ar - restaurante - habitaciones con encanto Tfno.: 982 58 50 98 E-Mail: formacion@amarina.org Página Web: www.amarina.org Tlf.: 982 57 16 53 - Plaza Sta. María, 2 - O Valadouro
Rota da Auga MAIO 2009 O Instituto Nacional de Meteoroloxía anunciaba o 90% de posibilidades de que chovese no concello de Guitiriz; xa todos contabamos coa chuvia. Ás dez da mañá estabamos en Pardiñas, na carballeira que é escenario do festival de música folk que leva o nome deste entorno natural e que se celebra cada verán. Empezamos a darlle ás pernas arredor de 45 persoas que nos xuntamos. Iámonos metendo por entre as casas; os cans asustábanse ao ver tal troupeleo de xente; ladraban con desconfi anza. Ao principio recreabámonos na contemplación da típica arquitectura popular galega: fontes, muíños, fornos semicirculares de pedra acaroados ás casas, pozos, cabozos, etc. O arrecendo natural resaltaba co fresquío da mañá, aínda respectado polo sol e calor que xa axexaban, por sorpresa para todos nós. Dominaban os campos as ovellas, as cabras e as vacas; polos carreiros víanse buleiras; así lles chamou aos excrementos das vacas un compañeiro de Lourenzá, quen abriu unha conversa interesante sobre as moitas palabras do galego que xa se escoitan pouco. Alguén lembraba como aínda lle escoitaba a seu pai a palabra estroselar, outro recordou a palabra paxel (unha humilde e sinxela prenda de vestir), etc. Unha boa conversa para facernos refl exionar sobre a conveniencia de manterlle fi delidade ás nosas palabras de sempre. Así ían xurdindo temas de maneira espontánea e natural agora con uns e máis adiante con outros. A conversa corría de xeito cordial ao longo do camiño e iso tamén é un dos aspectos a destacar desta actividade, favorecer o intercambio de opinións, pareceres e experiencias; un xeito máis de aprender cousas e de coñecernos uns aos outros. Aos poucos fomos deixando as casas e adentrándonos nos ríos que nos foron agasallando cos seus nomes e as súas augas tranquilas: Pardiñas, Forxal e Parga. O canto sereno, doce e harmonioso dos paxaros acentuaba a tranquilidade dun entorno natural rodeado de amieiros, bidueiras, castiñeiros, salgueiros e piñeiros. Son limpas as augas; moi limpas e coidadas tamén as ribeiras dos ríos mais escasas e pequerrechas as troitas que se deixaban ver de cando en vez. Sen nos decatar puxémonos á unha na feira en Parga. Atopamos alí un gran balbordo, había moitos coches aparcados ao chou, á sombra das árbores do campo da feira. Alguén comentaba ironicamente que máis que a feira de Parga semellaba o salón do automóbil. Pero logo nos decatamos de que a feira era de interese: ovellas, cabalos, porcos, ferramenta, artesanía, roupa e por suposto postos con polbo, xamón cocido, empanada, churrasco, bo pan e viño. Quen quixo, quedouse alí a xantar; outros collemos provisións na feira e seguimos andando cinco quilómetros máis; xa quedaban atrás quince. Seguimos ata chegar á fonte