11.01.2013 Views

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

Resumo Causa 644/1936 As causas contra os

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ENCARTADOS:

SALUSTIANO CORTEGOSO IGLESIAS

A causa contra os panadeiros de Gondomar

Causa 644/ 1936

Natural de Gondomar e veciño da parroquia de Couso, casado, 33 anos, , panadeiro en

Couso. Naceu o 25 de xuño de 1902. Fillo de Manuel Cortegoso sen segundo, canteiro,

natural de Bora (Pontevedra) e con domicilio no barrio da Igrexa, Gondomar e de

María Iglesias sen segundo. Neto de Francisca Cortegoso, natural de Bora onde vive, e

de Rosa Iglesias, natural e veciña de Gondomar. O seu nome esra Salustiniano, pero na

causa aparece sempre citado como Salustiano.

SANTOS PÉREZ GONZÁLEZ

Natural de Salceda de Caselas, 26 anos, solteiro, fillo de Constante Pérez González e de

Emilia González Juste, naturais de Salceda de Caselas. Naceu o 10 de xuño de 1910,

veciño de Gondomar. Panadeiro. Traballaba na panadería "Hijos de Ángel Valverde",

coñecida como "o forno de Laureana". Presidía a sección de panadeiros do Sindicato.

MANUEL RODRÍGUEZ AMORÍN, en prisión atenuada na súa casa por estar

convalecente dunha operación de úlcera de estómago. Solteiro, 26 anos, panadeiro,

natural e veciño de Gondomar. Naceu o 14 de outubro de 1909, fillo de Manuel

Rodríguez González, natural de Gondomar, barrio de Randufe, xornaleiro e de Elisa

Amorín sen outro apelido, natural de Gondomar. Neto de Manuel Rodríguez, natural de

Couso, Gondomar e de Teresa González, de Gondomar e de Isabel Amorín, de

Gondomar.

PROCESADOS por "rebelión". Deron comezo as actuacións o 23 de agosto de 1936

Xuíz Instrutor: FRANCISCO ARRIAGA SEOANE

DENUNCIANTES

ESPERANZA ARAÚJO COLMENERO, maior de idade, viúva, dona dunha panadería

(Copena) e veciña de Gondomar.

DOMINGO FERNÁNDEZ CARRERA, maior de idade, casado, dono dunha panadería

(Penisco), veciño de Gondomar.

ENRIQUE PÉREZ RODRÍGUEZ, maior de idade, casado, dono da panadería "Hermida

hermanos" en Gondomar.

TESTEMUÑAS

JOAQUÍN MÍGUEZ LEDO, encartado na causa 805/36, condenado a morte e fusilado

en Pereiró o 24 de outubro de 1936. De 29 anos, solteiro, fillo de Jesús, peón de

estradas, natural de Vilasobroso, Mondaríz.

RODRIGO PÉREZ PAZOS, solteiro, 25 anos, panadeiro, fillo de José e Dolores,

natural e veciño de Gondomar.

LAUREANA VALVERDE PRADO. Dona da panadería "Hijos de Ángel Valverde",

solteira, maior de idade, comerciante, veciña de Gondomar.

DESCRICIÓN

A causa iniciase a partir do atestado levantado ás 5 da tarde do 13 de agosto de 1936

polo cabo, e comandante, do Posto da GC de Gondomar, Francisco Márquez Parra, no

que di que se lle presentaron os veciños da vila Domingo Fernández Carrera, Enrique

Rodríguez Pérez e Esperanza Araújo Colmenero, todos propietarios de panaderías, e

informan que os días 20, 21 e 22 de agosto presentaranse nos seus respectivos fornos

homes armados dirixidos por Salustiano Cortegoso e Santos Pérez impedindo que se

traballara e coaccionando aos obreiros que querían facelo e dicíndolle a estes patróns

que no caso cocer pan había que mandalo a Lavadores que era onde estaban a loitar os

seus compañeiros e que o precisaban para continuar na loita.

Sinaturas dos patróns panadeiros

O 22 de agosto o comandante militar de Vigo Felipe Sánchez envíalle o atestado ao

Comandante Xuíz Arriaga a fin de que instrúa o correspondente sumario e indícalle que

Salustiano Cortegoso Iglesias está detido no deposito municipal de Gondomar. Ao día

seguinte o xuíz instrutor ordena o traslado de Salustiano ao cárcere de Vigo e a

publicación de requisitorias na prensa para que Santos Pérez se presente no xulgado

antes de 48h.

