06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

3

FoliAGRA 2018

Veciñas/os, amigas/os:

A FoliAGRA chama de novo ás vosas portas para vos convidar

a desfrutala, vivila e compartila con cantos familiares, amigos e

amigas consideredes oportuno. Este, e non outro, é o espírito desta

celebración que encetamos hai agora cinco anos e pola que seguimos

traballando coa colaboración do Concello, duns poucos establecementos

comerciais do barrio e de moitas amigas e amigos que nos

prestan a súa axuda para o desenvolvemento de cada unha das actividades.

Dunha cousa estamos certos, se a maioría dos veciños e veciñas

nos tomáramos en serio o BARRIO e non pensáramos unicamente

en resolver o noso problema particular, poderíamos acadar

calquera obxectivo que nos propuxéramos e, de entre eles, organizar

unha FOLIAGRA que envexaran todos os barrios, o que suporía

unha publicidade moi importante no camiño de converter este noso

BARRIO nun referente comercial e de convivencia da cidade.

Desde esta Asociación Veciñal andamos a traballar nesa dirección

e as nosas portas sempre van estar abertas para todas e todos

os que queirades aportar o voso ombreiro nesa marabillosa tarefa.

Agardámosvos!

A Xunta Directiva.

4 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

A recuperación da memoria histórica

aquí e agora

MANUEL MONGE

A recuperación da memoria histórica e

democrática na Coruña non é unha cuestión

de regresar ao pasado, senón que é un

tema de actualidade. Un pobo sen memoria

non ten futuro e, ademais, está condenado

a repetir os seus erros.

Temos aínda pendente a eliminación de

case corenta símbolos franquistas, despois

de 43 anos da morte de Franco e cando

se cumpriron dez anos da aprobación

da chamada Lei da Memoria Histórica: as

rúas de golpistas como Calvo Sotelo e Miguel

Primo de Rivera; alcaldes franquistas

como Sergio Peñamaría de LLano e José

Pérez–Ardá etc.

Ademais, hai algunhas reivindicacións

que están hoxe de actualidade, que teñen

moito que ver coa recuperación da memoria

histórica e que vou tratar de describir,

brevemente.

O pazo de Meirás non foi un “regaliño”

ao ditador Franco, senón un espolio continuado

Despois de máis de corenta anos da morte

do ditador, aínda quedan moitos restos do

franquismo, como o Pazo de Meirás. Estamos

ante a historia dun espolio continuado,

un auténtico roubo ao pobo. Para adquirir

este pazo aos herdeiros da Condesa

de Pardo Bazán formouse a chamada Junta

Provincial Pro Pazo del Caudillo, promovida

por significados empresarios como

Pedro Barrié de la Maza, personalidades

do franquismo como Alfonso Molina, banqueiros,

industriais e propietarios de medios

de comunicación, que utilizaron todo

tipo de ameazas e coaccións para conseguir

uns ingresos, disfrazados de doazóns.

Foron amplamente recompensados; Barrié,

que destacou desde un primeiro momento,

no seu apoio á sublevación fascista

do 18 de xullo de 1936, recibiu todo tipo de

facilidades para incrementar os seus negocios

e a distinción de Conde de Fenosa,

cumpríndose aquilo que declaraba Franco:

“Nuestra Cruzada es la única lucha en que

los ricos que fueron a la guerra salieron

más ricos”; Alfonso Molina sería designado

alcalde da Coruña.

Outro dos sistemas para recadar diñeiro

foron as achegas directas dos concellos

a través do 5% que ingresaban polo cobro

da contribución. Por outra banda, os

concellos recibiron unha carta da citada

Junta Provincial para proceder á recadación,

confeccionando listas das persoas

e as cantidades que entregaban. O roubo

continuou e a extensión inicial da finca do

pazo foi ampliada até 10 hectáreas a través

da expropiacións sen ningunha garantía

legal e utilizando todo tipo de coaccións

sobre as familias propietarias, que eran

levadas ante notario en vehículos militares

para asinar o cambio de propiedade.

Por outra parte, Franco expropiaba terras

a veciños da zona, que despois arrendaba

a campesiños de Meirás, e os gardas civís

cobraban en man a renda.

