17.04.2013 Views

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Día 3, Mércores 15 de outubro:

Este día estivo impregnado de contido turístico. Pola mañá visitamos Ossa de Montiel, a cal ten unha

gran tradición cervantina, dado que moitas das pasaxes relatadas en El Quijote refírense a paraxes

próximas a esta aldea. Dirixíndonos ás Lagoas de Ruidera, pasamos pola Cova de Montesinos, unha

cavidade cárstica duns oitenta metros de profundidade xerada por procesos de disolución que as

augas orixinaron no rochedo da zona. No interior existe un pequeno río. A comida foi nun restaurante

chamado Montesol, preto da nosa seguinte visita.

O próximo destino foi o parque natural das Lagoas de Ruidera, que dan orixe a este río interior da

cova. Caracterízanse por unha inmensa vexetación meseteña. A súa fauna é moi diversa, pois nas

súas augas atópanse numerosas especies de aves acuáticas. Os peixes máis abundantes son a

carpa, o barbo e a pardilla, e os mamíferos máis representativos son o teixugo, a lontra, o gato

montés e o morcego. Tamén son numerosos os anfibios e réptiles.

A actividade nocturna a realizar foi unha proxección cinematográfica dun filme relativamente recente:

Next.

Ossa de Montiel Lagoas de Ruidera

Cova de Montesinos

Día 4, Xoves 16 de outubro:

Á primeira hora da mañá montamos de novo no autobús, dirixíamonos a un pobo característico

polas incontables e abraiantes covas que se poden visitar nos seus arredores, Ribeira do

Xúcar. Estas estaban habilitadas como museos e bares. Ó longo das súas galerías podíanse

ver todo tipo de aparellos curiosos, e nas estancias máis amplas tiñamos a oportunidade de

aproveitar unha consumición gratuíta para os visitantes e disfrutar das vistas. Dúas das covas

máis interesantes pertencían a un peculiar personaxe que se facía chamar a si mesmo “El

Diablo”, nome que seguramente lle viña

dado polo seu bigote característico.

Xantamos nun restaurante da vila, “Casa el Moli”. Pola tarde visitamos o Parque Eólico de

Higueruela. Alí explicáronnos a importancia das fontes de enerxía renovables, e o seu

funcionamento, incluso tivemos a oportunidade de visitar o parque e estar a carón dos

aeroxeradores. Á volta déronnos tempo de lecer ata a hora da cea.

Á noite asistimos ó taller de “Xoves Científicos”, nos que se facía unha demostración moi

peculiar dalgúns trucos relacionados coa química. Logo, algúns alumnos decidiron saír de festa

acompañados polos profesores namentres os demais preferiron quedar no hotel.

Aproveitando a consumición

Parque eólico

3

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!