18.04.2013 Views

Unidades didácticas para traballar na educación infantil

Unidades didácticas para traballar na educación infantil

Unidades didácticas para traballar na educación infantil

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unidades didácticas

para traballar

na educación infantil

Para traballar

na educación infantil

EU

Coñezo o meu corpo

O MEU MUNDO

• Os animais. As aves

O peto

O galo qui qui ri qui

A romaría dos paxaros

O cuco pillabán

O carrizo

O paxaro xoguetón

• Os animais. Os insectos

A marcha das formigas

O grilo e a ra

• Os animais. Os peixes

Nadan, nadan

• Os animais. Os mamíferos

O rato ratachín

• As árbores

As árbores da fraga

Unha brincadeira

• A miña terra e o meu ceo

Galiza é a miña casa

A miña estrela

• As máquinas

O noso tractor

EU

Coñezo o meu corpo

O primeiro xoguete para un neno é o seu propio corpo.

Cos xogos corporais, vaise abrindo a todo o seu mundo comezando por coñecerse polo que

esta cantiga, aparte do gozo que supón a música, ofrécenos a posibilidade de facer ao seu

arredor unha serie de actividades que lle van facilitar este coñecemento.

1. A cantar e a xogar:

Logo de escoitar a cantiga por primeira vez, propoñemos ir sinalando as partes do noso

corpo que nomeamos. Convén ter unha marca que sinale a parede dereita, preferiblemente

unha man de cartolina azul, e outra a esquerda (man de cartolina vermella). Estas mans

serven para moitas actividades de e. infantil:

Un, dous tres, catro e cinco, (cun dedo dunha man, ir contando os da outra)

cinco dedos, eu teño cinco. (abanear a man)

Un, tres, catro, cinco, dous, tres, (mirar os dedos da man)

se me equivoco, empezo outra vez. (tocar outra vez os dedos en orde)

Teño dúas pernas, teño dous brazos (tocar as pernas e logo levantar os brazos)

eles arriba, elas abaixo, (estricar moito os brazos, anicarse e tocar as pernas)

teño dúas mans, teño dous pés, (xirar as mans polos pulsos, sinalar os pés)

ou non sei si será ao revés. (abrir as mans e encoller os ombros)

Abro un brazo que vai para a dereita, (sinalar a parede marcada)

abro o outro e vai para a esquerda, (sinalar a outra)

despois os dous quérense xuntar (iniciar a aperta)

e o meu corpo abrazar. (facelo)

Teño dous ollos, dúas orellas, (ir sinalando coas dúas mans)

unha boca, tamén un nariz, (sinalar cada parte cunha man)

os ollos miran, a boca sorrí (abrir moito os ollos cun sorriso)

e dille a todos que estou moi feliz. (sorrindo, brincar alternando os pés)

2. Facemos: Estampado coas mans.

Poñer no chan un anaco grande de papel kraft para poñer as mans molladas en pintura de

dedo cando soe o retrouso. Mentres soan as outras partes da cantiga, hai que aproveitar

para cambiar de sitio de xeito que haxa espazos en branco para pousar as mans. Cando

remate a canción, buscar as marcas que se puxeron no primeiro e no derradeiro retrouso.

3

voltar ao índice

3. Facemos: Estampado cos pés.

Poñer no chan dous pratos con pintura de diferente cor –normalmente se utiliza azul para

a dereita e vermella para a esquerda- e axudar a que poña un pé en cada prato. Logo andará

por un papel kraft branco ata chegar ao estremo onde haberá colocada un recipiente

con auga para meterse e lavar os pés. Facer a observación da pegada de cada pé sinalando

a correspondencia de cada dedo coa súa, a simetría dos pés, como progresivamente

perde cor a pegada…

4. Facemos: Representación do corpo humano.

a) Darlle unha cara debuxada sen boca e pedirlle que lle poña unha boca de persoa

feliz.

b) Darlle un debuxo dun corpo e pedirlle que dea cor as mans e aos pés ou a calquera

das partes que nomea a canción.

5. Clasificamos e contamos: Aprender os números.

Escribimos –ou pegamos etiquetas con eles escritos- os números do un ao cinco na punta

de cada un dos dedos da man esquerda (ou na dereita, dependendo se é unha persoa zurda

ou destra) da nena ou neno. Tamén podemos facelo nunha man debuxada nun taboleiro, ou

na retallada en cartolina vermella. Mentres escoitamos a canción, ten que copialos nos

dedos dunha man que lle damos debuxada nun papel ou das estampadas con pintura de

dedo.

6. Experimentamos: Simetría do corpo.

Dar unha folla de papel dobrada á metade, de xeito que na dobra coincida o eixo de simetría

dunha silueta dun corpo humano, do que soamente haberá marcada a parte esquerda.

Que abra o papel e que pinte a media figura co dedo ou cun pincel, dependendo da destreza.

Que volva a pregar e pase a man polo papel aplanando. Que inmediatamente abra o

papel para observar a figura completa.

c) Cando estea traballada a cantiga, pedir que debuxe o seu corpo. Comparar con debuxos

anteriores ao dito traballo, para avaliar o progreso.

7. Mais coñecementos: Aprender os nomes dos dedos.

Ir tocando cada dedo da man co correspondente da outra da outra e ir nomeando cada un.

8. Somos habelenciosos: Xogo con monicreques.

Poñerlles na man o monicreque de para que o manexen co polgar, o índice e o medio. Que

xoguen con eles e colocárllelos cada vez que o necesiten, ata que saiban poñelo por si.

4

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. As aves

O peto

Os nenos e nenas pequenos, identifican a vida dos animais coa súa. Esta cantiga apoia o

coñecemento da Natureza na carga afectiva que para eles ten o coidado que lles dispensa

a figura materna.

1. A cantar.

Na casa ou na escola cantar a canción marcando o retrouso con golpes feitos co corpo

–palmas, pés …- ou con obxectos de uso cotiá –coas mans na mesa, co elástico dunha carpeta,

con dúas culleres…-.Tamén podemos utilizar instrumentos de percusión como pandeiretas,

pandeiros, caixas chinesas, axóuxeres…

2. ¿Cómo son os paxaros?

Observación de paxaros do natural ou en calquera soporte.

Ver as partes do seu corpo e contar cantas patas, ás, dedas… teñen.

3. ¿Investigamos sobre os paxaros?

Presentar libros de paxaros para observar como son, como viven, como se reproducen, de

que se alimentan…

Que busquen coa nosa axuda fotos de petos.

Entrar en internet para saber cousas do peto e de outros paxaros.

Escoitamos gravacións con canto de paxaros.

4. Xogamos con cromos.

5. Niños.

• Que busquen paxaros entre unha morea de cromos de animais. Que traten de

encontrar algún peto.

• Emparellar cromos de paxaros.

• Clasificar paxaros por tamaños.

Presentar, se o conseguimos, un niño abandonado. Ver tipos de niños en fotos ou en soportes

diversos. ¿Cómo é o niño dun peto?

5

voltar ao índice

6. Os paxaros e as árbores.

Presentar unha folla de papel con debuxos de árbores. Cada árbore terá un paxaro pousado

á ou á dereita da árbore. Deberán poñer unha etiqueta azul onde o paxaro estea á

dereita e unha vermella onde o paxaro estea á esquerda.

