18.04.2013 Views

REVISTA ASINEC

REVISTA ASINEC

REVISTA ASINEC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Baixo a douzura do ceo

da nobre Galiza irmán,

onde pola nosa groria

inda doirando o fogar

vive aceso o lume sagros

dos craros días do clan,

hai unha illa encantada

de rochedos de coral,

esmeralda verdegaia

ó resprandor do luar,

bicada de manseliñas

ágoas de limpo cristal

nas que as sirenas ensaian

seu namorante cantar

mentras os pinos lánzales

escoitan voces leviáns

que chegan esmorecidas

do misterio de alén-mar.

Amada dos vellos dioses,

mortos e esquecios xa,

que Sálvora lle chamaron

afeitos nela a topar

repouso doce e tranquío

de celestiaes afáns,

inda está tendida a escada

que baixa do ceo ó chan,

envolveita a recuberta

de bretemoso cendal

feito de rendas garnidas

por diviños teceláns

Nunha furna que galgantes

zarrans as ondas do mar,

apreixada nas firentes

poutas duna guía reial,

gardada por un dragón

de alentó que é soleimán

brilaba a fúlxida espada

Escalibor, o trunfal

aceiro da heroica edade

cantada por Osián

que ten de ser sobre a terra

erqueita en céltigas mans,

símbolo, florón e scudo

da Cruz, do Amor e da Paz.

Dos beizos de Taliensín

honra de raza Celta

que na dedevesa dos bardos

por seu herdeiro me unxéu

fóronme ditas as verbas

de encantamento e poder

con que inorada ribeira

de áreas de ouro alcanzei.

Aberta a furna segreda,

á hora do estrelecer

naa arpa das nove cordas

a libertade preguéi

do pobo por Dios chamado

o seu lábaro a soster.

Ardendo en chamas vermellas,

o dragón morto caiéu.

E o aguía, de azas abertas

ras do escumuso ferver

das verdes ágoas, voando,

foise perdendo no alén

Como raiola da lúa,

cravado en terra, a tremer,

ficóu o máxico aceiro

que esta tendido ós meus pes.

Valeiro o céltigo trono,

o Ceo disposto ten

que, seia nobre ou pecheiro,

o que a a espada poida erguer,

en trunfo e groria de raza

cinga a coroa de Rei.

Colaboración 21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!