O Clube 4 Relato dun estalido xordo, gañadora do Premio Biblos-Pazos de Galicia que tutelou Manuel Rivas, chega este bimestre aos socios Pablo García Martínez procura entre pantasmas as grandezas e miserias da xuventude Fragmento: Xosé deslizouse con tino polo corredor, e quitou os zapatos antes de empurrar a porta do cuarto de Gonzalo procurando non espertalo, pero o estrondo que fixo a cunca de leite ao escachar contra o chan traizoouno sen que el puidese facer nada. Despois de pasar a noite en urxencias co seu fillo, e de que lle diagnosticasen unha gripe mesturada coas súas recorrentes migrañas, Xosé ía levarlle o almorzo antes de marchar traballar, mais atopouno deitado cara a arriba, tinguido da cor da cinsa e teso como un madeiro. Foi correndo cara a el e daquela cortouse na planta do pé cun dos anacos en que se converteu a cunca co debuxo de Vexeta, a preferida de Gonzalo, pero tiña as cernas xeadas e non derramou unha gota de sangue. O seu fillo reviraba os ollos para miralo, sen poder mover case o pescozo, e ceibaba sons que tiñan o volume dun murmuro e a gravidade dun bramido. Xosé non o entendía e, cando se achegou para escoitalo, decatouse de que as súas enferruxadas fazulas estaban atravesadas por cadanseu regato de medo sen cor. Secouno co polgar. —Non te preocupes, que vou chamar o médico. Que dis? –Xosé sorría compulsivamente mentres Gonzalo movía os ollos rapidamente, como se quixese debuxar co seu ronsel a silueta das palabras que non conseguía dicir–. Xa verás como han ser outra vez as migrañas. Veño agora, pero non te preocupes eh! Correu até o recibidor e marcou apresuradamente o número do 061 para insistirlles, até en catro ocasións, en que se apurasen. Despois pensou en chamar a nai de Gonzalo, pero resolveu que esta EstE bimEstrE chEga aos socios a novEla «rElato dun Estalido xordo», a obra dE Pablo garcía martínEz (arzúa, 12-12-1985) gañadora do PrEmio biblos-Pazos dE galicia do 2009, quE tivo como titor a manuEl rivas. o autor ofrécEnos un rElato quE bEbE das tradicións galEgas nas quE convivEn vivos E dEfuntos Para amosarnos ao longo da noitE dE xoldra duns raPacEs a historia dunha Profunda amizadE. trátasE dunha fotografía agradablE das rElacións nunha idadE debía estar no camiño de volta, xa que acabara a súa quenda nocturna había 20 minutos. Foi ao cuarto de baño lavar a cara e sentiuse nu, como cando de cativo perdera a man da súa nai nunha feira por ir mirar o feirante que lle vendía as navallas ao seu avó. Entón mirou no espello e viu a súa nai sentada no tallo dende o que lle repetía aquilo de que as bágoas, coma os pelos, doen de verdade cando saen cara a dentro. Secou a única bágoa á que lle permitiu ver a luz e mesturarse coa auga fría que ciscara polo rostro, e volveu ao cuarto de Gonzalo. Axeonllouse pousando os cóbados na cama e acariñoulle a cara mentres enchoupaba o pantalón de tergal marrón nos restos do leite con Nesquick. —Xa veñen agora e imos mirar iso –volveu sorrir–. Non terás medo verdade? Claro que non home, que iso é de cagainas. –Púxose a apartarlle o cabelo dos ollos cunha man que tremía sen control, mentres aseguraba a outra no medio das pernas para que non lle escapase do pulso. Gonzalo deixara de procurar falar cos ollos e vía borroso o seu pai, pois chimpara sen gafas para o mergullo á piscina do padecemento–. Xa teñen que estar chegando. Xosé sentou na cama e abrazou a Gonzalo, doulle un bico na meixela e os dous ficaron calados. O silencio falaba por eles, facendo retumbar a palabra medo contra as paredes daquel cuarto con debuxos enmarcados e un póster de Vítor Baía. Pouco