Requisitoria contra Santos Pérez

Dous días despois Santos Pérez prestaba declaración ante o instrutor Arriaga e

preguntado polos termos da denuncia presentada polos patróns di que o 9 de xullo

estaba acordada unha reunión cos patróns que se ía celebrar o día 20 para tratar de

melloras económicas pero que non se puido celebrar ao proclamarse o Estado de Guerra

e que entón, na compaña de Salustiano Cortegoso Iglesias, foi ao Sindicato de Obreiros

a para preguntar aos directivos que tiñan que facer e que estes despois de darlle a cada

un unha escopeta de caza e dous cartuchos dixéronlle que tiñan que facer garda pola vila

en unión doutros obreiros e coa orde de que despois das doce da noite non se formasen

grupos. nega que pasasen polas panaderías citadas para coaccionar aos obreiros senón

que foi, antes de recibir a arma e en compañía de Salustiano, dicirlle que non traballasen

porque estaba declarada a Folga Xeral e que o 21, 22 e 23 de agosto traballaron, tanto el

como Salustiano nas súas respectivas panaderías e que as escopetas as entregaron o día

21 ás 12 da mañá no sindicato, nega tamén que aconsellara que o pan que se fabricase se

enviara a Lavadores xa que quen indicou isto, e logo non se levou a cabo, foi o

presidente do Sindicato de Gondomar, Joaquín Míguez (do que di que non coñece o

segundo apelido, que ten uns 26 anos, está casado e traballa nos firmes especiais das

estradas). Di que tampouco coñece aos outros directivos do Sindicato xa que había

pouco tempo que se asociara para formar o sindicato de "Artes Blancas". Tras a

declaración o xuíz instrutor acorda detelo e que ingrese no cárcere de Vigo.

O 30 de agosto presta declaración Salustiano Cortegoso Iglesias. que se ratifica nas

declaracións realizadas ante a Garda Civil de Gondomar e que os que acompañaban

durante a noite do 20 ao 21 eran Santos Pérez, Manuel Rodríguez e Rodrígo Pérez,

panadeiros e que o obxecto da vixilancia era que non viñeses ninguén doutras vilas ou

parroquias a impedir que se traballase xa que naquel día non había autoridades, nin

sequera a Garda Civil que non estaba en Gondomar e supoñía que se concentraran en

Vigo. Que as armas que portaban as colleran no Sindicato, pois alí sobre unha mesa

había catro escopetas vellas sen municións e que os directivos, dos que unicamente

coñece a Joaquín Míguez, lles indicaron a el e a outros (sobre uns dez) que as collesen

para gardar a orde na vila e que non tivo ningún enfrontamento con paisanos armados,

forzas do exército ou Institutos Militares e que ao día seguinte sobre as 7 da mañá

entregou a arma no Sindicato e que non volveu a usala máis. Nega que se presentase nas

panaderías dos denunciantes e que coaccionase aos traballadores ou dixese que o pan

había que mandalo a Lavadores e que o que fixeron, sobre as seis da mañá, foi un

reconto do pan para que a distribución fose equitativa, entregou a arma e foise a súa

casa de Couso e sobre as dúas da tarde regresou aos Sindicato para saber si podía

traballar ou non, dixéronlle que non e permaneceu en Gondomar ata as dez da noite que

foi cando os dirixentes do Sindicato decidiron que as panaderías podían traballar e foi

por este motivo que el protestou porque non preparara a fermento co que non podía

traballar na súa panadería de Couso e iso podíalle custar un desgusto co seu patrón e xa

non volveu a Gondomar. Que aínda que traballaba en Couso, baixou a Gondomar o día

20 porque naquela data estaba acordada unha reunión entre patróns e obreiros para

arranxar as diferenzas económicas e que a reunión non se puido celebrar por declararse

a Folga Xeral, que non sabe quen a convocou por ser a primeira vez que se convocaba

en Gondomar.

Na causa tamén declara Joaquín Míguez Ledo, encartado, como dixemos, na causa

805/36, condenado a morte e fusilado en Pereiró o 24 de outubro de 1936. É a súa unha

longa declaración e o instrutor Arriaga detense na súa identificación: natural de

Vilasobroso, concello de Mondaríz, de 29 anos, solteiro, fillo de Jesús, peón de estradas,

veciño de Vilaza, sabe ler e escribir, de 1,57 de altura, delgado, moreno, ollos e pelo

castaño e cellas da mesma cor.