Pedro Barrié de la Maza “regala” a Carmen

Polo a Casa Cornide

A Casa Cornide –residencia de José Cornide,

investigador, humanista, historiador

e patriota galego, que morreu en 1803–

tamén forma parte dese espolio. Este pazo

urbano do século XVIII acollera a casa

consistorial e dependencias municipais

e foi mercado en 1957 polo Ministerio de

Educación, que o cedeu ao concello mediante

permuta por outros terreos.

Carmen Polo, esposa de Franco, quería

unha residencia no centro da Coruña para

non ter que desprazarse a Meirás cando

visitaba Galiza, así que organizaron todo

para apropiarse da Casa Cornide mediante

poxa pública, celebrada o 2 de agosto de

1962 ao mellor ofertante, e nunha actuación

amañada coa intervención do concello,

ministerio de Educación, Facenda

e significados franquistas e empresarios.

Adxudicada a Pedro Barrié de la Maza

por 305.000 pesetas (presentouse tamén

na poxa-farsa o falanxista José Luis Amor

Fernández, subxefe do “Movimiento Nacional”

na Coruña). Foi cedida a Carmen

Polo, como figura na escritura.

O Pleno do concello da Coruña de 8 de

xaneiro de 2018 aprobaba unha moción

do BNG, apoiada por Marea Atlántica e

PSOE e abstención do PP, esixindo a recuperación

da Casa Cornide para o patrimonio

da Coruña, instando a Xunta e Goberno

do Estado á eliminación dos dereitos

hereditarios a efectos tributarios.

A Solana e Hotel Finisterre como botín de

guerra dos vencedores

Despois da sublevación fascista de 1936,

os vencedores asasinaron máis de 600 persoas

na comarca da Coruña, entre elas as

primeiras autoridades civís e militares e

destacadas dirixentes sindicais e sociais, e

miles de persoas foron represaliadas. Ademais,

e como botín de guerra, ocuparon

espazos públicos para facer as súas casas

ou promover diversos negocios, co visto bo

e colaboración das autoridades fascistas,

que deron todo tipo de facilidades para

executar este roubo.

En 1944 o empresario Emilio Rey Romero

consegue autorización para ocupar unha

parcela de 1.482 metros cadrados onde estaba

a Aduana, terreo situado na avenida

da Mariña, entre o edificio de Correos e

o paseo do Recheo. Asociado con Pedro

Barrié de la Maza, do Banco Pastor, crean

a sociedade SAINGA. Neses terreos o arquitecto

Jacobo Rodríguez Losada redacta

en 1945 o proxecto para a construción dun

edificio que sería destinado a Hotel (Embajador)

e teatro (Colón), que se inaugura

o 15 de novembro de 1948.

Os promotores da Solana e do Hotel Finisterre

foron importantes empresarios

coa colaboración de significados fascistas,

como o nadador Armando Casteleiro

Varela (o seu irmán José era concelleiro).

Conseguiron en concesión terreos públicos

no Parrote para construír unha piscina

e sala de festas. As obras inícianse en 1941

e o complexo é inaugurado o 17 de xullo

de 1942, véspera da celebración o 18 de

xullo do “Glorioso Alzamiento Nacional”.

Despois construíron o hotel Finisterre en

1948 e a ampliación da Solana en 1970 cun

novo recheo. Ocuparon un total de 25.000

metros cadrados de terreos públicos, gañados

ao mar, como auténtico botín dos

golpistas. Así foi como a empresa Finisterre

S.A., na que participan SAINGA e

Armando Casteleiro, explotaría o Hotel

Embajador, a Solana e o Hotel Finisterre.

Oitenta anos despois, a Autoridade Portuaria

da Coruña, é dicir o PP, pretende ingresar

cartos para pagar a débeda da construción

do porto exterior, a través da poxa

do Hotel Finisterre, mentres a Comisión

Aberta en Defensa do Común e a Asociación

de Veciños da Cidade Vella reivindi-

can a súa devolución gratuíta ao concello

da Coruña para uso público, cando acabe a

concesión en 2017.

