03.01.2019 Views

libreto cd_zoelas

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O ceo está revolto

non se pode voar.

A partida que comeza

xa non a quero xogar.

A sorte está botada

non hai volta atrás.

As armas van cargadas

pero no vou disparar

Quero escoitar outro cantar (4bis)

Soños que son delirios

non me deixan pensar.

Queres que siga durmindo

pero acabo de espertar.

Os temores que antes tiña

xa quedaron atrás.

Cando a guerra comece

xa teño firmada a paz.

Quero escoitar outro cantar (3bis)

Quero escoitar un novo cantar

quero escoitar

(herbas que permanecen espertas)

amor lésbico

(oda ó amor de seu)

Déixame ir,

vente pasando

e se non miras, quizais,

te irei ollando.

Déixame ir,

lado con lado

e se non volves, quizais,

te irei buscando.

Se non tas eu non tou,

se te vas eu non sou,

xa non sei que facer

tésme todo ao revés.

Sen ti esmorecer

máis contigo é arder,

déixame enlouquecer.

Es ti a sabia,

que sabe e rega,

e na miseria do escuro,

petas á porta e ti entras,

e tésme enteira.

Ti posme en pé

e me levantas.

A testa altiva e lixeira.

E coma un misto me prendes,

por fin atopo estas verbas.

Para dicirme a min mesma,

para expresarme esperta.

Non fica nada na popa

e vela ao vento se rema...

No rural estamos vivas,

cos cabelos revoltos.

Co carro diante dos bois,

intentando non esquecer de onde vimos;

amarrando,conservando pero no cambio,

non na permanencia.

No rural hai ruido, xuventude, rabia.

No rural as mulleres somos emprendedoras,

innovadoras, creativas e soñadoras.

Berramos nos silencios cómodos.

Escribimos letras para esquecer ordes.

Facemos música antes de ter instrumentos.

....amámonos vivas!

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!