18.04.2020 Views

BOLETÍN SEGUNDO TRIMESTRE 19/20

Boletín de actividades do Colexio Montesol do segundo trimestre do curso 19-20

Boletín de actividades do Colexio Montesol do segundo trimestre do curso 19-20

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

SEGUNDO TRIMESTRE

CURSO 2019/2020

BOLETÍN INFORMATIVO DO

COLEXIO MONTESOL

Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@colexiomontesol.com

www.colexiomontesol.com


sumario

here, we speak English!

piscina

día da paz

entroido

educación infantil

educación primaria

educación secundaria

confinamento

4

10

12

16

26

32

46

52

2 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL

3



PRE-PRIMARY

These months we have worked hard to learn

new vocabulary such as body parts, family,

farm and sea animals and more numbers. We

have also started working on action verbs such

as: jump, stand up, close your eyes, lie down,

find something etc.

Mr. Potato came to our class to help us learning

the body parts. It was supper funny!

As usual, there has been time for crafts. This

term we have made some sharks with recycled

material and the Earth with our hand shapes.

Although we had to stay at home during March,

that didn´t stop us from continuing to work.

We have created some beautiful rainbows to

decorate our windows. It has been a difficult

term but we have done a great job!

1 ST – 2 ND PRIMARY

The First and Second grade classes have worked

intensely this term. We have learned many

topics such as body parts, emotions, winter clothes,

parts of the house, places of the school

and different sports. We have also played some

games like “Crazy ball”, “Quiver”, “puzzle pairs”

or “fly swatter”. We really enjoy playing with

our classmates while learning at the same

time! The 2 nd grade class has made some crafts

such as “our house” to improve our vocabulary

skills. We loved it! It has also been a difficult

term for us, but we have done a fantastic job!

here,

we speak

English!

4

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 5



3RD-4TH-5TH-6TH PRIMARY

During the second term we have done a lot of

exciting activities in the English class.

In third of primary, we have learnt ingredients

to make a pizza and we have discussed about

the different activities that we do at the weekend.

They made wonderful sandwiches as

projects.

In forth of primary, we have dealt with vocabulary

related to shops and talked about the

different chores we do at home. They made

projects about shops.

In fifth of primary, we were learning the different

jobs and places in town. They made

projects describing Vigo in the past and in the

present.

In sixth of primary, we have talked about coast

cities and the different vocabulary at the train

station. They made projects about the rules of

our school.

Finally, the author Rick Sampedro visited our

school and talked about his

book “The Big Fire”. The students of third of

primary had a wonderful time

with him.

6

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 7



SECONDARY EDUCATION

In the first year, we have been working on different

topics such as fashion and style, food and

cities. We have learnt to write informal letters

as well as articles and we have practised how

to make comparisons.

In the second year, we have been talking and

extending our vocabulary on films and TV programmes,

advertising, the weather and professional

careers. We have also learnt how to write

an informal email as well as an article stating

our personal opinion and counter-arguments.

On Tuesday 10th March, we took part in an

activity of reading awakening with Rick Sampedro,

the author of The Anti-bully Squad book,

which we read and worked on in the class.

On Wednesday 11th March, we could attend

an interactive theatre play which took place in

the premises of Afundación theatre. Congratulations

to Ainhoa Figueroa, Mikaela Rodríguez,

Lois Conde and Manuel Novoa, who did a great

job on stage making us all enjoy the play.

In the third year, we have been talking about

everyday life events such as money, health,love,

friends and success. As we dealt with family

and friends, we have learnt to write informal

letters and which are the characteristics of informal

language.

A different topic has been related to the protection

of the environment and the actions we

can endure to protect it.

In the third content block, we changed register

and we had a look at different job sectors as

well as a reflexion about our personal qualities

to obtain or apply for a job. Accordingly, we

have studied to write a formal letter.

On Friday 17th April, Vania Picoto will be participating

in the Schoolhouse Spelling Bee Contest.

Our best wishes for her as she is studying

really hard.

