17.04.2013 Views

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Os danzantes: seis mozos

vestidos con pantalón e camisa

brancos, levan unha faixa

vermella cinguida á cintura,

unha cinta de cor azul a modo

de banda ,gravata e un especie

gorro branco na cabeza

(antigamente era diferente, na

cabeza levaban un pucho de

forma ovoide feito con papel

rosa) . Os dous danzantes de

adiante levan espadas na man

dereita e unhas castañolas na

esquerda, mentres que os outros

danzantes so levan castañolas en

ámbalas duas mans.

A loita de mouros e cristiáns: é representada polos mesmos danzantes con un diálogo entre os dous bandos, un

pequeno roce de espadas e finalmente a victoria do bando cristián.

Segundo Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no B.R.A.G . Tomo XXIV , páx. 263: “ As loitas de mouros e cristiaos

relacionadas Pol-a tradición popular co Apóstolo Sant´Iago......... mais importanza que a loita das armas ten a disputa

teológica , os parlamentos, como din na Sainza , que enantes da batalla sosteñen o mouro e mais o cristiao...”

Esta loita de mouros e cristiáns non te que ver cos ritos agrarios de maio.

Segundo os autores antes mencionados, na festa do tres de maio de Laza, atopamos tres aspectos diferentes:

1. Un rito agrario de orixe prehistórico relacionado coa primavera, que son “ O Maio” ( árbore de maio) e O Adán e

maila Eva ( antigos reis de maio que se mudaron por personaxes da biblia).

“....hai motivos para matinar nunha contamiñación da representación relixiosa cunha cerimonia anterior de caraute

pagán ou agrario, na que os que agora son Adán e Eva serían unha parexa de Reis de Maio... ” (B.R.A.G. Tomo XXIV

páx. 261. Vicente Risco e x. Lourenzo))

2. Un misterio medieval: sacrificio de Isaac.

3. Unha representación sacro-popular de mouros e cristiáns. ( A danza puido pertencer o primeiro ou o terceiro

apartado).

A FESTA

O nome da persoa que representa a Eva permanece en segredo ata o día da festa na que aparece ante o público

despois de que os danzantes e Adán a vaian buscar. Cando Eva se atopa co Adán tenta meterlle unha laranxa na boca

e despois achégaa ó seu bico. Os dous xuntos ruben pola Picota arriba coa comitiva detrás ata a igrexa.

Seguidamente ten lugar a procesión onde atopamos os seguintes elementos:

- O ramo de loureiro que leva penduradas varias laranxas, unha rosca e un galo.

- A cruz da parroquia.

- A virxe do rosario.

- O Cristo na cruz.

- Os danzantes

- Adán e Eva.

- Os cregos

- Abraham , Isaac e o anxo.

- A banda e a xente.

A procesión recorre algunhas rúas dáo pobo e volta á Picota . seguidamente ten lugar o auto sacramental do Sacrificio

de Isaac. O Narrador empeza deste xeito :

“ Muy afligido va subiendo por el monte Moria aquel anciano, abrumado con el peso de los años y aún más todavía con

el de alguna grave desventura...”

Rematado este a procesión continúa ata a igrexa . No adro ten lugar a representación da loita do Mouro e o cristián.

Empeza con un diálogo:

Cristián:- Ánimo, soldados míos,

que nadie pierda el aliento,

que vamos a defender

el Divino sacramento.

Mouro : -Al rigor de esta mi espada

tengo que ganar la batalla,

o la muerte será mía,

o la victoria ganada.

Seguidamente empeza a misa.

Pola tarde os danzantes van buscar á Eva a súa casa para acompañala á praza da Picota onde terá lugar o baile.

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!