06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

19

xera de todo o aparello público para

desafiuzar a veciñanza do fértil val,

ocupar as súas casas, as súas terras,

privar ao pobo do seu medio de vida

(patrimonio e futuro económico,

cultural, social e ambiental).

Temos que ser nós quen, cando premamos

o interruptor da luz, lembremos “A

terra é nosa e non de FENOSA”, o berro

das labregas das Encrobas que, para

defender as súas terras, a súa vida, non

recuaban perante os mosquetóns dos tricornios.

* Cando o pobo pide o seu

con voz valente e baril

mándanlle, pra contentalo,

cabaleiros de servir.

As verbas de Manuel María na Cantiga

das Encrobas revélannos facianas que semellan

distintas e sempre son as mesmas:

a loita do pobo unido fronte á rapina capitalista.

* Raposos capitalistas

que non deixan un terrón,

sementan todo de lixo,

porcallada e polución.

Tanto ten no Parrote coma nas Encrobas,

é igual en Baldaio, Xove, Lourizán ca en

Corcoesto, Touro, O Pino…

* Queren encher a Galicia

de industrias contaminantes

e que o noso pobo siga

a producir emigrantes.

Polo futuro do noso pobo, defendamos o

noso patrimonio natural e cultural!

Con esta intención, a Asociación Veciñal

da Agra convídate o 5 de xuño no Centro

Ágora á proxección do documentario

Touro, O Pino: A ameaza do cobre, de

Xosé Bocixa Rei e a unha charla informativa

da Plataforma Veciñal Mina Touro-O

Pino NON e partillamos a convocatoria

da manifestación o 10 de xuño en

Santiago de Compostela.

*Anacos da Cantiga das Encrobas, de Manuel

María

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!