27.12.2014 Views

12vTxtQh8

12vTxtQh8

12vTxtQh8

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Núm. 72 Luns 14 de abril de 2014 Páx. 12

1º.—O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento co que se

poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a

práctica totalidade das mesmas), na oficina da entidade de depósito sita no interior da Casa Consistorial,

ou ben nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que

teñan habilitada esta opción, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa

establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.

2º.—O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito,

dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana “trámites mais comúns”,

opción “pagamento de recibos”. Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que

sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.

3º.—As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento,

cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As

devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do

Concello para exercicios sucesivos.

4º.—As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus

domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o

xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que,

unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

5º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán

obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org),

pulsando na pestana “trámites mais comúns”, opción “impresión de recibos”, ou ben en calquera oficina

das entidades LA CAIXA ou NOVAGALICIA BANCO.

Vigo, 31 de marzo de 2014.—A Concelleira Delegada de Economía e Facenda, Raquel Díaz Vázquez.—

O Tesoureiro, Alberto Escariz Couso. 2014003264

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PATRIMONIAL DO

CONCELLO DE VIGO E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio. Nº expediente:

250-242.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servizo de seguro de responsabilidade civil

patrimonial do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: Ordinaria.

Procedemento: Aberto.

4. Presuposto base: 888.660.—euros.

5. Garantías provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono (986)

810148 Fax: (986) 226206.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de

proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de Ofertas: Prazo: o prazo rematará o día 16 de maio de 2014.

Documentación: a esixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

www.bop.depo.es ◆ bop@depo.es ◆ Dep. Legal: PO 1-1958

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!