tardou en soar o timbre: xa chegaran os servizos de urxencias. Mentres o enfermeiro e o condutor da ambulancia baixaban a padiola, Xosé chamou polo doutor: convulsa, chEa dE insEguridadEs, cos sEus valorEs Positivos E as súas misErias, no marco dunha PEquEna vila do intErior dE galicia E da cultura PoP. mozas E mozos sumidos nas transformacións da adolEscEncia E os PEnsamEntos quE sEcundan cada un dos sEus insEguros xEstos ansiosos dE aProbación dan forma a un mundo ProPio E singular. un mundo quE transcEndE o cotián E quE acada a súa maior orixinalidadE grazas ás PrEsEnzas fantasmais E da mortE quE dEtErminan o PErcorrido dos Protagonistas. —Que lle parece? —Non sei, no hospital farémoslle probas. –O doutor acompasaba os cambios de sílaba con rápidos desprazamentos do seu mirar, sempre afastado de Xosé. —Pero vostede que pensa? —Parece que pode ser meninxite, pero é mellor agardar a comprobalo. —E iso é grave? —Non sei, verémolo despois. Se quere vaia cambiar o pantalón e imos. —Ben, vale. Imos. A ambulancia emprendeu o camiño cara a Compostela, que dende Amoar de Taramullo roldaba os cincuenta quilómetros. Na porta do edificio quedaba un grupo de tres veciñas que baixaran ao escoitar o balbordo. O condutor e o enfermeiro ían diante, mentres que o doutor viaxaba atrás xunto a Xosé, que aseguraba a man de Gonzalo. Ninguén falaba. Gonzalo levaba os ollos pechados, como se adormecese, mais aguzaba o ouvido coa ilusión de que os maiores dixesen que se ía poñer ben. Xosé mirábao e agarimáballe a fronte coa man esquerda cando, de súpeto, o vehículo freou violentamente. —Pero abre os ollos home! –díxolle o enfermeiro ao condutor. —Os rapaces de hoxe, que están viciados a cruzar sen mirar. —Si, pero eles non teñen o carné de conducir. Anxo Rei BAllesteRos (codEso, boquEixón, 1952-vigo, 2008) é un dos autorEs quE máis influíron na Evolución da narrativa galEga contEmPoránEa. En 1977 Publicou En castrElos a súa PrimEira novEla, Dos anxos e Dos mortos, rEEditada logo En 1991 Por galaxia. En 1992 Publicou Loaira, novEla coa quE acadou o PrEmio losada diéguEz, quE é, sEgundo o crítico xoán gonzálEz millán, «un dos ProxEctos novElísticos máis comPlExos E ambiciosos da historia da narrativa galEga». xunto coa obra dE tEatro xogos De Damas (1988) E o Ensaio a outra memoria (1989) tamén é autor do libro dE rElatos a sombra Dos teus soños (1998). En 2002 obtivo o PrEmio ramón PiñEiro dE Ensaio con Tempo e vinganza E, no 2007, xunto con carlos fErnándEz, o PrEmio ánxEl folE Polo Ensaio urDa e munDo. Suso de Toro Sete palabras Novo desafío estético e temático no que Suso de Toro propón ao lector acompañar ao protagonista nunha viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. “Es‑ te relato é –a dicir dos editores– unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xé‑ neros literarios para achegarnos á esencia da vida”. Xerais Rústica 14,5 × 22 cm 320 páxinas ISBN: 978-84-9914-029-2 18,05 € Anxo A. Rei Ballesteros Xosé Antonio Pet Pose O náufrago Historia de John Mac Barbour, un mozo escocés, tripulante dun bu‑ que que se esnaquizou en 1897 nos baixos de Canesudo (Arou‑Camelle). O relato comeza naquel fatídico día e recolle as aventuras e desventu‑ ras que o destino reservou para o intrépido supervivinte nos confíns da Terra. Sotelo Blanco Rústica 15,5 × 22,5 cm 258 páxinas ISBN: 978-84-7824-584-0 17,10 € A noite do moucho Un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que tenta fuxir dunha mor‑ te segura a mans duns falanxistas. Trá‑ tase dun texto non definitivo que o au‑ tor comezou a escribir en agosto de 2007 e estaba a ser