Escolma de actividades CI GGUURR RR I AA Semana de Rosalía 28
CI GGUURR RR I AA Escolma de actividades DESPLASTIFICANDO O AGUILLÓN Actividade organizada pola asociación San Cristóbal de A Rúa O 5 de xunio de <strong>2019</strong>, día mundial do medio ambiente, o IES <strong>Cosme</strong> <strong>López</strong> Rodríguez participou nunha actividade organizada pola asociación sociocultural San Cristóbal de A Rúa, xunto con outros centros educativos da zona. Comezamos organizando a saída en grupos que foron baixando secuencialmente ata o cine Avenida. Una vez alí, a profesora do noso centro Mª Jesús Fernández Maseda explicou a todos os alumnos asistentes o impacto medioambiental que o plástico está a ter desde que xurdíu hai máis dun século. A charla titulábase “Comemos e respiramos plástico”. Estaba orientada a aprender que son os plásticos, que características os fan tan útiles para o ser humano, por que son contaminantes, por que é tan difícil degradalos, que consecuencias ten o seu abandono no medio natural e por que os animais os confunden con alimento, entre outros aspectos. Ademais, mostrounos imaxes e vídeos moi rechamantes nos que podían verse tartarugas, peixes, aves e, incluso, animais invertebrados e microscópicos afectados directamente pola súa inxesta ou atrapados por eles ata morrer. Trala concienciación, todo o alumnado dirixiuse acompañado polos profesores cara a esplanada do Aguillón, na entrada do pavillón de deportes, donde a organización San Cristóbal repartíu as zonas de limpeza por grupos e entregou guantes e bolsas de cartón para recoller os trozos de plástico abandonados décadas atrás. Durante dúas horas, todos os participantes atoparon moita máis cantitade de plástico do que sospeitaban nun principio. Lixo moi variado: envoltorios de chicle, zapatillas deportivas, restos de mangueiras, trozos de poliestireno, bolsas plásticas esmagadas, botellas de refrescos, tapóns, encendedores, restos dunha bicicleta, cadeiras de plástico, bolsas de patatillas... Ao rematar, os membros da organización calmaron a sede e a fame dos 29 limpadores do Aguillón con auga, bocadillos e fruta que, merecidamente, descansaban sentados nas escaleiras do pavillón. Ata que chegou a camioneta que necesitou dúas viaxes para levarse todo o lixo porque o volumen recollido era considerable. Nese instante, deuse por rematada a actividade e comezamos o regreso ao centro.