17.04.2013 Views

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Día 5, Venres 17 de outubro:

Poderiamos clasificar este día como un dos menos entretidos de toda a viaxe, a pesar de que as

actividades realizadas foran interesantes fixéronse moi difíciles de levar. Visitamos o ITAP, un centro

onde se estudan as enfermidades e pragas que afectaban a diferentes cultivos. Ensináronnos as

instalacións nas que se levaban a cabo as investigacións.

A continuación fomos ata plantacións de pistachos e amendoeiros. Nesa mesma visita, tivemos a

oportunidade de coñecer unha complexa instalación para a medición de presións.

Á tarde leváronnos a unha aldea próxima a Albacete, Chinchilla, onde visitamos un Museo de

Cerámica. Despois disto, tivemos o resto da tarde libre na cidade.

Finalmente, á noite, asistimos ó “Planetario noche de estrellas”, impartido pola mesma persoa que a

do taller de “Xoves Científicos”.

No ITAP En Chinchilla

Todos descansando

Día 6, Sábado 18 de outubro:

Comezamos a xornada dirixíndonos cara a comarca de Campos de Hellín. Alí estaba programado ver

o volcán Cancarix e o Tolmo de Minateda. Antes de levar a cabo estas visitas, ó chegar invitáronnos

pasar a unha aula na cal nos darían datos interesantes sobre o que iamos ver. Posteriormente,

trasladáronnos ata as proximidades do volcán e continuamos a nosa viaxe cara o Tolmo de Minateda.

Este é un xacemento arqueolóxico onde puidemos apreciar as pegadas que deixaron en España os

que habitaron nela; segundo parece estivo ocupado entre a Idade de Bronce

(arredor do 1500 a.C) e a época islámica (século X d.C). Foi habitado por romanos, visigodos e

árabes. Alí tivemos o privilexio de poder ver os restos dunha basílica visigoda e como eran as

necrópoles.

A comida foi, obviamente, en Hellín nun restaurante chamado Montymar, onde por primeira vez en

toda a semana tivemos a oportunidade de comer un pouco de peixe.

Xunto ó volcán de Cancarix Tolmo de Minateda

4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!