06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

can a súa devolución gratuíta ao concello

da Coruña para uso público, cando acabe a

concesión en 2017.

O ministerio de Defensa quere vender uns

terreos no Campo da Estrada que foron

sempre da cidade

Os terreos do Campo da Estrada que Defensa

pretende sacar a poxa pública –nos

que se construíron primeiro o sistema defensivo

das murallas, a Real Maestranza

(século XVIII), despois o cuartel de Atocha

(século XIX) e logo centos de vivendas

para militares (século XX)– eran e son

terreos comunais, é dicir, da cidade, ocupados

polas monarquías absolutistas para

instalacións militares defensivas e en usufruto

polo Ministerio da Guerra (hoxe de

Defensa). Forman parte do sistema defensivo

da Praza Forte da Coruña e en tanto

que terreos do común, son bens propios,

pertencentes á cidade dende a súa fundación.

Debemos recuperar eses terreos comunais,

organizar a defensa do común no século

XXI, continuando con aquel espírito liberal,

progresista e de compromiso coa cidadanía

do goberno municipal da Coruña,

que xa en 1840 solicitaba a devolución dos

terreos do Campo da Estrada porque “el

terreno de que se trata no puede pertenecer

a la nación, pues es de este pueblo”. E

a corporación municipal da Coruña aprobaba,

na sesión plenaria de 10 de novembro

de 1858: “Elevar a S.M. (raíña Isabel

II) una reverente exposición suplicándole

se digne conceder a este ayuntamiento la

propiedad que le pertenece del terreno que

ocupaba la fortificación demolida entre la

ciudad alta y la baja de la población”.

Manuel Monge é mestre e sociólogo. Foi

presidente da Comisión pola Recuperación

da Memoria Histórica da Coruña de 2007 a

2011.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!