7. Contamos paxaros.

Darlles unha folla con moitos paxaros. Deberán rodear cunha liña, en grupos de dous (ou

de tres, catro…).

8. Facemos paxaros.

• Darlles unha folla de papel con círculos e óvalos. Deberán engadirlles pico,

patas, ollo, á e cola, con rotuladores de cores e colorear con ceras duras, ao seu

gusto.

• Que estendan coas mans, pintura de dedo sobre a mesa. Que limpen as manciñas

e que debuxen paxaros sobre a pintura, cos dedos. Poñendo un papel A3

sobre a mesa, obterán un gravado.

6

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. As aves

O galo qui qui ri qui

Desde calquera punto de vista, o traballo encol dos animais domésticos, é necesario na

escola infantil, porque nos vai servir para traballar o contorno natural das nenas e nenos,

amais de espertar a curiosidade polo seu mundo, a necesidade de saber máis.

Este traballo vai, ademais, servir para desenvolver unha serie de hábitos e orientar cara

actitudes positivas.

1. A cantar e a xogar.

• Escoitamos a canción, marcando o ritmo:

-coas palmas das mans

-cos instrumentos de percusión da escola

-collidos das mans, desprazamentos varios, facendo ruído cos pés.

• Dividimos a clase en oito grupos. Cada nena ou neno do grupo terá un cartel -A4 pegado

nunha cartolina de cor un pouco maior- no que estará escrita en grande unha das onomatopeias

da canción. Cantar a canción e, cando se diga a onomatopeia correspondente,

levantarán o cartel. No cartel, para idades menores, pódese poñer, no canto do escrito,

unha imaxe do animal que corresponde. Podemos poñer ámbalas dúas cousas.

2. Libriño dos animais.

Darlles follas –con formato e tamaño segundo se queira- coas imaxes dos animais da canción.

Cada animal deberá levar un globo de voz no que escribir ou pegar o son que emite

cada animal. Axeitaremos o nivel de traballo do escrito ao grupo ou á persoa.

Tamén podemos propoñer que os debuxen eles mesmos ou calquera técnica plástica que

desexemos, desde a máis sinxela á máis elaborada.

Pódense obter ideas no libro “Fago libros” de M.P. Añón, na Editorial Ir Indo.

3. Saber máis:

Na biblioteca da aula ou da escola, que busquen libros nos que ver ilustracións dos animais

domésticos e obter coa nosa axuda información da súa morfoloxía, de como é a súa vida...

Podemos tratar de que fagan unha visita a unha granxa ou ser recibidos nunha casa de

aldea, para ver estes animais. É interesante incluso para escolas rurais, porque nos vai

permitir que sistematicen coñecementos. Para nenos e nenas de escolas urbanas, é imprescindible.

7

voltar ao índice

4. Vemos e escoitamos contos:

Tratar de que miren e interpreten as ilustracións dos moitos contos de animais que hai

na biblioteca da aula e da escola. Os animais son personaxes que abondan nas fábulas e

nos contos. Fagamos unha escolma na que prime a calidade da linguaxe e da ilustración e

botémonos de cheo neste divertido mundo.

5. Lemos e escribimos:

Dependendo do nivel do alumnado, podemos facer numerosos exercicios de lectura e escritura,

desde os máis doados aos máis complicados.

-Ter ben á vista carteis con cada animal e a súa voz. Dar cromos con cada animal

e carteliños coa voz para que os emparellen.

-Que fagan o mesmo arriba proposto, sen ter os carteis á vista.

-Darlles os cromos dos animais e as letras soltas, para que compoñan a onomatopeia.

Facelo cos carteis á vista os sen carteis.

-Darlles os animais para que escriban a voz, con modelo á vista ou non. O tipo de

letra dependerá da que se estea a traballar na clase, segundo o nivel.

Cando se trata de un grupo de E. Infantil que leva certo adianto na lectura, serve para

insistir na distinta forma de escribir o son velar oclusivo xordo /K/, segundo a vogal á que

acompañen.

6. Xogamos con cromos

Dar cromos destes animais e doutros domésticos, para que clasifiquen segundo:

- sexan grandes ou pequenos

- o corpo cuberto de pelo ou pluma

-teñan dúas ou catro patas

-os fillos saian dun ovo ou da barriga da nai

7. Máis clasificacións

No mercado, hai figuriñas de animaliños domésticos de plástico para clasificar, segundo a

cor o tamaño e a clase. É unha versión dos bloques lóxicos coa que poden facer as clasificacións

e xogos matemáticos que adoitan facerse na escola infantil. Aínda que son doados

de obter, no caso de ter algunha dificultade, podemos substituílos por debuxos plastificados.

8

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. As aves

A romaría dos paxaros

É esta unha animada cantiga para aprender o nome dos paxaros dos nosos campos. Serve

ademais para traballar unha chea de conceptos de tamaño, de cor, de número... E, sobre

todo, para pasalo ben recreando a romaría, achegando así aos pequenos a tan tradicional

festa da nosa terra.

1. A cantar e a xogar:

Aprendemos a nos mover en roda, mentres escoitamos e imos aprendendo a canción.

• Collidos das mans, camiñando cara á nosa dereita e logo cara á nosa esquerda.

• Facendo unha roda dentro da outra e camiñando as dúas cara a un lado ou unha

para dereita e outra para a esquerda.

2. Observamos: Os paxaros

Mirar ilustracións de libros, folletos, documentais, postais… onde aparezan os paxaros que

se nomean na canción.

Se é posible ver paxaros no contorno da escola, ir observalos.

Mirar niños de paxaros.

Falar das festas e romarías.

3. Máis coñecementos:

Pedir a colaboración das familias para que aporten materiais encol destes paxaros e facer

unha exposición na aula.

Se entre os familiares hai persoas que saiban de paxaros, solicitar a súa presenza na

escola para falar deles ás nenas e nenos.

4. Clasificamos e contamos:

Xogos con cromos dos animais que aparecen na cantiga

• Darlles cromos con imaxes diversas destes paxaros para que os recoñezan.

• Darlles cromos onde se repita a especie de paxaros para que poñan todos xuntos

os da mesma clase.

• Contar con cromos de paxaros.

9

voltar ao índice

• Que agrupen cromos segundo teñan un paxaro ou varios.

• Emparellar cromos de paxaros cas etiquetas co seu nome.

5. Facemos: Libro dos paxaros

• Darlles follas A4 nunha cor clara. Deberán ter dous recadros grandes por

cada lado e, baixo cada un deles un recadro pequeno cun nome de paxaro.

• Deberán dobrar cada folla á metade, de xeito que quede se poida facer un caderniño

no que quede un recadro grande e outro pequeno por páxina.

• Darlles unha cartolina de cor viva para facer a capa do caderniño. Deberá ter

impresa á dereita o título do libro – por exemplo “ Os paxaros”, “Os noso amigos

os paxaros”, “Coñezo os paxaros”...

• Deberán dobrar a cuberta a metade e colocar dentro as páxinas. Con axuda,

gramparán para encadernar.

• Darlles nunha ou varias follas, fotocopias de imaxes dos paxaros traballados co

seu nome debaixo. Deberán retallalas e pegalas no lugar correspondente de cada

páxina do libriño.

• Na parte de atrás da capa do libriño, escribirán o seu nome e pegarán unha

fotografía súa.

• Por dentro das cubertas, no caso de poder conseguilas, pegar plumiñas.