O ministerio de Defensa quere vender uns

terreos no Campo da Estrada que foron

sempre da cidade

Os terreos do Campo da Estrada que Defensa

pretende sacar a poxa pública –nos

que se construíron primeiro o sistema defensivo

das murallas, a Real Maestranza

(século XVIII), despois o cuartel de Atocha

(século XIX) e logo centos de vivendas

para militares (século XX)– eran e son

terreos comunais, é dicir, da cidade, ocupados

polas monarquías absolutistas para

instalacións militares defensivas e en usufruto

polo Ministerio da Guerra (hoxe de

Defensa). Forman parte do sistema defensivo

da Praza Forte da Coruña e en tanto

que terreos do común, son bens propios,

pertencentes á cidade dende a súa fundación.

Debemos recuperar eses terreos comunais,

organizar a defensa do común no século

XXI, continuando con aquel espírito liberal,

progresista e de compromiso coa cidadanía

do goberno municipal da Coruña,

que xa en 1840 solicitaba a devolución dos

terreos do Campo da Estrada porque “el

terreno de que se trata no puede pertenecer

a la nación, pues es de este pueblo”. E

a corporación municipal da Coruña aprobaba,

na sesión plenaria de 10 de novembro

de 1858: “Elevar a S.M. (raíña Isabel

II) una reverente exposición suplicándole

se digne conceder a este ayuntamiento la

propiedad que le pertenece del terreno que

ocupaba la fortificación demolida entre la

ciudad alta y la baja de la población”.

Manuel Monge é mestre e sociólogo. Foi

presidente da Comisión pola Recuperación

da Memoria Histórica da Coruña de 2007 a

2011.

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

13

Un océano de silencios

BEATRIZ GÓMEZ AMIGO

Máis de oitenta anos levamos facendo

MEMORIA HISTÓRICA neste País.

No remate do s. XX e nos anos do XXI,

fillos e fillas, netas e netos retomaron

a Memoria da represión franquista. Qué

sabemos duns reis borbónicos senón o que

nos transmitiu o “réxime”?; da guerra do

Rif....?; dos Primo de Rivera, dunha ditadura

que afondou no xa problema político

de Catalunya…?; da loita sindical e de

partidos, e da República do 14 de abril…?

A diario non nos paramos a analizar ese

franquismo sociolóxico que todo o impregna;

o qué nos trasmitiu a ditadura asesina

de Franco, apoiada no “Movimiento”, da

man de falanxistas, alta burguesía financeiera,

ociosos nobres de título, monarquía

borbónica e carlista, Exército salvapatria,

e Igrexa, onde emerxeu a secta ultra do

Opus, que serviu de cerne para vivir nun

nacionalcatolicismo abafante. Un réxime

que non pasou por un tribunal de Dereitos

humanos.

E que ten todos os visos de poderse reproducir

hoxe. Paréceme case imposible que

fale con moita xente de miña xeración e

consideren que xa é preciso deixar as “batalliñas

do avó”....; que reabrimos feridas…

Feridas?, si, mais non abertas agora; permanecen

abertas, e perdurarán sempre, se

non se lles limpa a podremia que agochan.

Entón si será tempo de cicatrizar.

Non vou referirme aos datos sobre guerra

e represión franquista, que poden verse en

calquera libro, ou en calquera documento

de internet…, senón ao que a min me transmiten

as verbas MEMORIA HISTÓRICA.

Lembro ver e escoitar o medo nalgunha

persoa que sufriu o réxime do terror franquista,

por se nalgún intre se puidese repetir.

Os defensores do “Movimiento”, todos,

morreron o 20 de novembro do 1975? Ou

máis ben viraron a chaqueta e agardaron

novos tempos, propicios para saír do armario…?

Precisamos pois MEMORIA para facer

valer a dignidade que nunca lles faltou

ás vítimas. Para que non sofran e morran

dúas veces. Para que sexan un referente

da democracia que, como nos seus tempos,

está a pasar por moi maos momentos.

Esa democracia enferma que se disfraza de

“constitucionalista” e que permite que nosos

mortos continúen nas foxas sen nome.

Que as sentenzas sigan chamando rebeldes

a quen defenderon, con súa vida, seus bens,

seu corpo…, a República, contra quen si foron

os verdadeiros rebeldes contra o goberno

lexítimo. Vivimos nun estado da desmemoria.

Todos os días, na Moura, lembro o

lugar onde apareceu asasinado LUÍS HUI-

CI, ao borde da estrada, e hoxe “humanízase”

cun colector de vidro e papel. Son os

novos tempos…?. Non!; é o esquecemento!

14 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

Alejandro Basilio Palacios, fotografado como porteiro do equipo Suevia

(foto cedida polo seu sobriño neto, Chema).

