O Clube 2 Carta aos lectores Motivos de fachenda Hai varias cousas que en Biblos nos enchen de fachenda por moito que ás veces tamén padezamos as diversas crises que poñen o noso entusiasmo nun punto de equilibrio realista. A primeira son os socios. E non só polo seu número (que temos a ilusión de que continúe medrando pouco ou moito) ou polo seu espallamento dentro e fóra do país, senón pola colaboración e a comprensión que recibimos deles ata o punto de percibir este proxecto como algo que vai moito máis aló de quen o concibimos e puxemos en marcha. Tamén nos enche de satisfacción a revista, un milagre que cada dous meses amosa a extraordinaria realidade da creación neste país no que escritores de todos os xéneros, músicos e cineastas, ilustradores, editores e un longo etcétera de persoas fan posible ofrecer un escaparate coma este. O mesmo podemos dicir da colección Mandaio, da que nun momento ou noutro se teñen feito eco todos os medios de comunicación do país (aos que tanto debemos) con críticas en conxunto moi eloxiosas. Pero é o Premio Biblos-Pazos de Galicia a nosa maior esperanza. Leva camiño de ser a gran canteira do futuro da nosa literatura grazas, entre outros, á xenerosidade de Pazos de Galicia e, moi especialmente, dos sucesivos titores (Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro, Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas) que de xeito totalmente desinteresado buscaron o tempo para aconsellar os rapaces e rapazas gañadoras. Podemos dar fe da ilusión coa que todos e cada un deles procuraron ese contacto. E de cómo os marcou. Chega a sexta edición. E atrevémonos a pedir a todos os socios que contribúan a difundir as bases para que non quede fóra ninguén con menos de 25 anos e desexos de escribir unha novela. Para comezar, basta co proxecto. Carmela González Directora Tucho Calvo Director Literario Biblos Clube de Lectores, S. L. Quintá Nº 8 - Mandaio 15391 Cesuras - A Coruña Teléfono: 981 777 207 Fax: 981 790 039 www.biblosclube.com email: subscritores@biblosclube.com Depósito Legal: C-285-03 ISSN: 1697-7440 PORTADA Pablo García Martínez, gañador do 5.º Premio Biblos‑Pazos de Galicia, durante a súa estadía na Casa Grande do Bachao, onde rematou a súa novela Medea dos fuxidos e outras pezas tivo a súa posta en escea en Casahamlet Ningún outro lugar podería ser máis acaído para a presentación de Medea dos fuxidos e outras pezas que o local do Estudio Teatral Casahamlet na Coruña, onde o seu autor, Manuel Lourenzo, e Santiago Fernández transmiten todo o seu saber e experiencia no mundo da escena aos máis novos. Foron precisamente eles dous quen, na compaña dun alumno do estudio, Rubén Espejo, fixeron unha lectura dramatizada de «Rodaxe», unha das sete obras que compoñen o volume. A sátira sobre o Drácula de Coppola plasmada nun vivo diálogo entre o vampiro e o director de cine durante a rodaxe da película fixo as delicias do público. Para presentar a Manuel Lourenzo estivo tamén na mesa unha figura imprescindible na historia do teatro galego, Francisco Pillado, con quen compartiu moitos proxectos creativos e de investigación ao longo dos anos. O Apalpador deu os primeiros pasos no Courel, e seguiu por Valdeorras e Ribadavia Tamén O Apalpador de Xoán G. procurou o mellor escenario para botar a andar. E foi no corazón do Courel, o territorio onde ten maior vixencia a súa tradición, na festa que máis lle podería gorentar: a da Pisa das Castañas de Froxán que organiza a asociación Fonte do Milagro, o sete de decembro. Alí, baixo a carpa que protexía dun impresionante trebón os centos de participantes na festa etnográfica e gastronómica, Xoán G. tivo ocasión de dedicar moitos exemplares dun libro que suscitou un gran interese desde antes de estar nas librerías. Mesmo o Concello da Coruña encargou unha edición especial para distribuír en diversos actos que organizou na cidade arredor da figura do Apalpador. Tamén a Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras e a Casa da Cultura de Ribadavia acolleron outros actos de presentación do libro o día 29 de decembro. Eva Moreda, finalista dos premios dos editores galegos con O país das bestas Eva Moreda, que foi finalista na primeira edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia (pero que polas súas ocupacións non puidera presentar o traballo rematado), vén de quedar finalista con aquela novela, O país das bestas (colección Mandaio), dos premios que concede anualmente a Asociación Galega de Editores e que son especialmente importantes ao se decidir por votación dos seus membros. Con ela competían o xa falecido Anxo A. Rei Ballesteros, Domingo Villar, Luís Rei Núñez, Rosa Aneiros e Alberto Lema, que foi o gañador. 6.º Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia para mozas e mozos 2010. Novela BIBLOS CLUBE DE LECTORES, S.L., CO pROpóSITO DE COnTRIBUíR aO aChEgamEnTO E a paRTICIpaCIón DaS mOzaS E mOzOS na CULTURa gaLEga, E DE DESCUBRIR aqUELES CREaDORES máIS nOvOS qUE pOIDan TER Unha OBRa DE InTERESE nECESITaDa DE apOIO paRa a ELaBORaCIón fInaL E a Súa pROxECCIón púBLICa, COnvOCa O 6.º pREmIO DE CREaCIón LITERaRIa BIBLOS-pazOS DE gaLICIa paRa mOzaS E mOzOS, nESTa SExTa EDICIón DIRIxIDO á nOvELa, CO COpaTROCInIO DE pazOS DE gaLICIa, E DE aCORDO COaS SEgUInTES BASES 1. Poderán participar neste Premio todas as mo‑ zas e mozos que ao rematar o ano 2009 non teñan cumprido os 25 anos e que, con inde‑ pendencia do lugar onde nacesen ou residan, amosen o coñecemento do idioma galego ne‑ cesario para desenvolver nel unha obra na‑ rrativa de calidade. 2. Os/as autores/as deberán presentar unha me‑ moria de entre 30 e 40 folios na que incluirán: a) Unha exposición precisa das características que terá a futura novela, achegando a maior información posible sobre o argumento (tra‑ ma, época e lugar en que se desenvolve a ac‑ ción, personaxes, etcétera) e as técnicas na‑ rrativas que prevé utilizar. b) Un capítulo ou fragmento que permita va‑ lorar o estilo do autor/a. O/a gañador/a terá liberdade no seu caso para intruducir as modificacións que estime oportunas no proxecto e no texto de mostra e adaptalos ás esixencias da novela no seu desenvolvemento, así como aos consellos que reciba do escritor titor. 3. Cada traballo será presentado co nome e ape‑ lidos do autor/a, así como as indicacións ne‑ IrIa LÓPEZ TEIXEIro Meniña de Cristal Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 176 páxinas ISBN: 84-934126-6-X 10 € cesarias para poder localizalo (dirección, te‑ léfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo nin colectivas. 4. Os traballos serán enviados a Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8‑MANDAIO. 15391 Cesu‑ ras (A Coruña). 5. O premio conlevará: Unha escultura conmemorativa deseñada expresamente polo escultor Luís Loureira. A estancia dun mes, incluída a manutención, nun dos establecementos de Pazos de Galicia, nun lugar singular que reúna as condicións necesarias para que, se o escritor/a o desexa, desenvolva a última fase do seu proxecto. Un ordenador portátil que, unha vez con‑ cluída a obra, quedará da súa propiedade. A tutela dun escritor de renome, designado por Biblos coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que aseso‑ rará ao gañador/a en xuntanzas periódicas durante ese mes. A publicación do libro en galego na co‑ lección Mandaio de Biblos nas mesmas condicións que os autores precedentes, Viveiro de escritores Cando o Premio Biblos-Pazos de Galicia pon en marcha a sexta edición, xa ninguén dubida que está chamado a ser no futuro un referente para estudar o nacemento ou a consolidación de vocacións que ocuparán un lugar senlleiro na nosa literatura. A iniciativa, como temos dito reiteradamente, non pretende ofrecer como froito inmediato obras que pasen á historia das letras galegas (aínda que oxalá sexa así), senón abrirlle