17.04.2013 Views

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A LITERATURA

GALEGA ENTRE

1900-1936.

O CAMIÑO CARA Á

MODERNIDADE

GALICIA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Acontecementos históricos e culturais no reinado de Afonso XIII (1902-1931)

A comezos do século teñen lugar uns movementos importantes para o devir de Galicia:

- Agrarismo. Movemento revolucionario que loitou por mellorar a situación do

campesiñado. Organizado en asociacións (Solidaridad Gallega, Acción Gallega, agrarismo

católico). Conseguiron abolir os foros, acceder á propiedade das terras e a reforma agraria.

Basilio Álvarez, cura de Beiro e dirixente de Acción Gallega, mobilizou o campesiñado con

mitins multitudinarios onde denunciou o caciquismo, os foros e os males do agro.

- Galeguismo e nacionalismo. Pretende redescubrir os sinais de identidade de Galicia e

conseguir un poder propio que nos represente como pobo diferenciado. O nacionalismo xorde

como evolución do galeguismo rexionalista.

- Irmandades da Fala. Organizacións galeguistas espalladas por Galicia a partir de 1916

que proxectan o nacionalismo como alicerce do país. As propostas máis importantes foron:

Cooficialidade de galego e castelán, promoción do galego no ensino e promoción da

extensión social da lingua galega como base do desenvolvemento cultural.

Reforma administrativa que propoñía a desaparición de deputacións e o recoñecemento

da personalidade xurídico-administrativa das parroquias e comarcas.

Modernización socio-económica coa mellora das vías de comunicación e do sector

primario, a abolición do réxime foral e o desenvolvemento da agroindustria.

Consideraban que Galicia era unha nación e que debía contar con poder político propio

dentro dunha federación de pobos ibéricos e cun posto na Sociedade de Nacións de

Xenebra.

O seu voceiro foi o xornal A Nosa Terra.

- Emigración. Unha boa parte da poboación seguía a emigrar, principalmente a América.

- Real Academia Galega. Foi promovida desde A Habana por Fontenla Leal e Curros

Enríquez. Fundouse en 1906 na Coruña e vai ter como obxectivos defender, estudar e

promocionar a lingua galega.

- O grupo e a revista Nós. O grupo Nós pretende integrar a cultura galega na

universalidade. Incorporaron as novas técnicas á narrativa, cultivaron o ensaio e o teatro e

déronlle voz a escritores e intelectuais universais a través da revista Nós.

- Seminario de Estudos Galegos. Creado en 1923 por universitarios, promove o estudo

de Galicia desde as distintas disciplinas científicas e a divulgación da realidade galega.

Acontecementos históricos e culturais durante a Segunda República (1931-36)

Neste tempo de modernización e democracia desenvólvese unha intensa actividade

cultural na que destacan os seguintes feitos:

- Partido Galeguista. Creado por integrantes das Irmandades da Fala en 1931, está

integrado por variedade de tendencias (conservadores, esquerdas, arredistas...) que terá

como obxectivo acadar poder político propio.

- Estatuto de Autonomía (1936). O Partido Galeguista e o Seminario de Estudos Galegos

colaborarán na elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía que será aprobado en

plebiscito popular, aínda que non entrará en vigor polo inicio da Guerra Civil.

A Guerra Civil (1936-1939) trouxo consigo a represión por parte do bando nacional contra

as actividades galeguistas polo que se viron abocadas ao silencio ou tiveron que continuar no

exilio.

A PROCURA DUNHA ESTÉTICA PROPIA

A LITERATURA GALEGA ENTRE 1900-1936

A comezos do século XX diferéncianse dúas etapas e tendencias:

➢ Continuación da tradición decimonónica rexionalista. O xénero máis cultivado segue

sendo a poesía -intimismo, ruralismo, costumismo, paisaxismo, galego oral na expresión-.

Destaca a figura de Noriega Varela.

➢ Partidarios de incorporar as novidades do momento para situar a literatura dentro do

concerto europeo. Salienta a obra de Ramón Cabanillas.

Logo da fundación das Irmandades da Fala (1916), créanse as infraestruturas para a

renovación da literatura. Aumenta o cultivo da narrativa, teatro e ensaio. Podemos diferenciar

varios grupos:

“Os maiores” (“Xeración das Irmandades” ou “Xeración do 16”): Antón Villar Ponte,

Ramón Cabanillas... O seu labor está orientado cara a procura dunha estética nacional.

Grupo ou Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Castelao... A síntese entre tradición e a

renovación conforma un proxecto que quere ser á vez galego e universal.

“Os novos” (“Xeración do Seminario”, “Xeración do 22” ou “Xeración da vangarda”):

Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Amado Carballo. Renovaron a poesía galega influídos

polas vangardas.

A LÍRICA GALEGA ENTRE 1900-1936

ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869 – Viveiro, 1947). Estudou no seminario

de Mondoñedo, onde cultivou o gusto pola poesía. Mestre en Foz, publica poemas cívicos a

prol do agrarismo e é trasladado a Calvos de Randín e logo a Trasalba. Por medio de Otero

Pedrayo coñece a poesía portuguesa. Autor dun único libro de poemas, Do ermo (1920-1929-

1946), que foi modificando ao longo da súa vida. É coñecido como “o poeta da montaña”.

Reafirmouse nun lirismo de carácter costumista que ten como eixe fundamental o canto da

paisaxe e dos costumes populares.

1. Na súa obra atopamos poemas costumistas que expresan a dureza da vida campesiña

ou as alegrías festeiras. Versos arte menor (octosílabo) e rima asonante. Lingua popular.