Alejandro Basilio Palacios, directivo do sindicato de panadeiros

da CNT da Coruña, foi “paseado” a noite do 18 de

xullo do 1937. No tempo da República era tamén adestrador

de fútbol de nenos. Formouse no C.E.S. Germinal en tempos

nos que os postulados anarquistas do s. XIX estaban en

auxe; entendíase o benestar corporal como unha parte básica

do estudo, da saúde mental das crianzas. As ensinanzas

da Escola Moderna, no primeiro terzo do s. XX, practicábanse

polos anarquistas, mais tamén polos galeguistas. En

1932 naceu Ultreia, da man das Mocedades Galeguistas. En

1935 formouse nesta cidade o Club del Mar de santo Amaro,

amais construíuse o edificio primitivo, coa achega privada

de varios bañistas; logo algúns dos seus fundadores foron

represaliados e mesmo “paseados”. Incluíanse nesa formación

moderna as excursións, os paseos (coa vida, non coa

morte!...), a subida a montes, a natación, e, por suposto, as

equipas de fútbol. Cando os mozos preparaban a ida en tren

a Betanzos e a subida aos Caneiros, en Galiza as actividades

deportivas freáronse xa a fin de semana do 18 de xullo, ficaron

truncadas pola represión fascista.

18 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

As portas de Touro - O Pino

están

MARISOL MIRÁS MOURO

Vivimos no xeneroso país dos mil ríos,

ventos e marés, que coa tecnoloxía actual

poderiamos aproveitar dun xeito sostíbel,

o único xeito se queremos futuro, e

obtermos enerxía suficiente para o noso

desenvolvemento e, mesmo, para exportar.

Malia que en Galiza se produce moita

enerxía (logo de asolagar ou furar vales

para encoros hidroeléctricos ou centrais

térmicas, ou espiñar as serras con aeroxeradores),

pagamos máis por ela porque

producimos para a metrópole, que

nos cobra a enerxía devolta máis o custo

do transporte dese retorno. Sabemos que

as empresas que, por lóxica agardarían

ter un custo enerxético menor no lugar

de orixe da fonte enerxética, marchan ou

non procuran a nosa terra porque a luz

élles máis cara na Galiza ca en Madrid

(fiscalmente favorecida). Tamén sabemos

da pobreza enerxética de moitas persoas,

que non poden pagar as facturas da luz

ou da calefacción. A abundancia dos

recursos non cadra co escaso proveito

que ten para Galiza. O custo medioambiental,

patrimonial e humano non se

compensa sequera cun prezo menor. Os

abusivos e crecentes prezos non sacian a

voracidade capitalista nin abondan para

os sobre-custos das portas xiratorias (as

empresas favorecidas a golpe de BOE,

premian aos sucesivos responsables públicos

con retiros dourados en postos

altamente remunerados); este sistema

corrupto foi ben exercitado durante a

ditadura de Franco e hoxe loce ben engrenado.

Que administración obriga ás

empresas eléctricas a soterrar os cables

de alta tensión, respectar as mámoas

e castros ou expedir unha factura intelixible?

Terá que ver esta permisividade

ou complicidade, poñamos por caso, coa

vixencia do título do condado de FENO-

SA, outorgado por Franco en 1955 a Pedro

Barrié de La Maza en agradecemento

á súa colaboración co réxime franquista?

A letra pequena de contratos ou facturas

non refiren outro tipo de custos que non

debemos esquecer:

• O fusilamento de José Miñones, o

deputado republicano e propietario

da empresa Unión Eléctrica Coruñesa,

facilitou a Pedro Barrié, financiador

do golpe de estado, a creación de

FENOSA, un imperio que medrou en

perfecta simbiose cun réxime corrupto.

• O despoboamento das Encrobas, a

perda de camiños e regos, eiras e muíños,

prados e hortas, traballos e espazos

comunais, dos nomes de todos os

recantos, arrasados e furados até as

antípodas porque en 1974, mentres

veraneaba en Meirás, o ditador asinou

un decreto co que deu amparo

legal ao espolio do val das Encrobas

para que a empresa FENOSA dispu-

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

19

xera de todo o aparello público para

desafiuzar a veciñanza do fértil val,

ocupar as súas casas, as súas terras,

privar ao pobo do seu medio de vida

(patrimonio e futuro económico,

cultural, social e ambiental).