6. Pintamos paxaros.

Nun papel forte, cun pincel groso e témpera de cor, facer dous círculos xuntos, un máis

pequeno que será a cabeza. Cando teña secado, cun pincel do 4, facer os detalles con

outras cores: pico, ollo, á, patas, cola...

O traballo pode ser individual ou colectivo, con moitos paxaros nun papel grande posto no

chan.

7. Iniciación á lectura e á escritura.

Escribimos xunto aos paxaros que pintamos a súa voz: pío, pío...

Tratamos de que recoñezan esta palabra entre outras sinxelas con p.

Escribimos outras palabras con p: papá, pipa, Pepa, Pepe...

8. Escoitamos e miramos.

Animamos a que miren libros e contos da biblioteca da aula que fagan referencia aos

paxaros.

Comentar con eles os libros de coñecementos e lerlles algún conto.

10

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. As aves

O carrizo

1. A cantar e a xogar.

Escoitamos a canción, marcando o ritmo:

-coas palmas das mans

-cos instrumentos de percusión da escola

-en fileira, desprazamentos varios, facendo ruído cos pés.

2. O carrizo e o seu niño

Se vivimos no medio rural, non é difícil obter un niño de carrizo abandonado, e tamén algún

outro, para que os observen e os comparen. De non ser ese o caso, teremos que botar

man de fotografías e outras ilustracións de libros ou da rede.

Trátase, en todo caso, de que coñezan o curioso niño do carrizo e poidan coñecer outros.

Que vexan de que está feitos e como. Que comprendan como os paxaros, como os seres

humanos, coidan das súas crías e preparan para elas acubillos axeitados.

3. Sabemos máis.

Achegarlles libros de paxaros onde poidan ver ilustracións dos que abondan en Galicia.

Que vexan imaxes da rede e documentais sinxelos sobre os paxaros.

É interesante que poidan visitar mostras e exposicións encol do tema. Un lugar axeitado,

sería a Casa das Ciencias da Coruña.

4. Facemos un niño de carrizo:

Podemos facer un niño de carrizo na clase, cunha pelota de tenis, na que practicamos un

burato. Logo a cubrimos por dentro e por fóra con anaquiños de la ou outros materiais

para obter a semellanza.

Que fagan o carrizo e os pitiños con plastilina, que logo poden vernizar con alkil.

5. Emparellamos paxaros co seu niño

-Logo de ter mirado nos libros da biblioteca os paxaros e os seus niños, que em-

11

voltar ao índice

parellen cromos de paxaros co seu niño correspondente.

-Podemos facer un repaso das cores, dando niños dunha para que os emparellen

co paxaro que está pintado desa cor.

-Dar paxaros de varias clases, entre eles carrizos, para que fagan a escolma dos

carrizos e os poñan aparte.

6. O carrizo e o botón

Nunha folla A4, dar debuxadas parellas de carrizos e botóns en distintas posicións, respecto

un do outro.

Que dean, por exemplo, cor vermella aos botóns que están arriba do carrizo, azul aos que

están abaixo, amarelo aos que está á dereita, verde aos que está á esquerda.

O carrizo, que o pinten sempre da mesma cor, preferiblemente como a perciben no natural.

7. Manuel María e Os soños na gaiola

Levar Os soños na gaiola e lerlles o poema. Falarlles dos outros poemas de paxaros do

libro. Pódense ler e traballar en días sucesivos.

Deixar ao seu alcance o libro para que o miren, o toquen. Prestarse a lerlles outros poemas

ou que os poidan escoitar cantados por Suso Vaamonde.

12

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. As aves

O paxaro xoguetón

Aproveita a canción o gusto polos animais que sinte a xente miúda para facer mirar cara

ás actividades cotiás nas que a familia queda máis arredada. ¿Por que sentir inseguridade

se está comigo o paxaro xoguetón? ¿Como non me vai gustar ir á escola se ata o paxariño

quere vir e aprender a ler? O paxaro canta na escola sen ter vergoña e non ten medo

no bambán e... ¡eu tamén son valente! Ademais, coa súa plumaxe, faime lembrar as cores

que aprendo na escola.

1. A cantar e a xogar.

Escoitamos a canción, marcando o ritmo:

-coas palmas das mans

-cos instrumentos de percusión da escola

-collidos das mans, facendo ruído cos pés

2. Sabemos as cores

Darlle a cada quen unha folla de papel cun paxaro grande debuxado moi esquematicamente.

Que collan as ceras moles.

Poñer a canción, repetida varias veces, para que mentres pinten as partes do paxaro coas

cores axeitadas. Ou que a escoiten en silencio un par de veces, apagar e que pinten.

3. Onde está o paxaro xoguetón?

Nunha folla con paxaros iguais pero pintados de cores diferentes, que busquen e roden

cunha cera dura o paxaro que ten as cores que indica a canción.

4. Colaxe de paxaros:

Nun papel kraft azul, posto no chan, haberá paxaros debuxados como o que colorearon na

folla. En caixas, teremos anacos cadrados de papel de 1 cm., aproximadamente, das cores

que di a cantiga. Deberán ir pegando cadradiños da cor correspondente a cada parte,

utilizando cola de barra. Rematarán ao seu gusto o cadro da familia do paxaro xoguetón,

pegando cadriños pola beira do papel e facendo algunha flor con ceras moles .

13

voltar ao índice

5. Escribimos:

Coas letras móbiles, que poñan o que di o paxaro.

6. Somos habelenciosos: o bambán do paxaro xoguetón

Con pompóns -de venda nas tendas de manuais- duns 3 cm. de diámetro cada neno ou

nena fará, con axuda, un paxaro.

Cunha pinga de alkil, pegará no medio do pompón un triángulo amarelo que será o pico.

A cada lado, pegará igualmente dous círculos que serán os ollos. Por baixo, unha tiriña de

papel en v semellará os pés.

Nós faremos o bambán cun pau delgado e dous cordóns, que colgaremos a unha altura

onde cheguen as nenas e nenos. Alí pegarán os paxariños que veñen xogar co noso amigo.

7. O paxaro xoguetón é o meu amigo

Temos un paxaro de farrapo ou la. Sae un neno ou nena e nós damos a orde:

-Paxaro, voa á cabeza de Antía ( ou de Tiago, ou de María...).

A nena ou neno, deberá colocar o paxaro na parte do seu corpo o dun lugar da aula que

nós digamos. Logo de tres ou catro ordes, sae outra nena ou neno.

14

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. Os insectos

A marcha das formigas

As formigas son ben coñecidas polos cativos. Chaman a súa atención cando as ve no campo,

nos parques... Hai unha chea de contos encol destes animaliños.

A cantiguiña fainos identificarse con estes insectos e lembrar unha serie de pequenos animais

que van conformando o seu imaxinario persoal.

Podemos aproveitar a súa aprendizaxe para pasalo ben cantando e facer, ademais o seguinte:

1. A cantar e a xogar.

Aprendemos a nos mover en fileira, do mesmo xeito que fan as formigas, mentres escoitamos

e cantamos.

• Agarrados á corda.

• Agarrados á roupa da nena ou neno que vai diante.

• Sen agarrar, procurando seguir os pasos da persoa anterior.

2. Observamos: As formigas.

Saímos ao patio e buscamos formigas.

