29.01.2013 Views

Vidal Souto - Centroculturaldeourense.com

Vidal Souto - Centroculturaldeourense.com

Vidal Souto - Centroculturaldeourense.com

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

¿Participa Vidal da idea de que o artista, como outras categorías

sociais, é debedor do seu contexto, ou, como diría Pierre Bourdieu, debedor

do «campo de producción artística», vencellado ao que tamén él chama:

«producción da creencia», é dicir, todo o sistema institucionalizador da

cultura no que asenta a creencia no valor da obra de arte? ¿Participa Vidal

de que escamotear, ocultar as relacións cos outros axentes contextuais

–críticos, galeristas, marchantes, historiadores– incide en subliñar e

potenciar a idea de artista «xenio» herdada da teoría estética idealista

occidental e base constitutiva da «ideoloxía carismática»? ¿Participa de

opinións como a de Lourdes Méndez cando di que «os propios artistas, crí-

ticos ou marchantes tenden a minimizar os factores que poden facer aba-

near un dos puntos clave da ideoloxía carismática? Se o artista «nace»,

todo o que poida empañar esa creencia e levarnos a pensar que «se fai»

sería un perigo potencial para o mantemento do mito do artista».

Verdadeiramente penso que non, trátase dun artista que non

cuestiona o que debe ser un pintor hoxe, do mesmo modo que non se sinte

ameazado pola delirante idea de que a pintura estea a piques da morte, ou

mesmo soterrada. Deslízase do inveterado ao presente, como un marxinado

global, afastado do que él considera impostura innecesaria, coa ollada en

primeira persoa. ¿Por qué revisar a tradición acomodada á inercia do

tempo, se no seu imaxinario nin siquera hai un lugar para o sagrado? Pode

que teña máis razóns e pode que eu non as comparta. En calquera caso,

Vidal é quen dabondo para usar das licencias que lle veñan en gaña porque

goza dun talento que lle permite ser brillante e perspicaz no seu pensa-

mento e asombroso na súa producción artística. Admiro fondamente a José

Manuel (así o chama a súa nai) pola denodada vontade que lle permitiu ter

feito un percorrido particularmente vigoroso e eficaz desde a épica «fogar

de Breogán» dos primeiros tempos á antifranquista, do expresionismo abs-

tracto ao pop-art, desde o constructivismo á serie expresionista de cristos

ou desde o brutismo excelso das rúas urbanas, ata a lírica épica con ecos

do Sertâo e foro de Porto Alegre.

Obra híbrida e combativa, transformadora da líbido subversiva

convertida nun catálogo de amor e tenrura.

Usa polo demais uns recursos de materialización ad-hoc, a súa

técnica é sinxela e tallante, os seus potingues resolven desde evanescen-

cias ata aleacións metálicas e pigmentarias, que na miña opinión fan da súa

última ou penúltima obra a confirmación dun artista non só magnífico,

senón transcendente, que reclama de estudios específicos e razonados.

Vidal Souto retrotráeme á mellor configuración da memoria per-

soal e pública de Ourense, xusto ao marxe dese outro de regusto babexan-

te na liña de Sete noivas para sete irmáns e lembro con respecto fondo a

Pepe Conde Corbal como adiantado na aplicación das teorías de Walter

Benjamin ás técnicas do gravado, a Luis Mariño e os seus lúcidos comenta-

rios en La Región sobre semiótica, a María Prada –e as súas gafas– por

transmitir con distancia o enigma do eterno femenino.

poshistórico.

Seguro que se non te sintes contemporáneo, Vidal, é porque eres

San Adrián de Cobres, 16 Novembro 2003

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!