17.11.2017 Views

RETRINCOS DE MEDO

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas
con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro
de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación
Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O lobishome

Uxía Malde

Un día pola mañá o mestre Xoán ergueuse

todo empapado en suor, todo rabuñado,

coas mans cheas de sangue e a roupa feita xiróns.

Sentíase moi aturdido, non sabia onde se

atopaba nin o que acontecera. Ao erguer a

cabeza decatouse que estaba no medio do

bosque. Seguiu un rastro de sangue e

plumas que o levou ata unha granxa…

Ao mirar ao seu redor, moreas de galiñas

xacían mortas por todas partes.

Un arrepío percorreulle o pescozo ao ver

de lonxe o corpo sen vida do granxeiro, deitado no chan, enriba dun charco de

sangue.

A lenda do lobishome era certa e o mestre Xoán era un deles .

A casa do misterio

Abián Perdomo

Érase una vez un home moi maior que vivía nunha casa de madeira. Moitas veces

os nenos ían xogar ao lado da casa, pero cando se lles caía un xoguete e ían collelo,

a casa comíase aos nenos.

Conta a lenda que a casa estaba posuída pola muller defunta do home maior. Un

día, un grupo de dous nenos saltaron á fiestra e metéronse na casa pola noite. Eles

non crían na lenda e despois de estar rexistrando na casa atoparon unha carta que

dicía:

“Hoxe a fame matou á miña muller e estou triste. Despois de tres días escoitei a voz da

miña muller. Díxome que estaba dentro da casa e que sendo unha pantasma tiña que

comer nenos para saciar a súa fame”

Os nenos asustados intentaron irse pero antes de saír unha man de madeira colleu

aos nenos que xa case estaban na entrada e unha enorme boca intentou comelos

pero de súpeto, un deles sacou unha caixa de mistos, acendeu un e a tirouno na

boca da casa. Todo o edificio incendiouse e puideron saír salvos da casa do

misterio.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!