O profesorado deberá ter controlado previamente o lugar onde pode atopalas. Se non

fose posible dar con elas, terase unha gravación para velas na aula. Así mesmo buscaremos

outros insectos que observar.

3. Máis coñecementos.

Mirar ilustracións de libros, documentais, postais… onde aparezan os animais que se

nomean na canción e outros. Facelos diferenciar entre os insectos e outros animais pequenos.

Aproveitar coñecementos previos facendo un intercambio deles na asemblea.

4. Clasificamos e contamos.

Xogos con cromos dos animais que aparecen na cantiga:

• Darlles cromos, iguais de dous en dous para que os emparellen.

• Darlles cromos de animais diferentes para que os agrupen segundo teñan ás ou

15

voltar ao índice

non, segundo a cor, o tamaño...

• Contar con cromos de insectos.

• Que agrupen cromos segundo teñan un insecto ou varios.

5. Facemos: Modelamos formigas.

Que fagan tres bólas de plastilina negra, deixando unha, para a cabeza, un pouco máis

pequena e dando forma ovalada á do abdome. Que as unan para formar a formiga. Darlle

a cada quen seis anaquiños de limpa pipas negro, para que dobren cada un á medade e o

craven por un extremo no tórax da formiga.

Para os ollos, dous alfinetes de cabeza de vidro. Para as antenas, dous pequenos anaquiños

de limpa pipas.

6. Facemos: Móbil de xoaniñas.

Darlles dous círculos de cartolina 10 cm. de diámetro, un de cor negra e outro de cor

vermella, para que os peguen un contra outro.

Darlles un segmento circular de cartolina negra, que fará de cabeza e irá pegado sobre a

parte vermella.

Desde a metade da cabeza ata o extremo contrario pegarán unha fita de cartolina negra

ou marcarémoslles unha raia cun rotulador groso.

A medio centímetro da cabeza, e sobre esta raia, pegarán unha etiqueta negra redonda

de 1 cm. De diámetro aproximadamente; a ámbolos dous lados da raia repartir simetricamente

outras seis etiquetas iguais.

Pendurar dun fío.

7. Pintamos formigas.

Con pintura de dedo negra e sobre un papel ou cartolina de cor verde, que fagan unha

fileira de formigas.

Que mollen o dedo na pintura e marquen tres pegadas xuntas de cada vez. Completarán

cada formiga, facéndolle as patas cun rotulador negro.

8. Escoitamos e miramos contos.

nimamos a que miren contos da biblioteca da aula que fagan referencia ás formigas. Lerlles

algún deles. É recomendable O coelliño branco da Editorial Kalandraka.

16

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. Os insectos

O grilo e a ra

Dous animaliños do campo que sempre espertan as simpatías dos cativos. Porque son pequenos

coma eles, e brincan tamén coma eles. E ademais, cantan.

Vannos dar a ocasión de traballar a observación e iniciarse no estudo do reino animal, de

facer sinxelamente semellanzas e diferenzas, de amar e respectar a Natureza.

1. A cantar e a tocar.

Logo de escoitar a canción, propoñemos que vaiamos cantando todos e que toquen as palmas

cando canta o grilo e cando canta a ra.

Podemos despois diversificar os nosos sons, e tocar as palmas cando canta o grilo e pisar

forte cando canta a ra.

Utilizando os instrumentos de percusión da aula, damos axóuxeres á metade da clase: serán

grilos. Damos caixas chinesas á metade da clase: serán as ras.

No caso de non dispoñer de abondosos instrumentos de cada clase para todos e todas,

podemos distribuír os que haxa, indicando cales deben soar cando cante cada animal.

2. Fabricamos instrumentos

Cos nenos e nenas podemos facer instrumentos de percusión para a anteriormente descrita

actividade.

• Nun pau duns 20 cm., con cravos longos, cravamos tres ou catro parellas de

chapas de refresco, previamente furadas no medio. Deberán quedar frouxas para

que soen entre elas.

• Enfiamos nun cordel duns 30 cm., parellas de chapas, separando cada parella

cun no. Deixamos un espazo para que agarren coa man para facelas soar.

Instrumentos de percusión ocasionais, poden ser unha chea de obxectos da aula: a goma

elástica dun cartafol, as mans na mesa ou na porta da aula ou dun armario, as caixas

dos xoguetes, valeiras e postas do revés...

17

voltar ao índice

3. Investigamos

Aproveitamos coñecementos previos, falando do tema na asemblea.

Buscamos en libros, miramos documentais, fotografías... que fagan referencia aos grilos e

ás ras, para saber como nacen, como viven e onde, que comen...

Pedimos que pregunten na casa cousas destes animais e que recaden, dentro das súas posibilidades,

materiais que nos poidan aportar información.

Visitamos algunha exposición onde observar insectos e anfibios, por exemplo a da Casa

das Ciencias da Coruña.

4. Clasificamos e contamos: Xogos con cromos

Darlles cromos con ras e con grilos para que poñan xuntos os de cada clase.

• Clasificar cromos de insectos e de anfibios, poñendo para un lado os que son

parecidos ás ras e os que son parecidos aos grilos.

• Que agrupen cromos segundo teñan un grilo ou unha ra ou varios..

5. Xogamos coas palabras

• Aproveitando as onomatopeias da canción, cantamos cambiando as vogais das

mesmas, de xeito que o grilo e a ra digan cre-cre, ou cru-cru.

• Pensamos e dicimos palabras que teñan os sons cra, cre, cri, cro, cru.

• Se o grupo de infantil está traballando a certo nivel de lectura, pódese aproveitar

para facer ese labor con estas e outras sílabas trabadas. De todos os xeitos,

con calquera grupo, podemos darlle debuxos para colorear con ras e grilos, con

globos onde, copiado do encerado, poden escribir cri ou cra, no tipo de letra axeitado,

segundo corresponda ao grilo ou á ra.

18

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. Os peixes

Nadan, nadan

Os animais son moi atractivos para os pequerrechos. Cando animamos á súa observación

estamos abrindo ante as nenas e nenos un abano de posibilidades de coñecemento e desenvolvemento

persoal. Que nesta ocasión se trate de animais acuáticos engade un interese

especial xa que os nenos gustan dos xogos de auga.

Vemos cousas que podemos facer a partir desta cantiga.

1. A cantar e a xogar

Acompañamos a canción con movementos.

Os peixiños e as peixiñas (barriga no chan e

andan, andan a nadar movementos de natación cos brazos e pés)

e danlle bicos aos nenos/as (botar bicos coas mans

que se van bañar ao mar. mentres se erguen)

Os muxes andan por riba (levantar os brazos)

e as meigas andan por baixo (baixalos ata o chan)

rifando coas robalizas (cara de enfado, man na cintura e a outra

por andar atrás dos sargos. fai movemento de ameaza)

RETROUSO (movementos do retrouso)

Nada, nada, nada a xarda (toda a estrofa, movementos de natación

nada,nada a pescada no chan)

nada, nada o bacallau

e o polbo tamén nada.

RETROUSO (movementos do retrouso)

Nada, nada unha sardiña (movementos

Nada detrás dunha raia de natación)

Dicíndolle adeus aos nenos

Que están xogando na praia.