In the fourth year, the topics we were dealing

with were innovation and inventions and the

uses of Internet. According to these topics, we

have seen some scientific developments and

inventions that are important for the future

of our society. Taking into account formal language

related to science, we have also learnt

how to write a formal letter. In relation to the

second issue, pupils from the fourth year have

thought about the consequences of theft identity

as well as debating the uses of the Internet

they make.

Congratulations to Uxía Feijóo for her enrolment

in the Newlink short story contest in

which she has written a short story about the

best summer of her life. Many thanks for her

participation and good luck!

8

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 9



piscina

Todos os venres imos ás instalacións das

piscinas das Travesas co noso alumnado para

aprender e disfrutar nadando.

10 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 11



Día da Paz

EDUCACIÓN INFATIL

Para celebrar este día realizamos entre todos

os neno/as de infantil un gran mural coa silueta

das nosas mans, tamén fixemos unha bandeirola

que levamos para a nosa casa.

Para rematar a celebración do Día da Paz fixemos

palomitas de millo que despois tomamos

de merenda e cantamos todos xuntos no patio

a canción “Que bonito es querer”.

Tendo en conta que estamos traballando o

proxecto de cociñeiros en 6º de infantil elaboramos

na clase un mural chamado “Sopa de

paz”, utilizando como ingredientes palabras

que nos fixesen reflexionar sobre o que implica

a Paz.

12

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 13



Fixemos unha pomba coas nosas manciñas e

a axuda da profe Bea. Quedounos moi chula!

CELEBRACIÓN TODOS XUNTOS

Este ano a celebración do día da paz foi un pouquiño

máis especial ca de costume xa que todo

o alumnado da ESO participou, tocando e bailando

co resto dos seus compañeiros de infantil

e primaria, para lembrar conxuntamente ‘Qué

bonito es querer’. Soaron as frautas, os xilófonos

e metalófonos, a percusión, as palmas e os

chasquidos, e as nosas voces, unidas.

14 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 15



entroido

Cada día o Meco dicíanos como tiñamos que

vir ao cole (con pixama, con sombreiro,cunha

perruca, cun zapato de cada clase), tamén preparamos

distintas máscaras en clase e o gran

día da festa disfrazámonos todos de Capitán

Ámerica e bailamos no patio coa canción “Vuela”.

16

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 17



En 6º de educación infantil traballamos un

proxecto semanal sobre os principais entroidos

galegos: O volante de Chantada, O boteiro de

Viana do Bolo, A pantalla de Xinzo de Limia e

os Peliqueiros de Laza. Na clase fixemos unha

máscara de cigarrón e ese día tivemos a visita

do pai de Xiana, unha compañeira de curso que

se viste sempre de cigarrón no Entroido de Verín.

Ensinounos as pezas do traxe, as chocas e

a máscara.

A familia de Adriana de 4ºA e de André de 6ºB

tróuxonos orellas.

18

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 19



O alumnado do 1º ciclo traballou no proxecto

“PALEOLÍTICO”: buscaron información e aprenderon

moitas cousas sobre o xeito de vivir

nesta época da prehistoria. Os nen@s de 2º

intercambiaron información co alumnado de

1º, amosándolles os seus traballos. Como fin

do proxecto disfrazáronse de “CAVERNÍCOLAS”

participando e bailando na festa colexial de entroido.En

todo o proxecto foi moi importante a

colaboración e a implicación das familias.

20 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 21



CONCURSO DE ENTROIDO NO MONTESOL

Os profesores de secundaria organizamos un

concurso para elixir os mellores disfraces. Os

gañadores foron os seguintes:

1º premio individual: Alex Pereira (2ºA)

2º premio individual: Gabriel Alemany (1ºA)

1º premio grupal: Alicia en el país de las

maravillas de la clase de 2º A

2º premio grupal: La casa de papel de 3º

22

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 23



CARTEIS DO ENTROIDO

Os alumnos e alumnas de secundaria prepararon

carteis para presentar a actuación das súas

clases. Cada grupo deseñou o seu cartel inspirándose

nas series que escolleran para o seu

disfrace. Todos quedaron moi ben!

