06.06.2018 Views

FoliAgra 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

Guía das festas da Agra do Orzán, A Coruña. Ano 2018

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2018

25

fronte tatuada “para que

a historia lembre o que

nos fixeron”.

A mestra de Miño, María Vázquez,

asasinada en agosto do 36

Foron tantas as vexacións sexuais sufridas

polas mulleres de familias republicanas!

Era un pingar continuo que

levou a algunhas ata a tolemia. Como

a Coralia e Maruxa Fandiño, as dúas

Marías de Compostela, que baixo a súa

excentricidade agochaban continuas

aldraxes cometidas polos falanxistas

cando ían á súa casa na procura dos

seus irmáns.

A maioría calaron. Apenas existen datos

das vexacións sexistas. Non había

xuízos previos ás violacións, non hai

papeis con listaxes de rapas. Pero houbo

unha mestra vilagarciá, Juana Otero,

que deixou para a historia un documento

gráfico da vergoña do fascismo,

un monumento á memoria e á dignidade

da Galiza represaliada. Acababa de

saír do cuartel onde a raparan cando lle

pediu a un familiar que lle sacase unha

foto da súa cabeza sen cabelo, da súa

Porque foron elas as

que, entre as capas do

silencio imposto, gardaron

o verdadeiro relato

do que pasou para transmitilo

en voz baixa, de

xeración en xeración.

A historia da Galiza ten

unha débeda de memoria

con elas. Coas

mulleres vexadas, coas

que desafiaron o silencio, coas mestras

afastadas das aulas, coas asasinadas,

como Mercedes Romero Abella, como

María Vázquez, torturada nunha praia

de Bañobre polo delito de querer ás nenas

na escola e ás mulleres iguais en

dereitos cós homes.

Temos unha débeda co seu exemplo e

xa é hora de pagala.

Encarnación Rodríguez

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!