17.04.2013 Views

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

í

í

í

í

Os días que seguiron á suposta desaparición de Roldán (esa fora

a escusa da nai, que non lle contara nin ao seu marido a

verdadeira razón pola que non se atopaba na casa) foron tan

negros para Brais coma o ceo, que continuaba sen dar unha

tregua.

Como a situación era insostible, Brais escapouse unha noite na

procura do seu inestimable compañeiro. O que el

non sabía era que non ía ser nada fácil dar con el,

pero ao rapaz non lle importaba o máis mínimo,

sabendo tamén que a súa vida podía correr perigo ao

seren as condicións climatolóxicas pouco apropiadas

para unha saída nocturna. Apresurouse a coller o seu

“kit de exploración”, que constaba dunha lanterna, unhas gafas de visión nocturna (que Roldán estropeara) e un

cinto con moitísimos accesorios, entre eles uns walkie-talkies aos que lles faltaban as pilas.

Equipado con todos eses trastos, marchou da casa sen que os seus pais se deran conta e comezou a camiñar

bastante á présa, para evitar o frío que durmía a noite. Non sabía ata onde tiña que camiñar, pero supuxo que o

seu compañeiro, irmán e amigo estaría fóra da contaminación da vila.

Cada pouco tempo, paraba para beber algo do seu zume favorito, amorodo e pexego. “Que frío está”, pensaba

o rapaz, ao que se lle comezaban a quedar as pernas durmidas. Para evitalo, continuou a súa travesía, aínda

que cada vez se sentía máis perdido.

Ao cabo de media hora de camiño, albiscou ao lonxe unha figura que se ía aproximando ata el, pero que non

podía discernir por culpa do intenso manto branco que cubría a estrada. A medida que se aproximaba, empezou

a apreciar de quen se trataba. Era Roldán! Levaba camiñado bastante tempo desde o lugar onde Olga o

deixara, sen ningún tipo de compaixón, a noite anterior. Estaba completamente cuberto de neve e os seus pasos

eran pesados, polo que se notaba a falta de alimentación e calor (tanto climatolóxica como familiar) que Roldán

tanto precisaba. Brais empezou a correr, pero non puido chegar ata o seu fiel amigo, xa que a poucos metros

del, as pernas falláronlle e obrigárono a precipitarse sobre o leito albo. Ante esta situación de desamparo,

Roldán, sen forzas nin sequera para respirar, botou a correr para protexer a Brais. Cando chegou ata el,

acaroouse e tapouno co seu propio corpo, para evitar a hipotermia do rapaz, que xacía esvaecido e tremendo.

Á mañá seguinte, Manuel espertou ás oito e media, xa que era sábado e quería montar o estante que días atrás

mercara nuns grandes almacéns. Pasada unha hora, de casualidade, entrou no cuarto do seu fillo para buscar a

chave inglesa e, a súa sorpresa foi maiúscula cando non o viu durmindo na súa cama. De contado, comezou a

buscalo por todas as dependencias do piso; cociña, salón, baño, pero non o atopou. Foi ao seu dormitorio a

espertar a Olga. “Cariño, esperta, Brais non está no seu cuarto. Busqueino incesantemente, pero non dou con

el. Non sei por que, pero creo que escapou para buscar a Roldán”. “Non pode ser”, dixo a súa muller con

tristura, “en realidade non escapou, deixeino a uns cinco ou seis quilómetros de aquí”. Manuel non o podía crer.

A súa muller era a responsable da desaparición de ambos, xa que ela fora a que abrira o círculo no que se

atopaban metidos e do que non sabían se ían poder saír.

Inmediatamente despois da súa conversa e das innumerables desculpas que emitira entre saloucos Olga,

avanzaron cára ao coche coa esperanza posta no tempo, que non se presentaba tan inestable como os días

anteriores. Era unha mañá fría, pero a tempestade que atacara a vila anteriormente convertérase en pequenas

folerpas que quedaban atrapadas nos cabelos e na roupa de ambos.

Abriron o garaxe e entraron no coche, no que aínda se atopaba a manta coa que Olga cubrira a Roldán

momentos antes de deixalo só e desamparado.

Despois dalgún tempo avanzando paseniño cára ao lugar no que Olga estivera días antes, viron dúas siluetas

algo afastadas da propia rúa, pero non podían deslindar unha da outra. Cando se atopaban a tres ou catro

metros, viron a Roldán e, debaixo del, a Brais. A alegría que inundaba ambos rostros era indescritible ao velos

aos dous con vida. Manuel colleu o seu fillo, que respiraba con dificultade e meteuno no coche. Olga, coa

culpabilidade perforándolle o peito tomou a Roldán nos seus brazos e susurroulle ao oído “perdoa fillo”, mentres

as bágoas decorrían con mesura a súa faciana. Levaron a Brais e a Roldán ao médico, onde se recuperaron en

seguida. “Se non fora por Roldán”, dixo o doutor, “probablemente o rapaz estaría morto. Grazas á calor corporal

do seu amigo, conseguiu manter en orde o seu propio organismo. Este si que é un amor incondicional”.

Felices e contentos, despois dunhas horas en observación, volveron á casa. Roldán fixera algo heroico e, por

encima de todo, conseguira darlle unha lección a Olga, que empezou a valorar a amizade e a familia. Decatouse

do mal que fixera, ao observar como ela abandonara a Roldán, pero el non o fixera con Brais, aínda que as

condicións eran adversas. Despois desta mala experiencia, que pronto se converteu nunha anécdota, a súa

familia xa non vivía nun pequeno piso de cincuenta e cinco metros, senón nun verdadeiro fogar.

Primeiro premio do Certame de relatos curtos “Amigos para Sempre”, organizado pola Consellería de Xunventude de Galicia

co gallo de concienciar á poboación do respeto e cariño que os animais precisan e do importante que é non abandonalos.

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!