24 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 25



educación

infantil

SAÍDAS/ VISITAS FÓRA DO CENTRO

VISITA A APPROINPA.

En xaneiro todas as clases de infantil fomos visitar

as instalacións deste centro, onde aprendemos

o proceso da elaboración do pan, merendamos

algúns produtos de panadería e

levando despois para casa o pan que nós mesmos

fixemos.

Para continuar co proxecto da elaboración do

pan en 6º de educación infantil celebramos na

clase “O día do bocata”, elaboramos os nosos

propios bocatas e eleximos os ingredientes

para facelos.

SAÍDA AO TEATRO

Asistimos á representación da obra “O lobo e a

lúa” no teatro Abanca Fundación.

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS.

Os nenos-as de 4º e 5º A acudimos á biblioteca,

dentro do programa de animación á lectura,

onde escoitaron e manipularon diferentes

contos.

DÍA DA IGUALDADE

Traballamos o conto de “Rosa Caramelo” en

todo infantil.

En 5º de educación infantil elaboramos un elefante

para levar a casa.

En 4º pintaron unha elefanta entre todos.

ACTIVIDADES

PROXECTO CHIQUICHEF

Para comezar o proxecto decoramos as portas

das aulas de infantil con diferentes cociñeiros,

Primeiro traballamos as pirámides alimenticias

coa axuda dos compañeiros da ESO.

En 4º debullamos millo...

En 5º elaboramos un semáforo, onde con recortes

de folletos de supermercados puxemos

os alimentos sans na cor verde e os malos para

a saúde no vermello.

En 6º elaboramos un especieiro con diferentes

herbas aromáticas: ourego, perexil, romeu e

loureiro, que tras cheiralas e manipulalas na

clase, levaron para as súas casas.

26 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 27



COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

En 5º de educación infantil ollamos vídeos sobre

os koalas e os incendios que provocaban a

súa morte en Australia, realizamos un bonito

koala que levamos á casa.

VISITAS DE PAIS E NAIS

En 4ºA a nai de Antón contounos un conto e

fixo unha “botella da calma”.

En 4ºB:

- A nai de Carmen falounos da súa profesión,

perruqueira, e iso levounos a traballar a coordinación

óculo-manual pintándonos as unllas

uns ós outros.

- A nai de Adam impartiu unha sesión de psicomotricidade

na que fixemos ioga, traballamos

con pelotas e rematamos cuns estiramentos.

- O pai de Olivia falounos das cousas divertidas

que fai coa súa filla, contounos un conto e bailamos

todos xuntos.

- A nai de Alejandro ensinounos como facer piruletas

de chocolate.

En 5º A a nai e Laia fixo un obradoiro de rosquillas,

onde nos contou como é a receita e logo

fixemos unha degustación delas.

28 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 29



30

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 31



primeiro ciclo

educación

primaria

LENDO NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 2º estiveron lendo e traballando

o libro “A vaca dixo muá” na biblioteca.

Esta actividade forma parte do Plan Lector.

PROGRAMA VIGO RECICLA

O alumnado de 2º de EP participou no programa

VIGO RECICLA. Pasárono moi ben con

Dinoseto e Dinosetiño, aprendendo a reciclar

correctamente e o importante que é poñer en

práctica os 3R para coidar o noso planeta.

NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

As nenas e nenos de 2ºA coñeceron a estación

meteorolóxica do cole grazas ás explicacións

que lles deron un grupo de nenas e nenos de

5ºB. Axudoulles a entender mellor os contidos

que estaban a traballar.

SAÍDA AO TEATRO AFUNDACIÓN

O alumnado de 1º e 2º desprazouse ao Teatro

Afundación para asistir ao espectáculo de

música e monicreques: ”A nena e o grilo máis

aló”con Magín Blanco. Divertíronse na busca

da araña Xertrude,acompañando a Nena e ao

Grilo.

32

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 33



SAÍDA CASAPLANTA

O día 4 de marzo o alumnado de 2º visitou o

centro de xardinería “Casaplanta” da Ramallosa.

