18.04.2013 Views

REVISTA ASINEC

REVISTA ASINEC

REVISTA ASINEC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

34

Colaboración

Paseo do Carreiro - Aguiño.

Monumento ás xentes do mar - peirao de Aguiño.

Porto fenicio da Covasa - Aguiño.

Lavadoiro da Peñisqueira - Aguiño.

dende a que se pode ollar o mar, coñecida co nome de Toxeira de

Entrematos, na que adoitaban aniñar os miñatos, e sobre as antigos

vestixios dun pequeno templo da época medieval, construíron

unha capela na que instalaron a imaxe que levan venerando dende

aquel intre todos os luns seguintes a Pentecostés e á que deron por

chamar a nosa Señora da Guía, protectora das xentes do mar.

Retomo a marcha ata os últimos lugares a visitar, os dous na parroquia

de Aguiño. Por unha banda. o que se coñece como porto fenicio

da Covasa xa que se atopa nun espazo chamado así e un pouco máis

afastado deste o senlleiro lavadoiro da Penisqueira. Mais vaiamos

por partes. Chego a Aguiño e aparco no porto pesqueiro preto dun

belo monumento dedicado aos mariñeiros. Dende este punto e a pé

diríxome ao lugar da Covasa onde aínda quedan os vestixios dun

antigo porto ao que non tardo en acaroarme, pois tan só o separa da

poboación uns cincocentos metros.

A COVASA, porto fenicio?

Cunha lonxitude próxima aos cen metros esta curiosa e á vez magnífica

construción de grandes bloques de pedra dispostos con requinte

en tres ringleiras é obra “ao parecer” dos fenicios –entre os

séculos que van do s. XII ao s. VIII a.C.- mais como adoita acontecer

con outros vestixios achados no noso país hai disparidade de criterios

entre os entendidos na materia. Eu, pola miña parte, non opino,

mais o que está claro é que ten todo o xeito de ser construído como

porto comercial, sendo rehabilitado (isto si é coñecido) polos cataláns

que o empregaron como espazo de descarga de salgadura proveniente

da fábrica creada por Jerónimo Hijosa na illa de Sálvora.

Outra vez repítese o conto. O noso pobo ten os recursos, porén son

outros pobos os que os explotan. Como diría o sr. Mourinho... por

que? Quilosa... quilose.

Unha vez contemplado con detemento continúo a viaxe por unha

longuísima pasarela de madeira ben disposta que unha vez percorrida

me achega ao lavadoiro da Penisqueira. O traxecto é moi

gratificante tanto pola temperatura como polas excepcionais vistas

paisaxísticas. Á man dereita, boa parte do espazo que albisco está

cuberto por piñeiros de pouca altura. Á esquerda, as impresionantes

vistas da illa de Sálvora e da ría de Arousa.

Xa cheguei á punta do Couso onde se encontra este particular lavadoiro

ao aire libre, sen cuberta, un tanto estraño polo lugar onde se

levantou. Non se coñece a súa data de construción nin quen foi o seu

artífice o que esta claro é que se se fixo naquel sitio foi porque preto

dela nace unha fontenla.

18:00 h. Tempo de tornar ao meu lar, á Coruña.

As fotografías correspondentes ao MAËRL, FALCON PEREGRINO, LAGARTO

ARNAL e do COELLO DA ILLA, foron cedidas polo… parque nacional marítimo

terrestre das illas atlánticas de Galicia.

A fotografía da GAIVOTA ESCURA, foi feita por andreas trepte.

erodium maritimun (1) planta en perigo de extinción.

CYtiSuS inSuLariS (2) Caruncho - 2007.

M. & Pulgar, I - http://www.cytisusinsularis.org

aGradeCementoS:

• parque nacional marítimo terrestre das illas atlánticas de Galicia

• oficina de información e turismo da cidade de ribeira

• Juan martinez oubiña

• manuel Bragado rodríguez, Director de Edicións Xerais de galicia S.A.

• agustín e teresa - Hotel Rústico Teixoeira (Ribeira)

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!