Joaquín Míguez Ledo, presidente do Sindicato de Gondomar

Di que foi detido o 5 ou 6 de agosto por que recibira un aviso do alcalde de Gondomar

(Latino Salgueiro) e que se presentou na casa do concello e que o alcalde estaba

acompañado por un cabo da GC (Florencio Márquez Parra) que lle dixo que quedaba

detido por ser o Presidente do Sindicato de Gondomar. Di tamén que non pertencía a

ningún partido político e que só era afiliado á UGT. Que o día 20 a iso das nove da

mañá baixou da súa casa a Gondomar e que cando ía botar unhas cartas no correo,

achegóuselle un ciclista que lle dixo que de parte da Casa do Pobo declarase a Folga

Xeral en todos os oficios, pois en Vigo xa se fixera e en moitos outros sitios, polo que

convocou unha reunión de todos os oficios para as dúas da tarde e avisou ao Alcalde

(José Pequeño Rodríguez), pero que a reunión non se celebrou ata as catro da tarde,

presidida polo alcalde e na que todos aceptaron o paro xeral e un dos obreiros, do que

non coñece o nome, dixo que había que armarse polo que se iniciou unha forte

discusión na que os máis sensatos aconsellaron cordura aos máis violentos e que ao

final quedaron todos de acordo en que xa que a GC de Gondomar se concentrara en

Vigo, se nomeasen patrullas de obreiros que en dúas quendas, unha pola noite e outra

polo día, vixiasen a vila para que non se producisen incidentes. Como no Sindicato non

había armas resolveuse a cuestión facilitando voluntariamente as súas, aqueles que as

tiñan, sen necesidade de facer unha requisa, e que ás primeiras horas da noite os donos

das armas xa llas entregaron aos que tiñan que prestar este servizo e que con isto

amosou o seu acordo o Alcalde e na noite do 20 montáronse diversas patrullas que

vixiaron a vila.

Dado que moitas destas armas, que eran na súa totalidade escopetas de caza, non tiñan

municións, o alcalde solicitou ao ferraxeiro Núñez, único que había en Gondomar; lle

entregase cartuchos baleiros, pólvora, perdigóns e demais materiais para cargalos,

quedando que se entregarían ao día seguinte

O 21 pola mañá o Tte. de Alcalde Rogelio Lorenzo, (xa que o Alcalde vivía nunha

parroquia, Borreiros, bastante afastada de vila) tendo coñecemento que se declarara o

Estado de Guerra, ordenou por medio dun Bando a entrega inmediata das armas na casa

do concello, cousa que se fixo inmediatamente.

Pero sobre as catro da tarde chegaron dous de Baiona ao Sindicato, un ficou na porta e

outro preguntoulle de cantas armas se dispoñía e que lle respondeu que non había arma

algunha por terse entregado na alcaldía. Foi entón cando a persoa que lle falaba (que oíu

que o chamaban Fasquías) se dirixiu ao que quedara na porta (de estatura regular, moi

moreno, empregaba gorra de viseira e fumaba en pipa) dicíndolle que alí non tiñan nada

que facer e que o tiñan que arranxar eles; pero nese momento chegou unha terceira

persoa que anunciou que chegaba un camión con forzas de asalto e que enseguida

desapareceron os tres, algúns obreiros que estaban dentro do Sindicato e que el tamén

marchou.

Aquel mesmo día (21) ao anoitecer chegaron dous individuos de Baiona ou Sabarís, a

pé, e que na Praza da vila, preguntaron polo presidente do Sindicato e como el se

atopaba alí presentouse a eles que lle dixeron que saíse á estrada que viñan homes

armados, cousa que fixo, atopándose ao pouco con eles na estrada e fixérono pasar polo

medio de dúas fileiras de homes armados cos brazos erguidos e ao chegar ao final das

fileiras, un que parecía ser o xefe e que levaba unha pistola, ao ver que baixara os

brazos, púxolle a pistola no peito e ordenoulle que os levantase de novo. Ao

preguntarlle con que ánimo viñan á vila, díxolle que viñan a bombardear a casa de

Latino (que despois sería nomeado alcalde polos sublevados) e a do tenente de alcalde