Coñeceron diferentes tipos de plantas e as

súas características a través das explicacións de

Patri e Rosa. Plantaron unha planta de amorodos

que levaron para coidar nas súas casas.

34 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 35



segundo ciclo

PROXECTO CICLO DA AUGA

O alumnado de 3 ° EP realizou un proxecto en

forma de maqueta sobre o Ciclo da auga. As

maquetas amosan o gran traballo que levaron

a cabo os nenos e lles axudou a explicar de xeito

divertido o funcionamento deste proceso

natural.

ENQUISAS VOZ NATURA

A través do lema deste ano e para concienciarnos

da problemática do uso excesivo que facemos

de plástico neste curso 3° e 4° de primaria

levaron un proxecto conxunto na área de lingua

galega. Os alumnos de 3°e 4°cubriron unha

enquisa, que redactaron os nenos e nenas de

4° A para coñecer a opinión das familias sobre

o coidado do medio ambiente, os hábitos de

reciclaxe e as medidas que se poden adoptar

para melloralo. Cada alumno levou ás súas casas

a enquisa que cubriron cos seus pais e de

forma anónima a entregaron.

Recollidas as 102 enquisas en total os alumnos

de 4° fixeron un reconto de cada resposta

e elaboraron un informe cos datos obtidos. As

conclusións de dito informe mostran a

preocupación que temos por mellorar a nosa

forma de vida.

A maioría dos enquisados amosan ter coñecemento

e facer unha boa separación do lixo nos

distintos colectores e tamén consideran que os

concellos deberían de adoptar medidas para

restrinxir o tráfico nas cidades e reducir as emisións

de gases contaminantes.

METEOESCOLAS 4ºA

O alumnado de 4°A, como traballo para o

proxecto meteoescolas deste curso, fixemos

unha exposición fotográfica do ceo de Vigo en

distintos días e lugares da cidade. Para dar máis

información do día que facía, cada un describiu

a súa fotografía sinalando o lugar en concreto

da cidade a orientación e velocidade do vento,

as precipitacións recollidas ese día e outros datos

de interese. Estes elementos relacionáronos

coas características xerais do mes e da estación

do ano na que estamos.

36

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 37



SAÍDA NATURNOVA

O alumnado de 4° visitou as instalacións do

museo interactivo de educación ambiental Naturnova.

Alí explicáronlles máis en profundidade

o alcance dos plásticos no noso ecosistema

e coñeceron pautas para reducir o plástico.

Ademáis de realizar libremente as actividades

interactivas do museo tamén viviron a experiencia

de sumerxirse no fondo mariño das nosas

rías galegas mediante un simulador en tres

dimensións.

tella ou garavanzo se vai convertendo nunha

planta coas súas raíces, talo e follas. Esperan

con ilusión o momento de transplantalas á terra.

PROXECTO NATURAIS SAÚDE 3ºEP

O alumnado de 3° EP realizou diferentes

proxectos relacionados coa saúde en forma

de murais. Deste xeito aprenderon cousas moi

interesantes sobre enfermidades, o descubrimento

da penicilina ou a prevención de accidentes,

que explicaron aos seus compañeiros

de xeito máis ameno.

PROXECTOS PARQUES NATURAIS 4ºA

Exposición dos proxectos de investigación realizados

polo alumnado de 4°A de primaria sobre

os parques naturais, espazos protexidos, áreas

recreativas de Galicia e da nosa contorna.

O NACEMENTO DUNHA PLANTA 3º EP

O alumnado de 3° EP está a aprender de xeito

práctico como xermina unha semente. Pouco a

pouco observan como unha pequena faba, len-

"Os nenos e nenas de 4° de Primaria experimentaron

a sensación de viaxar nun

submariño nunha viaxe simulada, con

gafas 3D. Tivo lugar durante unha visita a

Naturnova. Toda unha ledicia!"

38

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 39



ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro aproveitando o aniversario de

Rosalía de Castro traballamos a vida e obra da

nosa célebre autora, gran representante da lingua

galega no resto do mundo.