2. Outros inscríbense nun lirismo da natureza cada vez máis depurado e intimista.

Aparece o poeta só na natureza mostrando tenrura polos elementos humildes da paisaxe da

montaña (un verme, o brión, pingas de orballo, a chorima...) e o gusto pola soidade do ermo.

Inclúense aquí os sonetos paisaxísticos con influencia de poetas portugueses: a

saudade de Teixeira de Pascoaẽs, a simplicidade da vida aldeá de Guerra Junqueiro, os

sonetos de Antero de Quental, o simbolismo de Eugénio de Castro...

Tamén atopamos a influencia dos poetas latinos Virxilio e Horacio dos que herda o amor

polas cousas sinxelas da aldea, a arela da vida anónima e sen complicacións, a vida bucólica,

a serenidade e a melancolía dos momentos felices.

O seu estilo vaise facendo cada vez máis refinado co emprego de versos cultos

(hendecasílabo encabalgado), unha ortografía e léxico cultos (nimpha, phantasía...) e co uso

da metáfora e do hipérbato.

RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876 – 1959). Estudou no seminario de Santiago de

Compostela. En 1910 emigrou a Cuba onde foi administrador do Teatro Nacional e entrou en

contacto coa intelectualidade galeguista e alí publicou os dous primeiros libros de poemas.

Logo de regresar a Cambados, será nomeado membro da Real Academia Galega e da Real

Academia Española. É considerado o herdeiro dos grandes poetas do Rexurdimento e

participou no agrarismo, nas Irmandades e na revista Nós.

Obra poética: No desterro (1913) prologado polo líder agrarista Basilio Álvarez. Participou

do ideario de Acción Gallega e escribiu o seu himno. Vento mareiro (1915). Xa en Galicia

publica Da terra asoballada (1917). Nestas obras mestúranse poemas sociais, costumistas e

íntimistas. A rosa de cen follas (1927) presenta o amor como un sentimento puro.

Dentro da poesía narrativa destaca a obra Na noite estrelecida (1926), poema épico que

vincula os mitos do rei Artur e o graal con Galicia. O poema Samos (1958) presenta un

misticismo relixioso e contemplativo na descrición da vida no mosteiro.

Na súa poesía atopamos as seguintes liñas temático-estilísticas:

1. Reivindicación cívica. Na liña combativa de Curros, concorda co agrarismo: loita

anticaciquil e contra os foros, denuncia o sufrimento dos labregos e chama á rebelión social.

2. Intimismo. Na liña de Rosalía fala do amor, da conmoción ante a natureza, da dor vital...

3. Costumismo. Estampas e ambientes tradicionais ligadas á lírica da paisaxe.

4. Modernismo. Ambientación exótica ou medieval e a forza do sensorial, preciosismo verbal

e musicalidade.

5. Composicións de carácter patriótico onde abrollan os ideais atlántico-cristiáns.

Desenvolven o mundo céltico de Pondal nunha linguaxe simbólica e gran sentido musical.

GUÍA DE LECTURA DE NA NOITE ESTRELECIDA (1926)

1. ARGUMENTO E ESTRUTURA

Poesía épica dividida en tres sagas:

· “A espada Escalibor”. Comeza cando, na noite de Nadal, e na cidade de Caerleón, o

mago Merlín explica a orixe da espada Escalibor. Artur é nomeado rei de Caledonia tras

arrincar a espada máxica da rocha onde está cravada e que procede da illa de Sálvora.

· “O cabaleiro do San Grial”. Narra a procura do Santo Graal, o máxico cáliz obxecto das

aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda. Galahaz encontra o Graal, no Cebreiro.

· “O sono do rei Artur”. Relata a despedida do rei Artur e o traslado do seu corpo antes de

mergullarse nun sono do que espertará nun tempo futuro para gloria dos pobos célticos.

2.FONTES

Libros de cabalerías, Parsifal de Wagner, poesía ossiánica, lenda do Cebreiro...

3. REXISTROS ESTILÍSTICOS

Cabanillas adapta a estética modernista a través dos seguintes procedementos:

● A densidade adxectival propia do modernismo (adiviño, místico, florido, encantado...)

● Sinestesias visuais, olfactivas e auditivas que salientan a ambientación máxica e unha

atmosfera exótica; metagoxe, fonismos e fotismos que crean xogos de luz e son.

● Xiros característicos da épica (aventuras de heroes) con momentos líricos.

● Poesía cun ton solemne, maxestático e culto (cláusulas subordinadas, arcaísmos,

hipérbatos, voz pasiva, léxico culto...).

4. MÉTRICA

● Abundan os versos alexandrinos en rima pareada e tiradas de lonxitude variada que

achegan un ton solemne e un ritmo cadencial á narración.

● En momentos de maior acción para desenvolver a trama argumental usa o romance

octosilábico.

● Nunha ocasión (despedida de Artur) combina alexandrinos e heptasílabos na

denominada sextina rubeniana, para manter, por un lado, o ton litúrxico e, por outro,

mostrar a progresión.

5. A DIGNIFICACIÓN MÍTICA DE GALICIA

● Na liña de Pondal e das Irmandades trata de dignificar a través do mito o pasado de

Galicia para convertelo en alento para o futuro. Ao final Artur non morre senón que

agarda os novos tempos nos que se cumprirán as profecías anunciadas ao principio.

● Fusiona os símbolos da materia de Bretaña cos relixiosos: espada (cruz), o Graal

(esperanza no futuro, a luz, o ben..) e a aguia (ascensión).

● Galicia aparece descrita como locus amoenus, o Graal está no Cebreiro, a espada ten

orixe galega e Artur descansa nunha furna galega.

● Utiliza símbolos autóctonos de tradición celta (castros e dolmens).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!