Temos que ser nós quen, cando premamos

o interruptor da luz, lembremos “A

terra é nosa e non de FENOSA”, o berro

das labregas das Encrobas que, para

defender as súas terras, a súa vida, non

recuaban perante os mosquetóns dos tricornios.

* Cando o pobo pide o seu

con voz valente e baril

mándanlle, pra contentalo,

cabaleiros de servir.

As verbas de Manuel María na Cantiga

das Encrobas revélannos facianas que semellan

distintas e sempre son as mesmas:

a loita do pobo unido fronte á rapina capitalista.

* Raposos capitalistas

que non deixan un terrón,

sementan todo de lixo,

porcallada e polución.

Tanto ten no Parrote coma nas Encrobas,

é igual en Baldaio, Xove, Lourizán ca en

Corcoesto, Touro, O Pino…

* Queren encher a Galicia

de industrias contaminantes

e que o noso pobo siga

a producir emigrantes.

Polo futuro do noso pobo, defendamos o

noso patrimonio natural e cultural!

Con esta intención, a Asociación Veciñal

da Agra convídate o 5 de xuño no Centro

Ágora á proxección do documentario

Touro, O Pino: A ameaza do cobre, de

Xosé Bocixa Rei e a unha charla informativa

da Plataforma Veciñal Mina Touro-O

Pino NON e partillamos a convocatoria

da manifestación o 10 de xuño en

Santiago de Compostela.

*Anacos da Cantiga das Encrobas, de Manuel

María

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

21

PROGRAMA FOLIAGRA 2018

Facemos comunidade

Día 9 de xuño, sábado:

1.-FOLIAGRA DAS TABERNAS, de 12:15 h. a 15:00 h.

En Adega ORDENES, Cafetería VECINO, Cafetería INTERNACIONAL, Adega

O CORTIZO, Cafetería DINQUEDin, Adega A GRADE, Adega CACABE-

LOS, Cafetería CORUÑA, Cafetería A TERRAZA, Cafetería DYLON´S, Mesón

A XANELA, Cafetería SERRAMO. Entre local e local os grupos farán

pasarrúas.

Participantes: Tombalobos, Parabéns, Cantareiros do Naval, Cantareir@s.

comTIGO, Birloque Gaiteiros, Xirandela, As Maghúas, Raíñas ao lado de…, Do

LaDo Do Sol.

2.-MÚSICA INFANTIL, de 17:00 h a 18:00 h.

Praza das Cunchiñas. Peter Punk, pallaso.

3.-PASARRÚAS, de 19:00 h a 22:00 h.

Todo o barrio. Escola Sementeira e Birloque Gaiteiros.

4.-FOLIADA ABERTA, de 19:00 h a 22:00 h, na Praza das Cunchiñas.

Tombalobos, Parabéns, Coro Sementeira, Xirandela, Birloque Gaiteiros, Esc.

Sementeira, Os Gaiteiriños, Cantareir@s.comTIGO, Grupo Do LaDo Do Sol,

Xebre, Coro de Santa Comba de Veigue. E calquera outro que se achegue e

queira agasallarnos coa súa música.

Día 10 de xuño, domingo.

1.-MÚSICA PARA AS FAMILIAS, de 17:00 h a 18:00 h, na Praza das

Cunchiñas.

Odaiko.

2.-FOLIADA FOLC, de 20:00 h a 23h, na Praza das Cunchiñas.

Grupo “Leirabuxo” e Grupo “De outra margem”.

Foron elas

MONTSE FAJARDO

“O das mulleres ten que quedar escrito

para a historia… Interésame que

quede o das mulleres porque o dos homes

escribiuse sempre” di a loitadora

antifranquista Trinidad Gallego no

documental Las sin sombrero. E así é.

O inxusto manto de silencio que fica

dende hai oito décadas sobre a xente

represaliada polo fascismo na Galiza é

especialmente abafante para elas.

Porque todas as mulleres foron vítimas,

mesmo as que apoiaban o bando vencedor.

Porque todas perderon os dereitos

de participación na vida pública que a

II República empezara a darlles, quedando

relegadas ao mero papel de nais

e esposas. E porque foron elas, as mulleres,

as que termaron da Galiza ferida

pola fame da posguerra e a represión

exercida sobre os homes.

