BOLETÍN 1º TRIMESTRE 2010/2020
BOLETÍN DE ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE DO COLEXIO MONTESOL
BOLETÍN DE ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE DO COLEXIO MONTESOL
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Educación vial
5ºEP
Os alumnos de 5º EP realizaron unha actividade
didáctica na contorna do colexio
coa colaboración da Policía Local. Nesta
actividade os rapaces observaron as conductas
dos peóns e os conductores sobre
como se debe circular pola rúa e beirarrúa.
A continuación realizaron diferentes enquisas
ós peóns sobre a educación vial.
Que aprendiches da actividade?
Paula Alonso: “Os peóns e os conductores
deben ter máis precaución pola rúa”.
Aitana Vázquez: “A presa non nos importa,
mellor que non nos atropelen e os conductores
poidan vernos mellor”.
Noa Míguez: “Debemos ter máis precaución
cando conducimos”
Antón Barreiro: “Non podemos circular cos
patinetes eléctricos. Temos que respectar
as normas de circulación para manternos
seguros”.
Marta Ferreiroa: “Non se pode circular co
patín nin con ningún outro vehículo pola
beirarrúa a máis de 6 km/h”.
6º EP
Este ano sí! Tivemos a sorte de que o tempo
foi moi bo e poidemos disfrutar dun día
fantástico na escola de educación vial que
o Concello ten no Castro.
Desenrolamos diferentes papeis que existen
na circulación diaria na cidade: peóns,
conductores, policías… Así é moi sinxelo
darse conta do que temos que facer para
circular dunha forma segura!
COMELIBROS
Este ano empezamos nas aulas de 5º EP
unha nova actividade de fomento da lectura:
O comelibros. Cada pantasma representa
un libro que devoramos como se representa
no mural que está na nosa clase.
Somos uns Comelibros!
BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 19