Rosavel flor Flor natural y seca. Ramos y centros de regalo. Coronas, ramos y centros funerarios. Adornos florales para bodas, comuniones, restaurantes, eventos. Rúa da Igrexa, 4 - 27880 BURELA (Lugo). Tfno.: 982 580 199 / 982 580 213. E-mail: amarinalucense@terra.es Servicios Funerarios A Mariña Lucense � Tanatorio Virxe do Carme. � Traslados Nacionales e Internacionales. � Servicio 24h. en los Tfnos: 982 580 199 / 617 490 420.
IV Subida ao Monte Castelo DÍA DO SOCIO - XUÑO 2011 Domingo. Comezo de verán, e punto de infl exión entre o que defi nitivamente deixamos atrás e a nova etapa. Acabamos de pasar o día máis largo e luminoso, unha festividade ancestral que coroa o triunfo do sol sobre as forzas da oscuridade. Dende épocas inmemoriais, diferentes tradicións o consideran un día propicio para aproveitar a vibración que impera no ambiente e convencernos de que non hai nada imposible cando existe unha vontade. Por extensión, o día amence propicio para que o sol chegue ao punto máis alto do ceo e deterse no cénit, nunha luminosa suspensión temporal. O día perfecto para ollar toda a perfección natural que caracteriza as miñas posesións: piñeiros, prados, regatos, etc. e toda a fauna que en min habita. Entretido na escea que forma o culme dunha perfecta cadea de montaxe que se chama natureza, descubro unha morea de humanos ataviados con camisetas vermellas, verdes e azuis de dous tons, camiñando cara ao meu outeiro. Todos tiñan a pel dunha cor branca rosada, aínda que a algúns se lles poñían os brazos e a cara dun tono máis oscuro pola exposición ao sol. Como si dunha serpente multicor se tratase, en poucos minutos, un dos camiños que lles aporto para subir, íbase enchendo de bastóns, botas, e gorras. Iban sen présa, dando lugar a disfrutar das sorprendentes vistas que ofrece toda a miña ascensión. Os afeccionados á fotografía, dispoñían de todo o tempo necesario, e os máis, entablaban animadas conversas a todo o longo do grupo, todo aderezado cunha expresión de felicidade a pesar das gotas de suor que supuraban pola súa pel. Falaban do percorrido, de anécdotas, do bó hábito de andar, das zonas de sombra a buscar para tomar unha froita e repoñer forzas, do estado de forma que mostraban unhos, e outros non, e o que máis me chamaba a atención, amosaban unha ausencia completa de présa como excelente contrapunto á actividade diaria que lles coñezo. En resumo, contemplaba o que era unha xornada de natureza, confraternización e deporte que se chama senderismo. Chegados xa á zona que lles ofrezo como área recreativa, acercábase o momento de marcar o fi n dunha estupenda mañán coa previsión dun bó almorzo. Sempre despois de tomar o pertinente osíxeno, beber líquidos e, sempre importante, gozar da actitude positiva e entusiasta que lles notaba, co que deducín que era unha magnífi ca xornada de convivencia de periocidade anual cun impresionante nexo de unión: a gastronomía. Único momento que os humanos teñen para sentirse libres e o seu goce é universal, e que conta cun ingrediente ineludible, o diálogo entre as persoas. Deron conta duns pratos exquisitos para recuperar o azúcar queimado, sentados en interminables mesas como si foran franciscanos no seu refectorio. Como tiñan todo perfectamente organizado, estaban dacordo en que había que rematar a magnífi ca xornada cunha boa dosis de música e baile, xa que todos sabían como debe transcurrir unha festa: máxica e de gran poder, onde a néboa sexa capaz de caer lentamente e onde o son da música sexa capaz de chegar ao pobo que teño nos meus pes, e onde a miña fl ora e fauna se retorzan baixo os acordes acompasados que o meu amigo Cantabricus me envía sen que sexades capaces de notalo. Ao remate do día, pétreo, inmóvil, desafi ante, vixiante e descansado, quedo para preparar o longo e frío inverno antes de esperarvos de novo no solsticio de verán de 2012, e recordade que a risa é o sol que espanta o inverno do rostro humano. Pascual Domenech