Rogelio Lorenzo, á do primeiro porque dicían que tiña armas e bombas na casa e ao

segundo por publicar o Bando ordenando a recollida de armas. Que tratou de

convencelos de que estas dúas persoas non merecían este trato, m´çais como non o

logrou díxolles que agardasen un momento que ía na procura dun amigo que era

estudante de arquitectura que lles podería confirmar que as dúas persoas eran amigos

dos obreiros. Ao pouco regresou co estudante de arquitectura que foi quen de

convencelos aínda que coa condición de rexistrar a casa de latino Salgueiro, cousa que

fixeron, sen coñecer el o resultado da mesma, e despois marcharon na camioneta cona

que chegaron, deixando na vila ao coñecido como "O Dentes", que debe ser de Sabarís

ou Baiona, armado cunha pistola e que con algúns obreiros de Gondomar, dos que non

coñece o nome por levar pouco tempo en Gondomar, que fixeron requisas de armas e

patrullaron pola vila, pero que non cometeron ningún exceso polas indicación del e do

alcalde, nesa actitude estiveron ata que chegaron as forzas de Vigo e fuxiu o alcumado

"O Dentes" e os obreiros devolveron ás armas na casa do concello.

Declara que el non estivo en ningunha panadería, nin deu orden de que o pan se enviase

a Lavadores, senón que pola contra enviou un escrito ás panaderías no que indicaba que

o pan que nelas se fixese saíse do concello.

O instrutor ordena un careo entre Santos Pérez e Míguez Ledo. Ambos ratifícanse nas

súas declaracións e ao sinalar o instrutor a contradición entre elas e que se puxesen de

acordo, Santos Pérez recoñece que non foi o Presidente do Sindicato quen deu a orde de

enviar o pan a Lavadores, senón outro membro da directiva a quen non coñece e que

esas instrucións deunas na panadería na que traballa Santos Pérez (o forno de Laureana)

pero que non o fixo nas outras panaderías.

O instrutor toma declaración ás tres persoas, propietarias de panaderías, que presentaron

a denuncia que deu inicio ao atestado. Primeiro declarou Esperanza Araujo Colmenero

que se ratifica nas súas manifestacións ante a Garda Civil de Gondomar e di que o 20 de

xullo presentáronse, á unha da tarde, na súa panadería Salustiano Cortegoso,

acompañado de Santos Pérez e de outros dous que non coñece e que, nese momento,

non levaban armas e dixeron que se declarara a Folga Xeral e que non se podía traballar,

pero que o seguiron facendo ás agachadas. Que máis tarde, pola noite, os viu con armas

pero que o único que facían era patrullar e que non entraron na panadería. Que ao día

seguinte (21) volveron Cortegoso e Santos Pérez, sen armas, á panadería, e este díxolles

que xa podían traballar ao que se opuxo Caotegoso dicindo que como el era de Couso e

non tiña levaduras preparadas e non podía traballar na súa panadería, polo que ningunha

outra debía cocer. Isto foi ao anoitecer e preparou todo para facer pan; máis tarde volveu

Santos Pérez e díxolle que podían traballar xa que así se acordara; pero sobre as 12 da

noite volveu Salustiano Cortegoso con outros que non coñece e díxolle que non cocese,

senón, ao día seguinte, recollerían todo o pan e enviaríano a Lavadores, polo que non se

atreveu a facer pan. Ao día seguinte (22) tanto Cortegoso como Santos Pérez dixéronlle

que podía traballar.

Tamén se ratificou nas súas declaracións ante a Garda Civil, Domingo Fernández

Carrera. E di que o día 20 presentáronse na súa panadería, Cortegoso, Santos Pérez e o

presidente do Sindicato, Míguez, e outros armados con escopetas, agás o alcumado "O

Dentes" que levaba unha pistola, dicindo que se declarara a folga e que non se traballase

e que si o facían lles saltarían a tapa dos miolos e ante estas ameazas díxolle aos tres

obreiros que tiña que podían deixar de traballar, pero que el, a súa muller e un dos seus

fillos fixeron pan aquela noite.

Sobre as catro e media da mañá do 21 volveron á panadería o Cortegoso, Santos Pérez e

outros que non coñece, armados como no día anterior, e que fixeron un reconto do pan

que fabricaran aquela noite e que tiña que entregalo no Sindicato onde o ían poñer á

venda; pero el díxolle que non entregaba o pan sen un "vale" dunha entidade ou persoa

solvente. Ante o cal desistiron pero dixéronlle que as persoas que viñeran comprar pan o

farían con "vales " do Sindicato, como así ocorreu, pero pagando o pan que levaban.

