27.12.2014 Views

12vTxtQh8

12vTxtQh8

12vTxtQh8

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Núm. 72 Luns 14 de abril de 2014 Páx. 16

No caso de que non se presentaran reclamacións no prazo indicado, entenderase definitivamente

aprobado, sen necesidade de novo acordo plenario.

Cerdedo, 7 de abril de 2014.—O Alcalde, Silvestre José Balseiros Guinarte. 2014003317

CUNTIS

EDICTO

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público, mediante a

publicación do presente anuncio no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no BOP, a notificación

do expediente que se indica, xa que intentada no último domicilio coñecido da persoa destinataria non

foi posible practicala.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas municipais no prazo de 15 días para coñecer o

contido íntegro do acto obxecto da notificación e deixar constancia dela.

Nome e apelidos Último enderezo coñecido Acto obxecto de notificación

CLEMENTINO DUARTE GONÇALVES CUNHA ERMIDA NÚM. 7 36679 CUNTIS Prazo alegacións expediente comprobación de residencia

Cuntis, 26 de marzo de 2014.—O Alcalde, Antonio Pena Abal. 2014003109

A ESTRADA

ANUNCIO

Pola Xunta de Goberno Local do día 24 de marzo de 2014, foi adoptado o seguinte Acordo:

— Aprobar as Bases reguladoras para cubrir en réxime de interinidade a Praza de Administrativo

de Administración Xeral do Departamento de Persoal, vacante no Cadro de Persoal, mentres

o seu titular se atope na situación de servizos especiais.

BASES PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE (POR SUBSTITUCIÓN DO TITULAR)

UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA E SISTEMA DE SELECCIÓN

É obxecto da presente convocatoria cubrir en réxime de interinidade unha praza de Administrativo

de Administración Xeral en susbtitución do seu titular, e durante o tempo en que éste se atope na

situación de servizos especiais, polo procedemento de oposición libre.

SEGUNDA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

1.—Para ser admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes

requisitos:

a) Ser español ou posui-la nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea

ou a dalgún dos Estados ós que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos

termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude de Tratados

Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo elo nos termos

dos artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación.

www.bop.depo.es ◆ bop@depo.es ◆ Dep. Legal: PO 1-1958

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!