RETROUSO (movementos do retrouso)

Tamén nadan os xurelos, (movementos

Nadan, nadan as parrochas

E os peixes pequeniños de

Que están no medio das rochas. natación)

RETROUSO (movementos do retrouso)

19

voltar ao índice

2. Experimentamos: Coidado de peixes.

Un par de peixes de auga fría necesitan de poucos coidados. Os nenos e nenas estarán

moi contentes observándoos, botándolles de comer, axudando a telos limpos… Aparte dos

coñecementos que adquiran coa observación e facendo preguntas que se lles ocorran, conseguiremos

que aprendan a ser responsables, a amar e respectar aos animais.

3. Máis coñecementos.

Mirar ilustracións de libros, documentais, postais… onde aparezan os peixes que se nomean

na canción e outros. Falar sinxelamente das diferenzas connosco na respiración, no

desprazamento, na reprodución… Que expresen o que pensan, o que saben, que pregunten…

4. Clasificamos e contamos.

Xogos con cromos de peixes e animais mariños: a) Darlles cromos, iguais de dous en dous

para que os emparellen. b) Darlles cromos de peixes diferentes para que os agrupen por

cores, por tamaños, por algunha característica… c) Contar con cromos de peixes.

5. Facemos: Retallado e pegado.

Que retallen, dentro das súas posibilidades, peixes e animais mariños que aparezan nalgunha

revista ou folleto. Que peguen os de todos nun anaco de papel kaft azul e axudar a

completar unha paisaxe de fondo mariño con ceras de cores.

6. Facemos: Móbil de peixes.

Darlles dous círculos de 5 cm. de diámetro e un semicírculo de 10 cm. e outro de 5 cm. ,

todos de cartolina. Poden ser todos da mesma cor ou os círculos dunha e os semicírculos

doutra. Que peguen os semicírculos de xeito que a parte curva do pequeno se superpoña

lixeiramente e centrado, sobre a parte recta do grande –dalo marcado ou axudar: Serán

as aletas e a cola do peixe. A continuación, pegar os dous círculos a ambos os lados, de

modo que correspondan, centrados, coa parte curva do círculo grande: Queda montado o

peixe e soamente hai que poñerlle os ollos –unha etiqueta redondiña de cor, a cada círculo

-, e a boca –unha raia de rotulador. Colgar cada un dun fío e penduralos todos preto

dunha corrente de aire, para que se movan.

7. Somos habelenciosos: A pesca.

Hai no mercado un xogo de pesca con cana. Pode facerse caseiro, con peixes feitos con

dous cartóns de cores aos que se lles pega dentro un imán. A cana faise cun pau dos que

veñen cos zapatos e un cordeliño cun imán no extremo. Poñer os peixiños nunha bandexa

ou dentro dun aro de motricidade e tratar de pescalos.

20

voltar ao índice

O MEU MUNDO

Os animais. Os mamíferos

O rato ratachín

Ao mesmo tempo que cantamos, poden aprender unha chea de cousas.... E dun xeito divertido.

O rato, para os pequerrechos, é un bicho simpático, pequecho, brincador, que coñece

polos contos, polas historietas animadas da televisión... Por iso, vano pasar moi ben

mentres aproveitamos incluso para que detectar e corrixir dislalias.

1. A cantar e a xogar.

Escoitamos a canción, marcando o ritmo:

-coas palmas das mans

-cos instrumentos de percusión da escola

-collidos das mans, desprazamentos varios, facendo ruído cos pés.

2. Onde está o rato?

Dar unha folla de papel con varias cadeiras. O rato estará arriba ou abaixo da cadeiras.

Que rodeen con azul os ratos que estean arriba da cadeira e de verde os que están abaixo.

3. Lemos poesía.

Lerlles e traballar o poema de Manuel María Señor gato

4. Vemos e escoitamos contos.

Tratar de que miren e interpreten as ilustracións dos moitos contos de ratos que adoita

haber na biblioteca da aula. Lerlles varios deles, por exemplo, dos que edita Kalandraka,

A que sabe a Lúa e Contos de ratiños. Tamén Frederick, editado por Lumen, en castelán e

por Kalandraka en galego.

5. O rato é larpeiro... e nós tamén:.

Para celebrar algo na escola, cociñamos:

• Ratos de queixo: Abrir medias -noites e poñer unha lasca de queixo dentro, de

xeito que asome un pouco, facendo a lingua. As orellas farémolas con dúas medias

améndoas. Os ollos, rodiñas de oliva chea de pemento. O rabo,

• Ratos de pera: Poñer medias peras cocidas –quedan moi ben de conserva- nun

21

voltar ao índice

prato. Facerlles as orellas con dúas medias améndoas, os ollos serán dous cravos

de especia e o rabo e os bigotes, tiriñas finas de regalicia.

• Madalenas da mamá rata: Cubrir madalenas con crema de cacao branca –tipo

Nocilla- Nela, facer a cara dun rato: ollos e nariz de pílulas de chocolate –tipo

Smarties, Lacasitos...- , orellas de media galleta redondiña, bigotes con tiriñas

finas de regalicia.

6. Xogamos coa boca

Trátase da intervención indirecta para a corrección de dislalias (a.- fonema vibrante simple

sonoro e b.- fonema líquido vibrante múltiple):

a.-

b.-

-Exercicios de respiración: inspiración débil e curta, pausa, expiración débil e curta.

-Sopro normal (tratar de mover un ratiño de papel).

-Botar lingua ancha (somos gatos e queremos coller o rato con ela).

-Relamber coa punta da lingua os beizos superior e inferior en movemento circular

nos dous sentidos (xa comemos o rato).

-Tocar coa punta da lingua os incisivos superiores e inferiores, por dentro (?¿queda

algo de rato?)

-Tocar coa punta da lingua os incisivos superiores e inferiores por dentro e por fóra,

alternativamente (limpamos a dentame logo de comer rato).

-Tocar coa punta da lingua as moas superiores e inferiores, a dereita e da esquerda,

alternativamente (continuamos coa limpeza da dentame).

-Dobrar os bordes da lingua cara dentro para formar unha canle lonxitudinal (facemos

un camiño para o rato).

-Dobrar a lingua carra arriba e cara atrás, suxeitando cos incisivos superiores (¿que

non escape o rato!)

-Respiración: inspiración forte e longa, pausa, expiración forte e longa.

-Sopro forte e longo (unha pinga de auga nunha folla de plástico onde hai un rato

debuxado con rotulador de alcohol; hai que tratar de que a pinga chegue á boca do

rato soprando seguido)

-Abrir a boca, botar a lingua e movela de arriba para abaixo (tratamos de lamber

marmelada de rato, pero está lonxe e non chegamos).

-Tocar coa lingua os incisivos superiores e inferiores, por fóra (afiamos os dentes

para comer rato).

-Movementos xiratorios da lingua entre os beizos e os dentes pechados (tiramos brillo

aos dentes).

-Movementos vibratorios de beizos, tórax e brazos (somos unha máquina de triturar ratos).

-Poñer a lingua entre os beizos e facer vibración con eles (xa estamos fartos de

tanto rico rato).

22

voltar ao índice

O MEU MUNDO

As árbores

As árbores da fraga

Dunha maneira próxima, simpática, achegámonos ao mundo das árbores da nosa terra.

Os nenos e nenas aprenden a distinguilos polos seus nomes. Poden amais facer, coa nosa

axuda, unha pequena reflexión sobre a importancia das árbores autóctonas para a conservación

do solo, así como o mal que lle fan outras que non nos son propias, das cales o

eucalipto é o paradigma.