Nesa mesma noite, sobre as nove, volveron os mesmos, tamén armados, dicindo que

continuaba a folga e que non se traballase, el prometeu o mesmo que a noite anterior

pero na compaña dos seus familiares fabricou pan. Ao día seguinte (22) pola noite

volveron Cortegoso e os outros e volvéronlle dicir que non se traballase e que de facelo

que tiñan que enviar o pan a Lavadores, mentres que o Santos Pérez dicía que se podía

traballar que xa se tiña acordado o cese da folga; el traballou coa axuda da súa familia e

de dous obreiros, pois o terceiro estaba enfermo e o día 23 cando se presentaron as

forzas de asalto restableceuse a normalidade.

Tamén se ratifica na súa declaración Enrique Rodríguez Pérez que di que o día 20

presentáronse, sen armas, no seu forno, o Cortegoso, Santos Pérez e outros que non

coñece dicindo que se declarara a folga xeral, que alí mandaban eles e que non se

traballase. Polo que despachou aos traballadores e non se traballou aquela noite. Que o

21, entre as seis e media e sete da mañá, volveron presentarse os mesmos, tamén

desarmados, dicíndolle que viñan contar o pan, xa que aínda que a véspera non

traballaran, como o 19 era día de feira fabricaran moito pan. Feito o reconto, marcharon.

Que o 21 traballaron, xa que se presentou Cortegoso, Santos Pérez, que presidía a

sociedade de panadeiros, e outro e dixéronlle que podían traballar por que cesara a

folga, ao que se opoñía o Cortegoso porque non podía traballar en Couso por non ter

preparadas as levaduras e non lle facía moita graza que puidesen traballar todas as

panaderías menos a súa, pero apesar de todo traballaron aquela noite. Ao día seguinte

pola mañá, presentáronse os mesmos, tamén desarmados, fixeron reconto do pan e

marcharon e xa non volveron. Ao día seguinte (23) chegaron as forzas de asalto e

restableceuse a normalidade. Reitera que sempre se presentaron sen armas e que si no

atestado aparece que foron con elas será por unha mala interpretación que el o que

quería dicir era que os tantas veces citados patrullaban polas rúas con escopetas.

Tómanlle declaración a Rodrigo Pérez Pazos, quen declara que estaba nomeado pola

Sociedade de Panadeiros para patrullar cos outros pola rúas de Gondomar pero que non

fixo caso e marchou para a panadería na que traballa (a de Hermida) e botouse a durmir

e que non patrullou nin ese día nin os sucesivos. Nunha declaración posterior Enrique

Rodríguez Pérez confirma que Rodrigo Pérez Pazos, traballa como obreiro na súa

panadería e que o día 20 e os seguintes estivo sempre na panadería, onde comía, durmía

e traballaba e que non formou parte da patrulla do gremio de panadeiros que se formou

en Gondomar. Como Rodrigo Pérez Pazos fora citado por Salustiano Cortegoso como

un dos integrantes da patrulla, o instrutor procede a un careo entre ambos no que

Cortegoso declara que Rodrigo Pérez fora nomeado, como el e outros oito ou dez, para

formar a patrulla pero que na realidade non pode asegurar que o fixese e que o citou

porque o coñecía polo nome e fora un dos designados para a patrulla.

Outro dos citados por Cortegoso, Manuel Rodríguez Amorín non pode comparecer ante

o instrutor por estar convalecente dunha operación de úlcera de estómago, constitúese o

xulgado na súa casa e tómalle declaración na que di que o 20 tíñase acordado unha

reunión que se ía celebrar na Casa do Concello entre patr´çons e obreiros de panaderías

para tratar das melloras económicas que pedían os obreiros pero que non se puido

celebrar ao declarase a Folga xeral; naquela tarde foi ao Sindicato para saber de cando

se podería traballar e cando ía ter lugar a reunión, pero que non soubo nada. Estivo no

Sindicato ata a hora de cear, marchou e volveu xa que quedaron citados alí, onde

estaban, con el, uns dez panadeiros e vinte obreiros doutros oficios, aos que se lles

encomendou, por parte da directiva do sindicato, patrullar polas rúas para manter a orde.

