17.11.2017 Views

RETRINCOS DE MEDO

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas
con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro
de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación
Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A mansión

Miguel Martínez

Era un día normal de samaín pedindo lambonadas e caramelos nas casas, ata que

atopei unha mansión coa verxa aberta. Achegueime e decidín pasar a ollar no xardín.

De súpeto a verxa pechouse de golpe. Eu tiña moito medo...

De repente o chan comezou a tremer coma se dun terremoto se tratase e caín por un

burato. Mirei ao meu redor e só estaba a mansión. Avancei cara ela e coma un

lóstrego apareceu ante min un can de tres cabezas que case me mata do susto. Corrín

a adentrarme na mansión para protexerme do can, pero o que atopei dentro era máis

aterrador: corpos aforcados e descuartizados. Xirei un curruncho e cheguei a unha

cociña que tan só contiña unha neveira. Por curiosidade abrín a cámara frigorífica e

apareceu unha cabeza cunha chave na boca. Botei a correr coa chave polas escaleiras

ata o segundo piso onde vin unha porta con tres pechaduras e unha nota no chan que

poñía tres sitios: o primeiro era a cociña, o segundo o comedor e o terceiro unha

habitación.

Baixei polas escaleiras cara o comedor, onde vin tres pratos. De contado apareceu un

esqueleto que me dixo:

- A ver se atopas a chave.

Fixo un xogo de mans moi rápido, coma se dun trileiro se tratase, pero eu escollín o

medio e acertei. O esqueleto desapareceu e quedei coa chave.

Subín agora á habitación. Nela estaba unha nena chorando nun recuncho e a chave

na cama. Con moito sixilo collín a chave, escapei correndo e pechei a porta antes de

que a nena me atrapase.

Tiña as tres chaves, así que bulín ata a porta das pechaduras. Introducín unha chave,

logo outra, despois a derradeira, xireinas e...

- Riiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiing!!

Tocou o espertador... todo fora un pesadelo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!