17.04.2013 Views

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

GALICIA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Acontecementos históricos e culturais no reinado de Afonso XIII (1902-1931)

A comezos do século teñen lugar uns movementos importantes para o devir de Galicia:

- Agrarismo. Movemento revolucionario que loitou por mellorar a situación do

campesiñado. Organizado en asociacións (Solidaridad Gallega, Acción Gallega, agrarismo

católico). Conseguiron abolir os foros, acceder á propiedade das terras e a reforma agraria.

Basilio Álvarez, cura de Beiro e dirixente de Acción Gallega, mobilizou o campesiñado con

mitins multitudinarios onde denunciou o caciquismo, os foros e os males do agro.

- Galeguismo e nacionalismo. Pretende redescubrir os sinais de identidade de Galicia e

conseguir un poder propio que nos represente como pobo diferenciado. O nacionalismo xorde

como evolución do galeguismo rexionalista.

- Irmandades da Fala. Organizacións galeguistas espalladas por Galicia a partir de 1916

que proxectan o nacionalismo como alicerce do país. As propostas máis importantes foron:

Cooficialidade de galego e castelán, promoción do galego no ensino e promoción da

extensión social da lingua galega como base do desenvolvemento cultural.

Reforma administrativa que propoñía a desaparición de deputacións e o recoñecemento

da personalidade xurídico-administrativa das parroquias e comarcas.

Modernización socio-económica coa mellora das vías de comunicación e do sector

primario, a abolición do réxime foral e o desenvolvemento da agroindustria.

Consideraban que Galicia era unha nación e que debía contar con poder político propio

dentro dunha federación de pobos ibéricos e cun posto na Sociedade de Nacións de

Xenebra.

O seu voceiro foi o xornal A Nosa Terra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!