06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

18 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

As portas de Touro - O Pino

están

MARISOL MIRÁS MOURO

Vivimos no xeneroso país dos mil ríos,

ventos e marés, que coa tecnoloxía actual

poderiamos aproveitar dun xeito sostíbel,

o único xeito se queremos futuro, e

obtermos enerxía suficiente para o noso

desenvolvemento e, mesmo, para exportar.

Malia que en Galiza se produce moita

enerxía (logo de asolagar ou furar vales

para encoros hidroeléctricos ou centrais

térmicas, ou espiñar as serras con aeroxeradores),

pagamos máis por ela porque

producimos para a metrópole, que

nos cobra a enerxía devolta máis o custo

do transporte dese retorno. Sabemos que

as empresas que, por lóxica agardarían

ter un custo enerxético menor no lugar

de orixe da fonte enerxética, marchan ou

non procuran a nosa terra porque a luz

élles máis cara na Galiza ca en Madrid

(fiscalmente favorecida). Tamén sabemos

da pobreza enerxética de moitas persoas,

que non poden pagar as facturas da luz

ou da calefacción. A abundancia dos

recursos non cadra co escaso proveito

que ten para Galiza. O custo medioambiental,

patrimonial e humano non se

compensa sequera cun prezo menor. Os

abusivos e crecentes prezos non sacian a

voracidade capitalista nin abondan para

os sobre-custos das portas xiratorias (as

empresas favorecidas a golpe de BOE,

premian aos sucesivos responsables públicos

con retiros dourados en postos

altamente remunerados); este sistema

corrupto foi ben exercitado durante a

ditadura de Franco e hoxe loce ben engrenado.

Que administración obriga ás

empresas eléctricas a soterrar os cables

de alta tensión, respectar as mámoas

e castros ou expedir unha factura intelixible?

Terá que ver esta permisividade

ou complicidade, poñamos por caso, coa

vixencia do título do condado de FENO-

SA, outorgado por Franco en 1955 a Pedro

Barrié de La Maza en agradecemento

á súa colaboración co réxime franquista?

A letra pequena de contratos ou facturas

non refiren outro tipo de custos que non

debemos esquecer:

• O fusilamento de José Miñones, o

deputado republicano e propietario

da empresa Unión Eléctrica Coruñesa,

facilitou a Pedro Barrié, financiador

do golpe de estado, a creación de

FENOSA, un imperio que medrou en

perfecta simbiose cun réxime corrupto.

• O despoboamento das Encrobas, a

perda de camiños e regos, eiras e muíños,

prados e hortas, traballos e espazos

comunais, dos nomes de todos os

recantos, arrasados e furados até as

antípodas porque en 1974, mentres

veraneaba en Meirás, o ditador asinou

un decreto co que deu amparo

legal ao espolio do val das Encrobas

para que a empresa FENOSA dispu-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!