NANA PARA UN SOLDADO

O alumnado de 3° e 4° EP asistiu a unha representación

teatral titulada “Nana para un soldado”.

Esta obra amosa aos nenos que a pesar

da guerra, dous soldados de bandos diferentes

son quen de deixar a un lado as súas diferenzas

para coidar dun bebé, que desgrazadamente

queda sen nai unha noite.

VIGO RECICLA

Hoxe visitou o colexio o camión de Vigo Recicla,

unha campaña patrocinada pola empresa FCC

que ensina aos nenos a reciclar. O obxectivo

desta campaña é que os rapaces se conciencien

cada vez máis da importancia da correcta separación

dos distintos residuos e materiais para a

conservación e protección do medio ambiente.

A importancia das tres R e a axeitada utilización

dos colectores foron as aprendizaxes realizadas

hoxe en clave de humor da man dos nosos

famosos Dinoseto e Dinosetiño, que nos ensinaron

unha canción moi pegadiza. Finalmente

agasalláronnos cunha bolsa chea de obxectos

reciclados coma un ioió, lapis, afialapis, etc.

40 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 41



ANIMACIÓN A LA LECTURA

O alumnado de 5º e 6º EP participaron da actividade

de “Animación á lectura” guiados pola

actriz Sabela Gago desenrolando unha breve

obra de teatro cuns actores voluntarios estupendos.

Divertímonos moito!

terceiro ciclo

Estas son algunhas das preguntas e respostas

que plantexaron os/as nosos/as alumnos/as ó

remate da saída:

“Cal foi o taller que che pareceu máis curioso?”

(Andrea Saavedra)

“O máis curioso foi o das ilusións ópticas. Quédaste

moi sorprendido. A verdade a vista engana.”

(Marta García)

“Que figura do tangram foi para ti a máis difícil?”

(Sara Méndez)

“A máis difícil foi a chinesa, porque tiña moitas

pezas pero tamén foi moi divertido.”

(Carla Cobelo)

IMA+XINA

Un ano máis acudimos á “festa dos números”

IMA+XINA, celebrada este ano no Auditorio

Pazo de Congresos Mar de Vigo.

A través de diferentes talleres descubrimos

que as matemáticas podemos entendelas dun

modo distinto, xogando.

“Volverías ao taller matemático?”

(María Pérez)

“Si, volvería porque todos os monitores foron

moi agradables e estivo moi ben que puidésemos

elexir nós os grupos e ademais as actividades

eran moi divertidas.” (Emma Cameselle)

Vivan as matemáticas manipulativas!

42

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 43



44 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 45



educación

secundaria

ESTIMACIÓN DE Π

As alumnas de Matemáticas Aplicadas de 4º de

ESO realizaron unha experiencia con alumnos/

as de 1º de ESO consistente en calcular unha

aproximación do número π contando e pesando

bolas.

LIGAMATS

Catro equipos formados por alumnado da ESO

participaron en LIGAMATS, actividade organizada

na XVI edición da Semana Matemática-

Imaxina. A actividade tivo lugar no mes de

febreiro e celebrouse no Pazo de Congresos,

Auditorio Mar de Vigo.

46

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 47



PROGRAMA SALVAVIDAS

Os alumnos de 2°ESO confeccionaron uns lenzos

con tapóns nos que plasmaron diferentes

órganos e tecidos como campaña de promoción

das doazóns e transplantes. Estes traballos

titulados "Mosaicos da vida" están expostos no

recibidor do Colexio cun mural, elaborado polos

alumnos de 1°Eso, baixo o lema "Os 3 R das

doazóns".

Dito alumnado tamén está realizando un conto

dirixido aos alum@s de 4°EP sobre a importancia

cara á doazón.

