17.11.2017 Views

RETRINCOS DE MEDO

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas
con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro
de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación
Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha noite que

nunca esquecerei

Xurxo Sarmiento

Era un dia calquera pola noite. Nuno, Miguel e eu que me chamo Xurxo, estabamos volvendo

para casa , pero estabamos perdidos pois nos equivocamos de camiño e a única forma de volver

era polo bosque prohibido. Din que o que pasa por ali non volve a ser visto, pero como era a

única forma de volver para as nosas casas metémonos na espesura do bosque. Cando entramos

no tebroso bosque todo estaba moi escuro. Para poder pasar o camiño había un cemiterio.

Cando entramos, a porta pechouse de repente e empezaron a saír zombis. Nós bulimos cara a

saída pero a Nuno colleuno un zombi da perna. Miguel e eu axudamos a Nuno dándolle ao

zombi cun pau. Pechamos a porta da saída e saímos correndo. Entón ao lonxe vimos un barco

fantasma e un fantasma saltou do barco sacou a súa espada fantasma e atacounos. Nós saímos

correndo crendo que o despistaramos e vimos unha casa ao lonxe que parecía abandonada e

decidimos repousar un pouco. Cando entramos na casa todo estaba cheo de trastos, entón

escoitouse un ruído e uns pasos. A porta do soto da casa empezou a abrirse de par en par e

veuse unha especie de monstro. Subimos rapidamente as escaleiras mentres o monstro nos

perseguía. Non quedaba máis remedio que saír pola fiestra. Ao fondo víase unha especie de

cabaza viva e o seu corpo estaba feito de madeira coa súa cabeza ardendo e montada nun cabalo.

Viña a por nós e nós bulimos a fume de carozo. Nuno berrou: - A saída!

Saltamos a fóra do bosque e ao mirar ao noso redor estabamos moi lonxe das nosas casas.

Tardamos unha hora en volver e ao chegar, miña casa a miña nai preguntoume onde estivera.

Mellor que non o saibas, contesteille.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!