06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Foron elas

MONTSE FAJARDO

“O das mulleres ten que quedar escrito

para a historia… Interésame que

quede o das mulleres porque o dos homes

escribiuse sempre” di a loitadora

antifranquista Trinidad Gallego no

documental Las sin sombrero. E así é.

O inxusto manto de silencio que fica

dende hai oito décadas sobre a xente

represaliada polo fascismo na Galiza é

especialmente abafante para elas.

Porque todas as mulleres foron vítimas,

mesmo as que apoiaban o bando vencedor.

Porque todas perderon os dereitos

de participación na vida pública que a

II República empezara a darlles, quedando

relegadas ao mero papel de nais

e esposas. E porque foron elas, as mulleres,

as que termaron da Galiza ferida

pola fame da posguerra e a represión

exercida sobre os homes.

Foron elas, as mulleres, as que quedaron

convivindo co represor, as que sacaron

adiante ás criaturas tras o asasinato

ou durante o agocho e o cárcere

deles. As sometidas a castigos sexistas

como a rapa do pelo, a inxestión

obrigada de aceite de rícino para que

fixesen as súas necesidades en público,

ou a tatuaxe da pel.

Brígida Muñiz, concelleira socialista

en Boiro, foi obrigada a pasear polas

rúas da vila despois de ser sometida

Juana Otero pediu que lle fixesen esta

foto tras ser rapada para que a historia

no esquecese o que lles fixeron

ao escarnio da tatuaxe e a rapa. Diante,

un home tocaba o tambor para que

ninguén perdese o espectáculo da súa

humillación.

O franquismo non só tomou represalias

contra as significadas política ou

sindicalmente, senón tamén contra as

compañeiras, nais, irmás ou fillas de

republicanos polo mero feito de selo.

En Pontevedra, Custodia Gama Casalderrey

foi retida durante corenta días e

obrigada a varrer as rúas coa cabeza ra-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!