30.04.2013 Views

para cantar e bailar.indd - Edicións do Cumio

para cantar e bailar.indd - Edicións do Cumio

para cantar e bailar.indd - Edicións do Cumio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Para cantar e bailar

Recompilación, transcrición e texto: Luis Prego

Ilustracións: Serxio Cobos

cumio

«Unha parte importante do capital cultural

de cada grupo étnico reside no seu patrimonio lúdico,

enriquecido polas xeracións sucesivas,

mais ameazado tamén por veces de corrupción e extinción.»

«O neno e o xogo». UNESCO, París 1980.

Subvencionado pola

Primeira edición, abril 2008

Reimpresión, febreiro 2009

© do texto: Luis Prego Fernández

© das ilustracións: Serxio Cobos Martínez

Técnico de gravación e mesturas: Xosé Liz de Cea

Vídeo: mdm vídeos

Maquetación: Natalia Susavila Moares

Revisión lingüística: María Lado

© da edición: Edicións do Cumio, S.A.

Ramalleira, 5 - 36140 VILABOA (Pontevedra)

Tel. 986 679 035

cumio@cumio.com

© Reservados tódolos dereitos.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, o contido desta obra

está protexido pola lei. Está prohibida a reprodución ou plaxio, en todo ou en

parte, dunha obra literaria, artística ou científica, fixada en calquera tipo de

soporte, sen a preceptiva autorización por escrito.

ISBN: 978-84-8289-069-2

Depósito legal: VG 241-2008

Impresión: C/A Gráfica

Impreso en Galicia

ß

Introdución .................................... 7

O señor da serra .............................. 10

A xiralda ....................................... 12

Mazarico ....................................... 14

Río verde ...................................... 16

Que baile con quen? ......................... 18

O rei portugués ............................... 20

A carrasquiña ................................. 21

O esparabán ................................... 22

Danza das fitas ............................... 24

Muiñeira corrida ............................. 26

O paniño branco ............................. 28

O lambonciño ................................. 30

Don Melitón .................................. 32

Busca compaña ............................... 34

O bolero ....................................... 36

O chotis ........................................ 38

Poña aquí o seu pé ........................... 40

O regadiño .................................... 42

A vasoira ....................................... 44

A ruliña ........................................ 46

Tris-tras ........................................ 48

Vai de roda en roda .......................... 50

O pinganiño ................................... 52

Comentarios ................................... 55

Fórmulas para apandar ..................... 67

Agradecementos .............................. 71

π 1 O señor da serra ..................... 2:12

π 2 A xiralda .............................. 3:20

π 3 Mazarico .............................. 2:17

4 Río verde .............................. 2:18

5 Que baile con quen? ................ 1:37

6 O rei portugués ...................... 1:37

7 A carrasquiña ........................ 1:45

8 O esparabán .......................... 2:27

9 Danza das fitas ....................... 2:35

10 Muiñeira corrida .................... 1:53

11 O paniño branco ..................... 1:27

π 12 O lambonciño ........................ 2:18

π 13 Don Melitón .......................... 2:25

14 Busca compaña ...................... 2:20

15 O bolero ............................... 1:23

π 16 O chotis ............................... 1:13

17 Poña aquí o seu pé .................. 2:17

π 18 O regadiño ............................ 2:16

19 A vasoira .............................. 2:36

20 A ruliña ................................ 1:42

π 21 Tris-tras ............................... 2:22

22 Vai de roda en roda ................. 1:46

π 23 O pinganiño .......................... 2:13

π Melodías con vídeos

INTRODUCIÓN

A gran cantidade de xogos e divertimentos que

tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados

conforman unha parte moi importante da

nosa cultura oral.

En Galicia, ata mediados do século XX, a xente

das vilas reuníase ó rematar as curtas tardes de

inverno en casas, palleiras, cortellos ou alpendres

feitos a adrede, ca finalidade de pasa-lo mellor posible,

e en compaña, as longas horas sen sol nas que

xa non se podían facer traballos no campo. Nestas

reunións cantábase e bailábase, facíanse traballos

coma fiar liño e lá ou bordar, narraban historias vellas

e novas –algunhas cantadas coma coplas dun

romance– comíase, bebíase e tamén se xogaba. Non

se trataba de xogos restrinxidos ós máis cativos que

asistían, que eran os menos xa que a meirande parte

dos nenos estaría a durmir, senón que eran xogos

abertos a tódolos presentes, nos que se participaba

cantando e bailando. Polo xeral, eran xogos de escoller

parella rapidamente, cos que se buscaba esa

complicidade ca persoa desexada ou simplemente

pasar un anaco divertido na compaña dos outros.

Os xogos non resultaban moi complexos e podíanos

bailar tanto grandes coma pequenos, sendo

moitos destes xogos os mesmos que empregaban

os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento

do xogo era saber ben a letra e a melodía, así

como saber baila-lo agarrado.

