08.08.2015 Views

recorda

Vilalba prepárase para as súas patronais - Terra Chá... Xa!

Vilalba prepárase para as súas patronais - Terra Chá... Xa!

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Estimado señor: Supoño que xao informaron Afonso BlancoTorrado e outros amigos seusde que o pleno da Real AcademiaGalega tivo a ben nomealopara dedicarlle en 2014 o Díadas Letras Galegas.Aproveito a ocasión para contarllealgunhas novas destaTerra, do decorrer dos traballose os días. Non sei moi ben poronde comezar, pero non se preocupe,que isto pásame moitasveces e despois de arrancar oproblema é parar a tempo.Antonte morreu Rosalía Mera,unha muller que gardou fidelidadeá súa orixe humilde e fixoun gran labor para darlle pulo aentidades comprometidas coapromoción das persoas discapacitadas,da mocidade, de persoasen proceso de exclusiónsocial, das persoas emprendedorase que sei eu cantas cousasmáis.Nunca falei con ela, así que nonteña medo de que a chufe demáis pola lealdade da amizade;vina ás veces rúa, en bares enalgún acto cultural; a súa modestia,o seu xeito de andar polavida demostraba que non se llesubiron os fumes á cabeza porser a muller máis rica de España.Foise como viviu. Sen ruídoningún. En pleno ferragosto,cando os poderosos non andantan axados no seu bule-bule cotiánentreas gráficas das cotizaciónsbursátiles e as dosdespedimentos de traballadorespara vivir mellor a conta dosmáis, para acumular máis emáis mentres medra o exércitoda reserva, o multitudinariogrupo das persoas en exclusiónsocial.Que a terra lle sexa leve!Un paso adiante e outro atrás, Galiza,E a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teu ollos se espreguiza.Aran os bois e chove.Nunca chove a gusto de todos.Nos labirintos polos que andamosda man dat e c e d o r aARIADNA, adeusa luar cretense,imos atopandocamiñosna vida que,con sorte nasencrucilladas,non fan conservara esperanza.No tempo dedesesperanza,nunca falta unp e n s a m e n t onosfillos, pais,nais, irmáns,outrosfamiliares eamigos, enfin,que conformanun noveloque leva o fíoque nos saca dolabirinto e nosune á vidacomo as lapasaos rochedos do litoral.Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol coma unha uva.Pro ti envólveste en sabas de mil anos,e en sonos volves a escoitar a chuva.A Carta de Manolo RocaA Xosé María Díaz CastroPor moito que chova, sempreescampou. Os desconfiados,que llo pregunten a Noé, se dancon el. Noé, noé, pero pensoque desta volta, coa que xa caeuno último quinquenio, a capacidadede resistencia social debeandar moi achegada ao límite.Seis millóns de persoas desempregadasno conxunto do Estado,crecentes recortes ensanidade, ensino ou servizos sociaismentres que minguan ossalarios;subas do IRFP, doIVE, do IBI, dos impostos especiais...ediminución da esperanza.Medra a corrupción, baixa apensión... e parte dela vai parao “repago” dos cada vez menosmedicamentos cofinanciadospola Seguridade Social , dosservizos prestados polas ambulanciase das próteses.Increméntase o número de fogaresnos que todas as persoasestás desempregadas e redúcesea porcentaxe sobre a base de cotizaciónpara que baixe o importedas prestacións pordesemprego que cobran unhaparte das persoas “paradas”.Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron. Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo.Os camiños seguen a levarxente e xente. Desta volta, amocidade mellor preparada. Xanon vemos fotos das persoas esperandoo trasatlántico no peiraode Vigo ou A Coruñamentres terman das súas maletasde cartón. Hoxe andan amedir os trolleys nos aeroportospara que as compañías aéreasde baixo custo non lles levenparte dos seus contados aforrospor uns gramos ou uns centímetrosde máis.Nesta sociedade low cost oúnico que baixa é o custo laboral,e por primeira vez desdeque o INE publica esta estatística,o montante salarial estatalquedou porbaixo do empresarial.Non hai low costno pago dosxuros dos poucospequenosempresarios quedan conseguidopréstamos ouliñas de cretoduns dos principaiscausantesdesta forte criseeconómica (e social):os bancos eas caixas de aforros.Obrigáronnosa“rescatalos” cosnosos impostosmentres caen ecaen empresaspola caída da demandainterna(froito da destruciónde millóns de empregos eas reducións salariais de moitosdos que o conservan) e desafiúzane “timan” con débeda subordinadasou participaciónspreferentes a miles e miles defamilias.Neste casino capitalista, abanca sempre gaña! Todos nóslle pagamos o noso dezmo!Desorballando os prados como sono,o Tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco, o Outono¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!Moito máis atrás supoño que xanon hai moito onde ir. Galiciadebe dar un decidido pasoadiante, anque non é doado coaactual situación de dependencia.Penso que segue plenamentevixente o que escribiuhai 90 anos un chairego: “Galicianon poderá ter independenciaeconómica mentras nonconquira a súa soberanía política”.Naceu no lugar do Rollo, en Vilalba,era fillo de Vicente PeñaRodríguez e María Novo Pardo;chamouse Lois Peña Novo e opasado 6 de agostocumpríronse120 anos do seu nacemento.“Sé soberano. Es cosa de hombres!”,repetía teimosamente unvello anuncio dun brandy centenario.Hoxe, conseguir a soberaníaé cousa de todos nós:dos homes e as mulleres que vivimosnesta vella nación á quechamamos Galicia (ou Galiza,se prefiren).Esa soberanía comeza por serdono cadaquén do seu voto; porrachar dependencias, redesclientelares tecidas paseniñamentepolocaciquismo por ribadas nosas esperanzas e donnosos soños; por dicirlles nonaos “carretadores”, os “vototraficantes”que queren seguir amercar a vontade das persoascon favores, promesas ou metendomedo co “despois de nós,o diluvio”.Outra Galicia é posible. Debemosconstruíla; hai moitas persoastraballando hai anos nesaobra colectiva; non van facerachegas, por suposto, os que teceronna escuridade mafiosacon fíos de ouro acordos conBárcenas nin os cómplices queos defenden explicitamente oucoa pasividade de que non rexeitacondutas que destrúen afiúza nuns políticos que, porsorte, “non son todos iguais”.Nunca o foron. Os “héroes delsilencio” penso deben limitarseao campo musical. Cando andaen xogo a dignidade das persoas,enriquecementos ilícitose “malas compañías” de narcopresidentes(eu lembro un doCambados F.C.) , no plano políticoo silencio é sempre cómplicee non ten nada de heroico.Máis nada, don Xosé María.Éche o que hai!.. O próximo día29 de agosto espero estar enGuitiriz no primeiro dos actosde homenaxe que se lle vanfacer para lembrar a súa figura.Non llo conte a ninguén, peroanque toda a súa obra literariafose o poema: Penélope, paramin xa sería vostede un granpoeta.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!