10.07.2019 Views

Revista Cosme López - 2018-2019

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

O motorista fantasma

Ás tres da madrugada dun 31 de outubro, na casa dos

meus avós na vila do Bolo, oín un ruído dunha porta

abríndose. Fun mirar e a porta da entrada estaba aberta.

Con medo seguín un rastro de cinza que conducía á cociña.

Antes de entrar na cociña vin un resplandor, como dunha

candea.

Entrei e había unha persoa de costas, deu a volta e

resultou ser un esqueleto coa cabeza prendida de lume.

Saín correndo ao meu cuarto. O esqueleto de lume saíu da

casa. Asomeime á ventá e vin que montou nunha moto e

marchou deixando un rastro de lume ao paso que ía

marchando. Desde aquel día todas as persoas da vila

pregúntanse como se fixeron esas queimadas no camiño.

Roberto Álvarez Fernández – 1º ESO-B

(2º premio – 1º Ciclo de ESO)

A historia das irmás desaparecidas

Unha noite de lúa chea, nas Guindeiras, dúas irmás

chamadas Lucía e Andrea ían camiñando soas pola

estrada, e viron unha sombra ao lonxe. Era unha sombra

moi estraña, e como elas eran moi curiosas achegáronse

a ver que era.

De repente, unha luz iluminou todo o lugar e as irmás

desapareceron.

Hoxe en día, dise que cando pasas por aquel lugar, as

noites de Lúa chea, escóitanse os seus gritos. Esta

historia contouma a miña bisavoa unha noite de Lúa chea.

Andrea Rodríguez González - 1º ESO-B

(3º premio – 1º Ciclo de ESO)

Miña nai

De súpeto, abrín os ollos. Era noite pecha, o vento batía nas contras, seguía a chover, só o tic-tac do reloxo do salón

rompía o silencio. Din voltas e voltas na cama, pero fun incapaz de volver durmir.

Levanteime por un vaso de leite quente coa intención de relaxarme un pouco.

Mentres baixaba as escaleiras puiden ver que a luz da cociña estaba acesa e oíase o golpe dun coitelo na madeira,

sorprendinme, era moi cedo para que alguén estivese esperto. Abrín a porta, alí estaba a miña nai.

–Mamá, que fas? –Preguntei

–O xantar, miña filla –Dixo de costas para min.

–Tan cedo?

–Si, ti vai durmir –Dixo sen xirarse.

Non lle din importancia, collín o meu leite e volvín á cama.

Espertei, eran as dez e media, a miña nai seguía na cociña.

–Bos días!

–Aínda segues aquí? –Preguntei.

–Como aínda? Levanteime ás nove da mañá.

–Se estabas de madrugada facendo a comida –Afirmei.

–Eu? Non me levantei en toda a noite miña filla!

Laura Fernández López – 1ºBACH-A

(premio de microrrelato – bacharelato)

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!