Os alumnos/as de 4°ESO comezaron a traballar

no proxecto final do programa o cal será doado

no terceiro trimestre á "Asociación de doantes

de órganos e sangue" (ADOS). O proxecto

estará elaborado con diferentes plásticos como

promoción e concienciacion á redución destes

y de esta maneira vincular así o programa salvavidas

e o proxecto Voz Natura no cal é participe

tamén o centro. Tamén para relacionar ditos

proxectos confeccionaron un reloxo con tapóns

e tubos de analítica como actividade impulsora

cara á doazón e de concienciación para a redución

de plásticos.

48

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 49



VOZ NATURA

O alumnado do 1°ESO participa de maneira activa

neste proxecto. No primeiro trimestre plantaron

unhas castañas co fin de facelas xerminar

cos coidados oportunos. Obxectivo conseguido.

Conseguiron varias plantas de castiñeiros

as cales foron entregadas a EI para seguir cos

seus coidados. Tamén fixeron sementeiros de

fabas, pementos e cenorias que posteriormente

foron entregados a 3°-4°EP para plantar na

horta.

Celebraron tamén o "Día Mundial da Enerxía"

coa confección duns modelos experimentais de

Enerxia hidráulica.

SEMANA DA NEVE

Na última semana de Xaneiro o alumnado de

4º de ESO desfrutou dunha semana de neve e

convivencia na estación de Candanchú, no Pirineo

de Huesca en Jaca. Foi unha experiencia

inesquecible para todos nós porque era a primeira

vez que facíamos snowboard ou esquí.

Unha vez chegamos á estación recibíronnos os

nosos monitores Milton, Omar e Leire, e día

a día fomos aprendendo a facer a cuña, mellorando

o paralelo ata que nos convertemos

nuns verdadeiros esquiadores. Tivemos tempo

de visitar a bonita ciudadela de Jaca e o seu

casco histórico, de desfrutar dunha sesión de

spa despois dunha xornada de esquí e o último

día a modo de despedida de bailar nun pub con

outros rapaces da nosa idade.

En relación aos alumnos de 4°ESO elaboraron

un reloxo con tapóns para fomentar a redución

de plásticos e como campaña impulsora da

doazón de órganos, involucrando novamente

dous dos proxectos nos que participa o centro.

Como actividade principal do proxecto participaron

na "II Rede de limpieza de arenais do

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas

Atlánticas na que colaboraron xunto con outras

entidades na limpieza das praias de Ons.

50

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 51



confinamento

.. e de súpeto chegou... Chegou en marzo... sen avisar... e de pronto quedámosnos sen clases...

sen cole... sen vernos....

Pero puxémosnos mans á obra... e fomos capaces de sacar o mellor de nós... e agora traballamos

dende casa... e vémonos de novo... máis pequeniños.... nas pantallas... pero vémonos... e

seguimos a traballar... e seguimos en contacto...

¡¡Porque nada pode con nós!! ¡¡Non hai virus que valla!!

E preocupámonos uns dos outros... e desexámosnos o mellor... e aplaudimos ás oito... e aplaudímonos

tamén entre nós... Profes... familias... alumnos... Porque se de algo estamos seguros,

é que disto: Imos saír máis fortes!! Imos saír mellores!! E sobre todo... imos estar máis unidos...

Porque a distancia é algo máis que estar separados fisicamente...

Estaremos xuntos de novo... máis xuntos que antes... moito máis... Resistiremos!!

Fdo: “A familia Montesol”

52

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 53



54 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 55



LINKS DOS VÍDEOS DO CONFINAMENTO

VÍDEO DO AMPA

https://drive.google.com/file/d/1XiPhaVR9hGtrrYabfcyv9i7wCF3A54q9/view

VÍDEO DOS PROFES DE SECUNDARIA

https://drive.google.com/file/d/1sd7FmalBtUybpK-k6xspEQHk8ADSso9E/view

VÍDEO “QUÉDATE EN TU CASA”

https://drive.google.com/drive/folders/1DsoAa9yFi2PMa8aqngvz0fR1iofuM2hh

VÍDEO DE 4º ESO

https://drive.google.com/file/d/1VgfPgydlrkVfqeRBl_-OMJQ-D5gwvAJY/view

56 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 57



Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@colexiomontesol.com

www.colexiomontesol.com

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!