Que había catro escopetas vellas que distribuíron a outros tantos individuos, pero que

como había moitas máis persoas que escopetas, durante a vixilancia que realizaron pola

noite, unhas veces tiñas as armas uns e outras, outros pero el nunca tivo arma algunha

no seu poder; dos dez panadeiros só lembra que Salustiano Cortegoso e Santos Pérez

levaban escopeta pero non sempre e que descoñece se coaccionaron aos propietarios

dalgunha das panaderías pois os que patrullaban eran uns trinta, formando ás veces un

grupo, outras varios, outras veces diseminados e que paseando polas rúas estivo ata as

catro da mañá do 21 en que se retirou a descansar. Ás 11 da mañá dese mesmo día

soubo que requisaran a camioneta da súa tía Encarnación Amorín, veciña de Gondomar,

que conducía un fillo dela que non estaba, polo que a camioneta levouna un que é

panadeiro na de Ángel Valverde ("forno de Laureana") pero que tamén traballa de

chofer (é posible que se trate do "palero" de Laureana, asasinado en San Xián, O Rosal)

e por este motivo obrigárono a ir a traballar á de Laureana en substitución do que

andaba a conducir a camioneta e traballou ata ás dez da noite e despois foise para casa e

xa non o molestaron máis e polo tanto non tivo ningunha participación, nin foi a

ningunha panadería, nin exerceu coacción algunha sobre os traballadores delas. Tamén

informa que non viu nin a Salustiano Cortegoso nin a Santos Pérez coaccionar aos

traballadores, aínda que soubo que Salustiano Cortegoso tivera un "desgusto" con

esperanza Araújo, porque mentres ela traballaba na noite do 21 ou do 22, no o lembra

con exactitude, este non podía traballar por non ter preparadas as levaduras.

Laureana Valverde Prado declara que é certo que Manuel Rodríguez Amorín traballou

na súa panadería o 21 de xullo en substitución de outro que fora para conducir unha

camioneta e que o Manuel é bo rapaz, que nunca deu de que falar tanto na súa conduta

social como política e que nunca escoitou dicir que exercera coacción algunha sobre o

persoal da súa panadería. Non é da mesma opinión o cabo da GC Márquez Parra que

informa a petición do instrutor di que Amorín pertencía á sección do ramo de

panadeiros que exerceu coacción sobre os panadeiros para que non puidesen

subministrar pan ao pobo e que aínda que non foi dos que máis se distinguiu (caso de

Salustiano Cortegoso e Santos Pérez) si acompañou á comisión que realizou estas

presións e que andou , pola noite, cunha escopeta para impedir a fabricación de pan.

Rodríguez Amorín foi un dos organizadores da sección de panadeiros da UGT, pero

como era de Gondomar non se facía notar moito pero asesoraba aos integrantes da

mesma e realizaba xestións para a mesma.

O 26 de setembro, o instrutor Arriaga acorda o procesamento de Salustiano Cortegoso

Iglesias, Santos Pérez González e Manuel Rodríguez Amorín; aos dous primeiros

elévalle a detención a prisión e sobre o terceiro indícalle ao Comandante do Posto da

GC de Gondomar que tan pronto se atope en disposición sexa conducido ao cárcere.

Dous días despois o médico e presidente da xestora do concello nomeado polos

militares, Latino Salgueiro Pereira, certifica que as dores e vómitos producidos pola

operación impiden o seu traslado ao cárcere. A situación permanece igual o 20 de

outubro e o 30 do mesmo mes. O 11 de novembro seguía en prisión atenuada na súa

casa a donde se traslada o secretario para comunicarlle o auto de procesamento.

OS INFORMES DAS AUTORIDADES

O remitido polo médico e presidente da xestora de Gondomar Latino Salgueiro di que

Salustiano Cortegoso Iglesias é de conducta "un tanto inmoral", que pertencia ao

Sindicato Obreiro da vila, aparecendo armado nos primeiros días do "movimiento". De

Manuel Rodríguez Amorín di que é de bos antecedentes morais e políticos, de filiación

socialista e que se limitou na acompañar aos obreiros sen andar armado. E de Santos

Pérez González que é de mala conduta moral e política e que foi un dos dirixentes do

movemento revolucionario aparecendo armado.

Pola súa banda o Cabo da GC, Florencio Márquez Parra di que a conduta de Santos

Pérez González e Salustiano Cortegoso Iglesias non deixa lugar a dúbidas que o

primeiro era comunista e o segundo socialista; que O Santos era presidente da sección

de panadeiros da vila e que os dous, con outros, se presentaron nos fornos exercendo

coacción para impedir que se traballase, significándose máis o Santos pola súa

cualidade de xefe entre eles e que parece que o respectaban os do seu ramo.

