16.06.2016 Views

BOLETÍN 3º TRIM 2015-2016-1

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A C T I V I D A D E S C O L E X I A I S

ÁREA DE EDUCACIÓN MUSICAL

I

Saída ao conservatorio superior de Música

O martes 19 de abril o alumnado de 4º de Primaria acudiu acompañado das súas profesoras

a escoitar un concerto do compositor Edvard Grieg da obra “Peer Gynt”. Foi moi interesante

porque puxeron como fondo do esceario algúns dos debuxos que tiñamos feito con

antelación na clase de música con temas alusivos ás obras que se interpretaron: A mañá, a

canción de Solveig, na gruta do rei da montaña e Peer Gynt de regreso a casa.

Celebración do Día das letras Galegas

O alumnado de Infantil e Primaria cantou a canción “O Paraugas do Xosé” mentres que os

alumnos de 3º e 4º de primaria bailaban no patio unha coreografía adornada con paraugas.

Os alumnos Lois Míguez e Pablo Neira interpretaron coa gaita a “Xota de Boimorto”, Lucas

Alén tocou co acordeón “A Saia da Carolina”.

O alumnado de Secundaria interpretou cancións típicas das tabernas galegas: Pousa, o gato, etc.

Visita do avó de Hugo Queija de 3º B de Primaria

O 12 de maio visitounos para ensinarnos como é e como soa un Djeridú, instrumento de

vento dos indíxenas australianos do territorio norte.

A C T I V I D A D E S C O L E X I A I S

FESTA DE FIN DE CURSO

Celebramos dúas xornadas de festas colexiais.

> O xoves 2 de xuño o alumnado de secundaria do Grupo de Rede Solidaria organizou

talleres para todos os seus compañeiros e compañeiras de Infantil e Primaria.

Disfrutamos de todo tipo de actividades manuais, xogos como e o ping pong e incluso

bailamos unha coreografía todos xuntos para facer un flashmob.

> O venres foi un día moi axetreado.

• Pola mañá Infantil e primeiro ciclo de primaria desenvolveron no ximnasio

actividades moi interesantes con Cocofante: obradoiro de cociña (fixemos unha flor

con gominolas), inchables, paracaídas, xogos etc.

• Mentres tanto, todo o colexio participou nos xogos organizados polo departamento

de educación física con diferentes probas por todos os patios.

• Pola tarde comezamos coa representación dun fragmento do musical “Cats” por

parte de alumnos de ESO dirixidos pola súa profesora Alba.

• Continuamos co festival de baile de Educación Infantil coordinado polas súas mestras

coa axuda das familias.

• A seguir celebrouse o festival musical no Salón de actos con pezas interpretada spor

alumnado de Primaria, dirixidos por Beatriz, Secundaria, dirixidos por Alba e de

Inglés extraescolar dirixidos polas súas teachers.

• Pasamos ao patio coas actuacións dos grupos de predanza, ximansia rítmica e Kung-Fu.

• Seguidamente, entregáronse os premios do Concurso de redacción e Debuxo do Día

das Letras Galegas.

• Rematamos coa entrega de premios, medallas e balons dos Xogos Escolares.

O EIXO

_Boletín do Colexio Montesol

4

5 Boletín do Colexio Montesol_ O EIXO

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!