11.01.2013 Views

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O 22 de agosto o comandante militar de Vigo Felipe Sánchez envíalle o atestado ao

Comandante Xuíz Arriaga a fin de que instrúa o correspondente sumario e indícalle que

Salustiano Cortegoso Iglesias está detido no deposito municipal de Gondomar. Ao día

seguinte o xuíz instrutor ordena o traslado de Salustiano ao cárcere de Vigo e a

publicación de requisitorias na prensa para que Santos Pérez se presente no xulgado

antes de 48h.

Requisitoria contra Santos Pérez

Dous días despois Santos Pérez prestaba declaración ante o instrutor Arriaga e

preguntado polos termos da denuncia presentada polos patróns di que o 9 de xullo

estaba acordada unha reunión cos patróns que se ía celebrar o día 20 para tratar de

melloras económicas pero que non se puido celebrar ao proclamarse o Estado de Guerra

e que entón, na compaña de Salustiano Cortegoso Iglesias, foi ao Sindicato de Obreiros

a para preguntar aos directivos que tiñan que facer e que estes despois de darlle a cada

un unha escopeta de caza e dous cartuchos dixéronlle que tiñan que facer garda pola vila

en unión doutros obreiros e coa orde de que despois das doce da noite non se formasen

grupos. nega que pasasen polas panaderías citadas para coaccionar aos obreiros senón

que foi, antes de recibir a arma e en compañía de Salustiano, dicirlle que non traballasen

porque estaba declarada a Folga Xeral e que o 21, 22 e 23 de agosto traballaron, tanto el

como Salustiano nas súas respectivas panaderías e que as escopetas as entregaron o día

21 ás 12 da mañá no sindicato, nega tamén que aconsellara que o pan que se fabricase se

enviara a Lavadores xa que quen indicou isto, e logo non se levou a cabo, foi o

presidente do Sindicato de Gondomar, Joaquín Míguez (do que di que non coñece o

segundo apelido, que ten uns 26 anos, está casado e traballa nos firmes especiais das

estradas). Di que tampouco coñece aos outros directivos do Sindicato xa que había

pouco tempo que se asociara para formar o sindicato de "Artes Blancas". Tras a

declaración o xuíz instrutor acorda detelo e que ingrese no cárcere de Vigo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!