Foron elas, as mulleres, as que quedaron

convivindo co represor, as que sacaron

adiante ás criaturas tras o asasinato

ou durante o agocho e o cárcere

deles. As sometidas a castigos sexistas

como a rapa do pelo, a inxestión

obrigada de aceite de rícino para que

fixesen as súas necesidades en público,

ou a tatuaxe da pel.

Brígida Muñiz, concelleira socialista

en Boiro, foi obrigada a pasear polas

rúas da vila despois de ser sometida

Juana Otero pediu que lle fixesen esta

foto tras ser rapada para que a historia

no esquecese o que lles fixeron

ao escarnio da tatuaxe e a rapa. Diante,

un home tocaba o tambor para que

ninguén perdese o espectáculo da súa

humillación.

O franquismo non só tomou represalias

contra as significadas política ou

sindicalmente, senón tamén contra as

compañeiras, nais, irmás ou fillas de

republicanos polo mero feito de selo.

En Pontevedra, Custodia Gama Casalderrey

foi retida durante corenta días e

obrigada a varrer as rúas coa cabeza ra-

24 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

Foron elas, as mulleres, as empregadas

como botín de guerra, como reféns

para facer presión ante os fuxidos. Encarnación

Rodríguez era a nai do xornalista

de Ribadumia Ramón Barreiro,

moi crítico coa dereita e a igrexa durante

o tempo da II República. Como

non puideron atrapalo, collérona a ela

e botáronlle pola cabeza sulfato das

viñas, deixándoa sen pelo e cega para

sempre. Logo violárona todos os homes

que formaban a cuadrilla de falanxistas,

incluído o seu xenro e o cura da parroquia.

Para evitarlle máis danos, o fillo

entregouse, asasinárono e arroxárono

nunha foxa de Curro sen cadaleito sequera.

Nesa mesma foxa meteron o corpo sen

vida de Castor Cordal, un sindicalista

de Cambados que levaba meses fuxido.

Foron á súa casa e como non o atoparon,

colleron as súas irmás, Pastora e

Cándida, apenas unhas mozas, e obrigáronas

a bailar espidas e a tocar a pandeireta

no medio da praza. Completamente

núas.

Estrella Portela e Tino Gama, o seu

mozo fusilado

pada para intentar sen éxito que desvelase

o paradoiro dos seus irmáns agochados.

Como non dixo nada, colleron

á moza do pequeno, Estrella Portela, e

tamén a raparon e tatuaron provocando

que el se entregase e fose fusilado.

Custodia Gama

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

25

fronte tatuada “para que

a historia lembre o que

nos fixeron”.

A mestra de Miño, María Vázquez,

asasinada en agosto do 36

Foron tantas as vexacións sexuais sufridas

polas mulleres de familias republicanas!

Era un pingar continuo que

levou a algunhas ata a tolemia. Como

a Coralia e Maruxa Fandiño, as dúas

Marías de Compostela, que baixo a súa

excentricidade agochaban continuas

aldraxes cometidas polos falanxistas

cando ían á súa casa na procura dos

seus irmáns.

A maioría calaron. Apenas existen datos

das vexacións sexistas. Non había

xuízos previos ás violacións, non hai

papeis con listaxes de rapas. Pero houbo

unha mestra vilagarciá, Juana Otero,

que deixou para a historia un documento

gráfico da vergoña do fascismo,

un monumento á memoria e á dignidade

da Galiza represaliada. Acababa de

saír do cuartel onde a raparan cando lle

pediu a un familiar que lle sacase unha

foto da súa cabeza sen cabelo, da súa

Porque foron elas as

que, entre as capas do

silencio imposto, gardaron

o verdadeiro relato

do que pasou para transmitilo

en voz baixa, de

xeración en xeración.

A historia da Galiza ten

unha débeda de memoria

con elas. Coas

mulleres vexadas, coas

que desafiaron o silencio, coas mestras

afastadas das aulas, coas asasinadas,

como Mercedes Romero Abella, como

María Vázquez, torturada nunha praia

de Bañobre polo delito de querer ás nenas

na escola e ás mulleres iguais en

dereitos cós homes.

Temos unha débeda co seu exemplo e

xa é hora de pagala.

Encarnación Rodríguez

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!