1. Coñecemos as árbores

Logo de escoitar a canción, pasámoslles fotografías nas que estean todas as árbores que

se nomean na mesma. Explicar como o eucalipto non é unha árbore autóctona e como

causa dano no solo do monte, que foi o que moveu a plantar a dita árbore e que debemos

facer de agora en diante.

2. A cantar e a xogar.

Escoitamos a canción mentres facemos o seguinte xogo: Dispostos en roda, co acivro no

medio, camiñamos ao son da cantiga. Ao primeiro, repetimos soamente o retrouso. Cando

teñamos xogado varias veces, seguramente poderán cantala enteira.

Da roda, cando se nomee, a neno e nena que faga de carballo soltarase das mans dos

outros e entrará no medio, colléndose das do acivro. Continúa a canción e rodan os da

roda de fóra e o acivro co carballo. O eucalipto , que non estará na roda senón fóra, tratará

de entrar sempre que se cante o retrouso. Entón para a roda e xúntanse todos con

que o eucalipto non poida parar dentro. Segundo se nomee a cada árbore, o neno o nena

que faga desa árbore, pasará a rodar na roda de dentro. Na derradeira estrofa, danse a

volta e rodan mirando cara fóra para vixiar ao eucalipto.

3. Sabemos máis das árbores.

Mirar libros, documentais, fotografías coas árbores que estamos a aprender.Se é posible,

facer unha saída escolar para ver unha fraga. As do Eume, son altamente recomendables.

No caso de quedar moi lonxe da escola, sempre haberá algún lugar máis próximo onde ir.

Nas cidades e vilas, hai parques –por exemplo os xardíns de Méndez Núñez, na Coruña-

con moitas variedades autóctonas; é outra alternativa.

O outono é bo momento para ver como as árbores caducifolias van deixando secar as súas

follas, como as perden para o descanso da invernía, como o solo se vai beneficiar desas

23

voltar ao índice

follas... Amais dos coñecementos que van adquirir, a experiencia no campo visual e plástico

é moi importante.

4. Como é unha árbore?

Miramos árbores do natural. Dicimos as súas partes: tronco, copa coas polas e as follas...

Pensamos con que se agarra á terra e por onde come: a raíz. Tocamos todas as partes

que poidamos. Miramos semellanzas entre as mesmas partes de árbores de distinta especie

e tamén que teñen de diferente.

Facemos o mesmo con fotografías ou debuxos.

5. O libro das árbores.

Xa sexa nun paseo pola fraga, xa nun parque, podemos recoller follas que secaremos

entre papel de xornal cun peso por arriba. Tamén podemos pedir que estas follas sexan

recollidas polas nenas e nenos coas súas familias.

Cando teñamos variedade de follas secas, faremos un libro colectivo das árbores:

O tamaño será A3. As follas serán de cartolina. O efecto cromático será moi bo, se escollemos

un degradado de verdes ou marróns, comezando polo ton máis claro na primeira

folla ou polo máis escuro. Tamén podemos facer unha gradación do verde ao marrón.

Dedicaremos unha folla a cada árbore. Nela pegarán, harmonicamente dispostos:

-Unha fotografía da árbore.

-O nome en galego e abaixo o científico nunha cartolina duns 3 cm. de ancho, con

longo proporcional ao tamaño do dito nome.

-Unhas cantas follas.

Na última folla, en letra grandes, escrita polos nenos e nenas da clase, a letra da cantiga.

A capa do libro, de cartón pluma levará escrito “As árbores da fraga” na parte de diante.

Ademais, na de diante e na de atrás, levará siluetas de árbores estampadas con témpera

e esponxas.

6. O acivro.

As follas do acivro, non son doadas de prensar para o libro das árbores, pero podemos

darlle a importancia que merece, mediante un traballo de información especial na aula,

ao que podemos engadir a elaboración de colaxes de xeito individual. Estes serían así:

Nunha folla A4, de cartolina, cunha liña algo curvada de rotulador verde, á vista de fotografías

ou dun acivro natural, ir pegando as follas que lles damos previamente retalladas

en papel charón. Completamos a pola con círculos adhesivos de cor vermella. Debaixo,

24

voltar ao índice

tamén con rotulador, escribirán, copiando do taboleiro, a palabra acivro.

Aproveitaremos para explicar a importancia do acivro para a fauna dos nosos montes e de

aí a necesidade de protexela de cortas indiscriminadas.

7. Buscamos máis información das árbores da fraga

Na biblioteca da escola, co nosa axuda, buscarán libros sobre as árbores e nestes, as árbores

da canción. Lerémoslles informacións da súa compresión e interese.

Buscar en internet fotos de árbores.

8. Experiencia: Castañas e landras

En vasos de plástico transparente, poñemos terra. Que fagan un burato pegado á parede

do vaso e que metan unha castaña ou unha landra. Mollar a terra.

Poñer todos nun andel ou nunha mesa e coidar e observar como xermolan. Cando as plantiñas

teñan follas, transplantar ao patio da escola e seguir a súa evolución.

25

voltar ao índice

O MEU MUNDO

As árbores

Unha brincadeira

Aos nenos e nenas na idade infantil, polo xeral cústalles aceptar contiños con tantas

“mentiras”, porque precisan, para sentirse seguros, que a persoa adulta sexa “de fiar”.

Necesitan de alguén que garante que as regras se van cumprir para que todo funcione ben.

O noso traballo vai consistir en moi grande parte que acepten involucrarse nun xogo así,

deixar claro que é un xogo, que non estamos volvendo o mundo do revés. E unha vez que se

metan de cheo na brincadeira, van gozar dela como quen participa dunha aventura marabillosa,

arriscada e rompedora, na que nós lles damos o permiso e a protección que necesitan

para meterse nela.

1. A cantar e a falar.

Iniciaremos unha conversa na que, como dixemos antes, presentaremos a cantiga como

unha chea de mentiras que debemos descubrir.

Escoitaremos a canción pedindo que poñan moita atención e que non digan nada ata o

final. Cando remate, pedir que digan os erros que escoitaron.

Para a segunda escoita, deberemos ter unha serie de carteis coa imaxe de cada árbore.

Tamén unhas cantas froitas de cada clase, preferiblemente retalladas para poder poñer

na copa das árbores. Nesta actividade, amosaremos o cartel correspondente a cada árbore

segundo se vaia nomeando, para afianzar o seu recoñecemento.

En escoitas posteriores, podemos dar un cartel a cada neno ou nena de xeito que, mentres

cantamos, levante cada quen a súa árbore segundo se nomee.

2. As froitas trabucadas:

Poñemos os carteis no chan e, nunha cesta ou bandexa, as froitas retalladas.

• Pedimos que poñan nas árbores as froitas tal como di a canción.

• Pedimos que as poñan na árbore onde nacen realmente. ¿Que árbore vai quedar

sen froita? ¿Que froita non ten a súa árbore?

3. Contamos froitas

Darlles unha folla de papel onde haxa froitas. Deberán contar cantas hai de cada clase e

26

voltar ao índice

anotar nun cadro. Esta actividade adaptarase ao grupo, polo que as propostas poderían ser

así:

• Cadro onde hai arriba celas con cadansúa froita. Debaixo, celas baleiras onde

deben poñer unha etiqueta redonda se hai poucas ou cadrada se hai moitas.

