16.07.2018 Views

EntreNós - Agra do Orzán nº 30

EntreNós - Agra do Orzán nº 30. Julio de 2018

EntreNós - Agra do Orzán nº 30. Julio de 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

EntreNós | AGRA DO ORZÁN

3

se queremos, pero hai que querer”

require unha moi importante inversión, mais

tamén sabemos que se fan inversións importantes

noutros barrios (túnel do Parrote) e ao noso

nunca lle toca. Semella que os veciños e veciñas

da Agra non paguemos os impostos.

Coido que somos o único barrio da cidade que

non ten unha zona verde na que podérmonos

xuntar e convivir.

A xeito de brincadeira… poida que a solución

estea en pintar de verde a rúa Barcelona…

Seguimos a camiñar e entramos na rúa Barcelona

(o noso espazo de convivencia) falando

doutros temas.

Que pasa co Muíño da Agramela, que tamén

é unha reivindicación antiga do barrio?

Cómpre lembrar que este muíño retirouse do

barrio no ano 1984, sendo alcalde da cidade

Francisco Vázquez. Numeráronse as súas

pedras co compromiso de o volver traer para o

barrio e depositáronse na Parque de Santa Margarida.

Foi moitos anos máis tarde o goberno do

Partido Popular o que as trasladou ao Parque

de Bens, onde, segundo a nosa información,

seguen a día de hoxe.

Co actual goberno municipal falamos en diferentes

ocasións a respecto do retorno do muíño,

de facer pública a información existente sobre

o mesmo, de posibles ubicacións… mais pasan

os anos e nada parece se mova no Pazo Municipal…

e nós a agardar.

En calquera caso a postura da asociación Veciñal

é clara: o muíño levouse do barrio e ao

barrio ten que volver. Para donde? Entendemos

que o mellor lugar, sen dúbida, é o Parque do

Observatorio.

Outro problema máis reciente é o do retorno

do Monumento aos Liberais. Que pasa con

este tema?

Teño que me repetir ao afirmar que descoñecemos

na Asociación Veciñal cal vai ser o destino

deste monumento.

Cando o PP nos agasallou co “atentado urbanístico”

da Praza das Cunchiñas, retiraron este

monumento e non contemplaron a súa reubicación

na propia praza, que sería – ao noso entender

– o máis normal. Mais como a normalidade

vai resultar que é un ben escaso, atopámonos

coa mesma situación que co Muíño da Agramela:

nin apareceu o monumento nin parece que

o teñamos que agardar, de momento.

Cómpre dicir aquí que resulta complicado ubicar

calquera tipo de monumento no noso barrio

debido a que o Concello só nos aporta como

espazo de uso público, rúas, agás a Praza das

Cunchiñas. Esta é a realidade dramática que

padecemos e nin así consideran os diferentes

gobernos municipais a urxencia do Parque do

Observatorio.

Parece que houbo un cambio nos lindes do

barrio. En que consiste e como foi?

Cando no 2015 se produce o cambio de goberno

municipal encetouse un proceso de reordenación

da cidade en distritos ao que fomos convidados

a participar, e así o fixemos. Despois

de varias xuntanzas o goberno municipal, pola

súa conta, decidiu o que considerou oportuno

e como consecuencia o noso barrio quedou

incluído no distrito 9, cuns límites que van da

Rda. de Outeiro polo sur á Rda. de Nelle polo

norte, e da Avda. de Peruleiro polo oeste á Avda.

de Fisterra polo leste. Disto enterámonos hai

pouco. A información despois da participación

foi nula.

Chegamos á Praza das Cunchiñas. Ricardo,

parece que hai novidades con esta praza.

Cóntanos.

O que nos fixo nesta praza o PP foi un “monumento

ao formigón” coa disculpa de facer un

aparcadoiro. Segundo isto, a experiencia obríganos

a estar alerta co Concello xa que cada

vez que se decide a intervir no barrio acostuma

a crear máis problemas que os que resolve.

Temémonos que nesta ocasión poida pasar o

mesmo.

A que me estou a referir?

Nós, desde o primeiro momento, pedímoslle ao

actual goberno municipal unha intervención na

praza para intentar recuperala para os veciños

e veciñas. Consideramos que a intervención

que se pretende facer agora vai crear máis problemas

dos que vai resolver. Valoramos positivamente

a ampliación do espazo para xogos de

nenos e nenas, o resto do proxecto parécenos

un despropósito pouco meditado e moi lesivo

para o conxunto do barrio.

Esta nosa postura cónstalle por escrito ao Concello

e a eles corresponde tomar as decisións

pertinentes. A realidade é que se o proxecto

municipal vai adiante tal e como se nos presentou,

a Praza das Cunchiñas deixará de ser o

espazo que agora andamos a utilizar para eventos

colectivos (FoliAGRA e outros), vai seguir

sen se resolver o problema dos aseos públicos,

a ubicación de aparellos para a ximnasia de

maiores vaise facer para saír do paso e cando

chova ou aprete o sol seguiremos sen ningún

tipo de solución.

Sentados nunha terraza perto da Praza das Cun-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!