a porta aos máis novos que soñan con seren escritores. O balance é ata agora magnífico. Iria López esgotou a primeira novela e xa presentou a súa segunda achega, Santa Matriusca. Eva Moreda, que foi finalista con ela, publicou na colección Mandaio O país das bestas que os editores galegos incluíron como finalista entre as mellores ficcións deste ano. ESgoTado aLBErTo raMoS Dor pantasma Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 176 páxinas ISBN: 978-84-935062-5-4 12 € PaTrICIa CaSaS Teselas de Cidade Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 174 páxinas ISBN: 978-84-936001-0-5 14 € coa percepción dos correspondentes de‑ reitos de autor. A tradución da novela ao castelán de ca‑ ra a unha edición destinada aos clientes non galegos de Pazos de Galicia. Neste caso, o premio considérase un anticipo dos dereitos de autor da primeira edición. 6. A admisión dos traballos pecharase o 16 de marzo do 2010. 7. Un xurado integrado por persoas de acre‑ ditada valía seleccionará os traballos fi‑ nalistas que serán dados a coñecer a se‑ mana previa á do Día das Letras Galegas. 8. As/os autoras/es finalistas deberán pre‑ sentar antes do 13 de xuño do 2010 as súas novelas cunha extensión non supe‑ rior aos 150 folios no estado máis avan‑ zado posible de acabado. 9. O xurado elixirá a obra gañadora, que da‑ rá a coñecer a semana previa á do Día da Patria Galega. 10. O/a autor/a gañador/a dedicará o mes de outubro a traballar na súa novela, seguin‑ do un plan que acordará co titor. Alberto Ramos gañou con Acuse de recibo o premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia que a mediados de 2010 publicaremos na colección Mandaio. E Patricia Casas e Berta Dávila recollen boas críticas ás súas novelas mentres chega agora aos lectores o Relato dun estalido xordo de Pablo García Martínez, o último gañador do Biblos-Pazos de Galicia. BErTa dÁvILa Bailarei sobre a túa tumba Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 94 páxinas ISBN: 978-84-936607-4-1 14 € 11. O/a autor gañador/a comprométese a entregar a novela totalmente finalizada antes de rematar o ano 2010 para a súa publicación por Biblos. 12. Os outros autores/as finalistas recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas en habitación dobre nun dos establecementos integrados en Pa‑ zos de Galicia. 13. A presentación ao Premio dentro do pra‑ zo indicado leva implícito o compromiso do autor/a de non retirar o seu orixinal antes de facerse público o fallo do xu‑ rado. Así mesmo, o autor/a garante que deica o momento do devandito fallo, a obra non concorrerá a ningún outro pre‑ mio ou concurso. 14. Co obxectivo de acadar a maior difusión do premio, o/a autor/a comprometerase activa e persoalmente na promoción que Biblos estime necesaria da obra gañadora. 15. Biblos contempla a posibilidade de che‑ gar a acordos cos autores/as das obras fi‑ nalistas para a súa publicación. 16. Cada autor comprométese a subscribir cantos documentos sexan precisos para que a edición da súa obra sexa inscrita no Rexistro da Propiedade Intelectual. 17. Os orixinais presentados na primeira fase que non estean entre os finalistas, serán destruídos. 18. A participación neste premio conleva a acep‑ tación das súas bases e da interpretación de Biblos en cantos puntos non se recollan ex‑ plicitamente nelas. 19. Para calquera diferenza que deba ser diri‑ mida por vía xudicial, as partes renuncian ao fuero propio e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña. NovIdadE 5.º Premio Biblos-Pazos de Galicia IrIa LÓPEZ TEIXEIro Santa Matriusca Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 176 páxinas ISBN: 978-84-936001-7-4 14 € Pablo García Martínez Relato dun estalido xordo Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 136 páxinas ISBN: 978-84-937323-6-3 16 € Eva MorEda O país das bestas Biblos Cartonado 16,5 × 22 cm 176 páxinas ISBN: 978-84-936607-9-6 16 € O Clube 3