17.04.2013 Views

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

a lirica entre 1900-1936

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A LÍRICA GALEGA ENTRE 1900-1936

ANTONIO NORIEGA VARELA (Mondoñedo, 1869 – Viveiro, 1947). Estudou no seminario

de Mondoñedo, onde cultivou o gusto pola poesía. Mestre en Foz, publica poemas cívicos a

prol do agrarismo e é trasladado a Calvos de Randín e logo a Trasalba. Por medio de Otero

Pedrayo coñece a poesía portuguesa. Autor dun único libro de poemas, Do ermo (1920-1929-

1946), que foi modificando ao longo da súa vida. É coñecido como “o poeta da montaña”.

Reafirmouse nun lirismo de carácter costumista que ten como eixe fundamental o canto da

paisaxe e dos costumes populares.

1. Na súa obra atopamos poemas costumistas que expresan a dureza da vida campesiña

ou as alegrías festeiras. Versos arte menor (octosílabo) e rima asonante. Lingua popular.

2. Outros inscríbense nun lirismo da natureza cada vez máis depurado e intimista.

Aparece o poeta só na natureza mostrando tenrura polos elementos humildes da paisaxe da

montaña (un verme, o brión, pingas de orballo, a chorima...) e o gusto pola soidade do ermo.

Inclúense aquí os sonetos paisaxísticos con influencia de poetas portugueses: a

saudade de Teixeira de Pascoaẽs, a simplicidade da vida aldeá de Guerra Junqueiro, os

sonetos de Antero de Quental, o simbolismo de Eugénio de Castro...

Tamén atopamos a influencia dos poetas latinos Virxilio e Horacio dos que herda o amor

polas cousas sinxelas da aldea, a arela da vida anónima e sen complicacións, a vida bucólica,

a serenidade e a melancolía dos momentos felices.

O seu estilo vaise facendo cada vez máis refinado co emprego de versos cultos

(hendecasílabo encabalgado), unha ortografía e léxico cultos (nimpha, phantasía...) e co uso

da metáfora e do hipérbato.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!