revisado. Agora ve a luz «en homenaxe ao autor e a súa dedicación á palabra entendida como trazo que deixa a mutabilidade da vida», segundo se afir‑ ma nunha nota dos editores. Galaxia Rústica 13,5 × 21 cm 120 páxinas ISBN: 978-84-9865-240-6 12 € TÍTULOS ANTERIORES Dos anxos e dos mortos Galaxia Rústica 174 páxinas Edición 1991 ISBN: 978-84-7154-785-9 14,20 € Loaira Galaxia Rústica 504 páxinas Edición 1992 ISBN: 978-84-7154-810-8 28,98 € A sombra dos teus soños Galaxia Rústica 136 páxinas Edición 1998 ISBN: 978-84-8288-213-0 12, 40 € Tempo e vinganza Galaxia Rústica 308 páxinas Edición 2003 ISBN: 978-84-8288-603-9 20,14 € Non sei cando nos veremos Galaxia Rústica 260 páxinas Edición 2005 ISBN: 84-8288-803-X 15,70 € varIoS auTorES Número de patente e outras narracións III Premios Pedrón de Ouro que inclúe Querido Brais de Rei Ballesteros O Castro Rústica 72 páxinas ISBN: 84-7492-000-0 5 € Á venda só en pedido conxun‑ to por importe superior a 9 € Ser e estar Serán de decembro. Regreso á casa pola estrada da noite, ese videoxogo do que fala Yolanda Castaño nun dos seus poemas e, pola radio, participo en directo da cerimonia de entrega dos premios Ojo Crítico do programa cultural de Radio Nacional, premios destinados aos novos creadores, un dos cales lle foi concedido na edición do ano 2009 a Yolanda polo libro Profundidade de campo, que xa merecera o Premio Espiral Maior no ano 2007. Non é a primeira vez que o premio Ojo Crítico olla para nós. Xa antes o fixera premiando o traballo do cuarteto Quiroga de música de cámara que, aínda non sendo un proxecto exclusivamente galego, si conta con músicos de aquí na súa formación e, sobre todo, lembra ao galego Manuel Quiroga, un dos grandes compositores de música de corda do pasado século. Conduzo eu, autoestrada adiante, pensando en Yolanda, nas vivencias que nos unen, lembrando algúns dos versos que forman parte do libro premiado: Cando deixo de ser flor, molesto, e dígolle que si, que todo iso que, ás veces, ela sofre, compensa, que non debemos renunciar a nada para ser escritores e que ese club do que ela fala, o club da nosa literatura, non só exclúe rapazas, nin mulleres, tamén exclúe homes, pero, malia as exclusións, escribir recompensa, porque non se escribe por pertencer a un club, senón por ser. Polos mesmos días, o escritor ourensán Xerardo Méndez (As horas que nos quedan, O cazador), coincidindo coas horas máis críticas da folga de fame de Aminetou Haidar, lanzaba unha proposta solidaria, consistente en abrir un blog onde os escritores do mundo puideran ir colgando textos de solidariedade coa muller que é símbolo da resistencia do pobo saharauí. «Abrir un blog e abrigarlle o corazón aínda que só sexa con literatura» era a proposta que Xerardo enviaba pola rede. O índice de participación final é o de menos, para min, o que importa é a iniciativa, que permitiu que a literatura galega estivese presente e viva nun dos momentos máis transcendentes do ano 2009, compartindo solidariedade con outras literaturas do mundo. Ser e estar das nosas letras en diversos ámbitos, en lugares ás veces afastados de nós, demostrando, unha vez máis, que somos unha literatura rica, comprometida e viva, malia o moito que nos negan dende a nosa propia casa. Esquecíame, para o lector curioso, para o amante da literatura, vai a páxina web de Xerardo, onde é posible ler algunha das súas novelas inéditas, en particular O baile do sol, unha fermosa historia sobre o final da adolescencia, que é, ao tempo, a crónica dunha sociedade marcada pola emigración: www. xerardomendez.eu. Francisco X. Fernández Naval Narrativa 5