En moitos lugares, como na parroquia de Taboexa

(no concello das Neves) estes xogos non se limitaban

única e exclusivamente ós seráns. Alí contan

que cando había unha festa nunha parroquia veciña

tiñan que desprazarse en grandes grupos tódalas

mozas e mozos da vila camiñando xuntos. Para facer

máis levadeiros os camiños (por veces camiñaban en

noites frías de inverno ata dez ou máis quilómetros)

ían cantando rondas e outras tonadas. Ó chegar á

festa facíano en grupo e permanecían así durante algún

tempo. E se non había música entretíñanse xogando

en roda, facendo enormes corros. Estes xogos

tamén os botaban nos descansos da banda de música

ou do grupo musical que houbese no momento.

Ademais dos xogos e bailes agarrados para adultos,

tamén existe unha gran cantidade de xogos e

cantos para nenos no cancioneiro popular galego.

As cantigas infantís podémolas clasificar en dous

tipos: cantigas para nenos e cantigas de nenos. No

primeiro grupo entrarían as nanas ou rorrós e as

cantigas que lle cantan os maiores ós máis cativos

para telos entretidos ou ca simple misión de que non

choren. Un exemplo de cantigas para nenos son as

que nomeando os dedos da man facemos escoller un

deles ou nas que sentamos o pequeno nas pernas e

simulamos o trote dun cabalo. Os xogos, adiviñas,

cancións enumerativas e historias graciosas entrarían

no segundo apartado. As cantigas que veñen a

continuación son, a meirande parte delas, cantigas

de nenos, aínda que teimo en subliñar que son aptas

para tódolos públicos. É fermosísimo ve-las xentes

maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos

que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude.

É inevitable pasar un anaco agradable ó bailar

algunha destas rodas, e as experiencias con distintos

grupos de diferentes idades así o corroboran. Ca

chegada dos medios de comunicación masivos –e

por riba de todos a televisión– e despois da incursión

na nosa sociedade de computadoras, videoxogos e

demais tipos de divertimentos individuais, resulta

difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas

a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e

difundir este material.

Moitos destes xogos que recopilei aprendinos

directamente dos nosos maiores facendo traballo

de campo co grupo de investigación Remudar. Os

escenarios das clases foron moi diversos: alboios,

escolas antigas, torreiros, casas do pobo etc.

O idioma empregado frecuentemente nos xogos

cantados era o castelán ou o castrapo, xa que

a meirande parte das letras eran aprendidas en escolas,

ensinadas por cregos, ou ben recollidas do

amplo repertorio do romanceiro popular.

Cando puxen en práctica estes xogos nas escolas

de baile tracicional sempre o fixen gardando a versión

orixinal, xa que logo, respectando o máis fielmente

posible aquilo que nos foi ensinado polos nosos maiores.

Esta práctica é a máis empregada polos grupos

que se adican á investigación etnográfica do noso folclore

tradicional. Asemade son consciente da necesidade

dunha normalización lingüística no panorama

infantil galego e é por iso que atoparede-las coplas

traducidas ou reinterpretadas ó galego (aínda que ás

veces a tradución normativa resulta impracticable).

Deste xeito poderemos practica-lo xogo tal cal nos foi

ensinado, ou reinterpretalo para que os pequenos o

xoguen no idioma de seu. Por motivos evidentes tratei

de eliminar dos xogos os comportamentos sexistas

e machistas presentes en moitos dos casos.

A totalidade destes xogos foron experimentados

durante varios anos en grupos de baile –tanto nos

períodos de iniciación como en grupos xa experimentados–

e tamén en diversas escolas do ciclo

primario en Vigo e Ponte Caldelas, abarcando un

abano moi amplo de idades. Os resultados obtidos

tanto nos grupos de maiores como nos grupos

infantís (estes últimos moito máis entregados) foron

excelentes. Os participantes non só pasan un

bo anaco de lecer que fai máis levadeiras as horas

de clase, senón que acadan facilmente e dun xeito

natural nocións sobre ritmos e entoación, mellorando

polo tanto a súa percepción musical. Hai

que subliñar o bo que resultan este tipo de xogos

para integrarse na colectividade, aprendendo

a gozar do grupo, asumindo o papel de membro

dun conxunto ou de protagonista nun momento

determinado.

É curioso observa-las diferenzas con que se vive

un mesmo xogo en distintas idades. Un xogo de

escoller parella no que os cativos buscan ese amigo

cómplice de xogos ou a rapaza máis popular da clase,

convértese nun xogo de namorar entre os novos,

ou nunha broma ou burla entre os maiores. Quizais

é por isto que nas vilas atoparon esta fórmula de divertimento

para darlle un bico á persoa desexada e

botar un baile xuntos sen despertar sospeitas, nun

tempo no que «o bailar agharrado érache moito pecado».

