01.10.2018 Views

escuela

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4 >> medio ambiente

miércoles, 2 de diciembre del 2015 | la voz de la escuela

Tempada

de gaivotas

Galicia é un dos mellores lugares de España para

a observación de diferentes especies

Chamamos biodiversidade a esa extraordinaria

diversidade de seres vivos que viste o noso

planeta como un traxe de música, cor, aromas,

movemento e tamén quietude. Podemos, así,

imaxinar as especies como os fíos que se mesturan

nese traxe. Fíos de plantas, fungos, animais,

liques, protistas, bacterias, arqueas...

As actuais estimacións falan de que poderían

existir entre 5 e 10 millóns de especies diferentes.

Ata o momento, a ciencia descubriu e describiu

1,9 millóns. Delas, 1 millón son insectos.

Por suposto, ese traxe (do que a nosa especie,

o ser humano, é un fío máis) non é uniforme. Por

unhas partes está feito de desertos, por outras de

selvas, ou de fondos mariños, campiñas, montañas,

marismas... En cada un deses ecosistemas

aparecen moitos fíos que faltan no resto. Especies

que só viven alí. Iso convérteos en lugares

únicos. E non só únicos a nivel planetario, senón

tamén xunto á nosa casa. É dicir, para o noso

pequeno mundo.

Por iso é tan importante coidar a natureza

da nosa contorna máis inmediata. A fin de que

o traxe non se encha de demasiados buracos,

quen vivimos ao longo e ancho del debemos

preocuparnos das nosas zonas máis próximas.

Igual que unha tortilla de patacas se come anaco

a anaco ata que se acaba, un humidal enteiro

desaparece a base de recortar as súas beiras,

reencher os seus fondos ou contaminar as súas

augas. Pois ben: o mesmo sucede con todas as

zonas húmidas da nosa comarca ou país, e con

todos os ecosistemas da Terra.

Pero para comprender de verdade a biodiversidade

hai que coñecela. E para iso é necesario

comprobar persoalmente en que consiste. Hai

moitos xeitos de facelo. O mellor é pasear por

calquera lugar silvestre no que abonden moitas

especies diferentes. Pero non basta con camiñar,

claro. Hai que prestar atención a esas especies, e

ás súas diferenzas, e a como se entrefían unhas

con outras, e nós, os humanos, con elas. É dicir,

que debes percorrer eses lugares con curiosidade.

Con espírito explorador. Con

ganas de aprender. E de

deixarte fascinar

por canto atopes.

Outro xeito

Como e onde observalas

Observar gaivotas é moi sinxelo. Basta con

achegarche a un porto, unha praia ou unha ría,

ou a algúns embalses e ríos, buscar por onde andan

e prestarlles atención. Uns prismáticos seranche

moi útiles para descubrir pequenas diferenzas

entre elas. Tes diante túa unha ou varias especies?

Hai varias idades na mesma bandada? Recorda:

canto máis novos sexan, máis plumas marróns terán.

Apunta estes detalles, para que non se che esquezan.

E se tes unha cámara, proba a fotografalas.

Para saber cales son os mellores lugares de Galicia

para observar gaivotas e outras aves, e que momento

do ano é mellor para facelo, virache moi ben

este libro:

■ «Cando ver aves en Galicia». Autores: Antonio

Sandoval Rei e Cosme Damián Romay Cousido.

Tundra Edicións, 2014.

A súa portada mostra dúas gaivotas de Sabine,

unha desas especies que viven mar dentro, e das

máis bonitas que existen. Galicia é o mellor lugar

de Europa para atopalas máis aló do horizonte mariño.

A fotografía é de Pablo Gutiérrez Varga.

é prestar especial atención a unha soa familia

de especies, con obxecto de descubrir as diferenzas

que existen, ás veces moi sutís, entre elas.

Como Galicia é o mellor lugar de España para

observar moitas gaivotas diferentes, e o inverno

é o mellor momento do ano para facelo, esta vez

imos fixarnos nelas.

As gaivotas ás veces non teñen moi boa sona.

Outras veces simbolizan o noso afán de liberdade.

En ocasións concéntranse por miles sobre

os vertedoiros, denunciando co seu estrépito

o mal que xestionamos os nosos residuos. Pero

tamén enchen o mar de brillantes siluetas que

parecen bailar entre as ondas máis altas e as

rachas de vento. Que sería das paisaxes da nosa

costa sen elas?

> Antonio Sandoval Rey

asandovalrey@gmail.com

Especies máis comúns

GAIVOTA PATIAMARELA - GAVIOTA

PATIAMARILLA

É a máis frecuente en todo o litoral e as cidades. Debe

o seu nome a esas patas amarelas tan vistosas. A súa

poboación urbana aumentou nas últimas décadas

grazas ao alimento que poñiamos á súa disposición

diariamente en forma de vertedoiros, bolsas do lixo

mal pechadas e descartes de pesca nas entradas

dos portos. Hoxe en día ata aniña cada primavera

en varias cidades do interior. A maior colonia está

nas illas Cíes.

GAIVOTÓN - GA

A maior das nosa

sombrías moi gr

mente negras. As

anos algunhas p

nosa costa. No in

exemplares oriú

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!