12.07.2015 Views

Relatos de Virginia Woolf

Relatos de Virginia Woolf

Relatos de Virginia Woolf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

disimulada, seguiron fiando enerxicamente a complicadísima conversa quelevaban:—Nell, Bert, Lot, Cess, Phil, Pa, di el, digo eu, di ela, digo eu, digo eu,digo eu…!—O meu Bert, Sis, Bill, o avó, o vello, azucre, Azucre, fariña, arenquesafumados, verdura, Azucre, azucre, azucre.A muller máis grande examinou a disposición das palabras que caíanante as flores que ficaban frescas, firmes e dereitas na terra, cunha expresióncuriosa. Viunas coma un dormente que esperta dun profundo sono ve uncandeeiro de latón que reflicte a luz dun xeito descoñecido, pecha os ollos evólveos abrir, e ao ver de novo o candeeiro de latón, acaba por espertar porcompleto e fita para el con total atención. Deste xeito, a muller corpulentadetense fronte ao macizo de flores oval, e deixa mesmo de finxir que escoita oque a outra muller está a dicir. Queda alí, deixando que as palabras esvarensobre ela, abaneando a parte superior do seu corpo devagar adiante e atrás,ollando as flores. Nesa altura suxeriu que podían buscar un lugar onde sentar etomar o té.O caracol neste momento xa tiña pensado en calquera dos métodosposibles para conseguir o seu propósito sen ter de contornar a folla morta ninsubir por riba dela. Desbotou o esforzo que cumpría para rubir pola folla, edubidaba se a fina textura, que vibraba con tan alarmante estralo cando atocaba así fose coa puntiña do seu corno, podería soportar o seu peso; iso foi oque determinou que ao final se arrastrase por baixo dela, pois había un puntoonde a folla se curvaba cunha altura abonda desde o chan como para que elcoubese. Acababa de meter a cabeza pola abertura e estaba examinando oteito alto de cor castaña e afacéndose á fría luz parduzca cando outras dúaspersoas pasaron por fóra, polo céspede. Desta volta os dous eran novos, unmozo e unha moza. Ambos os dous na flor da vida, ou mesmo nesa época queprecede á flor da vida, a época de antes de os delicados pregos rosados da florrebentaren o seu estoxo gomoso, cando as ás da bolboreta, aínda quecompletamente formadas, fican inmóbiles baixo o sol.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!