Teño constatado que a recepción por parte

dos nenos máis cativos e polas persoas maiores é

practicamente idéntica, chegando a participar ilusionados

en tódolos xogos. Mentres que se bate co

rexeitamento nas idades intermedias, que senten

vergoña e poñen reparos por xogar xuntos ou bailar

agarrados, ou demostran abertamente actitudes

sexistas. De aí a importancia de fomenta-los xogos

colectivos dende pequenos.

Xogos e Danzas

Este xogo vén da zona do Condado (sur da provincia de Pontevedra) e pódese bailar de varios xeitos, aínda

que conservando sempre o primeiro movemento que intenta imita-lo vaivén dunha serra. O xogo e a letra son

moi doados de aprender, polo que pode ser bailado de cinco anos en diante.

Movementos coreográficos.

O SEÑOR DA SERRA

10

Colócanse os participantes en dúas ringleiras,

uns en fronte dos outros e collidos polas

mans.

Comézanse a move-las filas cara a dereita

(polo tanto non se baila en espello) ó tempo

que cantan a primeira parte do xogo. Este

movemento é un descanso ou paseo de baile

tradicional, que consiste en dar tres pasiños

cara un lado e tres cara o outro. Comézase

botando o pé que marque a dirección: se as

filas comezan cara a dereita, comezaremos

todos botando o pé dereito.

Cando remata o paseíño da serra, facemos

un túnel soltándonos da fila e colléndonos das

mans d@ compañeir@ que teñamos diante, e

imos entrando parella a parella baixo o túnel,

continuando ata que os primeiros tornen ó

seu lugar.

O señor da serra ten unha serriña (bis)

pro lindo fillo que é serrador (bis)

11

Para serra-la madeira a serriña (bis)

pro lindo fillo que é serrador (bis)

O se - ñor da se - rra ten unh - a se - rri - ña o

rri - ña pro lin - do fi - llo qu'é se - rra - dor

Este xogo da Xiralda xa o teño sentido en moitas vilas dos concellos das Neves e Salvaterra. O xeito de se

cantar e o baile varía moi pouco dunha vila a outra, polo que podemos constatar que este é un xogo moi ben

definido e que perdurou practicamente inalterado co paso do tempo.

A melodía e os movementos do xogo fannos lembrar as rodas portuguesas.

Movementos coreográficos:

A XIRALDA

Collemos polo brazo a parella e camiñamos levando o

ritmo en sentido contrario das agullas do reloxo mentres

cantamos quen está ben déixase estar e eu non podo estar

mellor (bis). Soltámo-los brazos, damos media volta e

volvemos agarrarnos para camiñar en sentido contrario

mentres cantamos dunha banda ando sol@ doutra banda

meu amor (bis).

Poñémonos por parellas

en dúas rodas concéntricas

collidos polos cóbados.

Cando comeza o cantar,

seguímo-lo ritmo dando

tres pasiños cara un lado e

tres cara o outro, mexéndonos

ca nosa parella. O

paso aseméllase moito ó

paso da polca sen saltar.

Sen parar de facer este

movemento, cando se canta

imos da-la media volta cruzamos pola dereita ca nosa parella ata quedar

os da roda de fóra por dentro e viceversa. Tornamos para o sitio cando

cantamos imos da-la outra media cruzando de novo pola dereita, completando

así unha volta enteira.

12

A xiralda, xiraldiña, ímola xiraldar

imos da-la media volta, media volta imos dar

imos da-la outra media, quen está ben déixase estar

quen está ben déixase estar, eu non podo estar mellor (bis)

dunha banda ando sol@, doutra banda meu amor (bis)

O xogo comeza de novo colléndonos polos cóbados e facendo

o pasiño de polca sen saltar. Pero desta vez, despois de da-la

media volta, ó da-la outra media os da roda exterior avanzan

ata a seguinte parella mentres din paso adiante e troca o par. E

outra vez camiñamos collidos do brazo: media copla en sentido

contrario do reloxo e outra media a favor, pero xa ca nova

parella. O xogo pódese repetir tantas veces como queiramos, iso

si, rematando sempre na frase quen está ben déixase estar.

1

A xiralda, xiraldiña, ímola xiraldar (bis)

imos da-la media volta, media volta imos dar

imos da-la outra media, paso adiante e troca o par.

este par non é o meu, este par está trocado (bis)

o meu vestía de azul, este viste de encarnado (bis)

A xi - ral - da xi - ral - di - ña í - mo - la a xi - ral -

da - re a xi da - re i - mos da - la me - dia vol - ta me - dia

da - la ou - tra me - dia pa - soa

vol - ta i - mos da - re i - mos

dian - tee cam - biao pa - re

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!