller e o rural galego. A convivencia xorda de dous

mundos condenados a habitar no esquecemento.

Cando buscas na rede imaxes da “muller galega no

rural”, axiña asoman estampas de fazulas enxugadas,

de cabelos silenciados por panos escuros e de apeiros

de traballo que moi axiña se poñen a labrar.

Nós, que coñecemos o rural dende dentro e non a

través da rede, sentimos orgullo desas mulleres que

labraron (e aínda labran) os regos dun mundo cheo de

contradicións. Mais tamén pensamos que esta imaxe

non ten un nivel moi fidedigno de representatividade.

No rural hai ruído, xuventude, rabia. No rural as

mulleres somos emprendedoras, innovadoras, creativas

e soñadoras. Berramos nos silencios cómodos.

Escribimos letras para esquecer ordes. Facemos

música antes de ter instrumentos. No rural as mulleres

estamos vivas. Cos cabelos revoltos. Co carro diante

dos bois.

Todo isto con Juisconsin soando de fondo.

Nesta estampa nace Zoelas.

Sempre no intento de mergullarse nun rural vivo.

De non esquecer de onde vimos.

De amarralo sen fraquear.

De conservar pero no cambio, non na permanencia.

De sentirnos vivas e non esmorecidas.
https://www.facebook.com/grupozoelas/

htpps://zoelas.bandcamp.com/

https://youtu.be/Y7cwfCkkCUo

Teléfono: 655 345 111

Mail: grupozoelas@gmail.com