• O mesmo cadro, pero nas celas deberán escribir o número de froitas que hai de

cada clase.

4. Xogamos con cromos:

Darlles cromos con árbores e cromos con froitas, para que:

• emparellen árbores ou froitas da mesma clase

• emparellen árbore coa froita

• clasifiquen froitas secas ou con zume

5. Poñemos unha froitería:

Coas froitas de xoguete da clase ou, aínda mellor, con froitas naturais, montamos unha

froitería.

Como mostrador, unhas mesas ou andeis, que podemos cubrir con papel pintado polos nenos

e nenas. Podemos decorar as paredes próximas cun letreiro que poña “Froitería”, con

fotos ou debuxos alusivos...

Dispoñemos enriba as froitas en caixas ou cestas e unha caixa para os cartos. As moedas,

de cartolina, que preparan previamente mediante picado ou retallado. Fan moedas cun “1”

-e tamén cun “5” se xa non son moi pequenos os cativos. Cada quen vai dispor dalgunhas

moedas.

Véndense por unidades. O prezo da unidade debe estar posto na caixa de cada clase de

froita. O empaquetado faise en cucuruchos de papel feitos na aula.

Haberá quendas para facer de vendedor ou vendedora. Para esta función levan un mandil e

un gorro que temos preparado.

Para comprar, facemos fileira.

Logo de comprar as froitas, imos ao noso sitio, e facemos con elas o que teñamos proxectado:

comelas sen máis; clasificalas por tamaño, forma, clase, cor...; reservalas para unha

experiencia de cociña...

27

voltar ao índice

6. Comemos froita.

Coa froita da tenda, podemos facer algunha actividade sinxela de cociña.

Nas experiencias deste tipo, é moi importante o apartado de hábitos de hixiene, polo que

faremos ver a necesidade de ter o espazo a utilizar, os utensilios e o noso corpo, escrupulosamente

limpos. As mans deberán lavarse previamente e cantas veces sexa necesario ao

longo da actividade. O pelo deberá estar recollido, os antebrazos, libres de roupa.

Propostas:

• Ensalada de froita: Cada neno ou nena ten diante de si, un prato de plástico

onde apoiará e cortará en anaquiños, cun coitelo tamén de plástico ou un de

mesa, a froita que lle entregaremos pelada e en anacos grandes. Botámola nun

recipiente fondo, con zume de laranxa e limón. Servímola en cuncas, con culleriña.

• Marmelada de mazá: Deberán cortar as mazás – preferiblemente reinetas, porque

cocen decontado- do mesmo xeito que na actividade anterior. Na pesa da clase,

poñen a mesma cantidade de mazá cortada que de azucre. Van botando nunha

ola. Poñemos un vasiño de auga e unha tona de limón e cocemos ata que se desfaga

a mazá, remexendo de cando en vez. Agardamos a que arrefríe e envasamos

en vasiños desbotables cubertos cun pano de mesa de papel suxeito cunha goma

elástica. Na goma prendemos unha etiqueta feita por eles que poña “marmelada

de mazá” ou teña unha debuxada. Non presenta ningún perigo se controlamos ben

e evitamos as salpicaduras.

28

voltar ao índice

O MEU MUNDO

A miña terra e o meu ceo

Galicia é a miña casa

Un lugar onde vivimos, as súas terras, a súa xente que é a nosa xente, todo o que nos rodea

e que amamos... Esa é Galicia.

Con esta canción axudamos a coñecer e amar o que é o noso, a través do contorno físico

e afectivo dos nenos e nenas.

1. A cantar e a falar.

Escoitamos a canción e, na asemblea, falamos das nosas cousas: da nosa casa, do noso

barrio, da nosa aldea, vila ou cidade. Tamén da familia, da xente que queremos e das cousas

que nos gustan e que nos fan sentirnos ben.

Con todo isto, procurar que vaian comprendendo o que é a terra dun e da que formamos

parte: a nosa terra.

É a partiren da comprensión do significado da canción, cando a van aprender no seu fondo

sentido e a percibir toda a beleza que hai nela.

Para aprendela e máis tarde lembrala, podemos apoiarnos en debuxos ou fotografías que

amosaremos en forma de secuencia temporal, conforme soa a cantiga.

2. Onde estamos.

Observación do que se ve derredor da escola.

Reflexión sobre o que coñece cada quen da localidade onde vivimos. Observación dun plano

da clase e dun da escola. Observación dun plano da localidade. Explicación do que é un

mapa.

Observación do globo terráqueo para situar a nosa localidade.

Buscar en Internet a situación da nosa localidade. Ir “apartando” para que quede o territorio

de Galicia.

3. Sabemos cousas de Galicia

En soportes gráficos diferentes, que vexan aspectos da nosa terra: paisaxes, actividades,

29

voltar ao índice

costumes, animais... Que comparen co seu contorno máis próximo.

Na asemblea, compartimos coñecementos sobre Galicia.

4. Xogamos cos mapas de Galicia

• Buscar a nosa localidade nun mapa político ou de estradas.

• Buscar no mesmo mapa, outras localidades significativas.

• Comprender como se sinalan no mapa os accidentes xeográficos.

• Nun mapa físico, buscar accidentes xeográficos próximos.

5. Máis cousas de Galicia

Adquirir, ao seu nivel, coñecementos sobre a nosa lingua, a nosa música, a nosa literatura,

a nosa historia, a nosa forma de vida...

Solicitar colaboración das familias, na procura de alguén que puider ofrecer na escola:

contos tradicionais, obxectos de artesanía autóctona, cancións, documentais, fotografías,

ou todo o que sexa de utilidade para organizar unha xornada da familia, unha exposición,

unha proxección...

6. Debuxo libre: Eu e Galicia

Ofrecer diversos tipos e tamaños de papel e ceras duras ou moles, para que se debuxen

na súa terra, Galicia.

7. Onde nacemos?

Dar unha fotocopia dun mapa de Galicia a cada nena ou neno . Nela deberán estar marcadas

cun punto e o seu nome correspondente, todas as localidades onde teña nacido cada

neno ou nena da clase. Axudar a cada quen a que debuxe unha bandeiriña co seu nome co

mastro apoiado no punto que marca a súa localidade de nacemento.

8. Onde están as persoas que queremos?

Nun mapa de estradas de Galicia marcaremos cunha bandeiriña feita cun alfinete e un papeliño

escrito –por exemplo, avoa de Estevo ou curmáns de Carme- as localidades de Galicia

onde estean as persoas que quere cada neno ou nena e que viven fóra da localidade.

30

voltar ao índice

O MEU MUNDO

A miña terra e o meu ceo

A miña estrela

Velaí as estrelas, lado amable da noite para os nenos e as nenas.

Esta cantiga, ao personalizar as estrelas, ao recoñecer unha delas como amiga e protectora,

axuda a enfrontarse a inseguridade de abandonarse ao sono. Amais serve para achegalos

con sinxeleza ao coñecemento dos astros.

1. A cantar e a xogar.

• Escoitamos a canción en silencio, cos ollos pechados, en postura relaxada. Servirá

para acalmar o ambiente logo dunha actividade excitante.

• Cantamos seguindo a gravación.

• Dramatización: Cando coñecen ben a canción, podemos dramatizala de xeito

que poida servir, nunha xornada festiva, para ofrecela ás outras clases ou ás

familias.