O instrutor Arriaga eleva as actuacións ao Auditor de Guerra da 8ª Rexión Militar o 12

de novembro de 1936, insistindo comunista e presidente dos panadeiros de Santos Pérez

e na de socialista de Salustiano Cortegoso e que xunto a Manuel Rodríguez Amorín

coaccionaron con armas e ameazas aos obreiros e que o seu lugar preferente de

actuación foi a panadería de Domingo Fernánde Carrera (Penisco) ao que ameazaron

con saltarlle a tapa dos miolos e que a escaseza de armas explica que cando foron aos

fornos de Esperanza Araújo e Enrique Rodríguez Pérez non levasen armas. Tamén

indica que a responsabilidade de Manuel Rodríguez Amorín non aparece tan definida

como a dos outros dous.

Dous días despois o Auditor de guerra considerando que non hai probas suficientes e

que non esta debidamente probado que os procesados cometesen o delito propón o

sobresemento provisional da causa e que sexan postos a disposición da autoridade

gobernativa para que , tendo en conta os antecedentes e informes dos mesmos, moi

especialmente os referidos a Santos Pérez González, dispoña as sancións gobernativas

que considere axeitadas. O Xeneral Xefe da 8 Rexión sobreseu provisionalmente a

causa o 16 de novembro de 1936.

O 19 de novembro os detidos quedan a disposición da autoridade gobernativa

O Sindicato da construción e oficios varios (adherido á UGT) de

Gondomar estaba, en 1936, presidido por Joaquín Míguez Ledo, encartado na

causa militar 805/36 contra varios veciños de Gondomar , entres eles o alcalde

democrático José Pequeño Rodríguez, labrego, de 52 anos, natural de San

Pedro da Ramallosa e veciño de Borreiros.

Míguez Ledo, xornaleiro de 29 anos e veciño de Vilaza, foi condenado a

morte e fusilado contra a tapia do cemiterio de Pereiró (Vigo) o 24 de outubro

de 1936.

Nesta causa tamén foron encartados José Cribeiro González, de 36

anos, mestre de Donas; Manuel Domínguez, de 36 xornaleiro, veciño de O

Picoto; Antonio Iglesias, xornaleiro de 18 anos veciño do barrio da Igrexa, en

Gondomar; Rogelio Lorenzo González, construtor de 52 anos, natural de

Chaín e veciño de Gondomar; Manuel Rodríguez Gómez, 39 anos,

guarnicioneiro, natural de Ribadavia e veciño de Gondomar e Feliciano

Vargas, de 35 anos, labrego, natural e veciño de Peitieiros (Area).

Os dirixentes do Sindicato de Gondomar foron encartados na causa

718/36 contra 12 veciños de Gondomar. A directiva do Sindicato estaba

formada ademais do presidente por:

Marcelino Súarez Iglesias (vicepresidente) de 29 anos, veciño de Gondomar

Marcial Mariño García (secretario), de 17 anos, veciño de Gondomar

Marcial Alonso Álvarez (contador), de 31 anos, veciño de Vilaza

E os vocais: Manuel Franco González (de 26 anos, xornaleiro, de Gondomar),

Evaristo González (non encartado) e Manuel Domínguez Sanromán (de 40

anos, canteiro, de Gondomar).

Nesta mesma causa por “Rebelión militar” foron tamén encartados:

Ascasio Jorge, de 27 anos, natural de Carvide (Leiría, Portugal) e veciño de

Vilaza; José Cavaco Durán, de 26 anos, xornaleiro, de Gondomar; José

Pereira Costas, de 17 anos, natural de Braga, canteiro, veciño de Mañufe,

tomáronlle declaración o 9 de agosto de 1936; o 19 do mesmo mes apareceu

morto nas Roteas (Nigrán); Felipe Méndez Núñez, de 31 anos, armador,

veciño de Vilaza; Marcial Alonso, de 18 anos, xornaleiro de Mañufe; Manuel

González Pérez de 23 anos, de Couso e Manuel Rodríguez Gómez de 39

anos, natural de Ribadavia e veciño de Gondomar

Capa da causa militar 718/36

Arquivo Intermedio da Rexión Militar Noroeste

Cuartel “Baluarte”. O Ferrol

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!