27.12.2014 Views

12vTxtQh8

12vTxtQh8

12vTxtQh8

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Núm. 72 Luns 14 de abril de 2014 Páx. 18

QUINTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR.

O Tribunal cualificador desta oposición estará integrado polos membros que de seguido se relacionan:

Presidente:

Titular: Dna. María Herminia Porto Valcárcel, Administrativo de Administración Xeral do Excmo.

Concello da Estrada.

Suplente: D. Luis Lozano Lorenzo, Técnico de Administración Xeral do Excmo. Concello da Estrada.

Vogais:

Titular: Dna. Mª Josefa Martinez Barros, Administrativa de Administración Xeral do Excmo. Concello

da Estrada

Suplente: D. José Antonio Grandas Arias. Xefe do Servizo de Emerxencias.

Titular: Dna. Mónica Castro Pérez, Xefa de Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública

Suplente: D. Ramiro Goldar Soto, Arquitecto Técnico do Excmo. Concello da Estrada

Titular: D. Ramón Brea Villaverde, Enxeñeiro Técnico Agrícola do Excmo. Concello da Estrada

Suplente: Dna. Mónica Neira Mato, Arquitecta do Excmo. Concello da Estrada.

Secretario:

Titular: Dna. María Jesusa Fernández Bascuas, Administrativo de Administración Xeral do Excmo.

Concello da Estrada

Suplente: D. Julio Fontaíña Couso, Tesoureriro do do Excmo. Concello da Estrada

Tódolos membros dos Tribunais deberán posui-la titulación ou especialización igual ou superior á

esixida para o acceso á praza convocada e terán voz e voto.

Os membros dos Tribunais deberán absterse de intervir, comunicándoo ó Sr. Alcalde cando concorran

neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92, do Réxime Xurídico das

Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como cando realizaran tarefas

de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria, para o

mesmo corpo e especialidade. Así mesmo os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando

nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co

establecido no artigo 29 da Lei 30/92. Unha vez constituido o Tribunal tamén poderán incorporarse os

outros vocais titulares que non concorreran á sesión constitutiva e, no seu caso, os suplentes.

Os membros do Tribunal que asistan ás sesións do mesmo, percibirán dietas pola súa asistencia na

contía legalmente establecida, sen prexuizo dos traballos previos de asistencia técnica que poidan

realizar os asesores que tamén serán compensados na forma legalmente establecida.

SEXTA.—COMEZO DOS EXERCIZOS

1.—A data e hora na que deberá constituirse o Tribunal determinarase por Resolución da Alcaldía,

xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a data de celebración do primeiro

exercicio, a cal publicarase mediante anuncio no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial.

2.—Os aspirantes serán convocados para cada exercizo en chamamento único, quedando decaídos

no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados

que serán resoltos motivadamente polo Tribunal.

3.—Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercizo provistos do DNI, ou

documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuizo do Tribunal, así como dos medios

materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos.

www.bop.depo.es ◆ bop@depo.es ◆ Dep. Legal: PO 1-1958

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!