Personaxes: Nena, Neno (os dous con pixama), Estreliña, Lúa, Estrelas Amigas (todos con

medias e camisetas brancas; os corpos serán estrelas e lúa de fliselina montados sobre

arame, suxeitos con fitas nos ombros, todos brancos excepto o da Estreliña, que irá en

cor azul clara).

Escenario: Fondo de papel kafft azul escuro, con estrelas brillantes (estampadas na aula

cunha esponxa mollada en cores brancas e amarelas). Tallos onde subirse os astros, tamén

forrados co mesmo papel. Tamén pódense tapar con teas brancas colocadas para imitar

nubes. No medio do escenario, cara adiante, dúas colchonetas pequenas, vestidas con

roupa de cama.

Desenvolvemento da acción: Ábrese o pano e aparecen a nena e o neno sentados nos leitos.

O resto dos personaxes aparecen subidos nos tallos distribuídos polo fondo do escenario,

coa Estreliña.

No alto do ceo

sei dunha estrela,

que sempre sorrí

se miro para ela.

-Comeza a soar a canción e a Nena mira cara a Estreliña, que sorrí e a saúda

coa man.

Aínda que vive

alí pendurada,

31

voltar ao índice

aixa moi feliz

se me oe chamala.

-A nena fai o aceno de chamala e a Estreliña baixa do tallo.

Ás veces fai festa

coas outras estrelas,

e bailan,e bailan,

que da gusto velas.

-Baixan as outras Estrelas, e cóllense das mans, movendo os pés e a cabeza ao

ritmo da música.

A miña estrela

é o meu sol na noite,

é un vagalume,

unha vela prendida.

-Quedan as Estreliñas quietas e tres delas collen do chan uns cartóns cun sol,

cun vagalume, e cunha candea, respectivamente, e seguindo o ritmo, achéganse

a estreliña e colocan o cartón diante dela, segundo indica a canción.

Cando vou para a cama

eu bótolle un bico,

ela chóscame un ollo

e quedo durmida.

-As Estreliñas volven todas subir aos tallos (as que teñen os cartóns volven

deixalos antes no chan).

Durmo moi contenta,

durmo moi tranquila,

pois sei que me coida

a miña estreliña.

A miña estrela

é amiga da lúa,

elas xogan de noite

e dormen de día.

-A Nena sorrí á Estreliña e bótalle un bico coa man. A Estreliña ponse na cabeceira

e queda alí mentres a Nena se deita.

Se queres un día )

ves comigo á noite, )

e imos xogar ) Repítese e remata.

coa miña estreliña. )

-A estreliña vai onde a Lúa, que baixa do tallo quedando as dúas collidas das

dúas mans, movéndose coa música.

32

voltar ao índice

2. Conversación:

Na asemblea, animamos a que comuniquen :

• Os seus coñecementos encol das estrelas.

• As súas vivencias na hora de se deitar.

Facer fincapé no respecto ás outras persoas, escoitando con interese o que contan as demais

e gardando as quendas para falar.

3. Máis coñecementos:

Mirar ilustracións de libros, documentais, postais… onde aparezan as estrelas, o Sol e a

Lúa. Idea das constelacións.

Mirar mapas celestes –interesante o da Casa Das Ciencias da Coruña.

4. Experiencia:

Visitar o Planetario da Casa das Ciencias para asistir á sesión axeitada á súa idade.

5. O ceo na aula:

Facer constelacións -que xa teremos traballado na clase- con estrelas adhesivas fosforescentes,

no teito. Coa aula a escuras, que as recoñezan.

6. Facemos: Constelación

Darlles follas con constelacións marcadas con puntos e a posibilidade de

Deberán colocar unha estrela adhesiva en cada punto. Pode marcarse con puntos grandes

e pequenos para que coloquen as estrelas conforme ao tamaño.

7. Facemos: A caixa das estrelas

Nunha caixa, que fagan buratos co punzón, na tapa e nos laterais.

Que metan unha lanterna acendida. Apagar a luz: temos unha caixa de estrelas.

8. Miramos e escoitamos contos.

Animamos a que miren contos da biblioteca da aula, que fagan referencia á noite, á Lúa,

ás estrelas…

É recomendable, entre outros, A que sabe a lúa da Editorial Kalandraka.

33

voltar ao índice

O MEU MUNDO

As máquinas

O noso tractor

A xentiña nova sente grande fascinación polos vehículos. E se son grandes e fan moito

ruído, como neste caso, mellor.

Para os nenos e nenas do rural, forma parte da súa vida cotiá, está asociado ás tarefas

que desenvolven as persoas do seu contorno familiar e social. Para as nenas e nenos urbanos

pode ser unha axuda para se achegaren a un medio diferente, máis achegado á Natureza

e por iso moi rico en sensacións e experiencias.

1. A cantar e a xogar.

Escoitamos a canción, marcando o ritmo:

-en fileira, desprazamentos varios, facendo ruído cos pés.

-facendo percusión cos instrumentos da clase, cando se canta o runrún.

-facendo a mesma percusión con cousas da clase o co seu corpo.

2. Xogamos con tractores.

Nas aulas, adoita haber coches e tractores. Se temos dos últimos, podemos facer unha observación

das súas partes para que as nomeen e describan dentro das súas posibilidades.

Se non temos, é doado obter imaxes que plastificar e utilizar para o mesmo cometido.

Aproveitamos para reforzar os conceptos grande/pequeno, as cores, contar ata catro...

Tamén poñer por tamaños, por cores, emparellar, facer secuencias...

3. Sabemos máis.

Aproveitar a visita á granxa ou casa rural que se recomenda nas actividades correspondentes

á cantiga O galo quiquriquí, para observar un tractor –con moita prudencia. Tamén

a maquinaria accesoria que se utiliza co tractor par diferentes labores, así como diversos

apeiros da labranza.

Se podemos conseguir un catálogo de tractores e maquinaria agrícola, miralo coa clase e

deixalo cos libros e revistas da biblioteca da aula, para que o vexan cando o desexen.

4. Coñecemos outros oficios e traballos dos maiores.

Aproveitamos para falar dos traballos dos adultos, sobre os que aportará na asemblea os

34

voltar ao índice

seus coñecementos previos. É recomendable botar man de nais-pais avós-avoas ou outros

familiares, para que falen do seu traballo ou, incluso, podamos visitar o seu lugar de traballo:

unha carpintería, unha panadería, unha fábrica...

5. Xogamos coa boca

Traballar na corrección indirecta de dislalias, como se recomenda nas actividades correspondentes

á O rato ratachín, pola presenza abondosa do son na cantiga.

6. Pescamos “r”

-Traballar a discriminación auditiva do son, cantando coa clase, moi amodo e animando

a que ergan a man cando se pronuncia o dito son nunha palabra.

-Poñer na parede unha copia do texto da canción, en tamaño grande. Darlles

“erres” do mesmo tamaño que as do texto, para que, cando as van atopando, as

peguen por arriba con cola de barra.

-Dar unha folla individual co texto para que subliñen as “r” cun lapis de cor.

7. Crebacabezas de tractor

-Plastificamos unha lámina que teña debuxado un tractor e cortamos en pezas

dependendo o seu número da idade e habilidade do alumnado, para que o armen.

-Damos pezas soltas en papel, para que as peguen nun recadro ata completar a

figura dun tractor.

35

voltar ao índice

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!